Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo da materia é que os alumnos coñezan como se poden xestionar os recursos humanos nas organizacións e como se poden enfrontar as persoas aos problemas e situacións que se lle poden presentar neste ámbito. Todo iso dende unha perspectiva moi xeral dado o carácter introdutorio da materia. Os alumnos deberán distinguir as funcións que ten o departamento de recursos humanos dentro da organizacións e como se xestiona a forza laboral dende este e en consonancia coas estratexias organizacionales. Outro obxectivo importante é que os alumnos se familiaricen con algunhas ferramentas e técnicas necesarias para entender e xestionar o comportamento dentro das organizacións.
1. INTRODUCIÓN E FUNDAMENTO DA XESTIÓN DE RECURSOS HUMANOS
1.1. Que é a xestión de Recursos Humanos?
1.2. Os Recursos Humanos dentro da Organización
1.3. Esixencias e retos presentes e futuros dos recursos humanos
1.4. Áreas de intervención en Recursos Humanos
2. O TRABALLO E O TRABALLADOR
2.1. O traballo:
- Análise de postos
- Xestión do traballo flexible
2.2. A diversidade dos traballadores
- ¿Que é a diversidade? e ¿que é a xestión da diversidade?
- Igualdade de oportunidades
3. A SELECCIÓN E AVALIACIÓN DE RECURSOS HUMANOS.
3.1. Principios da selección de persoal
3.2 Recrutamento
3.3 O proceso de selección de persoal
3.4 Os instrumentos de selección de persoal
4. AVALIACIÓN DO DESEMPEÑO
4.1 O desempeño laboral
4.2 Obxectivos da avaliación do desempeño
4.3 Métodos de avaliación do desempeño
4.4 Sesgos na avaliación do desempeño
5. DESENVOLVEMENTO DE PERSOAL
5.1. Necesidades individuais de desenvolvemento
5.1. Formación do persoal
5.2. Desenvolvemento de carreiras
6. RETRIBUCIÓN E COMPENSACIÓN.
5.1. Obxectivos da compensación.
5.2. Avaliación de postos.
5.6. Problemas da compensación.
7. A REESTRUTURACIÓN DA PLANTILLA E A REGULACIÓN DO EMPREGO
7.1 Que é a ruptura laboral
7.2 Costos e beneficios da ruptura laboral
7.3 Tipos de ruptura laboral
7.4 A xestión do despido e da redución de plantilla
Bonache, J. y Cabrera, A. Dirección Estratégica de Personas. Madrid: Prentice-Hall, 2008.
Chiavenato, I. Administración de recursos humanos : el capital humano de las organizaciones. México : McGraw-Hill. 2011
Dessler, G. Administración de Recursos Humanos. Mexico : Pearson, 2009
Gómez-Mejía y otros: Dirección y Gestión de Recursos Humanos. Madrid: Prentice-Hall, 2008
Landy, F. J y Conte, J.M. Psicología industrial. México : McGraw Hill. 2005
Mondy, R.W. Administración de Recursos Humanos. México : Prentice Hall International, 2010
Spector, P. Psicología Industrial y Organizacional. Investigación y práctica. México: Manual Moderno 2002.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA TITULACIÓN NAS QUE INCIDE A MATERIA
CE1 - Demostrar coñecementos e comprensión das funcións, características, contribucións e limitacións dos distintos modelos teóricos da Psicoloxía.
CE5 - Demostrar coñecementos e comprensión dos principios psicosociais que interveñen no comportamento dos individuos e no funcionamento dos grupos e das organizacións.
CE6 - Demostrar coñecementos e comprensión dos métodos e deseños de investigación e das técnicas de análise de datos propios da Psicoloxía
CE7 - Demostrar coñecementos e comprensión dos distintos métodos de avaliación, diagnóstico e tratamento psicolóxico en diferentes ámbitos aplicados da Psicoloxía –clínico e da saúde, social, educativo
CE8 - Saber identifica-las necesidades e demandas dos destinatarios nos diferentes campos de aplicación e establece-las metas de actuación psicolóxica
CE9 - Saber identifica-las características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos mediante os métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica
CE10 - Saber promove-la saúde e a calidade de vida, a través dos métodos propios da profesión, nos individuos, grupos, comunidades e organizacións nos distintos ámbitos e contextos: educativo, clínico e da saúde, do traballo e as organizacións, grupal e comunitaria
CE11 - Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
CE12 - Saber definir os obxectivos, elaborar o plan e as técnicas de intervención en función das necesidades e demandas dos destinatarios, e evaluar os resultados obtidos
CE13 - Saber transmitir aos destinatarios, de xeito adecuado e preciso, os resultados da avaliación
CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en distintos ámbitos de actuación, dirixidos aos destinatarios e a outros profesionais
CE15 - Saber axustarse ás obligacións deontolóxicas da Psicoloxía
As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación dos estudantes respecto á adquisición dos coñecementos relativos ós contidos da materia, así como das técnicas e métodos de aplicación. Para iso, o profesor explicará os diferentes temas apoiado en material audiovisual e ferramentas TIC. As clases prácticas serán de varios tipos: (1) Análises de casos e simulacións para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas (a nivel elemental) necesarias para superar a materia. (2) Dinámicas de grupo pequeno nas que, ademais de desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia, os estudantes practicarán as habilidades de comunicación oral.
As titorías supoñen unha relación directa e presencial, para un asesoramento continuo e a afondamento nos contidos teóricos, prácticos do traballo do estudante, así como atender dúbidas.
As actividades de avaliación teñen unha dobre cara; dun lado, as actividades de avaliación continua, xunto coas titorías de traballo de curso, permitiranlle ó alumno ter unha retroalimentación constante da súa progresión ó longo do curso, respecto ó seu grado de adquisición de competencias tanto relativas a coñecementos, como a técnicas e actitudes; mentres que, os exames parciais e o final, tratarán de avaliar o nivel dos coñecementos adquiridos polo individuo respecto ós contidos dos temas incluídos no programa da materia.
A asistencia ás clases interactivas e expositivas é obrigatoria
Exame: O exame final valerá o 70% da cualificación final do alumno. Nel se avaliarán os coñecementos teóricos e prácticos impartidos na materia.
Avaliación continua: Valerá o 30% da cualificación final. A avaliación desta parte farase en función do desempeño dos alumnos en cada unha das actividades realizadas ó longo da materia (prácticas, traballos, lecturas).
INDEPENDENTEMENTE DO ANTERIOR, SEMPRE SERÁ NECESARIO OBTER UNHA PUNTUACIÓN MÍNIMA DE 4.5 PUNTOS (SOBRE DEZ) NO EXAME PARA PODER APROBAR A MATERIA.
Estímase que o alumno precisará de unhas setenta horas de traballo de estudio e persoal, repartido entre estudio persoal, realización de traballos individuais ou en grupos, preparación de presentacións e realización de lecturas.
Os alumnos deberán levar a materia ó día, tanto no que se refire as clases expositivas como prácticas.
Luz Isabel Leirós Lobeiras
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881813894
- Correo electrónico
- luzisabel.leiros [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Del Mar Iglesias Criado
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- mdelmar.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 11 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 10 |
13.01.2025 16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
13.01.2025 16:30-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
13.01.2025 16:30-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
13.01.2025 16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
13.01.2025 16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
13.01.2025 16:30-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
13.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 1 |
13.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
13.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 2 |
13.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |