Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos propostos son unha guía orientadora do proceso de ensino-aprendizaxe. Ao longo do devandito proceso poden aparecer outros resultados non previstos, pero igualmente valiosos, que deben ser tidos en conta e que complementarán esta guía.
Propoñemos que os alumnos ao final de curso poidan:
- Comprender as posibilidades de integración das TIC na escola, como produto dunha análise das súas funcións actuais, da organización que impera, do seu deseño curricular e das condicións culturais, sociais e económicas que impoñen estas tecnoloxías, así como tamén as necesidades de transformación na propia institución que esta integración suporía.
- Construír un marco teórico para comprender a toma de decisións sobre as TIC nos procesos de ensino e aprendizaxe.
- Desenvolver unha actitude crítica fronte ao uso e á práctica cotiá das tecnoloxías da información e a comunicación, así como fronte ao efecto formativo que producen sobre todo os medios de comunicación social, comprendendo a necesidade dunha alfabetización ampliada a diversas formas discursivas (icónica, audiovisual, informática).
- Desenvolver habilidades para a análise da propia práctica (como alumnos/as e como profesores/as en prácticas), co recoñecemento do valor da teoría como elemento iluminador desta e coa incorporación na análise das propias crenzas, actitudes e prexuízos en relación coas TIC e as súas posibilidades de integración na escola.
- Desenvolver habilidades para o traballo grupal, a través da confrontación de marcos de referencia, nun traballo de cooperación que integre as achegas dos compañeiros nas estruturas conceptuais propias.
BLOQUE I. AS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN: MARCO CONCEPTUAL
1.1. A sociedade da información e do coñecemento como marco global.
1.2. Impacto social e educativo da tecnoloxía: das TIC ás TAC (Tecnoloxías para a Aprendizaxe e o Coñecemento).
BLOQUE II. AS TIC NA ESCOLA PRIMARIA
2.1. As TIC na escola primaria. O plan TIC de centro. A organización escolar e o rol do profesorado ante a sociedade do coñecemento.
2.2. Competencia dixital e alfabetizacións múltiples. Usos e aplicacións.
2.3. Contornos virtuais de Aprendizaxe. Criterios de selección.
2.4. Deseño e avaliación de propostas de ensinanza con software educativo.
BLOQUE III. COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL, SOFTWARE EDUCATIVO E MEDIOS DE COMUNICACIÓN DE MASAS
3.1. Medios de comunicación de masas e a influencia das pantallas: de Twitter ás apps educativas.
3.2. A Web social e educación primaria. Posibilidades de uso das redes sociais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Area, M. e Adell, J. (2021). Tecnologías Digitales y Cambio Educativo. Una Aproximación Crítica. REICE. Revista Iberoamericana sobre Calidad, Eficacia y Cambio en Educación, 19(4), 83-96. https://doi.org/10.15366/reice2021.19.4.005
Ministerio de Educación y Formación Profesional (s. d.). Competencias clave. https://educagob.educacionyfp.gob.es/va/curriculo/curriculo-lomloe/menu…
Sancho Gil, J. M. (2019). De la tecnología para aplicar a la tecnología para pensar: implicaciones para la docencia y la investigación. RELATEC: Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 18(1), 9-22. http://hdl.handle.net/10662/9703
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Alonso, M. e Matilla, L. (1990). Imágenes en acción. Akal.
Area, M. (2017). La metamorfosis digital del material didáctico tras el paréntesis Gutenberg. Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 16(2), 13-28. https://relatec.unex.es/article/view/3083/2113
Area, M. (2019). Guía para la producción y uso de materiales didácticos digitales. Universidad de La Laguna. https://bit.ly/2y3UXcr
Cassany, D. e Ayala, G. (2008). Nativos e inmigrantes digitales en la escuela, Participación educativa. Revista cuatrimestral del Consejo Escolar del Estado, (9), 53-71. https://sede.educacion.gob.es/publiventa/detalle.action?cod=14202
Cid Fernández, X. M. e Rodríguez Rodríguez, J. (Coords.) (2007). A fenda dixital e as súas implicacións educativas. Nova Escola Galega.
Espuny, C; Gisbert M.; Coiduras J. e González Martínez, J. (2012). El coordinador TIC en los centros educativos: funciones para la dinamización e incorporación didáctica de las TIC en las actividades de aprendizaje. Píxel-Bit. Revista de Medios y Educación, (41), 7-18. http://acdc.sav.us.es/pixelbit/images/stories/p41/01.pdf
Fernández Enguita, M. (2013). Aquí no hay química. La difícil relación del profesorado con la tecnología. Panorama Social, (18), 145-157. http://www.funcas.es/publicaciones/viewarticulo_PDF.aspx?IdArt=21255
Marquès, P. (2006). La pizarra digital en el aula de clase. Editorial Edebé.
Montero, L. e Gewerc, A. (coords.). (2013). Una Historia, cuatro Historias. Acompañar proyectos de innovación con las TIC. Graó.
Moreno León, J. (2014). ¿Qué es el pensamiento computacional? Programamos. http://programamos.es/que-es-el-pensamiento-computacional/
Postman, N. (1994). Tecnópolis. La rendición de la cultura a la tecnología. Círculo de Lectores.
Prensky, M. (2001). Digital Natives, Digital Immigrants. On the Horizon, 9(5). Lincoln: NCB University Press. http://www.marcprensky.com /writing/Prensky%20-%20Digital%20Natives,%20Digital%20Immigrants%20-%20Part1.pdf
Revista Galega de Educación (2007). Monográfico “Competencia dixital e ferramentas TIC”, (38), maio. http://www.nova-escola-galega.org/almacen/documentos/RGE%2038%20contido…
Sancho Gil, J. M. (2019). De la tecnología para aplicar a la tecnología para pensar: implicaciones para la docencia y la investigación. RELATEC: Revista Latinoamericana de Tecnología Educativa, 18(1), 9-22. https://relatec.unex.es/article/view/3392/2340
Xunta de Galicia (2018). Repositorio de recursos educativos do Espazo Abalar. https://recursos.edu.xunta.gal/
XERAIS (priorizarase a G11):
G2: Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro
G8: Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G10: Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
G11: Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
G12: Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
ESPECÍFICAS (priorizarase a E23 no referido ao impacto das linguaxes AV e das pantallas):
E20: Mostrar habilidades sociais para entender ás familias y facerse entender por elas.
E22: Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
E23: Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible.
BÁSICAS (priorizarase a B3, en aspectos relativos á "honestidade intelectual", citado de obras e elaboración de bibliografía):
B1: Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nun área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e sólese atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de unha forma profesional e posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5: Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS (priorizarase a T3):
T3: Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4: Competencia informacional
A materia ten un carácter teórico-práctico que debe capacitar ao alumno para comprender, de forma crítica, o impacto que as TIC teñen na sociedade actual e as consecuencias para a educación e o traballo docente nas escolas de primaria.
Para o desenvolvemento das competencias que o estudante debe adquirir, proponse:
- A combinación de experiencias individuais e grupais, tanto de xeito presencial na aula con todo o grupo clase, así como en grupos máis reducidos na aula de medios audiovisuais e informáticos; ou ben de forma non presencial (síncrona e asíncrona), mediante a realización de actividades que supoñen a análise e uso de diferentes recursos TIC.
- A combinación de ensinanza presencial e on-line (utilizando o Campus Virtual da USC e, no seu caso, outros posibles contornos virtuais de ensino e aprendizaxe e/ou redes sociais).
- A realización dun portfolio electrónico básico en formato de Blog durante o seu traballo na materia, no que o alumnado recompilará os traballos realizados e as reflexións do proceso de aprendizaxe.
- Proporanse experiencias nas clases interactivas que toman como referente as infraestruturas propias dos centros de Educación Primaria. Concretamente abordarase a plataforma Moodle como unha contorna virtual para o ensino e a aprendizaxe na que poder desenvolver propostas para o traballo nas aulas de primaria. Así mesmo, empregarase a plataforma Microsoft Teams, á que o alumnado ten acceso mediante a súa conta institucional RAI.
- Complementariamente ás propostas prácticas da materia, propoñeranse experiencias de traballo con software de programación tipo Logo e as súas máis recentes adaptacións en software libre (Squeak- Etoys, Scratch) ou outras como MinecraftEdu, así como a análise e desenvolvemento de propostas noutras plataformas específicas para a robótica educativa e o pensamento computacional.
