Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Aproximarse ao funcionamento da economía actual.
-Coñecer e saber utilizar as fontes estatísticas fundamentais para a economía do sector cultural.
-Determinar a contribución da cultura á economía da UE, España e Galicia.
-Coñecer as técnicas de valoración económica dos servizos culturais.
-Identificar e explicar os cambios estruturais do sector cultural.
-Ser capaz de realizar un estudo sobre un sector cultural desde o punto de vista económico.
1. Introdución á economía
A economía como ciencia social
Os principais agregados económicos
Caracterización da economía galega no marco español e europeo
2. Introdución á economía da cultura
Economía da cultura. Ideas iniciais
Definición de bens culturais e bens artísticos. Valor artístico e cultural
A economía da cultura na historia do pensamento económico
3. Fundamentos teóricos da economía da cultura
A cultura na economía actual. A terciarización da economía
A cultura como ben superior
Innovación e destrución creadora nas industrias culturais
A cultura como ben público
4. As contas do sector cultural
Estatísticas culturais. Fontes e metodoloxías estatísticas
As contas económicas do sector da cultura. Europa, España e Galiza
5. Infraestruturas e equipamentos culturais. Promoción cultural
As infraestruturas culturais
O patrimonio cultural material
Infraestruturas culturais e patrimonio en cifras
6. Economía do turismo
Sector turístico: conceptos básicos
Demanda turística
Oferta turística
As contas económicas do sector turístico
7. Metodoloxías de avaliación económica dos servizos culturais
Políticas públicas culturais
Indicadores para a medición e avaliación das políticas culturais
-Alonso Rodríguez, J.A. (Dir.) (2019). Lecciones sobre economía mundial. Introducción al desarrollo y a las relaciones económicas internacionales. Thomson-Civitas: Madrid.
-Barbieri, N., Partal, A., Merino, E. (2011). Nuevas políticas, nuevas miradas y metodologías de evaluación. ¿Cómo evaluar el retorno social de las políticas culturales?. Papers 96(2), pp. 477-500 https://doi.org/10.5565/rev/papers/v96n2.139
-Baumol, W. J. (2006). The Arts in the “New Economy”. En Handbook of the Economics of Art and Culture (Vol. 1, pp. 339-358). Elsevier. https://doi.org/10.1016/S1574-0676(06)01011-8
-Casson, M. (2006). Culture and Economic Performance. En Handbook of the Economics of Art and Culture (Vol. 1, pp. 359-397). Elsevier. https://doi.org/10.1016/S1574-0676(06)01012-X
-European Statistical System Network on Culture (2012): ESSnet-Culture Final Report. Eurostat: Luxemburgo
-Ginsburg, V.A., Throsby, D. (Eds.) (2006). Handbook of the Economics of Art and Culture. Amsterdam: North Holland.
-Goodwin, C. (2006). Art and Culture in the History of Economic Thought. En Handbook of the Economics of Art and Culture (Vol. 1, pp. 25-68). Elsevier. https://doi.org/10.1016/S1574-0676(06)01002-7
-Hutter, M., & Shusterman, R. (2006). Value and the Valuation of Art in Economic and Aesthetic Theory. En Handbook of the Economics of Art and Culture (Vol. 1, pp. 169-208). Elsevier. https://doi.org/10.1016/S1574-0676(06)01006-4
-López Iglesias, E. (2016). Do atraso ao progreso económico de Galiza? Un proceso histórico á espera dun relato. En Dubert, I. (Ed.), Historia das historias de Galicia. Vigo: Xerais.
-McCain, R. (2006). Defining Cultural and Artistic Goods. En Handbook of the Economics of Art and Culture (Vol. 1, pp. 147-167). Elsevier. https://doi.org/10.1016/S1574-0676(06)01005-2
-Mochón Morcillo, F. (2004). Economía y turismo. Madrid: McGraw Hill.
Páxinas web:
CULTURABase (Ministerio de Cultura y Deporte): https://www.cultura.gob.es/servicios-al-ciudadano/estadisticas/cultura/…
EUROSTAT: https://ec.europa.eu/eurostat/web/main/home
Instituto Nacional de Estadística (INE): www.ine.es
Instituto Galego de Estatística (IGE): www.ige.gal
Con10: Comprender os fundamentos das producións culturais como industria e o seu marco lexislativo.
H/D02: Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
H/D03: Reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan reflexións sobre temas de índole social, científica ou ética.
Comp03: Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
Comp04: Manexar as novas tecnoloxías ligadas aos campos de coñecemento propios do grao, tanto para finalidades formativas como de exercicio profesional.
Comp07: Xestionar os recursos humanos, materiais e económicos necesarios para a posta en marcha de proxectos e eventos culturais.
Na modalidade presencial haberá 24 horas de docencia expositiva, 24 horas de docencia interactiva e programaranse 3 horas de titoría en grupo reducido.
A docencia expositiva está orientada á presentación dos contidos teóricos da materia. Empregarase fundamentalmente a lección maxistral. Estas exposicións irán acompañadas por lecturas por parte dos alumnos de textos escollidos que fundamentarán ou complementarán ditas explicacións. Tamén se pode utilizar un modelo híbrido combinando a clase presencial con outros recursos didácticos a través do Campus Virtual.
