Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Familiarizarse cos avances da investigación e a innovación educativa na ensinanza das ciencias sociais na educación infantil
- Analizar criticamente o currículo da Educación Infantil e o lugar que ocupan as ciencias sociais.
- Desenvolver aspectos clave do ensino e aprendizaxe do espazo xeográfico e o sentido de lugar na educación infantil.
- Desenvolver aspectos clave do ensino e aprendizaxe do tempo histórico e a construción da identidade na educación infantil.
- Desenvolver aspectos clave do ensino e aprendizaxe do mundo social e a cidadanía democrática na educación infantil.
- Coñecer e analizar estratexias e recursos utilizados na ensinanza das ciencias sociais na educación infantil.
- Elaborar e avaliar propostas de ensinanza sobre os contidos sociais na educación infantil.
Unidade 1. As ciencias sociais na educación infantil. Currículo, investigación e innovación educativa.
- As ciencias sociais e o seu lugar nos sistemas educativos
- As ciencias sociais no currículo de educación infantil
- A selección de contidos sociais na educación infantil
- Investigación e innovación educativa nas ciencias sociais na educación infantil
Unidade 2. O espazo e a súa aprendizaxe na educación infantil
- Os nenos e a compresión do espazo
- Ensinar o espazo na educación infantil
- O sentido de lugar e educación baseada no lugar
- A educación na paisaxe na educación infantil
Unidade 3. O tempo histórico e a súa aprendizaxe na educación infantil
- Os nenos e a comprensión do tempo histórico
- A ensinanza do tempo histórico na educación infantil
- Historia, patrimonio e identidade na educación infantil
- As saídas escolares na educación infantil: a cidade, os museos e o patrimonio
Unidade 4. O mundo social e a súa aprendizaxe na educación infantil.
- A construción das nocións sociais: economía, sociedade, política, cultura
- As familias e o seu tratamento educativo
- As nocións económicas e o desenvolvemento sostible
- Os nenos como cidadáns. Os dereitos dos nenos e a cidadanía democrática
Unidade 5. A aprendizaxe baseada en proxectos no ámbito das ciencias sociais
- A aprendizaxe baseada en proxectos na educación infantil
- Os proxectos no ámbito das ciencias sociais
- Deseño e desenvolvemento de proxectos de ciencias sociais
BÁSICA
- Aranda, A. M. (2016). Didáctica de las Ciencias Sociales en Educación Infantil. Síntesis.
- Cooper, H. (2002) Didáctica de la historia en la educación infantil y primaria. MEC/Morata.
- Feliú, M. e Jiménez, L. (coords.) (2015). Ciencias sociales y educación infantil (3-6). Graó.
- Rivero, M. P. (coord.) (2011). Didáctica de las ciencias sociales para educación infantil. Mira Editores
COMPLEMENTARIA
- Arroyo, E., Lucas Palacios, L. e Cuenca, J. M. (2021). El valor educativo del patrimonio en Educación Infantil. En J. M. Cuenca López, J. Estepa Giménez, e M. J. Martín Cáceres (coords.) Investigación y buenas prácticas en educación patrimonial entre la escuela y el museo (pp. 393-406). Trea.
- Austin, R. (coord.) (2009). Deja que el mundo exterior entre en el aula. Morata.
- AA.VV. (2002). Las ciencias sociales: concepciones y procedimientos. Graó.
- Bonilla, A. L. e Guasch, Y. (coords.) (2018). Entorno, sociedad y cultura en Educación Infantil. Fundamentos, propuestas y aplicaciones. Pirámide.
- Cuenca, J. M. (2006). La enseñanza del medio en la educación infantil. Universidad de Huelva.
- Del Valle, A. e Cano, M. P. (2024). Formarse para innovar en las aulas de infantil. Íber. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia, 116, 23-30.
- Egan, K. (1991). La comprensión de la realidad en la educación infantil y primaria. Morata.
- García Ruiz, M. R. (2021). Enseñar y aprender en educación infantil a través de proyectos. Univ. de Cantabria.
- Geis Balagué, A. (2022) ¿Cómo entendemos el trabajo por proyectos en la etapa de infantil? Aula de Infantil, 116, 9-13.
