Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 38.25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia ten por obxectivo que os futuros enfermeiros adquiran as habilidades necesarias para interpretar e analizar criticamente os problemas de saúde da comunidade como o resultado de procesos político-sociais, culturais, e biolóxicos.
Bloque I: Concepto de Saúde (3 horas)
Tema 1. Os determinantes da saúde. Os determinantes sociais e as inequidades e desigualdades en saúde. O sistema sanitario como fonte de inequidade.
Tema2. Saúde Pública
Bloque II: Ambiente e saúde (5 horas)
Tema 3. Ecoloxía e saúde.
Tema 4. Contaminación atmosférica.
Tema 5. A auga: problemas e depuración.
Tema 6. Xestión dos residuos
Bloque III: Hábitos de vida e saúde. (3 horas)
Tema 7: Drogodependencias: conceptos. Epidemioloxía e prevención da dependencia a drogas ilegais e alcohol.
Tema 8. Epidemioloxía, prevención e intervención na dependencia nicotínica.
Tema 9. Exercicio físico e Dieta.
Bloque IV: Epidemioloxia e profilaxe das enfermidades transmisibles (4 horas)
Tema 10. Epidemioloxía xeral das enfermidades transmisibles.
Tema 11. Profilaxe xeral das enfermidades transmisibles.
Tema 12. Epidemioloxía e prevención das enfermidades de transmisión feco-oral e de transmisión aérea.
Tema 13. Epidemioloxía e prevención das enfermidades transmitidas por contacto.
Bloque V: Epidemioloxía e prevención das enfermidades non transmisibles. (3 horas)
Tema 14. Epidemioloxía e prevención xeral das enfermidades non transmisibles.
Tema 15. Epidemioloxía e prevención das enfermidades mentais.
Seminarios
Seminario 1: Desigualdades sociais en saúde
Seminario 2: ONGs e saúde pública
Seminario 3: Cambio Climático: impacto en saúde pública
Seminario 4: Toxiinfección e intoxicación alimentaria: vixilancia e prevención
Seminario 5: O papel da enfermería fronte á tuberculose
Seminario 6: O papel da enfermería na prevención de enfermidades infecciosas: Vacinación
Seminario 7: O papel da enfermería na prevención do cancro
Seminario 8: Promoción da saúde mental e estratexias de prevención de adiccións, con enfoque no papel da enfermería
Seminario 9: Prevención de Enfermidades Crónicas: Estratexias desde enfermería e saúde pública
Bibliografía básica e complementaria
ESTUDIO la Salud Mental en España. 2023. Disponible en: https://www.farmaceuticos.com/wp-content/uploads/2023/02/2023-Estudio-S…
Subdirección General de Información Sanitaria. Salud mental en datos: prevalencia de los problemas de salud y consumo de psicofármacos y fármacos relacionados a partir de registros clínicos de atención primaria. BDCAP Series 2. [Publicación en Internet]. Madrid: Ministerio de Sanidad. 2021.
Badalona: Ediciones Médicas, 2009. César Pereiro Gómez y Juan José Fernández Miranda (Coordinadores) Guía de adicciones para especialistas en formación. Sociodrogalcohol. Valencia, 2018. ISBN: 978-84-945737-8-1.
WHO consolidated guidelines on tuberculosis: Module 1: Prevention - infection prevention and control. 2022. Disponible en: https://www.who.int/publications/i/item/9789240055889
Estrategia NAOS. Disponible en: https://www.aesan.gob.es/AECOSAN/docs/documentos/nutricion/estrategiana…
Fernandez-Crehuet J, Gestal Otero JJ, Delgado Rodríguez M et al. Piédrola Gil. Medicina Preventiva y Salud Pública. 12ª ed. Barcelona:Elsevier- Masson; 2015.
Hernández-Aguado I, Lumbreras Lacarra B. Manual de Epidemiología y Salud Pública para Grados en Ciencias de la Salud. 3ª ed. Ed Panamericana, Madrid, 2018.
Benach J. La salud de todos y sus causas. La salud pública, la equidad y sus causas: ¿de qué depende nuestra salud? Barcelona: Observatorio de la Salud, Universitat Pompeu Fabra; 2012.
Gavidia V, Talavera M. La construcción del concepto de salud. Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales. 2012; 26: 161-75.
European Environmental Agency. Air quality in Europe — 2022. Disponible en: https://www.eea.europa.eu/publications/air-quality-in-europe-2022
Ministerio para la Transición Ecológica. Perfil Ambiental de España 2022. Disponible en:
https://www.miteco.gob.es/content/dam/miteco/es/ministerio/servicios/in…
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Programa estatal de prevención de residuos 2014-2020. Disponible en: https://www.miteco.gob.es/content/dam/miteco/es/calidad-y-evaluacion-am…
Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente. Plan estatal marco de gestión de residuos (PEMAR) 2016-2022. Disponible en: https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/planes-y-es…
Observatorio de la Sostenibilidad. Disponible en: https://www.observatoriosostenibilidad.com/
Red Española de Ciudades Saludables. Disponible en: http://recs.es/
Vida sostenible. Disponible en: http://www.vidasostenible.org/
Segura Del Pozo J. Desigualdades sociales en Salud: Conceptos, estudios e interpretaciones. Bogotá: Universidad Nacional de Colombia; 2013.
