Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
A partir do estudo dos diferentes escenarios e soportes nos que se materializa a produción de contidos audiovisuais, análise do papel da autoría na ideación, posta en valor e recepción. Elementos para discernir as relación entre diferentes sectores que configuran o ámbito das industrias creativas: industrias culturais (cine, televisión, disco), medios, arquitectura e deseño.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
Estudo dos procesos de converxencia entre industrias culturais con Internet e o universo da creación artística. A emerxencia das denominadas industrias creativas. Análise da figura da persoa autora, da autoría colectiva e do autor performativo.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. INDUSTRIAS CREATIVAS E INDUSTRIAS CULTURAIS
1.1 A conceptualización das industrias creativas
1.2 A conceptualización das industrias culturais
1.3 As industrias creativas e culturais no ecosistema comunicativo
TEMA 2. ECONOMÍA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
2.1 A creatividade e a innovación como factores económicos, de desenvolvemento e sustentabilidade
2.2 A economía cultural e as formas alternativas á industria cultural
TEMA 3. POLÍTICAS CULTURAIS E MARCO REGULADOR
3.1 Políticas culturais
3.2 Marco regulador e dereitos de autoría
TEMA 4. CONTEXTO DAS INDUSTRIAS CULTURAIS EN ESPAÑA E EN GALICIA
4.1 As industrias culturais en España
4.2 As industrias culturais en Galicia
TEMA 5. CLASIFICACIÓN E CARACTERÍSTICAS DAS INDUSTRIAS CREATIVAS E CULTURAIS
5.1 Cine e vídeo
5.2 Televisión e radio
5.3 Videoxogos
5.4 Libros e prensa
5.5 Deseño
5.6 Arquitectura
5.7 Publicidade
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Álvarez Monzoncillo, J. M. (2007). Alternativas de politica cultural: Las industrias culturales en las redes digitales (disco, cine, libro,derechos de autor). Gedisa.
Bustamante Ramírez, E. & Albornoz, L. A. (2003). Hacia un nuevo sistema mundial de comunicación: industrias culturales en la era digital. Gedisa.
Bustamante Ramírez, E., & Álvarez Monzoncillo, J. M. (2002). Comunicación y cultura en la era digital: industrias, mercados y diversidad en España. Gedisa.
Bustamante, E., & Bouquillion, P. (2011). Las industrias creativas: amenazas sobre la cultura digital. Editorial Gedisa.
Freixanes, V. & Meixide Vecino, A. (2010). O capital da cultura: unha achega ás industrias culturais de Galicia. Fundación Caixa Galicia, Centro de Investigación Económica y Financiera.
Howkins, J. (2002). The creative economy: how people make money from ideas. Penguin.
Torres Mateos, M. A. (2008). Propiedad intelectual. Thomson-Aranzadi.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Davies, R., & Sigthorsson, G. (2013). Introducing the creative industries: from theory to practice. Sage.
Florida, R. (2010). La clase creativa: la transformación de la cultura, del trabajo y el ocio en el siglo XXI. Paidós.
Mattelart, A. (2006). Diversidad cultural y mundialización. Paidós.
Ponti, F. (2009). La empresa creativa. Metodologías para el desarrollo de la innovación en las organizaciones. Granica.
Zallo, R. (2011). Estructuras de la comunicación y de la cultura políticas para la era digital. Gedisa.
Zallo, R., & Pillado Rivadulla, F. (1988). Economía de la comunicación y la cultura. Akal.
BÁSICAS E XERAIS
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG1 - Competencia contextual básica de orde transdisciplinar.
CG2 - Competencia contextual para situar a comunicación audiovisual na sociedade da información.
CG3 - Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
TRANSVERSAIS
CT01 - Capacidade de organización e planificación.
CT02 - Capacidade de xestión da información.
CT03 - Traballo en equipo.
CT04 - Aprendizaxe autónoma.
CT05 – Creatividade.
CT06 - Iniciativa e espírito emprendedor.
CT07 - Coñecementos básicos da profesión.
ESPECÍFICAS
CE01 - Capacitar para a dirección artística dunha produción audiovisual.
CE02 - Coñecer as técnicas de escritura para os guións de produtos audiovisuais.
CE03 - Coñecer as técnicas para a ideación e creación de produtos audiovisuais.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
Establecerase un plan de titorización co alumnado matriculado para a resolución de dúbidas e a preparación da proba de avaliación. As titorías poderan ser presenciais ou en liña a través de MS Teams.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2024-2025 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2023-2024.
A cualificación do exame corresponderase co 100% da nota final da materia.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
Maria Cruz Negreira Rey
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- cruz.negreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
13.01.2025 16:00-20:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
26.06.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 3 |