Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia está concibida como continuación da formación práctica en lingua alemá a un nivel avanzado. As actividades están enfocadas a desenvolver as destrezas da expresión oral e escrita, e da comprensión lectora e auditiva, co fin de alcanzar unha competencia comunicativa integral a un nivel correspondente ao B2.2 do MCER.
O contido e a estrutura do curso baséanse no método „Kontext Deutsch als Fremdsprache. B2“ (unidades 7-12).
O estudo e o exercicio práctico centraranse en
- o vocabulario e as expresións relacionadas coa comunicación sobre a sociedade, a vida universitaria, a educación e a vida profesional;
- a análise de estruturas gramaticais complexas;
- as pautas de interacción da comunicación oral que se usan no comentario e o debate de situacións da vida social;
- a lectura e produción de textos de diversa índole;
- a comprensión de documentos auditivos e audiovisuais;
- o debate sobre aspectos socioculturais dos países de fala alemá e o desenvolvemento das competencias interculturais;
Bibliografía básica:
Stefanie Dengler, Ute Koithan, Helen Schmitz, Tanja Sieber (2023): Kontext Deutsch als Fremdsprache. Kursbuch. Stuttgart: Klett. ISBN 978-3-12-605342-5
Stefanie Dengler, Ute Koithan, Helen Schmitz, Tanja Sieber (2023): Kontext Deutsch als Fremdsprache. Übungsbuch. Stuttgart: Klett. ISBN 978-3-12-605343-6
Bibliografía complementaria:
Obras de consulta e exercicios:
BUSCHA, Joachim et. al. (1998), Grammatik in Feldern: ein Lehr- und Übungsbuch für Fortgeschrittene. Ismaning : Verlag für Deutsch.
CASTELL, A. (1997): Gramática de la lengua alemana. Madrid: Editorial idiomas.
CASTELL, A., BRAUCEK, B. (2002): Verbos alemanes. Diccionario de conjugación y complementación.Madrid: Editorial idiomas.
CASTELL, A., BRAUCEK, B. (2000): Ejercicios. Gramática de la lengua alemana. Madrid: Editorial idiomas.
FANDRYCH, Ch., THURMAIR, M. (2011): Textsorten im Deutschunterricht. Linguistische Analyse aus sprachdidaktischer Sicht, Tübingen.
FANDRYCH, Ch. (Hrsg.) (2016): Klipp und Klar. Übungsgrammatik Mittelstufe B2/C1. Stuttgart: Klett.
HALL, K., SCHEINER, B. (2000): Übungsgrammatik DaF für Fortgeschrittene, München.
HELBIG, G., BUSCHA, J. (2001): Deutsche Grammatik. Berlin: Langenscheidt.
HELBIG, G., BUSCHA, J. (2001): Übungsgrammatik Deutsch. Berlin: Langenscheidt.
HERINGER, H.J. (1995): Grammatik und Stil. Praktische Grammatik des Deutschen, Berlin.
HOBERG, Rudolf, HOBERG, Ursula (1997): Der kleine Duden. Gramática del Alemán. Mannheim: Bibliografisches Institut.
REIMANN, Monika, DINSEL, Sabine (2005), Grosser Lernwortschatz Deutsch als Fremdsprache: Deutsch-Spanisch (Un completo vocabulario para el aprendizaje de la lengua alemana: alemán-español). Ismaning, Hueber.
SCHMITT, Richard, Deutsch üben 4/1. Weg mit den typischen Fehlern! München, Hueber.
SCHMITT, Richard, Deutsch üben 4/2. Weg mit den typischen Fehlern! München, Hueber.
Destrezas produtivas e receptivas en Alemán como lingua estranxeira a nivel B2.2
Competencias prácticas no manexo de recursos dixitais de lingua alemá
A metodoloxía adoptada fundaméntase nas pautas dun ensino comunicativo e orientado ao alumnado. Os contidos específicos presentaranse en situacións comunicativas e mediante textos ou materiais audiovisuais. A fase práctica, que constitúe a parte central da materia, consiste na aplicación das estruturas aprendidas en actividades didácticas enfocadas ao desenvolvemento das distintas habilidades e destrezas lingüísticas. As actividades presenciais complementaranse con exercicios e tarefas presentados na plataforma Moodle (Campus Virtual) que se realizarán de modo individual ou colectivo. A organización e presentación dos contidos baséase no libro de texto „Kontext Deutsch als Fremdsprache. B2“ (unidades 7-12)e outros materiais complementarios que se poñerán á disposición do alumnado ao comezo de cada unidade didáctica.
1. Avaliación continua: 30% da nota final
Avaliaranse a asistencia regular e a participación activa nas actividades de aprendizaxe así como a entrega dunha serie de tarefas en prazo e forma.
2. Probas finais: examen escrito 50% da nota final, examen oral 20% da nota final
Ao exame oral só se poderán presentar aqueles estudantes que aproben o exame escrito. Para aprobar a materia é necesario obter unha avaliación positiva tanto no exame escrito como no oral.
Para o alumnado con dispensa oficial de asistencia ás clases a avaliación basearase no exame final: 100% da nota final (exame escrito: 70%, exame oral: 30%).Para aprobar a materia é necesario obter unha avaliación positiva tanto no exame escrito como no oral.
Para a primeira e segunda oportunidade rexen as mesmas condicións.
Para aqueles casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no artigo 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Por cada hora presencial o alumnado debería dedicar dúas horas de traballo autónomo fóra da aula (50 horas presenciais/100 horas de traballo autónomo).
Recoméndase que os estudantes consulten nas horas de titoría os seus problemas específicos de aprendizaxe.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no artigo 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
Katharina Heiber
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Correo electrónico
- katharina.heiber [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | D05 |
27.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | D04 |
27.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D04 |
02.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D04 |
02.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIL_01 | D04 |