A avaliación da materia realizase a través de procedementos baseados na avaliación continua formativa. Para elo valorarase a participación e o traballo no conxunto de actividades e tarefas desenvolvidas no cuadrimestre, sen unha proba final.
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas en prazo TODAS as actividades e as tarefas especificadas, así como superar cada unha delas.
A ponderación das actividades e tarefas en relación á cualificación final queda como segue (tanto para a 1ª como para a 2ª oportunidade, así como para o alumnado con exención de docencia):
- Actividade “Comentario TIC” (individual, entrega en aula virtual): 30%
- Actividade “Deseño de material dixital” (grupal, máximo 3 persoas; entrega en aula virtual e con exposición oral): 40%
- Traballos sesións CLE: 10%
- Tarefas CLIL (entrega en aula virtual): 20%
O alumnado non asistente (por exemplo, por algún problema de saúde debidamente xustificado), debe poñerse en contacto (telefonicamente ou por e-mail) e/ou reunirse co profesorado da materia para establecer un plan de traballo individual. Neste plan, será preciso seguir o ritmo das clases teóricas e prácticas e realizar as tarefas e actividades propostas na aula virtual de xeito individual (dende a que tamén disporán de titoría virtual).
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
A entrega dun traballo copiado pode supor o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ACTIVIDADES EN GRAN GRUPO
Actividades presenciais:
- Presentación da materia
- Exposicións temáticas
- Discusión / foros gran grupo
Total: 15 h.
Actividades de traballo autónomo:
- Lectura e análise documentos
- Estudo
- Proxecto de traballo
- Elaboración conclusións clases presenciais
Total: 35 h.
ACTIVIDADES EN GRUPO MEDIANO
Actividades presenciais:
- Prácticas uso medios AV, informáticos e virtuais
- Exposición traballos alumnos
- Elaboración informes e comentarios
- Participación foros virtuais
- Avaliación recursos TIC
- Deseño recursos TIC para educación primaria
- Proxecto de traballo
Total: 30 h.
Actividades de traballo autónomo:
- Lectura e análise documentos
- Preparación e ensaio exposición traballo
- Realización exercicios prácticos manexo TIC
- Elaboración informes
- Preparación e elaboración aportación foros
- Revisión recursos TIC existentes
- Deseño recursos TIC
- Buscas bibliográficas
Total: 45 h.
ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS
Actividades presenciais:
- Comentario documentos
- Formulación de dúbidas
- Revisión de tarefas
Total: 5 h.
Actividades de traballo autónomo:
- Lectura e análise documentos
- Revisión de tarefas,
- Reelaboración actividades tras feedback
- Deseño dun blog como ferramenta de traballo
Total: 20 h.
Total horas presenciais: 50
Total horas de traballo autónomo: 100
- Ter acreditado o dominio de competencias transversais en TIC recoñecidas na USC e que poden acreditarse como créditos de libre elección.
- Asistencia ás clases presenciais teóricas e prácticas.
- Autodisciplina e constancia no acceso e traballo no campus virtual.
- Manter ao día os traballos que se solicitan.
Avaliación
A avaliación da materia realizase a través de procedementos baseados na avaliación continua formativa. Para elo valorarase a participación e o traballo no conxunto de actividades e tarefas desenvolvidas no cuadrimestre, sen unha proba final.
Titorías
As titorías poderán realizarse tanto presencialmente como de forma virtual, sempre que se concerten con antelación (por correo electrónico) día e hora dentro do horario establecido a tal fin.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen en formato físico para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
EMPREGO DE CORREO ELECTRÓNICO
Para calquera comunicación de tipo académico, será obrigatorio o emprego da conta de correo institucional rai.usc.es
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
OUTROS
Obrigatoriedade do emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Debe terse en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, é dicir, un proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos:
https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos
Eulogio Pernas Morado
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881812129
- Correo electrónico
- eulogio.pernas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Fernando Fraga Varela
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881812128
- Correo electrónico
- fernando.fraga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_03 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_05 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_07 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_06 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 31 - AULA DE INFORMATICA |
23.05.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
23.05.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
23.05.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
23.05.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
30.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
30.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |