Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Adquirir os coñecementos necesarios sobre: os principios activos dos medicamentos, as accións tóxicas e terapéuticas dos fármacos e as distintas vías de administración destes. Asemade, os/as alumnos/as coñecerán a lexislación e os fundamentos teórico-prácticos da prescrición enfermeira, sendo quen de manexar as diferentes Bases de Datos para poder xestionar a prescrición enfermeira empregando as T.I.C.s como ferramenta.
TEMA 1.- INTRODUCION Á FARMACOLOXÍA
- Principios de farmacoloxía.
- Fontes e tipos de Medicamentos.
- Liberación, absorción, distribución e eliminación dos medicamentos no organismo.
- Mecanismo de acción dos fármacos e as súas interacións.
TEMA 2.- O Proceso enfermeiro e a farmacoterapia.
TEMA 3.- FARMACÓLOXÍA XERAL
- Vías de administración dos medicamentos.
-Formas farmacéuticas.
TEMA 4.-Consideracións culturais, legais e eticas.
TEMA 5.- A Farmacoterapia nas distintas etapas da vida.
TEMA 6.- FARMACOLOXÍA DO SISTEMA NERVIOSO AUTÓNOMO E DO SÍSTEMA MOTOR-ESQUELÉTICO.
- Consideracións xerais.
- Simpaticomiméticos.
- Simpaticolíticos.
- Parasimpaticomiméticos.
- Parasimpaticolíticos.
- Sistema dopaminérxico.
- Fármacos bloqueantes de placa motriz.
TEMA 7.- AUTACOIDES
- Histamina e antihistamínicos.
- Serotonina y antiserotoninérxicos.
- Outros: Anxiotensina, eicosanoides, endotelina, péptidos natriuréticos, etc.
TEMA 8.- FARMACOLOXÍA DO SISTEMA NERVIOSO CENTRAL
- A dor e o seu tratamento: analxésicos opioides.
- Analxésicos non opioides: Aines (analxésicos, antipiréticos antiinflamatorios).
- Antiparkinsonianos.
- Ansiolíticos e hipnóticos.
- Neurolépticos.
- Antidepresivos e antimaniacos.
TEMA 9 . - FARMACOLOXÍA DO APARATO CARDIOVASCULAR
- Farmacoloxía da insuficiencia cardiaca.
- Antianxinosos e medicamentos usados no infarto de miocardio.
- Antihipertensivos.
TEMA 10- FARMACOLOXÍA DO APARATO RENAL
- Diuréticos.
- Farmacoloxía da incontinencia urinaria.
TEMA 11.- FARMACOLOXÍA DO APARATO RESPIRATORIO
- Antitusíxenos e mucolíticos.
- Medicamentos que actúan sobre o EPOC e a asma.
TEMA 12.- FARMACOLOXÍA DO APARATO DIXESTIVO
- Antisecretores ácidos
- Antiácidos.
- Laxantes e purgantes.
- Antidiarreicos.
- Antieméticos.
TEMA 13.- FARMACOLOXÍA ANTIINFECCIOSA
- Conceptos xerais.
- Clasificación dos antibióticos polo seu mecanismo de acción. Tipos.
- Antimicóticos.
- Antivíricos.
- Tratamento das micobacterias (tuberculose e lepra).
- Antiparasitarios (malaria).
TEMA 14 .- FARMACOLOXÍA DO SANGUE
- A anemia: antianémicos, vitamina B12, ácido fólico, compostos de ferro.
- Anticoagulantes.
- Fibrinolíticos.
- Antiagregantes plaquetarios.
TEMA 15.-FARMACOLOXÍA DA DIABETES MELLITUS.
- Insulinas.
- Antidiabéticos orais.
TEMA 16. MARCO LEXISLATIVO DA PRESCRICIÓN DE MEDICAMENTOD
- Lei Xeral de Sanidade.
- Lei de Cohesión e Calidade do SNS.
- Estatuto Marco.
- Lei de Ordenación das Profesións Sanitarias.
- Lei de Garantías e uso racional de medicamentos e produtos sanitarios.
- Regulación da receita médica e orde hospitalaria de dispensación.
- Prescrición enfermeira. Vías para a súa regulación.
- Dereito comparado.
- BB.DD. de lexislación sanitaria.
TEMA 17. FUNDAMENTOS TEÓRICO-PRÁCTICOS DA PRESCRICIÓN ENFERMEIRA EN ESPAÑA.
- Aproximación á prescrición enfermeira.
- A prescrición e a clínica enfermeira.
- O usuario e a prescrición enfermeira.
- O arsenal farmacoterapéutico e a prescrición enfermeira.
- O arsenal farmacoterapéutico e o paciente.
- Planos asistenciais e a prescrición enfermeira.
- Prestación farmacéutica.
TEMA 18.FONTES DE INFORMACIÓN DE MEDICAMENTOS.
- Xestión do coñecemento: Bases de Datos (BB.DD.)
- Xestión do proceso enfermeiro.
- Xestión da prescrición enfermeira.
- Xestión da prestación farmacéutica.
- La farmacovixilancia.
TEMA 19. AS T.I.C. APLICADAS Á PRÁCTICA CLÍNICA E Á FORMACIÓN DE ENFERMEIROS/AS.
- Tecnoloxías da Información e da Comunicación.
- Aplicación das T.I.C. aos coidados de enfermaría.
- Xestión do coñecemento. Campus Virtual (Alumno/a- Profesor/a)
TEMA 20.- Calculo de doses
Boyer, M. (2016). Matemáticas para enfermeras. Barcelona:
Wolters Kluwer.Castells, S., & Hernández, M. (2012). Farmacología en enfermería. Barcelona: Elsevier.
Flórez, J., Armijo, J., & Mediavill, A. (2014). Farmacología humana. Masson.
Lilley, L., Rainforth Collins, S., & Synder, J. (2020). Farmacología y proceso enfermero. Barcelona: ELSEVIER.
Mosquera, J., & Galdós, P. (2001). Farmacología clinica para enfermería. Mc Graw-Hill, Interamericana.
Page, C., Curtis, M., Sutter, M., & Walker, H. (1998). Farmacología integrada. Harcourt Brace de España S.A.
Zabalegui, A., Mangues, I., Molina, J., & Tuneu, L. (2007). Administración de medicamentos y calculo de dosis. Barcelona: Elsevier-Doyma.
Capacitar o/a alumno/a para o uso racional do medicamento.
Coñecer a acción farmacolóxica de cada grupo terapéutico e a súa toxicidade.
valorar e informar sobre as reacións adversas dos medicamentos.
Manexar e coñecer as principais vías de administración dos distintos fármacos e a súa variación individual.
Coñecer a lexislación relacionada coa prescrición enfermeira.
Manexar Bases de Datos para a xestión da prescrición enfermeira.
Aplicar as T.I.C.s á prescrición enfermeira.
Clases expositivas apoiadas con medios audiovisuais: seminarios, laboratorio, titorías.
clases interactivas nas que os/as alumnos/as poderán expoñer os traballos encomendados polo/a profesor/a e titorías grupais.
traballos en grupos, etc.
NO CASO DE QUE NON SE POIDAN REALIZAR AS CLASES NO ESCENARIO 1, A INFORMACIÓN RELATIVA AOS ESCENARIOS 2 E 3 ESTÁN DESCRITOS NO APARTADO OBSERVACIÓNS
- Ao finalizar o curso, o alumno realizará un exame final de toda a materia.
- Existe a posibilidade de que algún profesor dacordo coas alumnas/os realice avaliación continuada, seguindo os criterios que se indicarán no momento oportuno.
- Será obrigatoria a participación do alumno nos seminarios, así como a realización dos traballos que se indiquen neles.
- Valorarase a asistencia á clase.
Para superar o apto na materia deberá ter superados os coñecementos impartidos por todos os profesores da materia
30 horas de docencia teórica.
15 horas de docencia práctica.
ECTS
Teoría:3 ECTS=75 horas
Práctica: 1,5 ECTS=37,5 horas
Total de horas= 112,5
O/A alumno/a debe complementar os coñecementos adquiridos nas clase teóricas coa bibliografía recomendada neste programa e maila que os profesores lle aporten, en cada momento.
Aconséllase ao/á alumno/a a asistencia a titorías para aclarar as posibles dúbidas relacionadas co estudo.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Escenario 2 (distanciamento)
Optamos por unha docencia semipresencial, polo que os estudantes desta materia nas clases expositivas rotarían semanalmente entre docencia presencial e docencia virtual.
A docencia interactiva sería sempre presencial.
Avaliación continua e exames parciais e/ou final
A asistencia á docencia teórica, titorías grupais, seminarios e laboratorios é obrigatoria, tanto presencial como virtual.
É imprescindible superar todas as probas de avaliación para aprobar a materia.
É imprescindible acadar o apto en cada unha das partes da materia, impartida polas distintas profesoras, co gallo de poder obter a nota final.
O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas e/ou probas será penalizado na avaliación.
Escenario 3 (Docencia virtual exclusivamente)
Docencia a través das ferramentas das que dispón a USC (Teams, Campus Virtual, Forms...)
Avaliación continua máis exame parcial/ final.
O plaxio e o uso indebido das tecnoloxías na realización das tarefas ou probas será penalizado na avaliación.
No caso de que o profesorado teña dúbidas sobre a mala praxe na realización do exame e as diferentes probas de avaliación. Calquera profesor da materia poderá requirir da/o alumno unha nova proba de avaliación oral
Francisco Javier Núñez Penas
- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- franciscojavier.nunez.penas [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Inés Rivas Fernández
- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- i.rivas.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
19.05.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | ESCOLA DE ENFERMERÍA LUGO - AULA Nº 1 -A |
27.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | ESCOLA DE ENFERMERÍA LUGO - AULA Nº 1 -A |