Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral da materia de tradución é a adquisición e consolidación de coñecementos e o desenvolvemento de estratexias e destrezas útiles para a práctica da tradución. De xeito máis concreto, o traballo nesta materia permitirá aos estudantes acadar os seguintes obxectivos específicos.
- Adquirir coñecementos prácticos básicos sobre as principais diferenzas entre o inglés e o galego/español e tomar conciencia da súa importancia como posibles problemas de tradución.
- Comprender a importancia de expresarse con precisión e corrección na propia lingua e de converterse en usuarios críticos desta.
- Tomar conciencia da natureza comunicativa da tradución, é dicir, de que traducir consiste en recrear unha mensaxe preexistente nunha segunda lingua.
- Adquirir coñecementos prácticos sobre procedementos e estratexias de tradución eficaces.
- Aprender a analizar e preparar textos con vistas á súa tradución, atendendo especialmente a aspectos importantes tales como a intención comunicativa, as ideas principais, os trazos lingüísticos máis característicos, o estilo, o tipo de texto ou a súa organización xeral.
- Aprender a manexar de forma eficaz as ferramentas e recursos de apoio necesarios para o tradutor.
- Desenvolver estratexias de traballo en grupo que axuden aos estudantes a resolver problemas de tradución de xeito colaborativo.
- Adquirir os coñecementos necesarios para analizar de forma crítica e expor con claridade os aspectos esenciais dun problema específico de tradución.
Os contidos do curso distribúense en dous bloques que se alternan semanalmente:
BLOQUE 1: Cuestións de carácter contrastivo inglés/español-galego
1. Falsos amigos
2. Expresións idiomáticas e fraseoloxía
3. Colocacións
4. Adxectivos comúns
5. Os adverbios rematados en -ly
6. A voz pasiva.
7. Oracións subordinadas con with, while e as.
BLOQUE 2: Conceptos xerais sobre a teoría e a práctica da tradución.
1. A tradución como acto comunicativo complexo: a teoría do skopos.
2. Fases do proceso de tradución.
3. Fontes de documentación: dicionarios, libros de estilo e recursos en liña.
4. Os métodos de tradución.
5. Os procedementos de tradución.
6. Tradución e cultura: A tradución de termos culturais.
7. A tradución audiovisual: subtitulado e dobraxe
8. Aspectos profesionais da tradución.
Non se fará uso de libro de texto. Os profesores da materia darán indicacións sobre como obter ou proporcionarán copias dos materiais do curso.
Lista básica de dicionarios e manuais de apoio para a tradución xeral inglés-castelán/galego:
• VV. AA. (2008)Gran diccionario Oxford Español-Inglés/Inglés-Español. Oxford: Oxford University Press. (4ª ed.)
• VV. AA. (2006), Collins Cobuild Advanced Learner’s English Dictionary (Paperback). Harper Collins Publishers. (5ª ed.)
• Moliner, María (2003),Diccionario de uso del español. Madrid: Gredos. (2ª ed.)
• Bosque, I. (dir.) (2004) Redes. Diccionario combinatorio del español actual. Madrid: SM
• RAE (2006), Diccionario panhispánico de dudas. Madrid: Santillana.
• Gómez Torrego, L. (1997), Manual de español correcto (I, II). Madrid: Arco Libros. (8ª edición).
• Fernández Salgado, B. (dir.) (2004), Diccionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Vigo: Galaxia.
• Pena, X. A. (2005). Gran diccionario Século 21 da Lingua Galega. Vigo: Do Cumio.
Manuais de tradución do inglés ao español onde poder atopar recomendacións interesantes para a práctica da tradución fóra de clase.
• Brehm Cripps, Justine (2004), Targeting the Source Text. A Coursebook in English for Translator Trainees. Castellón: Publicaciones de la Universidad Jaume I.
• Duff, A. (1989), Translation. Oxford: OUP.
• Hervey, S., I. Higgins & L. M. Haywood (1995), Thinking Spanish translation : a course in translation method, London, Routledge.
Outros traballos sobre os contrastes entre o inglés e o castelán.
• García Yebra, V. (1984) Teoría y práctica de la traducción, Madrid, Gredos
• Vázquez Ayora, V. (1976) Traductología, Washington: Georgetown UP
• Wandruszka, M. (1976) Nuestros idiomas comparables e incomparables, Madrid, Gredos
CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG1, CG7, CG8, CG9, CE1, CE5 (Memoria de verificación).
Tradución directa e inversa (inglés) é unha materia de carácter esencialmente práctico. O temario que se pretende desenvolver durante o curso articúlase en torno a cuestións contrastivas de diversa índole (léxica, sintáctica, pragmática e textual) que poden presentar problemas desde o punto de vista da tradución. Os aspectos máis salientables correspondentes a cada unidade temática presentaranse nunha primeira sesión de carácter máis expositivo que incluirá tamén exercicios prácticos intensivos que axuden aos alumnos a tomar conciencia da natureza e do alcance do problema. Esta sesión inicial irá seguida doutras netamente prácticas nas que se fará uso de diferentes tipos de actividades que ofrezan unha perspectiva máis ampla e máis claramente contextualizada do problema a través de textos auténticos extensos. Estas actividades terán como obxectivo profundar na cuestión tratada en cada unidade e ao mesmo tempo exercitar e desenvolver destrezas de tradución de carácter transversal. Entre outras actividades, nestas sesións máis prácticas farase uso das seguintes:
• Tradución de textos representativos de diferentes rexistros.
• Tarefas de pre-tradución: análise de textos (contido, estrutura, estilo, etc.), exercicios de comprensión e de síntese (gist translation), etc.
• Debates sobre temas relacionados directamente co ámbito da tradución e das diferenzas entre as linguas.
• Análise crítica de textos traducidos.
• Actividades centradas sobre o manexo das ferramentas do tradutor tales como os distintos tipos de dicionarios ou outros recursos de apoio á tradución.
Como complemento ás clases presenciais farase un uso frecuente da aula virtual, que constituirá esencialmente unha canle adicional para a titorización dos estudantes, a avaliación continua e a proposta de materiais de utilidade para o traballo autónomo. Permitirá así mesmo dispor dun espazo permanentemente aberto para a interacción cos estudantes, e para que estes participen de xeito activo, compartindo experiencias, dúbidas, opinións, etc. en relación coa materia e co mundo da tradución en xeral.
O 50% da cualificación final do curso corresponderá á avaliación continua e determinarase en función da frecuencia e da calidade da participación do alumnado nas distintas actividades previstas na aula e no campus virtual, e, en xeral, da calidade dos traballos e probas que se poderán recoller/realizar ó longo do curso.
O 50% restante dependerá do rendemento do alumno/a no exame oficial da materia, que se realizará na data prevista polo centro. Importante: para poder aprobar a materia, é condición indispensable obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 no exame final.
A asistencia e participación activa nas clases é importante, será controlada regularmente e empregarase para axustar a nota final.
Nos casos de conflito horario con outras materias, DÉBESE contactar cos profesores durante a primeira semana do curso para acordar medidas que permitan compatibilizar a participación nas distintas materias sen menoscabo da aprendizaxe. En todo caso, esixirase unha asistencia e participación proporcionadas nesta materia (normalmente do 50% das horas lectivas) e pode esixirse a realización de tarefas complementarias compensatorias (a acordar cos profesores).
Aplicarase o mesmo procedemento de avaliación antes descrito tanto no caso dos/das estudantes que cursan a materia por primeira vez como no dos repetidores.
Na segunda oportunidade (xullo), o 50% da cualificación corresponderá á avaliación continua (inalterable con respecto á da primeira oportunidade de maio) e o 50% ao exame final. Importante: para poder aprobar a materia, é condición indispensable obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 no exame final.
Aplicarase o mesmo método de avaliación antes descrito (para calquera das dúas oportunidades) no caso dos alumnos con dispensa oficial de asistencia a clase. Para estes, a avaliación continua realizarase tendo en conta a súa participación nas actividades realizadas a través da aula virtual do curso e a realización doutras tarefas que lle sexan encargadas regularmente polos profesores da materia. Deberán participar ademais no exame final da materia. Se teñen previsto solicitar esta exención, DEBEN contactar co profesor durante as dúas primeiras semanas do curso (ou no momento mesmo en que decidan solicitar a exención) sen esperar a ter unha resposta oficial da institución, para recibir instrucións sobre as tarefas que deben realizar.
No caso dos estudantes de intercambio, aplicarase o mesmo sistema de avaliación ca para os "locais".
Nota importante. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido no art. 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
presenciais/non presenciais/totais
Sesións expositivas 16/32/48
Sesións de seminario 32/48/80
Sesións de titoría 3/9/12
Sesións de avaliación 3/7/10
TOTAL 54/96/150
Prevese unha participación activa e constante do alumnado tanto nas sesións presenciais como a través da aula virtual. Cómpre lembrar que o 50% da nota final dependerá desta participación ao longo do curso, en particular nas actividades propostas a través do campus virtual.
No caso dos estudantes de intercambio, é moi recomendable que posúan un coñecemento intermedio/avanzado de español ou galego para un bo aproveitamento da materia e, xa que logo, para poder superar o curso con garantías.
Francisco J. Fernandez Polo
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811898
- Correo electrónico
- xabier.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mario Cal Varela
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811858
- Correo electrónico
- mario.cal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 (S-Z) | Inglés | C10 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 (A-D) | Inglés | C10 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 (E-L) | Inglés | C10 |
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 (M-R) | Inglés | C10 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 (S-Z) | Inglés | C10 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 (A-D) | Inglés | C10 |
13:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 (E-L) | Inglés | C10 |
14:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 (M-R) | Inglés | C10 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | D08 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | D08 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (M-R) | D08 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (S-Z) | D08 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-D) | D08 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (E-L) | D08 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (S-Z) | D09 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-D) | D09 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (E-L) | D09 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | D09 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | D09 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (M-R) | D09 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | D10 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (M-R) | D10 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (S-Z) | D10 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-D) | D10 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (E-L) | D10 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | D10 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | D11 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | D11 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (M-R) | D11 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (S-Z) | D11 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-D) | D11 |
26.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (E-L) | D11 |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (S-Z) | C10 |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-D) | C10 |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (E-L) | C10 |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C10 |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C10 |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (M-R) | C10 |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_02 (M-Z) | C11 |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (M-R) | C11 |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_04 (S-Z) | C11 |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A-D) | C11 |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (E-L) | C11 |
01.07.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A-L) | C11 |