Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 15 Clase Expositiva: 4 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia abordará as técnicas básicas que se utilizan para a construción dos distintos modelos de textos empregados no ámbito da xestión cultural (resumo e narrativización), así como os aspectos básicos de construción de textos persuasivos e, no contexto galego e español en xeral, todos os aspectos asociados ao multilingüismo dos materiais (estratexias de xerarquización, presentación diferenciada ou homoxénea, etc.). Nunha segunda parte abordarase, con exemplos, o proceso de construción destes materiais e analizaranse os resultados asociados aos principais formatos de textos que se empregan no ámbito da xestión cultural: impresos, audibles e materiais para as redes sociais.
1. Aspectos xerais da produción de textos para a xestión cultural
1.1.Técnicas básicas: resumo e narrativización
1.2. Persuasión
1.3. Multilingüismo
2. Técnicas e formatos para a elaboración de recursos impresos. Folletos, paneis, materiais para exposicións, materiais para o turismo de natureza, cartelas.
3. Técnicas para a elaboración de recursos audibles . Audioguías e podcasts. Materiais dirixidos a persoas con dificultades visuais
4. Técnicas e formatos para a elaboración de materiais para as redes sociais . Redes sociais basicamente lingüísticas. Redes sociais predominantemente visuais.
Bibliografía sobre escritura divulgativa
Álvarez de Santiago-Guervós, Francisco-Javier (2008). Comentario de textos persuasivos. Madrid: Arco Libros.
Asenjo Hernanz, Mª Elena & Asensio, Mikel (2011). Las audioguías como recurso interpretativo: uso y satisfacción. En Mª Elena Asenjo Hernanz & Mikel Asensio (eds.) Lazos de luz azul: museos y tecnologías 1, 2 y 3.0., 161-173.
Castro Córdoba, Ernesto (2018). Brevísima historia de las cartelas. Revista de Occidente, 441, 76-83.
Conde Ruano, José Tomás (2021). Diseño y valoración de una audioguía multilingüe y accesible. Revista tradumàtica: traducció i tecnologies de la informació i la comunicació, 19, 253-275.
Consuegra Cano, Begoña (2008). Autodescripción y elaboración de audioguías para personas con discapacidad visual grave: la norma UNE 153020:2005. Revista de Museología, 41, 57-61.
Del Pino Díaz, David (2023). Cultura y socialización. Notas sobre los procesos culturales en las sociedades complejas. En Tamboleo García, Rubén (ed.). Manual de sociología. Valencia: Tirant lo Blanch, 45-63.
Fuentes Rodríguez, Catalina & Alcaide Lara, Emilio (2002). Mecanismos lingüísticos de la persuasión. Cómo convencer con palabras. Madrid: Arco Libros.
López Molina, Almudena (2015). Cómo escribir audioguías. Barcelona: Trea.
Lorente Bilbao, Eneko & Doblas Pozo, Francisco Javier (2007). La construcción de objetos cognitivos en entornos multimedia: los podcasts “audioguías urbanas” como experiencia narrativa. En Roig Vila, Rosabel & Mengual Andrés, Santiago (coords.) TIC@aula 2007, 15.
Olaya Reyes, Johana, Melanny Rebolledo Cadena, Nathalie Landeta Bejarano, Marjorie Montecé Macías (2022). Metodología del diseño de audioguías para turistas con discapacidad visual. Siembra, 9/2.
Raviña Rosende, Amparo (2017). Mellora da aprendizaxe a través da realidade aumentada: rutas xeolocalizadas, audioguía e códigos QR. Proxecto intercentros. Eduga: Revista Galega do Ensino.
Rodríguez Luque, Cristina, José Antonio Alonso Fernández & Enrique Requena Búa (2024). La nueva semiótica del microrrelato en radio y pódcast: emisor, oyente y creación literaria. La experiencia de “Relatos en cadena” de la Cadena Ser. Signa. Revista de la Asociación Española de Semiótica, 33, 107-130.
