Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Estudo da comunicación audiovisual na dobre dimensión da e do documental.
2. Estudo das orixes e códigos estéticos do audiovisual en relación coa teoría dos xéneros
3. Estudo e análise das novas linguaxes para televisión.
CONTIDOS TEÓRICOS
INTRODUCIÓN
Modalidades, xéneros, subxéneros e formatos no audiovisual
BLOQUE A: MODALIDADES DOCUMENTAIS
Tema 1. Documental: concepto, epistemoloxía e orixes
1.1. Unha aproximación conceptual ao documental: Os universos documentais
1.2. Documental, non ficción, cinema do real, reportaxe
1.3. Orixes, textos e praxes do documental cinematográfico
1.4. A cuestión do realismo, a verosimilitude e o compromiso autoral
Tema 2. Clasificación e categorías do documental: Nichols vs Bruzzi
2.1. As modalidades documentais
2.2. A modalidade expositiva: institucionalización e ironía crítica
2.3. A modalidade observacional: ética, disciplina autoral e construción narrativa. Cinema directo e xornalismo
2.4. A modalidade interactiva, participativa e performativa: do autor catalizador ao eu como personaxe
2.5. A modalidade reflexiva: da vangarda ao ensaio, metacine e episteme fílmica
2.6. A modalidade poética: do real extenso
2.7. Utilidade, crítica e revisión das modalidades documentais
2.8. Cinemas do real no tránsito: evolución das modalidades
Tema 3. Cinemas documentais ibéricos, latinoamericanos e as súas modalidades propias
3.1. Cinema documental na II República española
3.2. Val del Omar: desbordamento experimental
3.3. Purgando as ditaduras: Basilio Martín Patino, Fernando Ruíz Vergara e Susana de Sousa Dias
3.4. Cara un Terceiro Cinema: a descolonización do cinema
BLOQUE B: MODALIDADES DA FICCIÓN
Tema 4. Os xéneros da ficción e o establecemento do canon
4.1. Concepto, discusión e metamorfose histórica dos xéneros cinematográficos
4.2. Coutando as categorías: temáticas, estruturas e iconografías
4.3. Western e road-movie: estruturas ideolóxicas e melancolía
4.4. Noir, criminal e suspense: socioloxía do anti-heroe e das femme fatale caídas
4.5. Comedia: slapstick, screwball e diversificación de fórmulas
4.6. Melodrama: paixón, distancia, manierismo
4.7. Musical: da atracción comercial americana ao desencanto europeo
4.8. Ciencia Ficción, fantástico e terror: da trucaxe ao abismo
4.9. O canon clásico, o canon autoral, o canon nacional, a descolonización dos xéneros
4.10. A historia repítese como parodia: posmodernidade e neoxéneros
BLOQUE C: SERIALIDADE E HIBRIDACIÓN
Tema 5. Hibridacións e derivas contemporáneas
5.1. O rexurdir da serialidade no documental e na ficción
5.2. Ficción documental, mockumentary e animación
5.3. Narrativas interactivas, inmersivas e transmedia
5.4. Novos formatos televisivos, de televisión conectada e VoD
CONTIDOS PRÁCTICOS
1. A análise audiovisual: da crítica textual ao videoensaio
2. Harlan County (Kopple, 1976): O direct cinema e os límites da modalidade observacional
3. O home da cámara (Vértov, 1929): O cinema reflexivo e o desbordamento do documental institucional
4. Las Hurdes (Buñuel, 1933): Documental, surrealismo e tradición cultural subvertida
5. Agarrando pueblo. Los vampiros de la miseria (Ospina e Mayolo, 1978): O Terceiro Cinema na busca da súa propia forma
6. Centauros do deserto (Ford, 1956):O western crepuscular: melancolía e resistencias
7. Nun lugar solitario (Nicholas Ray, 1950):Noir autoral: desconfianza e fracaso dentro da industria do cine
8. Wild wild country (Duplass & Brown, 2018): Serialidade documental e homoxeneización anti-reflexiva das formas
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Altman, R. (2000). Los géneros cinematográficos. Paidós Comunicación.
Barnow, E. (1998). El documental. Historia y estilo. Gedisa.
Bruzzi, S. (2000). New Documentary. A critical Introduction.Indiana University.
Neale, S.(2000). Genre and Hollywood. Routledge.
Nichols, B.(1997). La representación de la realidad: cuestiones y conceptos sobre el documental.Paidós.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Balló, J. & Pérez, X. (1997).La semilla inmortal. Los argumentos universales en el cine. Anagrama.
Barreiro, MS. (2013). “De madera y niebla: Esbozo crítico del cine documental español” en Icónica Nº 6, México DF: Cineteca Mexicana, pp:19-23.
Benet, V. (2013). El cine español. Una historia cultural. Paidós.
Bordwell, D. & , Staiger, J. & Thompson, K. (1997). El cine clásico de Hollywood: estilo cinematográfico y modo de producción hasta 1960. Paidós.
BOU, N. (2006). Diosas y tumbas: mitos femeninos en el cine de Hollywood. Icaria.
