Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Nutrición e Bromatoloxía
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Capacitar ó alumno para a elaboración e avaliación de dietas terapéuticas básicas e a súa aplicación en casos de patoloxías endocrino-metabólicas e en situacións especiais (parte I).
CONTIDOS TEÓRICOS.
- Dietoterapia: concepto, obxectivos, tipos de dietas.
- Dietas terapéuticas básicas: dietas con modificación da composición e dietas de consistencia modificada.
- Dietoterapia nas patoloxías endocrinometabólicas I: obesidade.
- Dietoterapia nas patoloxías endocrinometabólicas II: diabetes.
- Dietoterapia para outras patoloxías metabólicas: hiperuricemia, enfermidades da tiroide, enfermidades da glándula suprarrenal, enfermidades óseas.
- Dietoterapia nos trastornos da conducta alimentaria.
- Dietoterapia en coidados nutricionais en situacións especiais: climaterio e menopausia, xeriatría.
- Dietoterapia en enfermidades neurolóxicas.
- Atención nutricional no paciente hospitalizado. Valoración clínica. Malnutrición proteico-calórica.
SEMINARIOS
Os alumnos levarán a cabo traballos en grupo que terán como temática aspectos relacionados cos contidos da materia e que deberán de expoñer e/ou defender oralmente.
CLASES PRÁCTICAS
Os contidos das prácticas son complementarios ós contidos teóricos:
1. Deseño de dietas para individuos con obesidade; dietas hipocalóricas e dietas non ortodoxas.
2. Deseño de dietas para individuos con diabetes; usos das táboas de intercambios e do índice glicémico.
3. Deseño de dietoterapia para outros casos (parte I).
Os alumnos (en grupos) entregarán unha memoria ou caderno de prácticas cos resultados e as súas conclusións, conforme as directrices do docente.
BÁSICA
• Cervera, P.; Clapés, J. y Rigolfas, R. 2010. Alimentación y dietoterapia. 4ª ed. McGraw-Hill Interamericana.
• Escott-Stump, S. Nutrición, diagnóstico y tratamiento. Ed. Mc Graw-Hill. México. 2005.
• Gil Hernández, A. Tomo IV: Nutrición clínica (Tratado de Nutrición). Ed. Acción Médica-Grupo. Madrid. 2005.
• Iowa Dietetic Association; Maher, A.K. Manual de dietas simplificado. Editorial Acribia. Zaragoza. 2007.
• Lagua, R.T y Claudio, V.S. 2007. Diccionario de nutrición y dietoterapia. 5ª ed. McGraw-Hill Interamericana.
• Mahan, K.L. y Escott, S. 2009. Krause dietoterapia. 1-2ª ed. Elsevier, Amsterdam.
• Martínez Hernández, A. Alimentación hospitalaria 2 Vols. Tomo 1. Fundamentos. Tomo 2. Dietas hospitalarias. Ed. Díaz de Santos. Madrid. 2004.
• Muñoz, M.; Aranceta, J.; García-Jalon, I. Nutrición Aplicada y Dietoterapia. (2ª ed.). Ediciones EUNSA. Pamplona. 2004.
• Requejo, A.M.; Ortega, R.M. Nutriguía. Ed. Complutense. Madrid. 2000.
• Rojas Hidalgo E. Dietética, principios y aplicaciones. (2ª ed). Madrid: Grupo Aula Médica; 1998.
• Ruiz Pons, M.; Sánchez-Valverde Visus, F.; Dalmau Serra, J.; Gómez López, L. Tratamiento nutricional de los errores innatos del metabolismo. (2ª ed.) Drug Farma. Madrid. 2007.
COMPLEMENTARIA
• Russolillo, G.; Marques, I. Sistema de intercambios para la confección de dietas y planificación de menús. Ed. ICM. Madrid. 2008.