A docencia interactiva presencial de seminario estará orientada a fomentar unha participación activa do alumnado e a achegalo aos aspectos prácticos da materia, mediante a utilización de estudos do caso, discusións e debates, resolución de problemas, realización de traballos en grupos ou individuais con ou sen exposición en público. As sesións interactivas serven para pór en práctica os contidos abordados nas sesións expositivas e, así, contribuír á súa comprensión e fixación.
Titorías en grupo
Actividades de orientación, dinamización e titoría do traballo dos estudantes: orientación para a realización de traballos, preparación das exposicións, procura e selección de material bibliográfico e fontes estatísticas, así como revisión de prácticas ou problemas (3 horas).
A Aula Virtual ofrece material sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. Será o espazo preferente para a entrega e avaliación de traballos.
O traballo individual do alumno oriéntase cara a preparación do traballo na aula para cimentar, aplicar e ampliar os seus coñecementos. A través da resolución de exercicios, da elaboración e discusión de casos, e da investigación, análise e discusión de problemas, o alumnado reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análise e expresión oral.
Non é permitido o uso de dispositivos electrónicos na aula sen autorización previa por parte do profesor.
Os alumnos repetidores e aqueles que non puideren asistir con regularidade deberán contactar co profesor para abordar a súa situación na primera semana do cuadrimestre.
Contémplase a posibilidade de facer saídas para prácticas de campo, en coordinación co resto das materias do título, que permitan visitar e coñecer feiras, mostras e calquera evento relacionado co sector cultural. Estas saídas terían carácter opcional e non avaliable.
Conforme á anterior proposta docente a avaliación recollerá o resultado da totalidade do esforzo realizado ao longo do curso: participación activa; debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa; realización e exposición de traballos; probas e exame final; etc. Avaliaranse todas as competencias sinaladas no apartado correspondente.
O sistema de avaliación da materia basearase en tres compoñentes:
a) A proba final de carácter obrigatorio, que consiste nun exame escrito que se celebrará na data e hora que determine o calendario oficial do centro (40% da puntuación total).
b) A realización das actividades de avaliación continua (traballos, exposicións, etc.) propostas durante as sesións expositivas e interactivas da materia (50% da puntuación total).
c) A asistencia e participación na aula (10% da puntuación total).
Para superar a materia é necesario obter un mínimo de cinco puntos sobre dez. Estes dez puntos distribúense en dúas partes: 4 corresponden ao exame final, e os 6 puntos restantes reflictirán as outras actividades académicas desenvolvidas. Aprobar o exame final é un requisito imprescindible para superar a materia. A nota da avaliación continua só será considerada para facer media (ponderada) coa nota do exame final se este último é aprobado. Considérase aprobado se se obtén un mínimo de 5 puntos sobre 10.
O alumnado que non supere o exame escrito na primeira oportunidade do curso ten dereito a acudir á segunda oportunidade. Neste caso, a nota obtida na segunda oportunidade será a que faga media ponderada (mantendo o peso do 40% sobre o total) coa nota correspondente ás actividades de avaliación continua.
O formato de exame será o mesmo en ambas oportunidades, sendo obxecto de avaliación os temas que figuran no programa, as lecturas obrigatorias, as explicacións do profesor e o resto do material que se facilitar. Non haberá probas liberatorias parciais. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC. Ao alumnado ao que lle for concedida dispensa de asistencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliaráselle cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación final. A tal fin deberán informar ao profesor dentro da semana seguinte á resolución oficial.
Seguindo a normativa oficial, a cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
O alumnado repetidor que xa tivera aprobada a parte da materia correspondente á avaliación continua en convocatorias anteriores ten dúas opcións de avaliación. En primeiro lugar, pode manter a nota de avaliación continua obtida na convocatoria anterior e presentarse unicamente ao exame final se así o desexar. En segundo lugar, pode volver realizar as actividades prácticas e obter unha nova nota de avaliación continua, que substituirá ás de convocatorias anteriores. En calquera caso, o peso da nota final segue sendo do 40% para o exame escrito e do 60% para as actividades de avaliación continua. O alumnado repetidor debe porse en contacto co profesor na primeira semana do cuadrimestre para abordar a súa situación e elixir o sistema de avaliación que desexe (que non poderá ser modificado a posteriori).
Docencia expositiva: 24 horas
Docencia interactiva/seminario: 24 horas
Titorización individual do alumno: 3 horas
Exame: 4 horas
Traballo persoal do alumno e outras actividades: 95 horas
Non se require de coñecementos económicos específicos previos.
Recoméndase o seguimento continuado das aulas e tomar apuntamentos da explicación do profesor. Todo o explicado polo profesor é susceptíbel de ser materia de exame. As presentacións de diapositivas son só un apoio á explicación, non un substituto (noutras palabras: o estudo das diapositivas non abonda para superar a materia).
Recoméndase non esgotar os prazos de entrega das actividades prácticas para non arriscarse a deixar actividades sen entregar por causa de imprevistos.
Lémbrase a dispoñibilidade de servizo de titorías para a resolución de calquera tipo de dúbida ou problema que se presente ao longo do curso.
Raul Rios Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- raul.rios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:00 | CLE_01 | Galego | Aula 15 |
Mércores | |||
12:30-14:00 | CLIS_01 | Galego | Aula 15 |
21.01.2025 10:00-12:30 | CLE_01 | Aula 14 |
16.06.2025 12:00-14:00 | CLE_01 | Aula 12 |