Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 32 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 11 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
Áreas: Farmacoloxía
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Comprensión dos aspectos conceptuais e metodolóxicas no descubrimento e desenvolvemento de medicamentos. Adquirir capacidade para realizar unha análise crítica da literatura científica relacionada coa investigación clínica de medicamentos.
2. Desenvolver actitudes e aptitudes, incluído o coñecemento dos últimos avances científicos e tecnolóxicos, como a Intelixencia Artificial, na prescrición de medicamentos dentro dunha medicina personalizada e de precisión.
3. Que o estudante sexa capaz de integrar factores dependentes do fármaco e as características do paciente e da súa contorna socioeconómica no uso racional de medicamentos.
Clases Expositivas
AVALIACIÓN DE FÁRMACOS
Tema 1. Descubrimento e desenvolvemento de novos fármacos. O Ensaio Clínico.
PRESCRIPCION
Tema 2. Criterios de selección de medicamentos. Bioequivalencia. Monitorización. Cumprimento terapéutico. Seguridade. Farmacoepidemioloxía, Farmacoeconomía.
Tema 3. Medicina personalizada e de precisión I: factores fisiolóxicos que condicionan a resposta terapéutica.
Tema 4. Medicina personalizada e de precisión I: Factores patolóxicos que inflúen na resposta aos medicamentos.
Tema 5. Medicina personalizada e de precisión III: Modelos de simulación baseados no emprego da Intelixencia Artificial.
ENFERMIDADES CARDIOVASCULARES
Tema 6. Uso de medicamentos en patoloxía cardiovascular (I): HTA
Tema 7. Uso de medicamentos en patoloxía cardiovascular (II): IC
Tema 8. Uso de medicamentos en patoloxía cardiovascular (III): Cardiopatía Isquémica
Tema 9. Uso de medicamentos en patoloxía cardiovascular (IV): Dislipemias
ENFERMIDADES DO APARELLO RESPIRATORIO
Tema 10. Uso de medicamentos en enfermidades do aparello respiratorio
ENFERMIDADES INMUNITARIAS
Tema 11. Uso de medicamentos en enfermidades inmunitarias.
ENFERMIDADES DO APARELLO DIXESTIVO
Temas 12. Uso de medicamentos en patoloxía dixestiva.
SISTEMA NERVIOSO CENTRAL
Tema 13. Uso de medicamentos nas enfermidades neurodexenerativas.
Tema 14. Uso de medicamentos nas patoloxías psiquiátricas.
HEMATOLOXÍA
Tema 15. Anemias.
Tema 16. Coagulación sanguínea.
MANEXO FARMACOLÓXICO DE PROCESOS ASOCIADOS AO ENVELLECEMENTO.
Tema 17. Menopausa e Andropausia.
Tema 18. Manexo do paciente diabético.
Tema 19. Procesos dexenerativos osteoarticulares.
DOR
Tema 20. Tratamento farmacolóxico da dor.
ENFERMIDADES INFECCIOSAS
Tema 21. Criterios básicos da terapia antiinfecciosa
.
SEMINARIOS:
SEMINARIO 1 e 2. Soporte Vital
SEMINARIO 3. Reaccións adversas a medicamentos: Avaliación de imputabilidade e comunicación aos sistemas de farmacovigilancia. Casos clínicos.
SEMINARIO 4. Seminario práctico sobre casos clínicos de enfermidades infecciosas.
SEMINARIO 5. Interaccións por fármacos: resolución de casos clínicos utilizando bases de datos e bibliografía.
Libros
Ritter JM, Flower R, Henderson G, Kong Loke Y, MacEwan D, Robinson E, Fullerton J (eds). Rang & Dale Pharmacology, 10 ed. Elsevier, 2023.
Brunton L, Knollmann BC (eds). Goodman & Gilman's Las bases Farmacológicas de la Terapéutica, 14ª ed. Mc Graw Hill, 2023.
Wecker L, Ingram S (eds). Brody's Human Pharmacology. Mechanism Based Therapeutics, 67th ed. Elsevier Health Sciences Division, 2024.
Stevens CV. Brenner y Stevens. Farmacología básica. 6 ed. Elsevier, 2023.
Zeind CS, Carvalho MG, Cheng JW, Zaiken K, LaPointe T (eds). Applied Therapeutics. The clinical use of drugs, 12th ed. Wolters Kluver, 2023.
Schwinghammer TL, DiPiro JT, Ellingrod VL, DiPiro CV (eds). DiPiro Pharmacotherapy Handbook, 12th ed. McGraw-Hill Medical, 2023.
Páxinas Web
Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios: http://www.agemed.es
European Medicines Agency: http://www.ema.europa.eu
Food and Drug Administration (USA): http://www.fda.gov
NIH Pubmed: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/
National Institute of Health and Clinical Excellence (UK): http://www.nice.org.uk
Guía terapéutica en atención primaria: baseada na selección razoada de medicamentos. Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria: https://www.guiaterapeutica.net
Guías de consenso na súa última edición: GEMA, GESEPOC, IMS, GALAXIA, Diabetes Care (ADA)
APPS
Aemps CIMA
SEFH Guía de Interaccións Farmacolóxicas
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Comprender os fundamentos de acción, indicacións e eficacia das intervencións terapéuticas, baseándose na evidencia científica dispoñible.
- Indicar a terapéutica máis adecuada dos procesos agudos e crónicos máis prevalecentes, así como dos enfermos en fase terminal.
- Coñecer, valorar críticamente e saber utilizar as fontes de información clínica e biomédica para obter, organizar, interpretar e comunicar a información científica e sanitaria.
- Saber utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación nas actividades clínicas, terapéuticas, preventivas e de investigación.
Competencias específicas da materia:
- Redactar correctamente prescricións médicas, adaptadas á situación de cada paciente e os requirimentos legais.
- Utilizar fármacos adecuadamente.
- Valorar a relación risco/beneficio dos procedementos diagnósticos e terapéuticos.
- Previr e identificar interaccións e efectos adversos.
- Farmacovixiancia.
Clases expositivas, interactivas de seminario e tutorias
- Expositiva: presencial na aula.
- Interactivas de seminario: presencial na aula.
Avaliación continuada (representará o 30 % da cualificación final):
- Avaliación continuada de coñecementos, asistencia e participación en clase ao longo do curso (representa o 20% da cualificación final).
- Seminarios (representa o 10% da cualificación final): realizarase unha avaliación continuada de competencias específicas a través da tutorización do traballo que o estudante realice a proposta do profesor. É obrigatorio a asistencia a todos os seminarios para poder superar a materia.
Exame final (representará o 70 % da cualificación final):
O exame tipo test será con catro opcións de resposta e só unha verdadeira. Por cada resposta errónea descontarase 0,33 das respostas acertadas. É necesario a obtención dunha cualificación igual ou maior a 5 sobre 10 no exame para aprobar a materia. O estudante deberá superar polo menos o 25% da cualificación correspondente á materia de cada profesor. Na segunda convocatoria, o tipo de exame e a puntuación para aprobar a materia será igual que na primeira convocatoria.
PRESENCIAIS: 43 horas distribuídas en:
- Clases expositivas: 30
- Interactivas seminarios: 10
- Titorías: 2
- Proba de avaliación: 1
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE: 32 horas
- Asistencia e participación en todas as actividades presenciais relativas á docencia da materia.
- Seguimento e lectura periódica dos textos e demais materiais recomendados polos profesores.
- Utilización das titorías para resolver as dúbidas que teña o estudante en relación cos contidos impartidos.
- Por último, o estudante deberá centrar o seu estudo na comprensión dos conceptos impartidos e na súa posible aplicación no ámbito médico, non limitándose nunca á simple asimilación da información.
1. A manipulación ou falsificación intencionada dous sistemas de control de asistencia determinará a consideración de non asistencia á actividade e deberá ser comunicada á Reitoría para ou inicio dás actuacións disciplinarias que puidesen corresponder.
2. A puntuación dá avaliación continua gardárase unicamente para ou seguinte curso académico, previa solicitude do estudante ao comezo dá docencia dá materia e sempre que se cumpran os requisitos que figuran na guía docente publicada
Ma Del Pilar Fernandez Rodriguez
- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881812401
- Correo electrónico
- mdelpilar.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Freire-Garabal Nuñez
Coordinador/a- Departamento
- Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica
- Área
- Farmacoloxía
- Teléfono
- 881812248
- Correo electrónico
- manuel.freire-garabal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aulario-Aula 3 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aulario-Aula 4 |
Martes | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aulario-Aula 3 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aulario-Aula 4 |
Mércores | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aulario-Aula 3 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aulario-Aula 4 |
Xoves | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aulario-Aula 3 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aulario-Aula 4 |
Venres | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aulario-Aula 3 |
11:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aulario-Aula 4 |
23.01.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 1 |
23.01.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 2 |
23.01.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 3 |
23.01.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 4 |
23.01.2026 12:00-14:30 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula Magna |
19.06.2026 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 1 |
19.06.2026 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 2 |
19.06.2026 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 3 |
19.06.2026 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula 4 |
19.06.2026 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aulario-Aula Magna |