Sánchez Benítez, Sergio (2023). Ficcionar puede dañar seriamente la verdad: recreación y desinformación en la era digital. Telos, 122, 78-83.
Sánchez Sánchez, David Ernesto & Constenla Vega, Xosé (2019). O emprego de audioguías como recurso didáctico para o coñecemento do medio natural e cultural: o caso do sendeiro azul do torno em San Ciprián (concello de Cervo). En Xosé Carlos Macía Arce, Francisco Xosé Armas Quintá & Francisco Rodríguez Lestegás (coord.). La configuración del medio natural en la sociedad de la información: nuevos desafíos en la educación geográfica. 1149-1159.
Soler Gallego, Silvia & Christiane Limbach (2016). Audioguiado en interiores para personas con diversidad funcional visual. En Álvarez de Morales Mercado, Cristina & Jiménez Hurtado, Catalina (eds.). Patrimonio cultural para todos: investigación aplicada en traducción accesible. 33-54.
Torres Aguilar, Francisca (2014). Nuevos vehículos de comunicación para la difusión del patrimonio: de la audioguía tradicional a la era digital. Tese de doutoramento, Universidade de Málaga.
Con06: Coñecer a norma e uso coherente e axeitado das linguas ambientais (español ou galego), tanto de forma oral como escrita.
Con08: Identificar os distintos niveis e estilos de uso das linguas ambientais e internacionais, tanto na modalidade oral como na escrita, e a súa importancia para a elaboración e transmisión eficaz de textos con contido cutural.
-H/D02. Analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes, valorando a súa relevancia e interese en función dos obxectivos que se persigan.
-H/D04: Comunicar información, ideas, problemas e solucións tanto a públicos especializados como non especializados e dun modo claro e eficaz.
Comp03. Organizar e planificar o traballo en función dos obxectivos e recursos dispoñibles.
Comp06: Aplicar os coñecementos adquiridos para resolver problemas tanto na súa área de estudo como en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares.
A docencia da materia desenvolverase mediante actividades formativas non presenciais. Están planificadas, por unha banda, 14 horas que se dedicarán a sesións semanais dunha hora, sesións que se poderán seguir de maneira síncrona mediante tecnoloxía de "streaming" (MSTeams), coa que se compartirá a sesión docente. Neste sentido, os diferentes materiais e recursos empregados durante as sesións poñeranse ao dispor do alumnado a través da aula virtual da materia. Por outra banda, está planificada unha hora semanal de titoría, que se desenvolverá de maneira non presencial e síncrona, a través de MSTeams, no horario fixado polo Decanato. O obxectivo destas titorías é orientar ao alumnado no seu proceso de aprendizaxe autónoma, así como resolver calquera dúbida ou consulta sobre os contidos e as actividades formativas programadas.
Empregaranse, deste xeito, metodoloxías diferentes e variadas que, en conxunto, posibilitan o seguimento a distancia da materia e o traballo autónomo do alumnado. A aula virtual empregarase como ferramenta principal para a docencia e nela poñeranse ao dispor do alumnado desde as presentacións en audio, explicando os contidos do programa, ata diferentes materiais bibliográficos e recursos, preferentemente en formato dixital, vídeos breves, ligazóns dixitais cos que acceder aos materiais audiovisuais e, en definitiva, o emprego de diferentes recursos didácticos que permitan a aprendizaxe autónoma do alumnado en remoto. Neste sentido, o uso da tecnoloxía de "streaming" para o desenvolvemento dos encontros entre profesorado e alumnado servirá para a exposición oral de traballos e o traballo colaborativo, para o que tamén se empregarán activamente os foros e os chats, promovendo a participación dos estudantes en debates moderados polo docente e incentivando a elaboración de proxectos, estudos de casos e traballos de diferente tipo, sexan individuais ou en grupo.
