Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Analizar os Procesos, teoría e técnicas de información periodística especializada, desde os ámbitos máis próximos ao especialista ata a comunicación colectiva en prensa, radio, televisión e Internet.
1. Reflexionar sobre a función social dos medios na sociedade da información, afrontando o fenómeno da comunicación de masas en relación co mundo dos coñecementos especializados.
2. Revalorizar os factores que sustantivan a ideoloxía e a cultura do xornalismo, contribuíndo desde a especialización de contidos á democratización informativa.
3. Desenvolver a metodoloxía de investigación e as técnicas que poden optimizar o proceso de comunicación entre os especialistas e a sociedade, ao tempo que sirven para redefinir a función dos xornalistas nun tempo especialmente marcado polas novas tecnoloxías, os avances científicos e a saturación de información.
4. Coñecer, comprender e poñer en práctica os criterios de selección de contidos, a cualificación de fontes, a estrutura e a linguaxe do relato xornalístico especializado en prensa, radio, TV e Internet, asi como os da opinión especializada.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
TEMA 1. A especialización xornalística na sociedade do coñecemento
1.1. A sociedade da información e do coñecemento. Cambios e transformacións na
estrutura social e no ámbito da comunicación.
1.2. Efectos e consecuencias sobre a cultura e a ideoloxía xornalística. Tiranías e falacias.
1.3. A produción de actualidade: modelos xornalísticos, medios e información, en crise.
1.4. A especialización xornalística como estrutura interpretativa do coñecemento complexo.
1.5. O Xornalismo Especializado ou a integración dos modelos non convencionais de
xornalismo. Evolución histórica.
TEMA 2. Xornalismo Especializado: o circuito do ‘facer saber’
2.1. Obxetivos e obxeto de estudo do Xornalismo Especializado. O enfoque sistémico.
2.2. O circuito do ‘facer saber’ e a dotación de sentido. Revalidación do xornalismo
como modo de coñecemento.
2.3. Redefinición dos principios de obxetividade, verdade e veracidade.
2.4. A especialización por audiencias, medios e contidos. Factores determinantes dos
contidos especializados.
TEMA 3. Metodoloxía e técnicas do xornalismo especializado
3.1. A investigación científica como modelo.
3.2. Modalidades operativas: da investigación á precisión.
3.3. Estratexia global para a produción de contidos especializados: procesos e fases.
3.4. Aplicación á prensa escrita e electrónica, á radio e á televisión.
3.5. As cuestións éticas nos procesos de investigación.
TEMA 4. O xornalista especializado
4.1. Responsabilidade social e formación do xornalista especializado.
4.2. Características diferenciadoras. O novo gatekeeper, experto e líder de opinión.
4.3. Revalidación política da profesión xornalística nos procesos de mediación.
4.4. Profesionalidade versus profesionalismo.
4.5. O estatuto profesional do xornalista ou a garantía do dereito da cidadanía a unha información veraz e de calidade.
TEMA 5. As fontes e o proceso de negociación
5.1. Natureza, tipoloxía e criterios de cualificación das fontes.
5.2. Fontes especializadas, expertas e de precisión por contraposición coas convencionais.
5.3. A relación negociadora do xornalista coas fontes. Estratexias e técnicas.
5.4. Internet como sistema de fontes: a súa utilidade na estratexia operativa da especialización.
Buscadores, webs sociais, bases de datos, etc.
TEMA 6. O relato especializado: estrutura, xéneros e estratexia retórica
6.1. O xornalista especializado como autor de relatos.
6.2. Condicionantes do relato especializado: a natureza e os intereses dos medios
(audiovisuais, escritos, na rede).
6.3. A estrutura interna do relato: elementos e finalidade.
6.4. A estrutura externa: os xéneros da especialización para a información e a opinión (en
prensa, radio, televisión e novos medios).
6.5. Xéneros emerxentes: a infografía e o documental informativo para TV.
6.6. A estrutura narrativa ou textual, estilo e linguaxe. A estratexia retórica.
TEMA 7. Áreas e límites mutables
7.1 Niveis de especialización xornalística. Novas estruturas organizativas ao servizo da línea
editorial dos medios.
7.2 As áreas de especialización, na estratexia da democratización informativa.
7.3 Parámetros conceptuais e trazos diferenciais. Macroáreas, áreas, subáreas e bloques de
especialización.
7.4 Ámbitos temáticos novos: áreas e límites mutables.
7.5 O feito diferencial e o local como instancias e factores de especialización xornalística.
1. Básica
AA.VV., Estudios sobre Información Periodística Especializada. Valencia, Fundación Univ. San Pablo CEU, 1997.
ALVAREZ POUSA, L., A identidade fronte á rede. O reto mediático de Galicia na sociedade da información. Vigo, Xerais, 1999.
BERGARA CONDE, Mª Rosa, Periodismo Especializado. Pamplona. Ediciones Internacionales Universitarias, 2005.
BLANCO CASTILLA, E. e ESTEVE RAMÍREZ, F. (Editores), Tendencias del Periodismo Especializado. Málaga: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Málaga, 2010.
ESTEVE RAMÍREZ, F. e FERNÁNDEZ DEL MORAL, J, Áreas de especialización Periodística. Madrid, Editorial Fragua, 1999.
ESTEVE RAMÍREZ, F. e MONCHOLI, M.A. (Coord.), Teoría y Técnicas del Periodismo Especializado. Madrid, Editorial Fragua, 2007.
FERNÁNDEZ DEL MORAL, J. (Coord.), Periodismo Especializado. Barcelona: Ariel, 2004.
FERNÁNDEZ DEL MORAL, J. e ESTEVE RAMÍREZ, F., Fundamentos de la Información Periodística Especializada. Madrid: Síntesis, 1993.
LOSADA VÁZQUEZ, A. - ESTEVE RAMÍREZ, F. (Editores), El Periodismo de Fuente. Salamanca: Universidad Pontificia, 2003.
LLANO, R., La especialización periodística. Madrid, Tecnos, 2008.
QUESADA, M., Periodismo Especializado. Madrid: Ediciones Internacionales Universitarias, 1998.
SEIJAS CANDELAS, L., Estructura y fundamentos del Periodismo Especializado. Madrid: Editorial Universitas, 2003.
2. Complementaria
A bibliografía básica complementarase con outros textos –libros e artigos- relacionados coas temáticas do programa de fundamentos da especialización, dacordo tanto coa cadencia explicativa das leccións teóricas como coa actualidade.
Básicas
-Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
-Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
-Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
-Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Xerais
-Competencia contextual básica de orde transdisciplinar
-Competencia contextual para situar o xornalismo no campo da comunicación
-Competencia para exercer a profesión con ética profesional e compromiso cívico
Transversais
- Capacidade de organización e planificación
- Capacidade de xestión da información
- Traballo en equipo
- Aprendizaxe autónoma
- Creatividade
- Iniciativa e espírito emprendedor
- Coñecementos básicos da profesión
Específicas
- Coñecer as técnicas de redacción da información especializada.
- Capacitar para a produción de información especializada
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a ser avaliados de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
Xose Antonio Neira Cruz
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816531
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
22.05.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 1 |
22.05.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 2 |
27.06.2025 10:00-14:00 | Grupo de exame | Aula 3 |