Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
COMPETENCIAS XERAIS:
Coñecer os aspectos específicos dos coidados do neonato. Identificar as características das diferentes etapas da infancia e adolescencia e os factores que condicionan o patrón normal de crecemento e desenvolvemento. Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes na infancia e identificar as súas manifestacións. Analizar os datos de valoración do neno, identificando os problemas de enfermaría e as complicacións que poden presentarse. Aplicar as técnicas que integran o coidado de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos nenos e os seus coidadores. Seleccionar as intervencións dirixidas ao neno san e ao enfermo, así como as derivadas dos métodos de diagnóstico e tratamento. Ser capaz de proporcionar educación para a saúde aos pais ou coidadores primarios.
UNIDADE I.- ATENCIÓN DE ENFERMERÍA Ó NENO SAN
O neonato san
Necesidades nutricionais do lactante. Alimentación
Hixiene do lactante
O neno no primeiro ano de vida.
O neno e o seu desenvolvemento.Fases do crecemento
Factores que inflúen no desenvolvemento
Nenos de familias desfavorecidas, incompletas ou desunidas.
Atención de enfermería no desenvolvemento do neno
UNIDADE II.- COIDADOS DE ENFERMERÍA Ó NENO ENFERMO.
O neno hospitalizado: Procedementos máis normais no coidado do neno
hospitalizado.
O neno cirúrxico
O neno baixo peso e prematuro
O neno con problemas respiratorios
O neno con problemas na achega de líquidos e electrólitos
Alteración máis frecuente do sistema excretor urinario.
O neno con problemas de termorregulación. Síndrome febril
Alteracións do Sistema Central
Infeccións agudas na infancia:
Problemas hematolóxicos no neno
Problemas dermatolóxicos no neno
Problemas relacionados co sistema inmunolóxico.
O neno oncolóxico.
-Jane W. Ball, Ruth C. Bindler. Enfermería Pediátrica. Ed. Pearson. 2010
-Manual de diagnóstico y terapéutica en Pediatría. Edita Hospital La Paz
-Asociación Española de Pediatría. Manual de lactancia materna. Ed Panamericana
-R.E.Behrman, V.C. Vaughan. Nelson Tratado de Pediatría. Ed. McGraw-Hill. Interamericana
-Cloherty, John. Manual de cuidados neonatales. Ed. Masson
-C.I.Gomez García. Enfermería de la Infancia y la Adolescencia. Ed. McGraw-Hill. Interamericana
-William, Schwartz. Los cinco minutos clave en la consulta del pediatra. Ed. Awwe
-Crespo, C. Cuidados de Enfermería en Neonatología. Madrid Ed. Síntesis, S.A. 2000
-Chaure Lopez, I. Inarejo García Mª. Enfermería Pediátrica. Barcelona Masson 2001
-T. H eather Herdman, PhD, RN (editores). NANDA Internacional DIAGNÓSTICOS ENFERMEROS: DEFINICIONES Y CLASIFICACIÓN 2009-2011. Elsevier, 2010.
-McCloskey Dochterman J., Bulechk Gloria M (editoras). Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). Elsevier.
-Moorhead S., Johnson M., Maas M. Clasificación de Resultados de Enfermería (NOC). Elsevier-Mosby
-http://www.evidenciasenpediatria.es
-http://www.doc6.es/index/
-http://www.sccalp.org/bulletins/archive
-http://www.fisterra.com
-http://www.aeped.es/anales-pediatria
-http://www.aeped.es/
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
Coñecer os aspectos específicos dos coidados do neonato. Identificar as características das diferentes etapas da infancia e adolescencia e os factores que condicionan o patrón normal de crecemento e desenvolvemento. Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes na infancia e identificar as súas manifestacións. Analizar os datos de valoración do neno, identificando os problemas de enfermaría e as complicacións que poden presentarse. Aplicar as técnicas que integran o coidado de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos nenos e os seus coidadores. Seleccionar as intervencións dirixidas ao neno san e ao enfermo, así como as derivadas dos métodos de diagnóstico e tratamento. Ser capaz de proporcionar educación para á saúde aos pais ou coidadores primarios. Capacitar para poñer en práctica principios de saúde e seguridade, incluídos a mobilización e manexo do paciente, control de infeccións, primeiros auxilios básicos e procedementos de emerxencia.
RESULTADOS QUE ADQUIRE O ALUMNADO:
Coñece o desenvolvemento do neno dende a concepción, así como as repercusións que poden ter as enfermidades propias ou asociadas ao embarazo sobre o feto e os coidados de enfermaría en cada unha delas. Coñece os métodos para valorar o estado do feto e do recén nacido e os procedementos e coidados de enfermaría no período neonatal.
Docencia expositiva:
O desenvolvemento da materia contén a exposición na aula, para transmitir conceptos ou principios elementais dos temas dunha forma organizada e nunha secuencia lóxica, para logo o estudante proceder ao estudo destes baseándose nos apuntamentos tomados en clase e na consulta dos libros de texto suxeridos na bibliografia.
Situación: Segundo cuadrimestre
N.º horas presenciais: 18
N.º horas estudo individual non presencial:27
Docencia interactiva:
Para os efectos de lograr unha maior comprensión dos contidos, realizaranse seminarios, talleres, visualización de vídeos ou desenvolvemento de debates, etc que mediante o traballo conxunto do profesor e un grupo reducido de alumnos estuda intensivamente un tema en sesións planificadas, recorrendo para iso a fontes orixinais e autorizadas de información.
Sala de simulación: Adquisición de habilidades para garantizar unhas prácticas seguras, realizando a práctica segundo o procedemento explicado.
N.º horas presenciais: 18
Tutorias grupais:
Pensadas para atender as necesidades de formación complementaria, así como para guiar o estudante no cumprimento das metas académicas do grupo.
Así mesmo son un espazo de comunicación para que os estudantes poidan revisar e discutir temas de interese, inquietudes e preocupacións.
N.º horas presenciais: 2, 25 horas
Escenario 1 (Normalidade adaptada)
A avaliación continua da materia realizarase segundo os seguintes criterios:
- Avaliación de coñecementos (representará o 70% da cualificación final), esta avaliación realizarase mediante proba escrita.
- Avaliación de habilidades (representará o 25% da cualificación final), está avaliación efectuarase mediante a realización e exposición de traballos individuais ou grupales.valiacióna través das ferramentas das que dispón a USC (Teams, Campus Virtual, Forms...)
- Avaliación de actitudes (representará o 5% da cualificación final), esta avaliación realizarase mediante a atención e participación en clases expositivas, interactivas e salga de simulación e poderá sumar ou restar na cualificación final.
Para superar a materia o alumno deberá obter, como minimo, unha cualificación de 5 na proba de coñecemento escrito (obterase mediante a media ponderada desta).
Os estudantes que obtivesen esta cualificación mínima poderán incorporar á cualificación final o resto dos porcentaxes expostos anteriormente.
Ampliación de coñecementos a través da biografía e utilización das tutorias
Considérase Non Presentado o alumno que non realice o exame escrito.A nota obtida na docencia interactiva manterase na avaliación de xullo.
Pasarase lista na docencia interactiva para controlar a asistencia.
- O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas será penalizado na avaliación
- No caso de non poder realizar a docencia neste tipo de escenario, poderase adaptar, segundo indica o Plan de Contixencia descrito nas Observacións.
-Estudo individual 27 horas.
-Lecturas e actividades recomendadas 24 horas.
-Traballo persoal para prácticas de simulación 19 horas.
-Total de horas de traballo persoal do estudante 70 horas.
Asistencia y participación activa en todas las actividades docentes, sean de tipo expositivo, seminarios
docencia impártese en español e Galego. Os examenes poden realizarse en español e galego
Segundo a evolución da COVID-19, no caso de que a docencia non poida ser fundamentalmente presencial (1º escenario), as actividades académicas desenvolveranse no escesnario 2 (distanciamento), ou no escenario 3 (peche das instalacións); elaborándose un Plan de Continxencia.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Escenario 2 (distanciamento)
Optamos por unha docencia semipresencial, polo que os estudantes desta materia nas clases expositivas rotarían semanalmente entre docencia presencial e docencia virtual.
A docencia interactiva sería sempre presencial.
Avaliación continua e exames parciais e/ou final:
- Exames parciais e/ou final que representa o 70% da cualificación global.
- Avaliación continua, que representa o 30% da cualificación global: demostraranse os coñecementos e habilidades adquiridas, mediante grupos de traballo e casos clínicos que se resolverán de forma individual ou en grupo; nesta docencia interactiva, valóranse os distintos parámetros como a presentación, manexo e procura de recursos bibliográficos, resolución de problemas e achegas persoais. Tamén se valorará a exposición oral.
A asistencia á docencia teórica, titorias grupais, seminarios e laboratorios é obrigatoria.
É imprescindible superar todas as avaliacións para aprobar a materia.
O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas será penalizado na avaliación.
Escenario 3 (Docencia virtual exclusivamente)
Docencia a través das ferramentas das que dispón a USC (Teams, Campus Virtual, Forms...)
Avaliación continua mais exame final.
- Exames parcial e/ou final que representa o 70% da nota.
- Casos clínicos e traballos individuais: 30% da nota. demostraranse os coñecementos e habilidades adquiridas, mediante traballos; valorándose os distintos parámetros como a presentación, manexo e procura de recursos bibliográficos, resolución de problemas e achegas persoais.
O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización das tarefas ou probas será penalizado na avaliación.
Paz López Eimil
- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- paz.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Olga López Racamonde
- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- olga.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
16.05.2025 18:00-20:00 | Grupo de exame | ESCOLA ENFERMERÍA LUGO - AULA Nº 1B |
23.06.2025 18:00-20:00 | Grupo de exame | ESCOLA ENFERMERÍA LUGO - AULA Nº 1B |