Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Conceptuais (saber):
• Entender o obxecto e finalidades da educación.
• Entender as relacións entre aprendizaxe e desenvolvemento.
• Coñecer, comprender e analizar os procesos psicolóxicos implicados no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
• Coñecer as principias teorías sobre o proceso de ensinanza-aprendizaxe nos contornos educativos e os factores que os inflúen.
Procedimentais (saber facer):
• Manexar diferentes fontes de información que se relacionen coa psicoloxía da educación.
• Utilizar o coñecemento propio da materia como instrumento para a elaboración de criterios de intervención docente.
• Familiarizarse con procedementos estimuladores da actividade docente, as técnicas motivacionais e as estratexias de aprendizaxe e de ensinar a pensar e estudar.
• Desenvolver habilidades de intervención no proceso de ensinanza-aprendizaxe e adquirir un rigor metodolóxico e estratexias que lle permitan enfrontarse as problemáticas psicoeducativas.
Actitudinais (saber ser):
• Desenvolver unha actitude crítica, reflexiva e creativa fronte os problemas psicoeducativos
• Cultivar hábitos de traballo favorecedores da participación e da observación que inciten a manter unha actitude de permanente actualización na súa profesión.
• Adoptar unha disposición favorable cara o traballo en equipo, a colaboración cos compañeiros/as e promover valores de respecto, tolerancia, compromiso ético e apertura, tanto no período de formación como na conducta profesional posterior.
Bloque 1: Introdución á Psicoloxía da Educación.
1.Obxecto de estudo, contidos e a súa relación coa profesión docente.
Bloque 2: Os procesos de cambio.
2.Modelos de aprendizaxe condutual e cognitivo social.
3.Construtivismo e aprendizaxe.
4.Teoría sociocultural.
Bloque 3: Factores e procesos psicolóxicos implicados na aprendizaxe.
5.Variables cognitivas: intelixencia, aptitudes e estratexias, a creatividade e a educación.
6.Variables afectivas: motivación, autoconcepto e autoestima.
7.Interaccións entre procesos cognitivos e motivacionais: estilos de aprendizaxe.
Bloque 4: Contexto escolar e educación.
8.As interaccións no proceso de ensinanza-aprendizaxe.
9.Aprendizaxe, docencia e contidos curriculares.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
1. Cerdán, R. e Salmerón, L. (coords.) (2018). Claves para la práctica de la psicología educativa. Paraninfo.
2. Coll, C., Palacios, J. e Marchesi, A. (comps.) (2014). Desarrollo psicológico y educación II. Psicología de la educación escolar [Recurso electrónico]. Alianza.
3. López Escribano, C., Aguado Orea, J., e Solbes Canales, I. (2020). Psicología de la educación. Síntesis.
4. Losada-Puente, L. e Fiuza Asorey, M.J. (2022). Recursos formativos en Psicología de la Educación. Pirámide.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
• Álvarez-Pérez, L. (2007). Prácticas de Psicología de la educación. Pirámide.
• Beltrán, J. e Bueno, A. (1995): Psicología de la educación. Marcombo.
• Beltrán, J., García-Alcaniz, E., Moraleda, M., Calleja, F. e Santiuste, V. (1987). Psicología de la educación. EUDEMA
• Bueno, J.A. e Castanedo C. (1998). Psicología de la Educación aplicada. CCS.
• Coll, C. (1998). Psicología de la educación. Edhasa.
• Coll C., Palacios, J. e Marchesi, A. (2007). Desarrollo psicológico y educación II. Psicología de la educación escolar. Alianza.
• González, E. e Bueno, J.A. (2004). Psicología de la educación y el desarrollo en la edad escolar. CCS.
• González-Pienda, J., González-Cabanach, R., Núñez, J.C. e Valle, A. (2002). Manual de psicología de la educación. Pirámide.
• Hernández, P. (1991). Psicología de la educación. Trillas.
• Martín-Bravo, C. (1999). Psicología del desarrollo y de la educación en la edad escolar. Ambito.
• Mirás, F., Salvador, M. e Álvarez, J. (2001). Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar. Grupo Editorial Universitario.
• Prados, M. M., Pertegal, M. A., Sánchez, V., Reina, M. C., Sánchez-Queija, I. … e Mora, J.A. (2014). Manual de psicología de la educación. Para docentes de Educación Infantil y Primaria [Recurso electrónico]. Pirámide.
• Sampascual, G. (2001). Psicología de la educación. UNED.
• Santrock, J.W. (2006). Psicología de la educación. Trillas.
•Trianes, M.V. e Gallardo, J.A. (2005). Psicología de la educación y del desarrollo en los contextos escolares. Pirámide.
• Valle, A. e González-Cabanach. R. (1998). Psicología de la Educación I. Variables personales y aprendizaje escolar. Servicio de Publicaciones de la Universidad de A Coruña.
• Woolfolk, A. (2006). Psicología educativa. Pearson.
XENERAIS
CX2 - Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza-aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros/as docentes e profesionais do centro.
CX4 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
CX10 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os/as estudantes.
CX11 - Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
BÁSICAS
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os/as estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
ESPECÍFICAS
CE1 - Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período 6-12 no contexto familiar, social e escolar.
CE5 - Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseados na aprendizaxe de competencias.
CE6 - Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
TRANSVERSAIS
CT1 - Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
CT2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
CT3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A proposta metodolóxica a empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo autónomo e a autoaprendizaxe. Para a docencia desta materia empregaranse diferentes ferramentas que a Universidade de Santiago de Compostela pon a disposición do estudantado e profesorado, como Teams, Forms, Onedrive, Stream, e Campus Virtual, entre outras.
As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade das aprendizaxes, polo que a exposición acompañarase, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas…O apoio de material visual e recursos en rede empregarase para clarexar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal.
Co traballo en seminarios preténdese profundar en aspectos concretos das clases teóricas; as actividades a realizar incluirán a lectura e comentario de documentos, respostas a preguntas, análise de situacións prácticas, visionado de vídeos, estudo de casos, debates e realización de traballos. Con eles, preténdese que o estudantado aprenda a manexar diferentes fontes de información, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construír significados compartidos axudado da labor mediadora do/a docente. A concreción das tarefas requiridas e os materiais necesarios serán presentados ó estudantado nas correspondentes sesións de clase.
As actividades a desenvolver nos grupos pequenos estarán centradas na resolución de problemas, conflitos e dúbidas, tanto a nivel individual como de grupo e a o seguimento no proceso de elaboración de traballos.
Indicar que o estudantado terá acceso a un dossier documental cun conxunto de lecturas coas que poderá realizar o traballo a que se refire o apartado de metodoloxía. Esta bibliografía obrigatoria, xunto cunha ampla lista de referencias optativas, aparece na Guía Docente que está a disposición do estudantado na no Campus Virtual.
Esta materia impártese en dous grupos (mañá e tarde) do Grao de Mestre/a en Educación Primaria. De modo xeral, o profesorado encargado desta materia valorará de forma ponderada a asistencia á clase, as probas específicas e os documentos escritos que, nas súas diferentes modalidades, se programen. En función da singularidade coa que o profesorado encargado de cada un dos citados grupos deciden organizar a docencia, as Guías docentes contemplan o peso que na cualificación final teñen o exame, a participación do estudantado nas actividades programadas para cada unha das sesións do curso e a elaboración, en equipos cooperativos e/ou individualmente, monográficos, informes, recensións.
Na Guía docente da quenda da mañá prevense dous instrumentos de avaliación: informe-síntese grupal (80%) e informe-síntese individual (20%). De acordo coa Guía docente, nos dous informes-síntese valorarase a relevancia do contido, a estrutura e a organización do discurso, a integración e relación conceptual, a comprensión, a expresión adecuada e a reflexión.