Castro de Paz, JL. & Cerdán, J. (2011). Del sainete al esperpento. Relecturas del cine español de los años 50. Cátedra.
Castro de Paz, JL. (1999). El surgimiento del telefilm. Los años cincuenta y la crisis de Hollywood. Paidós
Català, JM & Cerdán J. & Torreiro, M.(2008) Imagen, memoria y fascinación. Notas sobre el documental en España. Ocho y Medio
Cerdán, J. & Torreiro, M. (2007). Al otro lado de la ficción. Trece documentalistas españoles contemporáneos. Cátedra.
Cuevas-Álvarez, E. (1994). “Notas sobre la “teoría del autor” en ficciones audiovisuales”. Communication & Society, 7 (1).
Gaudreault, A.& Jost, F. (1995).El relato cinematográfico. Cine y narratología. Paidós.
Durand, G. (2005). Estructuras antropológicas del imaginario. Fondo de Cultura Económica.
Geraghty, L. & Jancovich, M. (2008). The Shifting Definitions of Genre. McFarland.
Jameson, F. (2001). “Transformacións da imaxe na Posmodernidade” en A Trabe de Ouro, nº46 , T.II, a. XII, pp:117-207
Jameson, F.(1995). La estética geopolítica. Cine y espacio en el sistema mundial. Paidos.
Kracauer, S. (1995). De Caligari a Hitler. Una historia psicológica del cine alemán. Paidós.
Ledo, M. (2005). Cine de fotógrafos. Gustavo Gili.
Ledo, M. (2004). Del cine ojo al Dogma 95. Paseo por el amor y muerte del cinematógrafo documental. Paidós.
RECURSOS EN LIÑA
Capturing reality: the art of documentary (NFB/ONF): https://capturingreality.nfb.ca/
What’s an interactive documentary? (A.Gifreu) : http://comeindoc.com/
MentamentalDOC (U.Vic) http://www.metamentaldoc.com/
CON.1 - Analizar a imbricación da comunicación audiovisual no contexto das industrias culturais.
CON.3 - Coñecer a transformación e evolución histórica das linguaxes e medios audiovisuais.
CON.5 - Coñecer as técnicas e tecnoloxías da documentación, ideación e creación propias da linguaxe audiovisual.
CON.6 - Coñecer as competencias profesionais de produción, distribución e exhibición das obras audiovisuais.
HAB.1 - Transmitir de maneira idónea contidos audiovisuais destinados a públicos especializados e non especializados.
HAB.2 - Manexar as técnicas de documentación e escritura audiovisuais.
HAB.3 - Dominar o instrumental, as técnicas e rutinas profesionais da cadea de creación e produción audiovisuais.
HAB.4 - Manexar os fundamentos xurídicos, económicos, políticos e as técnicas e rutinas audiovisuais aplicadas a obras de ficción e non ficción.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación audiovisual efectiva en distintos medios, soportes e contextos.
COM.2 - Deseñar e implementar técnicas e tecnoloxías de tratamento e expresión visuais e sonoras aplicadas ás obras audiovisuais.
COM.3 - Recoñecer, exercitar e contextualizar as rutinas da produción, realización, dirección, edición e postproducción audiovisuais.
COM.5 - Seleccionar e utilizar as técnicas e tecnoloxías máis creativas, innovadoras e axeitadas a cada reto comunicativo.
COM.6 - Exercitar a coordinación e xestión de equipos profesionais na cocreación de produtos audiovisuais.
COM.7 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
A metodoloxía de ensino combina nesta materia a clase maxistral, a resolución de problemas, o estudo de caso, o debate, o seminario, a metodoloxía baseada na investigación, o traballo tutelado, foros de discusión e a asistencia a conferencias.
Probas de coñecementos: 50%
Exercicios prácticos: 50%
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
A parte práctica consistirá nunha análise fílmica (15%) e nun ensaio con versión escrita e video (35%); a parte teórica consistirá nun exame (50%).
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
Réxime para o alumnado con exención de docencia: No caso de dispensa de asistencia á clase, establecerase un plan de traballo personalizado co profesorado da materia, que consistirá na entrega dun traballo práctico de análise e videoensaio (50% da cualificación final) e que se entregará o día do exame (o exame computa o outro 50% da cualificación final).
Docencia teórica: 24 horas
Docencia interactiva: 24 horas
Titorización en grupo reducido: 3 horas
Probas de avaliación: 3 horas
Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Recoméndase a participación activa nas aulas, o traballo continuado sobre os materiais do Campus Virtual, a lectura da bibliografía recomendada e desenvolver unha actividade constante e activa como espectadores, tanto nas salas de cinema coma en ciclos organizados por distintas institucións culturais, así como a participación nas sesión do Cineclube Compostela. Recoméndase estar ao tanto de festivais de cine e dos novos formatos televisivos a través de festivais e mostras como o PlayDoc, INPUT, MICE, DocsBarcelona, S8, etc.
Maria Soliña Barreiro Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- mariasolina.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |
02.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |
23.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 2 |