Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Análise das tendencias e liñas de autor no documental.
2. Exploración dos principais modelos de dirección no documental de creación.
3. Aplicación das principais técnicas creativas ao documental e cine de non ficción.
CONTIDOS TEÓRICOS
BLOQUE A: DOCUMENTAL, NON FICCIÓN, CINEMA DO REAL CONTEMPORÁNEO
A1. O documental na cultura contemporánea: conceptualizacións, correntes, tendencias
A2. O dispositivo como ideoloxía. Do documental clásico ao postdocumental
A3. Performatividades posmodernas e a caída da referencialidade. A posmodernidade e o eu
A4. Documental sen cámara. O poder do arquivo como depósito
A5. Documental e clase. O colectivo, o conflito, a actualización e a resistencia
A6. Ecocinema, Etnografía sensorial, documental expandido.
A7. Intermedialidade: O cine-danza, o teatro documental, o cine de fotógrafos, o cine pintura.
CONTIDOS PRÁCTICOS
BLOQUE B: PROCESOS CREATIVOS NO DOCUMENTAL CONTEMPORÁNEO
B1. A idea, a documentación e busca
B2. Os guións documentais
B3. As personaxes e o seu tratamento documental
B4. Estruturas, recursos e posta en escena
B5. A realización e o pulso documental
B6. A montaxe documental
B7. O son do documento
BIBLIOGRAFIA BÁSICA:
Arnau, R.& Sorolla, T. & Marzal, J.(eds) (2022). Más allá del documento. Derivas y ampliaciones de lo real contemporáneo. Tirant lo Blanch.
Breschand, J. (2004). El documental, la otra cara del cine. Paidós.
Bruzzi, S. (2000). New Documentary: a critical introduction. Routledge.
Carrera, P. & Taléns, J. (2018). El relato documental. Cátedra.
Català, J.M. (2021). Posdocumental. La condición imaginaria del cine documental. Shangrila.
Català, JM. & Cerdán, J. Torreiro, M. (comp.) (2001). Imagen, memoria y fascinación. Notas sobre el documental en España. Ocho y Medio.
Cerdán, J. & Torreiro, C. (comp.). Documental y Vanguardia. Cátedra
Cuevas, E (2022) Filming History from Below: Microhistorical Documentaries. Columbia University Press/Wallflower.
Ledo Andión, M. (2005). Cine de Fotógrafos. GG.
Ledo Andión, M. (2020). El cuerpo y la cámara. Cátedra.
Rabiger, M. (2006). Tratado de dirección de documentales. Ediciones Omega
Torreiro, M. & Alvarado, A. (Eds.) (2023) El documental en España: Historia, estética e identidad. Cátedra.
Winston, B. (2000). Lies, Damn Lies and Documentaries. BFI.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA:
AA.VV (2018).Para unha historia do cinema en lingua galega 1.Marcas na Paisaxe. Galaxia.
AA.VV (2019). Para unha historia do cinema en lingua galega 2. A Foresta e as Árbores. Galaxia.
AA.VV (2020). Para unha historia do cinema en lingua galega 3. De Illas e Sereas.Galaxia.
AA.VV (2021). Para unha historia do cinema en lingua galega 4. Lume na periferia.Galaxia.
Gifreu, Ar. (2013) El documental interactivo. Evolución, caracterización y perspectivas de desarrollo. UOC.
Balázs, B. (1978). El Film. Evolución y esencia de un arte nuevo. Gustavo Gili.
Baqué, D. (2004). Pour un nouvel art politique, Flammarion, parís, 2004
Barreiro, M.S .(2022). La revuelta en la mirada: las imágenes del tiempo en el cine de vanguardia europeo de los años 20. Prensas de Universidad de Zaragoza,
Comolli, J.L (2001). Filmar para ver. Simurg. Catedra La Ferla.
Collas, G. (1997). Le défi de la réalité. Festival Tous Courts, Aix-en-Provence.
Hill, J. (1986). Sex, Class and Realism. BFI
Hispano, A. & Sanchez-Navarro, J. (comp.) (2001). Imágenes para la sospecha. Falsos documentales y otras piruetas de la no-ficción. Glénat.
Niney, F. (2000). L’Epreuve du Réel à l’Écran. De Boeck.
Winston, B. (2008). Claiming the Real: Documentary: Grierson and Beyond. BFI.
Weinrichter, A. (2004). Desvíos de lo real, T&B.
CON.1 - Analizar a imbricación da comunicación audiovisual no contexto das industrias culturais. CON.3 - Coñecer a transformación e evolución histórica das linguaxes e medios audiovisuais.
CON.6 - Coñecer as competencias profesionais de produción, distribución e exhibición das obras audiovisuais.
HAB.2 - Manexar as técnicas de documentación e escritura audiovisuais.
HAB.4 - Manexar os fundamentos xurídicos, económicos, políticos e as técnicas e rutinas audiovisuais aplicadas a obras de ficción e non ficción.
HAB.5 - Analizar, mediante diversas metodoloxías, calquera produto radiofónico, cinematográfico, televisivo ou multimedia.
COM.3 - Recoñecer, exercitar e contextualizar as rutinas da produción, realización, dirección, edición e postproducción audiovisuais.
COM.5 - Seleccionar e utilizar as técnicas e tecnoloxías máis creativas, innovadoras e axeitadas a cada reto comunicativo.
COM.6 - Exercitar a coordinación e xestión de equipos profesionais na cocreación de produtos audiovisuais.
COM.7 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
A metodoloxía de ensino combina nesta materia a clase maxistral, prácticas de laboratorio, a resolución de problemas, o estudo de caso, o debate, o seminario, a metodoloxía baseada na investigación, o traballo tutelado, foros de discusión e a asistencia a conferencias.
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia. A materia avaliarase a través de catro probas: un exame final que representará ao 35% da cualificación, unha actividade de análise (15%), unha peza de montaxe en cámara (10%) e a realización dun filme documental (40%).
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Réxime para o alumnado con exención de docencia: Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Recoméndase facer un seguimento dos festivais de cinema, en concreto de cinema documental, tal como o PlayDoc, a MICE, o Docs Barcelona, o In-Edit, Documenta Madrid, Seminci, Zinebi, S8, etc.
Cómpre achegarse primeiro ás teorías e mais ao pensamento documental para, con esta bagaxe, ver os filmes e analizar os aspectos de interese conforme os epígrafes do Programa. Vixiar o gusto persoal e as apreciacións impresionistas, así como someterse ao que cada autor e autora propón coa súa obra é, tal vez, a condición per se do estudo do documental contemporáneo.
Maria Soliña Barreiro Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- mariasolina.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 8 |
19.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
19.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
24.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 3 |