• Salas-Salvadó, J.; Bonada, A., Trallero, R.; Saló, M.E.; Burgos, R. Nutrición y dietética clínica (2ª ed.). Ed. Doyma SL. Barcelona. 2008.
• Vidal, E. 2009. Manual práctico de nutrición y dietoterapia. 1ª ed. Monsa-Prayma, Barcelona.
BIBLIOGRAFIA ON-LINE
• Documentación de consenso da SEEDO, accesible en https://www.seedo.es
• Nutrition Therapy for Adults With Diabetes or Prediabetes: A Consensus Report, accesible en https://care.diabetesjournals.org
• Classification and Diagnosis of Diabetes: Standards of Medical Care in Diabetes 2019, accesible en https://care.diabetesjournals.org
• Calvo Bruzos, et al. (2016) Manual de alimentación. Planificación alimentaria, accesible en https://prelo.usc.es/
• Welling, L., et al. (2017). International clinical guideline for the management of classical galactosemia: diagnosis, treatment, and follow-up. Journal of Inherited Metabolic Diseases (40):170-176.
• Información sobre enfermidades metabólicas conxénitas da Unidade de Enfermidades Metabólicas Conxénitas do Hospital Sant Joan de Déu Barcelona, dispoñible en: https://www.sjdhospitalbarcelona.org/es/ninos/enfermedades-metabolicas-…
• Información sobre enfermidades da tiroides e glándulas suprarrenais, SEEN, dispoñible en: https://www.seen.es
• Hipotiroidismo. American Thyroid Association (ATA), accesible en: https://www.thyroid.org/hipotiroidismo/
• Guías de práctica clínica na osteoporose posmenopáusica, glucocorticoidea e do varón. Sociedad Española de Investigación Ósea y del Metabolismo Mineral, accesible en: https://www.seiomm.org
• Consenso sobre la evaluación y el tratamiento nutricional de los trastornos de la conducta alimentaria: anorexia nerviosa, bulimia nerviosa, trastorno por atracón y otros. SENPE (2017) Nutrición Hospitalaria, vol. 34 Supl. 5: 1-97, disponible en: https://www.senpe.com
• Gómez Candela, C. et al. (2019) Guía de Nutrición clínica Hospital Universitario de La Paz, accesible en: https://prelo.usc.es/
Competencias BÁSICAS E XERAIS:
CB1 - Que os estudiantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e que normalmente se sitúa a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudio.
CB2 - que os alumnos poidan aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e teñan competencias tipicamente demostrados a través do deseño e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro do seu campo de estudio.
CB3 - Que los estudiantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - que os alumnos poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto cualificado como ordinario.
CB5 - Que os estudantes desenvolvan as habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Recoñecer os elementos esenciais da profesión de dietista - nutricionista , incluíndo os principios éticos, responsabilidades legais e o exercicio da profesión, aplicando o principio de xustiza social á práctica profesional e desenvolvendo dita práctica profesional con respecto ás persoas, os seus hábitos, crenzas e culturas.
CG2 - Desenvolver a profesión con respecto por outros profesionais sanitarios, adquirindo competencias para o traballo en equipo
CG3 - Recoñecer a necesidade de manter e actualizar as súas competencias profesionais, prestando particular importancia a aprender de forma autónoma e continuamente, novos coñecementos, productos e técnicas de nutrición e alimentación, así como a motivación pola calidade.
CG4 - Coñecer os límites da profesión e as súas competencias, identificando, cando sexa necesario un tratamento interdisciplinar ou reenvío a outro profesional.
CG5 - Realizar a comunicación de xeito efectivo, tanto de forma oral como escrita, cas personas, os profesionais da saúde ou a industria e os medios de comunicación, sabendo utilizar as tecnologías da información e a comunicación especialmente as relacionadas con nutrición e hábitos de vida.
CG6 - Coñecer, valorar criticamente e saber como usar e aplicar fontes de información relacionadas coa nutrición, alimentación, estilos de vida e aspectos sanitarios.