Xunta de Galicia. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia (PXRUG) 2010-2020. Disponible en: https://sirga.xunta.gal/c/document_library/get_file?uuid=88abfd7c-9c05-…
U.S. Preventive Services Task Force. Guide to Clinical Preventive Services 2014. Disponible en: https://www.ahrq.gov/sites/default/files/wysiwyg/professionals/clinicia…
Segundo o Informe de Verificación, as competencias específicas da materia son:
CE16 - Capacidade para describir os fundamentos do nivel de saúde primaria e as actividades a desenvolver para proporcionar a atención integral de enfermaría ao individuo, á familia e á comunidade. Comprender o papel e as actividades e actitude cooperativa que o profesional ten que desenvolver nun equipo de Atención Primaria de Saúde. Promover a participación das persoas, da familia e grupos no seu proceso saúde-enfermidade. Identificar factores relacionados cos problemas de saúde e ambientais, para atención ás persoas en situación de saúde e enfermidade como membros dunha comunidade. Identifica e analiza a influencia
de factores internos e externos no nivel de saúde de individuos e grupos. Aplicar os métodos e procedementos necesarios e o seu alcance para identificar os problemas de saúde máis relevantes nunha comunidade. Analiza os datos estatísticos referidos a estudos poboacionais, identificando as posibles causas dos problemas de saúde. Educar, facilitar e apoiar a saúde e o benestar de membros da comunidade, cuxa vida se vexa afectada por problemas de saúde, risco, sufrimento, enfermidade, discapacidade ou morte.
A) Clases expositivas en grupo grande: Tema maxistral impartida polo profesor. O profesor contará con apoio de medios audiovisuales e informáticos.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clases teórico/prácticas nas que se traballará sobre os diferentes temas das clases interactivas. Constituiranse grupos estables de 5-6 alumnos. Os alumnos participarán activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor; resolución de exercicios na aula, etc. Para poder optar a avaliación continua o alumno deberá asistir ás interactivas.
1. Exame final: 70% da nota, mediante exame tipo test.
O exame final poderá incluír preguntas sobre todos os temas abordados nas clases explicativas e interactivas.
As preguntas tipo test do exame serán corrixidas asegurando o control da probabilidade de acertar por azar. Para isto consideraranse tanto as preguntas contestadas correctamente (NR), como o número de opcións posibles (NO) e o número de preguntas totais (NP) de acordo á seguinte fórmula:
Nota=(((NR*NO)-NP)/((NO-1)*NP)))*10
O Exame final cualificarase de 0 a 10.
2. Avaliación continua: 30% da nota.
- 25%: a avaliación continua nas clases interactivas realizarase mediante un control tipo test sobre o contido dos seminarios e/o avaliación de traballos individuais ou grupais asignados polo/a profesor/a responsable de cada seminario. Ademais, realizaranse controis aleatorios tipo test nas clases expositivas. Todas estas avaliacións nas clases interactivas e expositivas forman o 25% da nota da avaliación continua.
- 5%: esta parte da nota da avaliación continua asignarao o/a profesor/a en función de participación nas clases expositivas e os seminarios. A avaliación continua cualificarase de 0 a 10.
NOTA:
- Se un/unha alumno/a contesta algún dos cuestionarios da avaliación continua, sen estar presente na aula, será cualificado/a con un cero no global da avaliación continua.
- Non se recuperarán os controis para os alumnos ausentes, salvo causa xustificada de ausencia.
- É imprescindible asistir aos seminarios para a entrega e a avaliación dos traballos correspondentes.
3. A nota final computarase do seguinte modo: Exame final*0.7+ Avaliación continua*0,3
Para superar a materia: puntuación mínima de 5 puntos.
Na avaliación extraordinaria manterase o mesmo sistema de avaliación.
O mesmo sistema de avaliación será utilizado para os/as alumno/as que cursaran a materia noutra universidade vía Erasmus e obtiveron unha nota de suspenso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Traballo na aula
Clases expositivas 18
Clases interactivas 18
Titorías 2,3
Probas de avaliación 3
Total horas traballo na aula 41,3
Traballo persoal do alumno
Estudo autónomo individual ou en grupo 36
Resolución de exercicios, ou outros traballos 10h
Orientación e resolución de dúbidas 2h
Elaboración, presentación e exposición 1h
Realización e revisión do exame 4,5h
Total horas traballo persoal do alumno 53h
É importante a asistencia a clase. Valorarase fundamentalmente o grao no que os alumnos entenden a materia, e a súa capacidade de analizar globalmente os problemas de saúde.
A asistencia a clase estará regulada polo “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da USC” aprobado en Consello de Goberno de la USC en 25 de noviembre de 2024. Disponible en: https://hdl.handle.net/10347/38041
Adolfo Alejandro Monasterio Otero
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- alejandro.monasterio [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Ciencias da Saúde LOU
Angel Salgado Barreira
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- angel.salgado.barreira [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Julia Rey Brandariz
- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- juliarey.brandariz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Narmeen Mallah Nasrallah
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Correo electrónico
- narmeen.mallah [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.01 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 3.02 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.01 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 3.02 |
Mércores | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.01 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 3.02 |
Xoves | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 2.01 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 3.02 |
12.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.01 |
12.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2.01 |
12.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.02 |
12.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2.02 |
12.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.03 |
12.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2.03 |
12.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3.01 |
12.01.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3.01 |
03.07.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
03.07.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 - Roberto Novoa Santos |
03.07.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |
03.07.2026 10:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 - Roberto Novoa Santos |