- Hernández, F. e Ventura, M. (2005). La organización del currículum por proyectos de trabajo. Graó.
- Lecante, F. (2003). L´espace et le temps avec les 3-4 ans. Ntahan.
- Mendioroz, A. e Erce-Domínguez, A. (2020). El método arqueológico simulado para desarrollar competencias históricas en educación infantil. Arte, Individuo y Sociedad, 32(3), 767-781.
- Mindes, G. (2006). Teaching Young Children Social Studies. Rowman & Littlefield.
- Peinado, M. (2020). Del patrimonio a la ciudadanía en educación infantil. Investigación en la Escuela, 101, 48-57.
- Puig, M. e Rodríguez, F. (coords.) (2018). La enseñanza del entorno en Educación Infantil: proyectos y rincones. Pirámide.
- Seefeldt, C., Castle, SH. e Falconer, R. (2014). Social Sudies for the Preschool/Primary Child. Pearson.
- Tonda, E. M. (2001). La Didáctica de las ciencias sociales en la formación del profesorado de EI. Univ de Alicante
- Tonucci, F. (2015). A cidade dos nenos. Kalandraka.
- Varela, B. e Ferro, L. (2007). Ciencia sociales en el nivel inicial. Andamios para futuros/as ciudadanos/as. Colihue.
- Wood, L. e Holden, C. (2007). Ensenyar Història als mes petits [edición inglesa, 1995]. Zenobita.
REVISTAS
- Aula de Infantil. https://www.grao.com/revistas/revista-aula-infantil/
- Íber. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia. https://www.grao.com/revistas/revista-iber/
- RELAdEI. Revista Latinoamericana de Educación Infantil. https://revistas.usc.gal/index.php/reladei
- Revista Galega de Educación. https://rge.gal/
- Young Children. https://www.naeyc.org/resources/pubs/yc
- Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales. Universitat de Valencia.https://turia.uv.es/index.php/dces
SITIOS WEB
http://www.didactica-ciencias-sociales.org/
http://projectapproach.org/
https://promiseofplace.org/
https://innovarteinfantil.wordpress.com
XERAIS
G.1.- Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil
G.3.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atenden ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.
ESPECÍFICAS
E13. Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible.
E.33. Coñecer os fundamentos científicos, sociolóxicos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E.37. Adquirir coñecementos sobre a evolución do pensamento, os costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia.
E.39. Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sostible.
E.40. Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos educativos adecuados.
E.41. Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e da comunicación.
BÁSICAS
B.1. Que os estudantes teñan probado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoitan atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, tamén inclúe algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os estudantes poidan aplicar o seu coñecemento ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúen as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúen unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5. Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional.
Partindo de principios construtivistas e das teorías críticas da educación, o traballo cotián da materia seguirá un esquema no que se combinan as exposicións da docente, o traballo individual e en pequenos grupos dos/as estudantes e a posta en común no grupo Clase. Todo isto seguindo unha estratexia de resolución de problemas na que o coñecemento teórico e práctico debe mobilizarse para dar respostas a situacións de ensino.
As sesións expositivas (en gran grupo) estarán destinadas a realizar presentacións da información básica por parte da docente, debates e discusións previamente preparados, proxeccións audiovisuais, saídas ao campo ou á localidade, presentacións orais dos/as estudantes e as actividades de avaliación grupal. Entre as actividades de gran grupo, realizarase unha ou máis prácticas de campo (segundo as dispoñibilidades orzamentarias) nas que se desenvolverán técnicas de observación, recollida de información, indagación e/ou intervención, á vez que se promoven as relacións persoais e o traballo cooperativo.
As sesións interactivas (en grupos medianos) destinaranse á lectura e discusión de textos, preparación de informes, presentacións orais, debates, etc. Serán realizadas ao redor de 15 sesións interactivas con cada grupo mediano.
As sesións de titorías (grupos pequenos e individuais) destinaranse a prestar axudas na realización de tarefas, presentar sínteses de lecturas, presentar informes de avance dos traballos de grupo, analizar e discutir textos, resolver dúbidas persoais, etc.
A materia empregará as posibilidades que ofrece o Campus Virtual da USC para dar acceso á información da materia, poñer a disposición do alumnado o material que se analizará nas sesións interactivas e establecer todo tipo de comunicacións.
A avaliación da materia non se limita a avaliar os resultados da aprendizaxe dos estudantes; ocuparase tamén do proceso de ensino e do nivel de satisfacción dos estudantes, coa finalidade de introducir melloras e innovacións.
Usaranse instrumentos para obter información sobre o desenvolvemento da materia e para valorar o nivel de satisfacción do alumnado.
A avaliación realizarase tendo en conta tres compoñentes:
a) Asistencia e participación nas actividades de aula. Axustándose ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024, a asistencia a clase será obrigatoria, e o alumnado deberá asistir a un mínimo do 80% das sesións. A asistencia e participación terá un peso do 20% na cualificación final. O control da asistencia realizarase a través de diferentes instrumentos de rexistro.
b) Informes, traballos, producións escritas e presentacións orais dos/as estudantes. Terán un peso do 50% na cualificación final.
c) Proba final. Terá un peso do 30% na cualificación final. O alumnado deberá obter neste proba (apartado c) un mínimo do 40% da cualificación máxima posible, do contrario non se contabilizará na cualificación final da materia.
A asistencia ás aulas é obrigatoria, ademais de ser necesaria para a correcta comprensión e seguimento da materia, por iso, as ausencias deberán ser debidamente xustificadas. A asistencia a un mínimo do 80% das clases será necesaria para superar a materia.
DISPENSA / EXENCIÓN DE DOCENCIA
En cumprimento da instrución 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase, o alumnado que dispoña de dispensa ou exención de docencia deberá acordar un plan de traballo específico co profesor, que incluirá:
- Un programa de lecturas e actividades a realizar con prazo de entrega dos traballos indicados (40% da cualificación final)
- Un calendario de reunións de titorización para realizar o seguimento e avaliación das tarefas encargadas (20% da cualificación final)
- A realización dunha proba escrita sobre os contidos das unidades do programa da materia (40% da cualificación final).
ALUMNADO DE SEGUNDA OPORTUNIDADE / ALUMNADO REPETIDOR
O alumnado de segunda oportunidade será avaliado tendo en conta dous elementos:
a) Informes, traballos e producións escritas correspondentes ás sesións interactivas da materia que figuran na Aula Virtual da materia: 50% da cualificación. Poderase conservar a cualificación desta parte se foi superada na Primeira oportunidade.
b) Proba escrita: 50% da cualificación.
Esta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva presencial de 24 horas expositivas, 24 horas interactivas ou de laboratorio e 3 horas de titorías.
Considérase que as 99 horas restantes deberían ser empregadas polo alumnado do seguinte modo:
- Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas: 35 horas.
- Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 45 horas.
- Preparación individual de probas escritas e presentacións orais, revisións de probas de avaliación, e orientación e seguimento de traballos prácticos: 19 horas.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado poderá supor o suspenso na materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non se poderá usar para varias materias, agás que se programe de forma coordinada.
Recoméndase aos alumnos/as que realicen e sigan, baixo unha supervisión da profesora e desde o inicio do semestre, un plan de lecturas e traballo. Non é aconsellable resolver a materia nas últimas semanas do semestre nin presentar traballos que non fosen orientados e supervisados polo profesor.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
UTILIZACIÓN DO TELÉFONO MÓBIL NA AULA
Non se poderá empregar o teléfono móbil na aula, e o seu uso queda restrinxido ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Para todas as comunicacións académicas será obrigatorio o uso da conta rai así como das demais ferramentas tecnolóxicas institucionais (Campus Virtual, Ms Teams, Microsoft Office 365, etc.)
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través das tarefas habilitadas na aula virtual.
A ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e os/as estudantes matriculados na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
En todas as actuacións relacionadas coa materia respectaranse as normas de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
PLAXIO
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Maria Leticia Lopez Mondejar
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Correo electrónico
- leticia.lopez.mondejar [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 5º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 + Dobre Grao 5º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
15.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 5º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
22.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 5º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |