Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
1.Ser capaz no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional adecuada as necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables.
2.Planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos as persoas, familia ou grupos, orientados aos resultados en saúde avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde.
3.Coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da enfermaría.
4. Acadar un axeitado coñecemento e comprensión de:
a) Os métodos para o estudo do nivel de saúde colectiva
b) Os factores ambientais, económicos e socioculturais que lle afectan á saúde
c) Os determinantes da conduta sexa cal sexa o estado de saúde
d) Os mecanismos para promover a saúde e previr a enfermidade
e) Os diversos sistemas de coidado da saúde individual e colectiva, con énfase nos programas e servizos da comunidade
f) A aplicación do método científico ao estudo dos problemas e organizacións de saúde, en función da realidade autonómica e nacional
g) A situación sanitario-asistencial do país e a súa interrelación co desenvolvemento sociocultural e económico
5.Comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural.
6.Deseñar sistemas de coidados dirixidos as persoas, familia ou grupos, avaliando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas.
7.Basear as intervencións da enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles.
8.Fomentar estilos de vida saudables, o autocoidado, apoiando o mantemento de conductas preventivas e terapéuticas.
9.Protexer a saúde e o benestar das persoas, familia ou grupos atendidos, garantindo a súa seguridade.
10.Establecer unha comunicación eficaz cos pacientes, familia, grupos sociais e compañeiros e fomentar a educación para a saúde.
11.Traballar co equipo de profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais.
12.Realizar os coidados de enfermaría baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial.
BLOQUE I: EPIDEMIOLOXÍA XERAL E PROFILAXE DAS ENFERMIDADES NON TRANSMISIBLES.
BLOQUE II: ORGANIZACIÓN SANITARIA. PRINCIPIOS E BASES DA ATENCIÓN PRIMARIA DE SAÚDE.
BLOQUE II: PREVENCIÓN DA ENFERMIDADE E PROMOCIÓN DA SAÚDE.
BLOQUE IV: PROGRAMAS DE SAÚDE NA ATENCIÓN PRIMARIA.
A materia se complementará cun programa de seminarios e laboratorios.
A principio de curso o alumnado recibirá a relación dos temas que serán abordados especificamente cada ano baixo a forma de seminarios e laboratorios
Bibliografía básica e complementaria
Piedrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. (12ª ed). Barcelona: Elsevier 2015.
Pineault R, Daveluy C. La planificación sanitaria. Conceptos, métodos, estrategias, 2.a ed. Barcelona: Masson, 1989.
Martínez González MA. Conceptos de Salud Pública y Estrategias Preventivas. Un manual para ciencias de la salud. Esevier. Barcelona, 2013.
Martín Zurro A y Jordan Solá. Atención Familiar y Salud Comunitaria. Esevier. Madrid, 2011
Manual de Atención Primaria 3ª Edición.Martín Zurro y J.F Cano Perez
Enfermeria Profesional.Salud Publica y Enfermeria Comunitaria.Vol.1-2-3.Autores:Mazarrasa- German Sánchez M-Aparicio.Mc Graw-Hill.Interamericana.
Enfermeria comunitaria.Actuación en Enfermeria Comunitaria.Sistemas y Programas de salud.Autores.Sánchez Moreno y Cconcha German,Vol. 3
Enfermeria en Salud Publica y Atención Primaria de Salud.Rosa Maria Baltuille Fernández.FUDEN
Manual de Atención Primaria .Organización y Pautas de Actuación en la Consulta.Autores: Martín Zurro y J.F. Cano Perez. Tercera edición.
Enfermeria en Atención Primaria de Salud.Temario para Oposiciones de Enfermeria.Ediciones Olalla.
Manual del residente de Medicina Familiar y Comunitaria.F.G.Gallo.Vallejo y colaboradores.
Enfermeria Comunitaria Vol. 3-Serie Manual de Enfermeria.Mason-Salvat: R.Valls y C. Caja
Direccións de Internet:
-Asociación de Enfermería Comunitaria. http://www.enfermeriacomunitaria.org
-Federación de Asociaciones de Enfermería Comunitaria y de Atención Primaria
http://www.faecap.com
-www.semfyc.es/
-http://www.who.int/es/ (OMS)
-http://www.cdc.gov/spanish/ (Centro para el Control y la prevención de Enfermedades)
-www.aepap.org/previnfad
-www.papps.org
1.-Aplicar o proceso de enfermería para proporcionar e garantir o benestar, a calidade e seguridade ás persoas atendidas.
2.Capacidade para describir os fundamentos do nivel primario de saúde e as actividades a desenvolver para proporcionar un coidado integral de enfermaría ao individuo, a familia e a comunidade.
3. Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar dos membros da comunidade, nos que as vidas están afectadas por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, incapacidade ou morte.
4.- Ser capaces de proporcionar educación para a saúde aos pais e coidadores primarios.
3. Comprender a función, actividades e actitude cooperativa que o profesional ten de desenvolver nun equipo de atención primaria de saúde.
5. Promover a participación das persoas, familia e grupos no seu proceso de saúde-enfermidade. Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade.
6. Capacidade para planificar e desenvolver actividades e coidados de promoción da saúde e prevención da enfermidade partindo da identificación e análise da influencia de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos.
7. Habilidade para aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade.
8. Analizar os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, identificando as posibles causas de problemas de saúde
9. Dirixir, avaliar e prestar os coidados integrais de enfermaría ao individuo, a familia e a comunidade.
10.- Identificar os factores relacionados coa saúde e os problemas do entorno, para atender ás persoas en situacións de saúde e enfermidade como integrantes dunha comunidade
11.- Aplicar os métodos e procedementos necesarios no seu ámbito para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade.
Escenario 1 (Normalidade adaptada):
Combinaranse as técnicas de análise (análise de texto, resolución de casos, discusións...), desenvolvemento de habilidades (elaboración de documentos) e expresión (para comunicar as súas experiencias previas, os seus coñecementos e contribucións, partindo das preguntas que se poidan suscitar durante as sesións expositivas e interactivas).
Utilizaranse distintas técnicas de ensino a distancia mediante as ferrementas proporcionadas pola plataforma Moodle do campus virtual (lección, foros de discusión, tarefas, etc.). Farase especial uso daquelas que favorecen a discusión e o traballo colaborativo.
Realizaranse titorías grupais e individualizadas.
- No caso de non poder realizar a docencia neste tipo de escenario, poderase adaptar, segundo indica o Plan de Contixencia descrito nas Observacións.
Escenario 1 (Normalidade adaptada):
A puntuación total obtida pola alumna/o na primeira opción da primeira convocatoria á que se presente será resultado de sumar as fraccións acadadas nos seguintes apartados:
- Avaliación continuada (ata 3 puntos ): traballo individual e en grupos, tarefas no campus virtual, participación en actividades promovidas polo Centro, etc...
- Exame final (ata 7 puntos).
A superación da materia esixirá obter unha puntuación total igual ou maior a 5 puntos e cumprir os dous requisitos seguintes:
- Asistencia a un mínimo do 80% das sesións interactivas)
- Obtención dun mínimo de 3,5 puntos sobre un total de 7 na proba de coñecementos teóricos.
A superación da materia nas sucesivas opcións ás que se teña dereito, farase exclusivamente en base a un exame final.
- O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas será penalizado na avaliación
- No caso de non poder realizar a docencia neste tipo de escenario, poderase adaptar, segundo indica o Plan de Contixencia descrito nas Observacións.
Horas presenciais:
- Clases expositivas: 24
- seminarios: 18
- laboratorios: 6
- Titorías: 3
- Probas e exames: 4
Horas non presenciais:
- Traballo autónomo do alumno: 95
Total de volume de traballo: 150 h
Recomendacións para o estudo da materia
A preparación da materia poderá facerse fundamentalmente a partir dos apuntamentos que a alumna/o recolla durante as exposicións e sesións interactivas na aula. Cando estes resulten insuficientes complementaranse con diversos materiais e documentos que o profesor lle fará chegar ao alumnado mediante o procedemento que no seu momento se determine (fundamentalmente material dispoñible no campus virtual da páxina web da USC).
O uso da bibliografía recomendada é discrecional, e a súa función primordial é servir de axuda naqueles temas nos que o alumnado precise aclaracións complementarias e permitir unha visión máis global e ampla da materia.
Os tópicos obxecto de avaliación no exame extraeranse, polo tanto, da información procedente das clases teóricas e interactivas e dos materiais complementarios aos que se fixo referencia. A inclusión dalgunha pregunta a partir doutras fontes documentais (p.e.: bibliografía recomendada, noticias de medios de comunicación, etc) deberá considerarse excepcional
Materia:
Carácter: obligatorio
Nº total de créditos: 6 ECTS (150 horas)
Período: 1º Cuatrimestre do 3º curso do Grao en Enfermería
Idiomas: Castelán e galego
Segundo a evolución da COVID-19, no caso de que a docencia non poida ser fundamentalmente presencial (1º escenario), as actividades académicas desenvolveranse no escesnario 2 (distanciamento), ou no escenario 3 (peche das instalacións); elaborándose un Plan de Continxencia.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Escenario 2 (distanciamento):
Optamos por unha docencia semipresencial, polo que os estudantes desta materia nas clases expositivas rotarían semanalmente entre docencia presencial e docencia virtual.
A docencia interactiva sería sempre presencial.
Avaliación continua e exames parciais e/ou final:
- Exame final que representa o 70% da cualificación global.
- Avaliación continua, que representa o 30% da cualificación global: demostraranse os coñecementos e habilidades adquiridas, mediante grupos de traballo e casos clínicos que se resolverán de forma individual ou en grupo; nesta docencia interactiva, valóranse os distintos parámetros como a presentación, manexo e procura de recursos bibliográficos, resolución de problemas e achegas persoais. Tamén se valorará a exposición oral.
A asistencia á docencia teórica, titorias grupais, seminarios e laboratorios é obrigatoria.
É imprescindible superar todas as avaliacións para aprobar a materia.
O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas será penalizado na avaliación.
Escenario 3 (Docencia virtual exclusivamente):
Docencia a través das ferramentas das que dispón a USC (Teams, Campus Virtual, Forms...) ou outros de uso libre (Zoom,....)
Avaliación continua mais exame final.
- Exame final que representa o 70% da nota.
- Casos clínicos e traballos individuais: 30% da nota. demostraranse os coñecementos e habilidades adquiridas, mediante traballos; valorándose os distintos parámetros como a presentación, manexo e procura de recursos bibliográficos, resolución de problemas e achegas persoais.
O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización das tarefas ou probas será penalizado na avaliación.
Paz López Eimil
- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- paz.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
María Del Pilar Rodríguez Ledo
- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- mariapilar.rodriguezledo [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
10.01.2025 18:00-20:00 | Grupo de exame | ESCOLA ENFERMERÍA LUGO - AULA Nº 1B |
05.06.2025 18:00-20:00 | Grupo de exame | ESCOLA ENFERMERÍA LUGO - AULA Nº 1B |