Os docentes da materia, ademais, comprométense a atender adecuadamente as consultas, dúbidas e solicitudes de información ou aclaración realizadas a través do correo electrónico nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos, a condición de que o docente non estea a gozar dalgún tipo de permiso. Así mesmo, os docentes tamén se comprometen a avaliar e cualificar as diferentes tarefas e actividades programadas no marco do sistema de avaliación continua nun prazo non superior a un mes.
1ª OPORTUNIDADE:
A avaliación realizarase mediante avaliación continua. Na primeira oportunidade (maio-xuño) o 50% da cualificación final será resultado da avaliación das activades, tarefas e traballados programados nos distintos temas da materias. Terase e conta o interese e a participación regular e activa dos estudantes nas clases, a actitude positiva e o esforzo por mellorar e aprender e a corrección expresiva e a consistencia argumental nos traballados escritos e nas exposicións orais. O alumnado só terá dereito a este sistema de avaliación continua, podendo obter total ou parcialmente este 50% da cualificación final, se entrega, cando menos, catro tarefas programadas (unha por cada tema).
En segundo lugar, o 10% da cualificación final correspóndese coa participación activa dos estudantes na aula virtual: desde as titorías, chats, foros e debates, ata outras ferramentas virtuais que puntualmente poidan ser empregadas.
O 40% restante da cualificación provén da realización do exame final, na data fixada pola Secretaría do Centro, que consistirá nunha proba escrita coa que se comprobará a asimilación dos contidos e o desenvolvemento das competencias por parte do alumnado.
2ª OPORTUNIDADE:
A avaliación na segunda oportunidade realizarase tamén empregando un sistema de avaliación continua, de tal xeito que os criterios, requisitos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que na primeira oportunidade: 40% exame, 10% asistencia e participación, 50% avaliación das tarefas e traballados entregados. O alumnado de segunda oportunidade terá a posibilidade de entregar até catro tarefas programadas (unha por cada tema), antes da data oficial da realización do exame fixada pola Secretaría do Centro.
ALUMNADO REPETIDOR:
O alumnado que deba asistir a convocatorias posteriores deberá seguir o mesmo sistema de avaliación continúa que se acaba de describir para os estudantes que acudan á 1ª e 2ª convocatoria: 40% exame, 10% asistencia e participación, 50% avaliación das tarefas e traballados entregados.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudiantes e de revisión de cualificacións".
Por unha banda, o alumnado deberá dedicar un total de 30 horas para as actividades presenciais: 14 horas para as clases a distancia, nas que se presentarán os contidos básicos e se impartirán clases prácticas, 12 para as titorías, nas que aportar aos estudantes orientacións teórico-metodolóxicas, e 4 para a realización do exame. Por outra banda, estas horas presenciais implican ata 120 horas de traballo autónomo por parte dos estudantes, horas que se empregarán para a realización das tarefas e actividades programadas, o aproveitamento das lecturas obrigatorias e a preparación do exame final. En total, pois, cada estudante debe dedicar en torno a 150 horas de estudo e traballo persoal para superar con éxito a materia.
A pesar das diferenzas nos ritmo de aprendizaxe de cada estudante, a participación activa nas actividades presenciais ou a través dos recursos electrónicos destinados ao aproveitamento da docencia en remoto (aula virtual, foro, chat, correo electrónico...), a consulta e aproveitamento das lecturas obrigatorias e a realización motivada e con interese das diferentes actividades de traballo autónomo programadas son parámetros indicativos do compromiso e esforzo do alumnado e redundan moi positivamente no seu beneficio, cun seguimento regular e constante das clases.
ALUMNADO CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
O alumnado que precise de adaptacións o apoio específico, por motivos de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao docente. Porén, só se terán en conta a estes efectos os casos que teñan sido valorados e informados, previamente, polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). Máis información na URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html.
M Carme Silva Dominguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Correo electrónico
- mdocarme.silva [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario 214 |
23.05.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |
03.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 16 |