CG7 - Ter a capacidade de elaborar informes e cubrir rexistros completos relativos á intervención profesional do dietista - nutricionista.
CG12 - Coñecer os nutrientes, a súa función no corpo, a súa biodisponibilidade, necesidades e recomendacións, e os fundamentos da enerxía e equilibrio nutricional.
CG13 - Integrar e avaliar a relación entre a dieta e a nutrición nos estados de saúde e enfermidade.
CG14 - Aplicar o coñecemento científico da fisioloxía, fisiopatoloxía, a nutrición e a alimentación para a planificación e consello dietético para individuos e comunidades, durante todo o ciclo de vida, tanto de persoas sans como enfermas .
CG15 - Deseñar e levar a cabo protocolos de avaliación do estado nutricional, identificando os factores de risco nutricional.
CG16 - Interpretar un diagnóstico nutricional, avaliar os aspectos nutricionais dunha historia médica e facer o plan de acción da dieta.
CG17 - Coñecer a estrutura dos servizos de alimentación e unidades de alimentación e nutrición hospitalaria, identificando e desenvolvendo as funcións do Dietista- Nutricionista dentro do equipo multidisciplinar.
CG18 - Intervir na organización, xestión e implementación das distintas modalidades de alimentación e soporte nutricional hospitalario e do tratamento dietético-nutricional ambulatorio.
CG29 - Adquirir a formación básica para a actividade investigadora, sendo capaces de formular hipóteses, recoller e interpretar a información para a resolución de problemas seguindo o método científico, e comprendendo a importancia e as limitacións do pensamento científico en materia sanitaria e nutricional.
Competencias TRANSVERSAIS:
CT1 - Capacidade de análise e síntese
CT2 - Capacidade para organizar e planificar
CT3 - Capacidade de traballar en equipo (incluída en GC2)
CT5 - Capacidade de utilizar a tecnoloxía da información e comunicación (incluído no CG5)
CT6 - Capacidade para xestionar a información (incluída en CG6)
CT8 - Capacidade para tomar decisións
CT9 - Capacidade para transmitir coñecementos (incluida en CG5)
CT10 - Capacidade para o razoamento crítico e argumentación
CT11- Capacidade de aprendizaxe independente (incluído en CG3)
CT13 - Demostrar iniciativa e espirito emprendedor
Competencias ESPECÍFICAS:
CE36 - Aplicar os principios básicos da nutrición clínica á dietoterapia .
CE35 - Interpretar e integrar datos clínicos, bioquímicos e farmacolóxicos na avaliación nutricional do paciente e no seu tratamento alimentario e nutricional.
CE37 - Planificar, aplicar e avaliar dietas terapéuticas para individuos e / ou grupos.
CE44 - Manexar ferramentas básicas en TICs empregadas no campo da Alimentación, Nutrición e Dietética.
Os contidos estrutúranse en distintos temas expostos polo docente en clases maxistrais, durante as cales se establecen os fundamentos da materia. Os alumnos completarán e complementarán a súa formación coa realización de traballos en grupo non presenciais (formación autónoma), desenvolvendo temas propostos polo profesor e seguindo as súas directrices; unha vez finalizados os traballos serán defendidos cunha exposición oral. As actividades prácticas realízanse en grupos e considéranse complementos fundamentais da teoría. Entregarase un caderno ou memoria de prácticas (do grupo) reflectindo os resultados e conclusións das mesmas para a súa avaliación. As titorías individuais e en grupo serán presenciais nos horarios indicados ou ben telemáticas a través das ferramentas do Curso de Axuda Virtual, segundo as circunstancias e valoración do profesor.
A ferramenta de soporte virtual fundamental para o proceso de ensino-aprendizaxe nesta materia é o Campus Virtual da Universidade de Santiago de Compostela. A través desta plataforma institucional realizaranse anuncios, depositaranse contidos e material adicional para a súa consulta, bibliografía, normativas, guías para a realización dos traballos, entrega de tarefas, e toda aqueloutra información que requiran as circunstancias. Para determinadas actividades poderá habilitarse un grupo de traballo en Microsoft Teams.
O seguimento de todas as actividades realizarase mediante programación de entregas e listas de participación. Para manter unha comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre estes e o docente, poderán realizarse a través do foro do Campus Virtual, Microsoft Teams, ou mediante correo electrónico.
AVALIACIÓN CONTINUA (30 %).
- Avaliarase a actitude e esforzo do alumno por aprender, resolver problemas e razoar de forma crítica e argumentada durante a súa asistencia ás actividades presenciais (5 %). Competencias avaliadas: CB2, CG2, CG3, CT2, CT3, CT8, CT10, CT11, CT13
- A realización das prácticas é obrigatoria para superar a materia; ademais avaliaranse os resultados da aprendizaxe práctica reflectidos na memoria ou caderno de prácticas (20 %). Competencias avaliadas: CB2, CB4, CB5, CG1, CG3, CG4, CG6, CG7, CG12, CG13, CG14, CG16, CT1, CT2, CT3, CT5 (incluída en CG1), CT6, CT8, CT9 (incluída en CG5), CT10, CT11, CT13, CE35, CE36, CE37, CE44.
- Avaliación dos traballos (5 %) propostos polo profesor e a súa presentación ou exposición oral. Competencias avaliadas: CB2, CB4, CB5, CG3, CG4, CG6, CG12, CG13, CG14, CG16, CT1, CT2, CT3, CT5, CT6, CT8, CT9 (incluída en CG5), CT10, CT11, CE35, CE36, CE37.
EXAME FINAL (70 %).
Avaliación do coñecemento sobre os contidos da materia (é requisito alcanzar un mínimo do 45 % na puntuación deste exame para poder ser valorado e sumar a nota de avaliación continua). Competencias avaliadas: CB2, CB4, CB5, CG1, CG2, CG3, CG4, CG6, CG7, CG12, CG13, CG14, CG16, CT1, CT10, CT11, CE35, CE36, CE37, CE44. Na avaliación da convocatoria de segunda oportunidade manteranse todas as puntuacións obtidas polo alumno excepto o exame final.
OUTRA INFORMACIÓN.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O seguimento de todas as actividades, agás o exame final escrito, realizarase mediante programación de entregas e listas de participación.
A materia consta de 6 créditos ECTS, que inclúen as seguintes horas presenciais:
• Clases Maxistrais: 32 horas
• Seminarios: 5 horas
• Prácticas de laboratorio: 12 horas
• Titorías de grupo:2 horas
• Exames e revisión: 2 horas
A distribución da actividade formativa en horas de traballo do alumno total é de (25 x nº de ECTS) 150 horas.
- Ter unha base de coñecementos sobre dietética e fisiopatoloxía humanas.
- Mostrar atención e interese durante a asistencia ás clases.
- Realización de esquemas e resumos, entendelos e memorizalos.
- Utilizar as titorías para resolver dúbidas sobre a materia.
- Traballar a materia día a día.
- Consultar a bibliografía e os artigos, e outras fontes de información recomendadas polo profesor.
A materia impártese nos dous idiomas oficiais da comunidade autónoma (galego e castelán), coa posibilidade de comunicación puntual en inglés cos alumnos que o necesiten.
Patricia Regal López
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Teléfono
- 982822484
- Correo electrónico
- patricia.regal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Alejandra Cardelle Cobas
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- alejandra.cardelle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Nerea Gonzalez Rodriguez
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Nutrición e Bromatoloxía
- Correo electrónico
- nerea.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Mércores | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Xoves | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
Venres | |||
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 0P AULA 4 PLANTA BAIXA |
19.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 5 PLANTA BAIXA |
19.05.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 6 PLANTA BAIXA |
20.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 0P AULA 7 PLANTA BAIXA |