Na Guía docente da quenda da tarde o criterio xeral de partida é que a cualificación final procede nun 15% da participación no desenvolvemento das actividades e dinámicas propostas dentro do período de clases na aula, nun 45% das actividades INDIVIDUAIS (mapas conceptuais, audio-resumos, test...) realizadas sobre os contidos teóricos tratados na materia nas sesións expositivas e nun 40% das actividades GRUPAIS (informes, presentacións, vídeos...) propostas nas sesións interactivas. Tal e como establece o Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado no Consello de Goberno do 25 de novembro de 2024, en caso de realizarse nas sesións de aula actividades que teñan algún tipo de ponderación na cualificación final da materia, o estudantado que non asista a elas por unha causa xustificada poderá compensar a súa ausencia a través dunha proba a realizar na data oficial de exame da materia.
No caso do estudantado de Dispensa/Exención, o criterio xeral de partida é que a cualificación final debe proceder nun 50% das actividades realizadas sobre os contidos teóricos tratados na materia nas sesións expositivas e nun 50% das actividades propostas nas sesións interactivas.
Tanto para un sistema de avaliación como para o outro, partindo da Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación, aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017, e tendo en conta que se emprega un sistema de avaliación continua, para poder ser avaliada/o na materia:
1. O estudantado deberá asistir obrigatoriamente a un mínimo do 90% das sesións de clases.
2. O estudantado deberá ter participado, realizado e presentado, polo menos, un 80% de todos os traballos obrigatorios requiridos durante o período lectivo.
3. O estudantado deberá realizar todas as actividades que só poidan desenvolverse presencialmente nas clases expositivas e interactivas.
4. Os traballos individuais ou grupais do estudantado deben ser orixinais. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado en seguintes convocatorias nin para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
A non realización das actividades propostas nas sesións expositivas/interactivas e/ou a non asistencia ao 90% das clases levará consigo unha cualificación de "non presentado" en ambas convocatorias.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación, aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017). A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o estudantado infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores/as e das fontes.
Cando non se superen as actividades vinculadas ás sesións expositivas ou ás sesións interactivas, a cualificación que figurará en actas, na convocatoria ordinaria e extraordinaria, será de "suspenso", co valor numérico máis próximo ao 5 obtido nun ou outro apartado de avaliación.
A materia ten un total de 51 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas co grupo de clase completo, actividades de grupos en seminarios, estudo de casos, guías e orientación de traballos e titorías.
Estímase que o estudantado deberá dedicar unhas 99 horas ao seu traballo autónomo para poder superar a materia. Destas, aproximadamente 35 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, busca de información e análise de documentos; en torno a 45 dedicaraas ás lecturas e elaboración de traballos, esquemas, mapas conceptuais, busca de información complementaria ou preparación de presentación orais. Por último, unhas 19 empregaranse para o traballo en lecturas recomendadas, a aprendizaxe autónoma, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos.
Dado o carácter básico da materia e a súa localización no plano de estudios non se indican requisitos previos; será recomendable que o/a estudante estableza relacións cos contidos propios das materias de Psicoloxía do Desenvolvemento e Dificultades de Aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento.
É indispensable que o estudantado se implique activamente dende o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito; así mesmo recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa da mesma abandonando a actitude de só recepción da información habitual en outros ámbitos educativos.
INFÓRMASE AO ESTUDANTADO QUE:
• Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
• Responsabilidade medioambiental. Se o/a docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Usar as dúas caras do papel e, no caso de ser unha impresión, facelo en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
• Perspectiva de xénero. Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
• Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
• Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365 e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
• Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao estudantado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
• Proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías): é un proceso privado e, polo tanto, así debe entenderse a comunicación e intercambio de información entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
• Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Juan Carlos Pardo Perez
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813726
- Correo electrónico
- juancarlos.pardo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Zeltia Martínez López
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813679
- Correo electrónico
- zeltia.martinez [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
Martes | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
19:00-20:30 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 1º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
Mércores | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_03 + Dobre Grao 1º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_05 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
19.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
19.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
19.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
19.01.2026 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
15.06.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
15.06.2026 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |