Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Coñecer os fundamentos dos axentes físicos que se utilizan en Radioloxía.
Coñecer a estrutura e funcións do corpo humano dende o punto de vista anatomofuncional.
Coñecer os fundamentos das imaxes patolóxicas elementais cos diferentes métodos de diagnóstico pola imaxe.
Incidir na Radioloxía e na Dosimetría das diferentes exploracións Ionizantes, de tal maneira que o control das exploracións e o seu impacto en determinadas poboacións de pacientes permitan un uso máis racional destas.
Expoñer cuales son as principais exploracións e o seu interese clínico.
Mostrar cal é o papel da Enfermaría no traballo diario no ámbito da Radioloxía e a Medicina Física.
Modulo I:
Tema 1. - Introdución xeral á radioloxía e Medicina Física. Radiacións ionizantes e dosimetría. As súas aplicacións no diagnostico, terapia e prevención. Os Rx, concepto e fonte (o tubo de Rx). O átomo, estrutura, modelos, conceptos de isótopo radiactivo. Tipos de radiacións emitidas polos isótopos e as súas indicacións.
Tema 2. - Aspectos físicos e biolóxicos fundamentais dos axentes físicos utilizados en Medicina.
Tema 3. - Fundamentos das técnicas diagnósticas e terapéuticas por axentes físicos.
Tema 4. - Protección contra as accións dos axentes físicos.
Tema 5. - Semioloxía xeral do diagnostico pola imaxe.
Modulo II:
Radioloxía especial
Tema 1. - Radioloxía xeral. Historia das exploracións con Rx. Os Rx: características físicas e efectos químicos e biolóxicos. A radioloxía. A radioloxía xeral: imaxe Rx, tipos de exploracións e principais aplicacións clínicas.
Tema 2. - Tomografía Axial Computarizada (TC/TAC). Historia. Bases físicas. Cortes de TAC/TC. Contrastes en TAC. Indicacións médicas.
Tema 3. - Ecografía: Definición. Fontes de ultrasón. Historia. ECO en 3D e 4D.
Tema 4. - Resonancia Nuclear Magnética: Historia. Definición. Compoñentes dun aparato. Concepto de Tesla. T1 e T2. Indicacións. Riscos dos campos magnéticos.
Tema 5. - Tomografía por emisión de Positrones (PET). Fundamentos. Isótopos radiactivos. O Ciclotrón e as aplicacións clínicas da Tomografía por emisión de positróns con 18 FARADIO-Fluordeoxiglicosa. Outros radiofármacos con outros isótopos emisores de positróns, cuxa introdución á práctica diaria se está a levar a cabo.
Tema 6. - Medicina Nuclear: Gammagrafías.
A Medicina Nuclear. Historia. Concepto de isótopo radiactivo. Tipos de radiación: Alfa, Beta, gamma. radiofármaco. Tipos de gammagrafías. SPECT. SPECT/TAC/TC. Dosimetría. A medicina Nuclear como parte da imaxe molecular
Tema 7. - Magnitudes e medidas de radiación.
Magnitudes e unidades radiolóxicas aplicables ao radiodiagnóstico, radioterapia e medicina nuclear. Concepto de dose. Detección e medida de radiación. Fundamento físicos. Equipos de medida. Medida da dose en fai directo. Medida de dose de área. Dosímetros personáis.
Interactivas:
proponer a o alumno traballos, tanto en grupo como individuáis, con exposición en clase, así como debate.
1. Protección radiolóxica operacional. Normas básicas de protección radiolóxica operacional. Regulamento sobre protección sanitaria contra radiaciones ionizantes. Criterios xeráis de redución de dose.
2. Embarazo e exposición médica e/ou enfermaría. >Problemática do embarazo e as radiacións ionízantes. Dose e etapas do embarazo. Dose en útero en exploracións radiolóxicas e de Medicina Nuclear. Información a pacientes.
3. Protección radiolóxica. Problemas prácticos relacionados coa protección radiolóxica de traballadores, público e pacientes.
4. Contrastes nas diferentes técnicas de imaxe. Concepto, tipos, fundamentos, indicacións. Efectos secundarios dos diferentes tipos de contraste.
5. susceptibilidade ao cancro. A súa relación coas radiacións ionízantes.
6. Imaxe molecular no cancro de mama: este tumor é un de lles expoñentes onde a imaxe molecular ten logrado maiores avances.
7. Radioloxía Intervencionista:repaso as distintas técnicas radiolóxicas intervencionistas que ocupan un importante papel na actividade diaria dos hospitais. Sinalar as súas indicacións e diagnósticos diferenciais. Resaltar o papel de ENFERMNERÍA.
8 Neuroimaxen funcional.
9. Planificación da radioterapia.
- Cabrero Fraile Fj. Imagen radiológica. Principios físicos e instrumentación. Masson. Barcelona 2004.
- Gil Gallarre M, Martínez Morillo M, Oton C; Manual de Radiología Clínica. Harcourt. Madrid 2002.
- Fleckenstein P, Tramum-Jensen J; Bases anatómicas del diagnóstico por imagen. Harcourt . Madrid 2002.
- Pedrosa CS, Casanova R; Diagnostico por Imagen. 2ª Ed. McGraw - Hill. Madrid 1997.
COMPETENCIAS ESPECIFICAS DA MATERIA:
1.- Coñecer a evolución histórica da Radioloxía diagnóstica, Radioterapia e Medicina nuclear, así como a Organización dos diferentes Servizos.
2.- Coñecer os aspectos básicos da Radiobioloxía.
3.- Coñecer os aspectos básicos da Radioprotección.
4.- Recoñecer os diversos tipos de imaxe e coñecer os aspectos físicos en que se basean.
5.- Coñecer a preparación que necesita un paciente para someterse ás diferentes exploracións radiolóxicas e técnicas terapéuticas e os coidados necesarios tras a súa realización.
6.- Coñecer o papel da enfermeira previo, durante a execución dos procedementos e posteriores.
7.- Coñecer os coidados de enfermaría en cada momento.
RESULTADOS QUE DEBE DE ADQUIRIR O ALUMNO
- Coñecer a natureza e acción das radiacións ionizantes.
- Identifica, diferencia e discirne cada un dos elementos das diferentes estruturas do corpo humano observables en documentos de diagnostico por imaxe.
- Analiza se existen ou non alteracións da forma, estrutura ou relacións dos devanditos elementos que fagan pensar na existencia de patoloxía.
- Comprende os métodos terapéuticos da Radioloxía e Terapéutica Física.
- Identifica os riscos e forma de previlos
ACTIVIDADES PRESENCIAIS:
Docencia expositiva:
O desenvolvemento da materia contén a exposición na aula, par trasmitir conceptos elementais dos temas dunha forma organizada e nunha secuencia lóxica, para logo o estudante poida proceder ao estudo destes baseándose nos apuntamentos collidos en clase e na consulta dos libros de texto suxeridos na bibliografía.
Docencia interactiva:
Realizaranse seminarios, talleres visualización de vídeos ou desenvolvemento de debates, que mediante o traballo conxunto do profesor e un grupo reducido de alumnos estuda intensamente un tema en sesións planificadas, recorrendo para iso a fontes orixinais e autorizadas de información.
Titorías gripais:
Utilizaranse como espazo de comunicación, para que os estudantes poidan revisar, discutir temas de interese, inquietudes e preocupacións.
AVALIACIÓN CONTIUA:
A avaliación continua da materia realizarase segundo os criterios seguintes:
Avaliación de coñecementos (representará o 70% da cualificación final), esta valoración realizarase mediante proba escrita.
Avaliación de habilidades (representará o 20% da cualificación final) efectuarase mediante a realización e exposición de traballos individuais ou grupales.
Avaliación de actitudes (representará o 10% da cualificación final) esta avaliación realizarase mediante a atención e participación en clases expositivas e interactivas.
Para superar a materia o alumno deberá obter, como mínimo, unha cualificación de 5 na proba de coñecemento escrita.
Os estudantes que obtivesen esta cualificación mínima poderán incorporar á cualificación final o resto das porcentaxes expostas anteriormente.
Superarán a materia aqueles estudantes que, unha vez cumpridos os criterios mínimos, obteñan unha cualificación igual ou superior a 5, no sumatorio de todos os criterios de avaliación.
A asistencia a clases é obrigatoria para todos os estudantes.
Tempo de estudo e Traballo persoal:
- Estudo individual: 27 horas.
- Lectura e actividades recomendadas: 24 horas.
- Traballo persoal para realización de traballos e casos clínicos: 19 horas
- Total de horas de traballo persoal do estudante: 70 horas
PLAN DE CONTINXENCIA
Escenario 2
Optando por un ensino mixto, os estudantes desta materia nas clases expositivas rotarían semanalmente entre a docencia presencial e a docencia virtual.
A docencia interactiva combinará a asistencia física e telemática, intentando asegurar que polo menos o 50% sexa asistencia física.
Avaliación continua e exames parciais e / ou finais:
- Exames parciais e / ou finais que representan o 60% da nota global.
- Avaliación continua, que representa o 40% da nota global: demostraranse os coñecementos e as habilidades adquiridas, a través de grupos de traballo e casos clínicos, que se resolverán individualmente ou en grupo; Neste ensino interactivo, os diferentes parámetros como a presentación, xestión e uso dos recursos bibliográficos, resolución de problemas ...
A asistencia ás ensinanzas, titorías en grupo, seminarios e laboratorios é obrigatoria; é esencial aprobar todas as avaliacións para superar a materia.
A plaxiación e o uso inadecuado das tecnoloxías na realización de traballos ou probas serán penalizados na avaliación.
Escenario 3 (Ensino virtual exclusivamente)
Ensino a través das ferramentas dispoñibles da USC (Equipos, Campus Virtual, Formularios ...)
Avaliación continua e / ou exames parciais ou finais.
- Exames parciais e finais que representan o 60% da nota.
- Casos clínicos e traballos individuais: 40% da nota global. Os coñecementos e habilidades adquiridas demostraranse a través de grupos de traballo; valorando os diferentes parámetros como a presentación, xestión e uso de recursos bibliográficos, resolución de problemas ...
A plaxiación e o uso inadecuado das tecnoloxías no desempeño do traballo ou probas serán penalizados na avaliación.
José Ramón Martínez Calvo
- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- joseramon.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
José Luis Rodríguez López
- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- joseluis.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
16.01.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | ESCOLA DE ENFERMERÍA LUGO - AULA Nº 1 -A |
18.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | ESCOLA DE ENFERMERÍA LUGO - AULA Nº 1 -A |