Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Literatura Española
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Trátase dun curso panorámico da Literatura Española: das Vangardas ao século XXI, organizado cun criterio cronolóxico e estético, de maneira que permite seguir a evolución das principais manifestacións xenéricas da literatura española no período estudado, tendo en conta os/as autores/as e obras máis representativas das promocións, movimentos e/ou correntes estéticas ás que se adscriben:
1) Preparar ao estudantado para que afronte o estudo da literatura española do período que abarca o programa coa axuda dos métodos filolóxicos adecuados e os repertorios bibliográficos.
2) Ofrecer coñecementos e habilitar a sua capacidade para: xerarquizar correctamente os contidos académicos; realizar guións e esquemas que faciliten o seu estudo; aprofundar no comentario de textos literarios; mellorar a expresión oral e escrita; cultivar a sensibilidade do estudantado e formar os seus gustos e criterios estéticos.
3) Examinar a producción literaria española do período abordado no seu desenvolvemento histórico e nos seus específicos marcos socio-culturais, recoñecendo o carácter interdisciplinar da materia.
4) Abordar e debatir cuestións relacionadas cos problemas de periodización literaria, correntes, tendencias e escolas do período estudado (“Ismos”, literatura do exilio, da posguerra, da “transición”, da posmodernidade…).
5) Coñecer aos/ás escritores/as e obras máis importantes, e asemade os xéneros propios de cada momento, a súa evolución e características.
6) Ler e analizar obras literarias representativas de autores/as e xéneros do período de forma rigurosa e axustada á terminoloxía especializada das disciplinas literarias e con métodos que permiten a comprensión crítica dos textos.
Esta materia impártese nas seguintes titulacións:
Maior do Grao en Lingua e Literatura Españolas. Obrigatoria (6 créditos ECTS)/ segundo semestre/ 4º curso.
Minor Lingua e Literatura Españolas/ Módulo complementario. Optativa (6 créditos ECTS)/ segundo semestre / 3er. Curso.
TEMA I.- España, 1914/18-1939. A cultura de entreguerras.
TEMA II.- O concepto de vangarda artística. Os “ismos” europeos. Oríxenes e desenvolvemento. O fenómeno vangardista español: do creacionismo ao surrealismo. Antecedentes.- A “Xeración do 27” e o Grupo Poético do 27. Conceptos, oríxenes e desenvolvemento.
Lecturas obrigatorias:
1) Antología del Grupo Poético del 27, ed. de Gaos y Sahagún (Madrid: Cátedra) / ed. García de La Concha (Madrid: Espasa-Calpe, Austral) / Mujeres del 27. Antología poética, intro. y ed. José Luis Ferris (Austral) (A selección de textos será indicada pola docente)
2) Federico García Lorca, La casa de Bernarda Alba, ed. de García Posada (Madrid: Castalia Didáctica) / ed. Domingo Yndurain (Madrid: Espasa-Calpe) / ed. Josephs y Caballero (Madrid: Cátedra) / ed. Francisca Vilches (Madrid: Cátedra).
TEMA III.- A literatura española na época da II República e da Guerra Civil, 1931-1939. A literatura, arma de combate. O exilio.
Lecturas obrigatorias:
3) Luisa Carnés, “En él tranvía”, “En casa”, Trece cuentos (Madrid: Hoja de Lata, 2017) (A selección de textos será facilitada pola docente)
4) María Zambrano, selección de textos (A selección de textos será facilitada pola docente)
5) Max Aub, “La verdadera historia de la muerte de Francisco Franco” (O texto será facilitado pola docente)
TEMA IV.- A literatura española 1939-1975. A cultura española perante a dictadura franquista. Rumbos da literatura de posguerra: etapas e tendencias. Compromiso e literatura social. A renovación dos anos 60. O experimentalismo dos 70.
