Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Alemán
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Alemá
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O significado é un aspecto central da palabra como elemento constitutivo básico da linguaxe. Con esta materia preténdese introducir ao alumnado no estudo da semántica da palabra e oracional nas súas diferentes vertentes teóricas e metodolóxicas. Ademais de analizar os conceptos de "Semántica", "Lexicología" e "Lexicografía" e de interrelacionalos entre si, dedicarase especial atención ao controvertido termino de "palabra" na súa dimensión de signo lingüístico. Así mesmo, o estudante poderá profundar na noción de "campo léxico" e da diferenza entre a perspectiva semasiológica e onomasiológica.
Distinguir os tipos de motivación que xeran a formación de novas palabras e significados constitúe un obxectivo central da materia, así como proporcionar ao estudante os coñecementos necesarios acerca das distintas teorías do significado que imperaron na Lingüística durante a segunda metade do S. XX e a primeira década do S. XXI.
1. Introdución. Achegamento terminolóxico á materia.
1.1. As disciplinas "Semántica", "Lexicoloxía" e "Lexicografía". Obxectos de estudo.
1.2. A "palabra" na súa dimensión de signo lingüístico. O modelo orgánico de Bühler.
1.3. Relación entre significado e expresión.
1.4. Significado léxico, significado en contexto, significado pragmático.
2. Principais correntes e teorías semánticas
2.1. Enfoque estruturalista e análise componencial.
2.1.1. Noción de campo léxico.
2.1.2. Campo léxico e familias de palabras.
2.2. O enfoque cognitivo e a Semántica de Prototipos.
2.3. A semántica de "frames".
3. O significado léxico.
3.1. Descripción do significado. Denotación e connotación.
3.2. Polisemia e homonimia.
3.3. Relacións paradigmáticas no significado.
3.4. Significado e préstamos.
4. A motivación.
4.1. Concepto de "motivación".
4.2. Motivación fonética.
4.3. Motivación morfolóxica.
4.4. Motivación semántica e figurativa.
5. Mecanismos de ampliación do vocabulario.
5.1. Composición.
5.2. Derivación.
5.3. Combinacións de palabras: os fraseoloxismos.
6. Lexicografía.
6.1. Tipos de dicionarios.
6.2. Partes do dicionario e información semántica.
a. Bibliografía básica e complementaria
Bergmann, R./ Pauly, P./ Schlaefer, M. (1991): Einführung in die deutsche Sprachwissenschaft. Heidelberg.
Burger, H. (2015): Phraseologie. Eine Einführung am Beispiel des Deutschen. 5. Auflage. Berlin.
Busch, A. / Stenschke, O. (2007): Germanistische Linguistik. Tübingen.
Busse, D. (2009): Semantik. Padeborn.
Cruse, A. / Hundsnurscher, F. / Job, M. / Lutzeier, P.R. (2002): Lexikologie. Ein internationales Handbuch. HSK 21.1. Berlin.
Donalies, E. (2011): Basiswissen Deutsche Wortbildung. Berlin.
Erben, J. (2000): Einführung in die deutsche Wortbildungslehre. Berlin.
Fleischer, W.: Wortbildung der deutschen Gegenwartssprache. Leipzig.
Fleischer, W./ Helbig, G./ Lerchner, G. (Hrsg.) (2001): Kleine Enzyplopädie Deutsche Sprache. Frankfurt a.M.
Geckeler, H. (1971): Strukturelle Semantik und Wortfeldtheorie. München.
Glück, H. (Hrsg.) (1993): Lexikon der Sprachwissenschaft. München.
Gross, H. (1998): Einführung in die Germanistische Linguistik. München.
Harm, V. (2015): Einführung in die Lexikologie. Darmstadt.
Heusinger, S. (2004): Die Lexik der deutschen Gegenwartssprache. Tübingen.
Linke, A./ Nussbaumer, M. / Portmann, P.R. (1991): Studienbuch Linguistik. Tübingen.
Engelberg, St. / Lemnitzer, L. (2009): Lexikographie und Wörterbuchbenutzung. Tübingen.
Löbner, S. (2003): Semantik. Eine Einführung. Berlin.
Lutzeier, P. R. (1985): Linguistische Semantik. Stuttgart.
Lutzeier, P. R. (1995): Lexikologie. Tübingen.
Mellado Blanco, C. (2009): Theorie und Praxis der idiomatischen Wörterbücher. Tübingen.
Mellado Blanco, C. (2014): Kontrastive Phraseologie Deutsch-Spanisch. Tübingen.
Römer R. / Matzke, B. (2003): Lexikologie des Deutschen. Eine Einführung. Tübingen.
Schippan, Th. (2002): Lexikologie der deutschen Gegenwartssprache. Tübingen.
Schlaefer, M. (2002): Lexikologie und Lexikographie. Eine Einführung am Beispiel deutscher Wörterbücher. Berlin.
Schwarz, M./ Chur, J. (2007): Semantik. Ein Arbeitsbuch. Tübingen.
Schwarze, Ch./ Wunderlich, D. (Hrsg.) (1985): Handbuch der Lexikologie. Königsstein.
Stechow, A. / Wunderlich, D. (Hrsg.) (1991): Semantik. Ein internationales Handbuch der zeitgenössischen Forschung. HSK 6. Berlin.
Storrer, A. (2010): "Deutsche Internet-Wörterbücher: Ein Überblick", Lexicographica, 26, 154-164
Ullmann, St. (1972): Grundzüge der Semantik. Die Bedeutung in sprachwissenschaftlicher Sicht. Berlin.
Wanzeck, Ch. (2010): Lexikologie. Göttingen.
Wegner, I. (1985): Frame-Theorie in der Lexikographie, Tübingen.
Wunderlich, D. (1991): Arbeitsbuch Semantik. Frankfurt.
b. Dicionarios e recursos electrónicos
Busmann, H. (2002): Lexikon der Sprachwissenschaft, Stuttgart.
Schemann, H. / Mellado Blanco, C. / Búján, P. / Iglesias N. / Larreta, J.P. / Mansilla, A. (2013): Idiomatik Deusch-Spanisch. Hamburg.
http://www.linse.uni-due.de/portalingua.html
http://hypermedia.ids-mannheim.de/evalbu/index.html
http://wordnet.princeton.edu/
https://framenet.icsi.berkeley.edu/fndrupal/
http://www.dwds.de/
http://www.duden.de/woerterbuch
Outras referencias bibliográficas serán usadas ó longo do curso.
Con esta materia preténdese que os estudantes tomen conciencia do fenómeno do significado do signo lingüístico a nivel léxico e oracional tanto na súa faceta terminolóxica como analítica.
Competencias ao terminar o cuadrimestre:
(1) Adquisición de coñecementos sobre o funcionamento real da lingua alemá a través do estudo do significado léxico.
(2) Diferenciación e caracterización das distintas escolas de pensamento que se ocuparon de estudar a constitución do significado das palabras.
(3) Dominio da terminoloxía específica ao redor de conceptos básicos da Semántica e a Lexicoloxía e identificación de estructuras semánticas.
(4) Capacidade de argumentar e desenvolver un pensamento crítico acerca da lingua.
(5) Familiarización cos recursos tecnolóxicos que ofrece a rede, tanto para o estudo teórico da materia, como para a execución de exercicios prácticos sobre textos e consulta de dicionarios.
Do total das sesións programadas, dous terzos están destinadas á exposición teórica dos contidos e un terzo á discusión e corrección de tarefas propostas. Así mesmo, hai que sinalar que nas sesións expositivas non se exclúe a participación dos estudantes, senón que, máis ben ao contrario, as clases "teóricas" están concibidas en interacción continua co alumnado. Isto quere dicir que o temario se explica desde unha metodoloxía inductiva, ofrecendo distintas posibilidades e opinións para un mesmo fenómeno, co fin de que os estudantes desenvolvan a súa capacidade crítica e fórmense a súa propia opinión acerca das distintas escolas e teorías lingüísticas.
Para a parte práctica da materia está prevista a realización de tares concretas acerca dos contidos expostos, así como a lectura e comentario crítico de textos que ilustren distintos aspectos do temario.
A nota da materia establécese basicamente a partir dos seguintes factores (convocatoria de maio):
(1) Asistencia regular a clase, execución das tarefas propostas e participación activa na aula (30%).
(3) Exame final (70%).
O exame final consta dunha parte teórica e doutra práctica. Esta última céntrase principalmente nas cuestións abordadas nas sesións prácticas, tanto exercicios como comentarios de textos.
Na convocatoria de xullo hai duas posibilidades:
(1) Como na convocatoria de maio.
(2) 100% examen final.
Para os alumnos con dispensa académica e os repetidores prima a modalidade (2): 100% exame final.
No caso de realización fraudulenta de exercicios o probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
6 créditos ECTs corresponden a un total de 150 horas de traballo do alumnado.
Semanalmente recoméndase un tempo de traballo persoal de catro horas. Tres destas horas dedicaranse á supervisión e ao cotejo das notas tomadas na aula cos manuais recomendados, á realización das lecturas e exercicios prácticos propostos. Unha hora destinarase para preguntas no meu tempo de tutoría, na que se resolverán todas as posibles cuestións relacionadas coa materia e daranse as pautas necesarias para a utilización correcta das novas tecnoloxías aplicadas ao estudo da semántica e lexicología da lingua alemá.
Para garantir a adquisición adecuada e progresiva de coñecementos recoméndase un seguimento continuado da materia activando todos os recursos ofrecidos na aula e realizando as tarefas prácticas propostas. Nivel de alemán B2.
Ademais, do alumnado espérase:
- Activa e regular participación no seminario.
- Traballo continuado.
- Preparación previa e posterior ás clases.
- Lectura da bibliografía recomendada.
Maria Del Carmen Mellado Blanco
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Alemá
- Teléfono
- 881811859
- Correo electrónico
- c.mellado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Alemán | D03 |
Venres | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | D14 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Alemán | D14 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C04 |
02.06.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C04 |
04.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | C04 |
04.07.2025 09:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | C04 |