Lecturas obrigatorias:
6) Carmen Laforet, Nada (Barcelona: Destino)
7) Camilo José Cela, La Colmena, ed. Villanueva (Barcelona: Noguer) / Raquel Asún (Madrid: Castalia) // Urrutia (Madrid: Cátedra)
8) Luis Martín Santos, Tiempo de silencio, ed. Rey Álvarez (Barcelona: Crítica)
9) Antonio Buero Vallejo, Historia de una escalera, ed. R. Doménech (Madrid: Austral)
10) Antología de la poesía española (1939-1975), ed. de José Enrique Martínez (Madrid: Castalia Didáctica) (A docente facilitará unha selección de textos)
11) Carmen Martín Gaite, Cuentos completos (Madrid: Alianza) (A docente facilitará unha selección de textos)
TEMA V.- O fin da “Era de Franco”: o proceso democrático. Contexto político-cultural.- A literatura española da “transición” ao século XXI.- Regreso dos exiliados.- Novela, teatro e poesía: Os novos nomes.
Lecturas obrigatorias:
12) Cuento español contemporáneo, ed. A. Encinar e A. Percival (Madrid: Cátedra) (A docente indicará a selección de textos)
13) Poesía española reciente (1980-2000), ed. de Cañería Ballesta (Madrid: Cátedra); Cambio de siglo: antología de poesía española 1990-2007, ed. D. Sánchez-Mesa Martínez; Metalingüísticos y sentimentales: antología de la poesía española (1966-2000), 50 poetas hacia el nuevo siglo, ed. Marta Sanz (A docente facilitará unha selección de textos)
14) Sara Mesa, Mala letra (Barcelona: Anagrama) (A docente facilitará unha selección de textos)
15) Juan Mayorga, El golem (Segovia : Ediciones La Uña Rota)
1.- BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
a) Textos literarios de lectura obrigatoria asociados a cada tema do programa.
b) Selección de textos complementarios para traballar nas sesións expositivas e interactivas. A selección será preparada pola docente e estará a disposición do estudantado no Campus Virtual.
2.- BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
2.1. Obras de consulta de carácter xeral:
-Ariès, Philippe y GeorgeDuby, Historia de la vida privada. 5. De la Primera Guerra Mundial hasta nuestros días, Madrid: Taurus, 2000.
-Azaustre Galiana, Antonio e Juan Casas Rigall, Manual de retórica española, Barcelona, Ariel, 1997.
-Gullón, Ricardo, dir., Diccionario de literatura española e hispanoamericana, pról. de F. Lázaro, Madrid, Alianza, 1993, 2 vols.
-Hormigón, J. A. (dir.), Autoras en la historia del teatro español. Vols.II-IV; Madrid, Publicaciones de la ADE, 2000.
-Jauralde Pou, Pablo, Manual de investigación literaria. Guía bibliográfica para el estudio de la literatura española, Madrid, Gredos, 1981.
-Martínez Cachero, José Mª, Diccionario de escritores célebres, Madrid: Espasa-Calpe, 1995.
-Navarro Durán, Rosa, Enciclopedia de escritores en lengua castellana, Barcelona, Planeta, 2000.
-Pedraza, Felipe e Milagros Rodríguez, Las épocas de la literatura española, Barcelona, Ariel, 1997.
-Platas Tasende, Ana, Diccionario de términos literarios, Madrid, Espasa-Calpe, 2004, 3ª ed.
-Quilis, Antonio, Métrica española, Barcelona, Ariel, 1988.
-Villanueva, Darío e Margarita Santos Zas, Cronología de la literatura española. Siglo XX (Cátedra)
2.2. Historias e manuais de literatura
-Abellán, José Luis (ed.), El exilio español 1939, Madrid: Taurus, 1979.
-Alvar, Carlos, José-Carlos Mainer e Rosa Navarro, Breve historia de la literatura española, Madrid: Alianza, 1997.
-Gracia, Jordi e Domingo Ródenas, Historia de la literatura española. Siglo XX: 1939-2010, Barcelona: Crítica, 2011.
-Jones, Roy O. (ed.), HLE (Ariel): vols. 6 (Brown, Siglo XX) y 6/1 (Santos Sanz Villanueva, Literatura actual)
-Mainer, José Carlos, Historia de la literatura española.6. Modernidad y nacionalismo 1900-1936, Barcelona: Crítica, 2010.
-Oliva, César, Historia básica del artre escénico, Madrid: Cátedra, 1992
-Oliva, César, El teatro español en el siglo XX, Madrid: Síntesis, 2001.
-Oliva, César, La última escena (Teatro español de 1975 a nuestros días), Madrid: Cátedra, 2004
-Pedraza, Felipe e Milagros Rodríguez, Manual de literatura española X. Novecentismo y Vanguardia: introducción, prosistas y dramaturgos. XI. Novecentismo y Vanguardia: líricos. XIV: Posguerra: dramaturgos y ensayistas (Cenlit)
--Rico, Francisco (coord.), HCLE (Crítica): Vols. 7 Época contemporánea, 1914-1936) (Ed. García de la Concha) y 7/1 (Ed. Agustín Sánchez Vidal); 8 Época contemporánea, 1939-1980 (Ed. Domingo Yndurain) y 8/1 (Ed. Santos Sanz Villanueva); 9 Los nuevos nombres 1975-1990 (Ed. Darío Villanueva) y 9/1 Los nuevos nombres 1975-2000 (Ed. Jordi Gracia).
-Ruiz Ramón, Francisco, Historia del teatro español. Siglo XX, Madrid: Cátedra, 1986.
-Zavala, Iris (coord.), Breve historia feminista de la literatura española. III. La mujer en la literatura española (Del siglo XVIII a la actualidad), Barcelona: Anthropos, 1996.
CG1 - Adquisición e comprensión de coñecementos, métodos científicos e recursos de análise para (a) o estudo avanzado lingüístico e literario do español e as súas literaturas; (b) o estudo básico/medio dunha segunda lingua (nivel B2) e a súa literatura, de Filoloxía Románica, de Lingüística Xeral e de Teoría da Literatura e Literatura Comparada.
CG2 - Habilidades para aplicar eses coñecementos e métodos para recoñecer, identificar e resolver problemas tanto no ámbito dos estudos lingüísticos e ltierarios como no seu ámbito profesional: docencia de lingua (como L1 o LE) e de literatura, asesoría e corrección lingüística, planificación lingüística, mediación comunicativa, traducción, lingüística clínica, actividades editoriais, etc.
CG3 - Capacidade de reflexión e de pensamento crítico para describir, interpretar e valorar os feitos lingüísticos e literarios.
CG4 - Capacidade para aplicar o razonamento inductivo e deductivo, ao combinar a análise dos datos coa argumentación teórica.
CG5 - Capacidad de abstracción, síntese e análise, ao extraer xeneralizacións a partir da descripción dos datos.
CG6 - Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións sobre cuestións relativas á lingua e a literatura españolas a un público especializado e non especializado.
CG7 - Dominio da expresión oral e escrita, en español e noutraslinguas, en distintos contextos.
CG8 – Habilidade no manexo de ferramentas informáticas e no uso de redes que permitan establecer contactos nacionais e internacionais.
CG9 - Habilidade para traballar en colaboración e en contextos multiculturais y multilingües.
CG10 - Aprendizaxe autónoma de novos coñecementos e técnicas de análise.
CB1 – Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secuandaria xeral e se encontra nun nivel que, se ben se apoia en libros de textos avanzados, inclúe tamén algún aspectos que implican coñecementos procedentes da avanguarda do seu campo de estudo.
CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que se demostrar por medio da elaboración e ddefensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 –Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 – Que os estudantes teñan desarrollado aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CE4- Identificar e comprender aqueles elementos (obxecto de estudo, metodoloxía, linguaxe e terminoloxía crítica especializada, et.) que definen e articulan os estudos lingüísticos e literarios como disciplinas científicas no ámbito das Humanidades.
CE5 - Recoñecer o carácter interdisciplinar dos estudos lingüístico-literarios.
CE7 - Dominar os diversos enfoques y métodos que permiten la comprensión crítica de la obra literaria.
CE8 - Coñecer os escritores e obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura.
CE10 - Comprender a complexidade dos feitos lingüísticos e das obras literarias, aprender a apreciar os seus valores estéticos e extraer o caudal informativo que contén o texto literario.
CE12 - Interpretar con rigor as obras máis importantes e representativas de xéneros, correntes ou tendencias de cada un dos períodos da historia da literatura española.
CE13 – Coñecer a teoría e o pensamento estético no seu discurrir histórico en tanto condicionante de xéneros, estilos, morfoloxía e técnicas do discurso literario.
CE15 – Coñecer as características das diversas manifestacións da creación literaria, incardinándoas no contexto sociocultural no que se xestan e conectándoas con outras formas de expresión artística.
CE16 - Adquirir destrezas no manexo de novas tecnoloxías que faciliten o estudo da lingua e a literatura españolas.
CE17 – Empregar ferramentas de búsqueda de recursos bibliográficos para o estudo da lingua española e manexar as fontes documentais e bibliográficas propias da literatura.
CE18 - Desarrollar a competencia comunicativa.
No ámbito da docencia, as sesións expositivas fundamentaranse na explicación da docente. As sesións interactivas basearanse en tarefas de diferente natureza e na práctica da análise de textos a través do comentario. En ambos os casos, a docente facilitará as oportunas orientacións académicas e bibliográficas, tanto nas aulas como na sesións de titoría.
As cualificacións finais non dependerán só da asimilación dos contidos e a realización de tarefas na aula, senón tamén do traballo persoal e autónomo desenvolvido, a madurez e o aproveitamento demostrados, así como da correcta ortografía e expresión. Valorarase positivamente a asistencia a clase, así como a participación activa.
A asignatura está constituída polas clases expositivas e as interactivas e a súa cualificación farase por un sistema de avaliación continua, que suporá un 40% da cualificación global. A tal fin, terase en conta a asistencia participativa nas sesións de clase e a realización de tarefas explicadas oportunamente.
A nota da avaliación continua (40% da cualificación global) mantense no caso de que a persoa deba asistir á segunda oportunidade por non ter superada a materia na primeira.
O 60% da nota final da asignatura se reserva para unha proba final escrita, centrada na parte teórica do programa, que terá lugar o día e hora establecido oficialmente polo centro, tanto na primeira como na segunda oportunidade. De modo que a cualificación final da materia será o resultado da media obtida en ambas partes (40% e 60%), tanto na primeira como na segunda oportunidade
No caso de existir algún impedimento para asistir ás clases (enfermidade, traballo incompatible co horario lectivo, etc.), o alumno/a deberá presentar unha "Exención" de docencia para que así conste aos efetos oportunos. Neste caso o estudantado terá dereito a realizar o exame tanto na primeira como na segunda oportunidade e a nota obtida suporá o 100% da súa cualificación global. O mesmo sistema de avaliación é o que se contempla para o estudantado que, por coincidencia horaria con outras materias, non poida asistir regularmente a clase.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Tempo de estudo e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superar a materia:
De acordo co tipo de actividades programadas: Presenciais [sesións expositivas] (24 horas), sesións de seminario (24 horas), titorías (3 horas), e avaliacións (3 horas): 54 horas de traballo de aula.
As actividades NON PRESENCIAIS [estudo e preparación de actividades programadas (40 horas), elaboración de traballos (20), lecturas complementarias (20) e preparación de exames (20)], estímase o traballo persoal do alumno en 100 horas.
-A lectura das obras que figuran no programa como obrigatorias, antes da súa explicación nas clases, xa que é a forma de asimilar as explicacións teóricas e os comentarios prácticos.
-A consulta da bibliografía e materiais recomendados coas precisións indicadas.
-A preparación ao día das tarefas asignadas nos seminarios interactivos.
-É recomendable para o estudantado estranxeiro un nivel de lingua B2.
Idioma de impartición: castelán
Alejandra Ulla Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Literatura Española
- Correo electrónico
- alejandra.ulla [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | C07 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | Castelán | C01 |
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | Castelán | C01 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D10 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D10 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D11 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D11 |
22.05.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D11 |
27.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A-L) | D10 |
27.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 (M-Z) | D10 |
27.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | D10 |