Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Este curso de Estrutura Social é sobre todo metodolóxico: presenta un método de análise que parte do estudo dunha situación social moi singular: a práctica da Instrución Militar. A continuación, aplica o método e os resultados que aí se obteñen, ao estudo de 3 feitos sociais que son co-extensivos ás nosas sociedades occidentais contemporáneas: o patriarcado (ou o que queda del), o capitalismo, e o funcionariado. Propoñemos entón un modelo de relación entre eses 3 feitos sociais, un concepto xenérico da actual estrutura social occidental. Finalmente, saltando desde os conceptos analíticos aos conceptos operacionales, propoñeremos un procedemento de medición empírica das relacións estruturais entre familia e capitalismo nas sociedades occidentais.
I. TEORÍA XERAL DA ACCIÓN SOCIAL
1. Un caso de laboratorio: a Instrución Militar.
Unha acción grupal, que é singular pola súa alta disciplina, permítenos elaborar conceptos de aplicación xeral, que serven para a análise de calquera outra práctica colectiva.
Bibliografía: Allones (1999): pp. 1- 61
2. Relación delito/pena, relación significado/significante
A acción colectiva é posible cando o individuo asume a violencia que o grupo exerce contra el.
Bibliografía: Allones (1999): pp. 1- 61
3. Establecemento de calquera disciplina colectiva sobre a súa ausencia
Existe regularidade estatística entre delitos e penas cando o seu cálculo se vai volvendo automático, subconsciente, en todos e cada un dos individuos do grupo.
Bibliografía: Allones (1999): pp. 1- 61
II. PARENTESCO
4. División social de funcións
A ganancia lingüística do animal humano prolonga cada vez máis a crianza do bebe.
Bibliografía: Allones (1999): pp. 63-114
5. Relación incesto/morte
A sub-sociedade machista impón a crianza materno-filial que garante a súa reprodución.
Bibliografía: Allones (1999): pp. 63-114
6. Evolución ao sapiens
A prohibición do incesto provoca a evolución ao sapiens e faise universal.
Bibliografía: Allones (1999): pp. 63-114
7. Patriarcado. Monoteísmo
O patriarcado é tan só unha variedade do sistema xeral do parentesco, a súa expansión histórica coincide en moito coa da agricultura neolítica.
Bibliografía: Allones (1999): pp. 63-114
III. CAPITALISMO
8. Relación plusvalía/forza de traballo
A aplicación da forza de traballo ás máquinas xera moito máis valor que o que custa adquirila.
Bibliografía: Allones (1999): pp. 114-124
9. Individuación
Sobrevivir no capitalismo obriga ao individuo a converter a súa propia vida nunha empresa.
Bibliografía: Allones (1999): pp. 114-124
10. Parlamentarismo
Os protagonistas da sociabilidade capitalista non admitimos outro modo de gobernarnos que non sexa por asembleas que nós mesmos eliximos.
Bibliografía: Allones (1999): pp. 114-124
11. Funcionariado
O cadro de funcionarios de Max Weber segue sendo o mellor tipo-ideal construído pola Sociología para comprender as administracións do Estado.
Bibliografía: Allones (1999); M. Weber (1964): pp. (175-176)
IV. PATRIARCADO E CAPITALISMO
12. Antes de 1914. Aínda patriarcal
A transmisión patri-lineal dos negocios reforzou o patriarcado ata a I Guerra Mundial.
Bibliografía: Allones (1999): pp. 129-167
13. Despois de 1945. Sociabilidade de clases medias
O capitalismo organizacional de despois da II Guerra Mundial require o emprego masivo de mulleres altamente profesionalizadas.
Bibliografía: Allones (1999): pp. 129-167
14. Novas familias
A cancelación institucional do patriarcado provoca a súa incesante recreación privada en novos modos de familia.
Bibliografía: Allones (1999): pp. 129-167
15. Proposta dun procedemento de medición empírica das relacións estruturais entre familia e capitalismo nas sociedades occidentais.
Bibliografía: Blalock (1968): pp 5-27
Bibliografía básica
C. ALLONES PÉREZ (1999): Familia y Capitalismo. (pp 1-167). Universidad de Santiago de Compostela
M. WEBER (1964): El cuadro de funcionarios, en Economía y sociedad. (pp 175-176). México: FCE
Bibliografía complementaria
BLALOCK, H. M. (1968): The measurement problem: a gap between the languages of theory and research, en H. M. BLALOCK y A. B. BLALOCK (eds.): Methodology in Social Research, (pp 5-27) Nueva York: McGraw-Hill
Queremos transmitir aos alumnos unhas ferramentas e unha mirada especificamente sociolóxicas, distintas das ofrecidas por outras disciplinas, como a ciencia política, o dereito, a historia, a filosofía,...
O curso traballa insistentemente unha argumentación avanzada, que quere ser rigorosa e esixente, pero que non perde nunca de vista o seu obxectivo teórico final, que é a construción e proposta dun concepto claro da estrutura e o cambio nas sociedades occidentais, que sexa susceptible de comprobación e desmentido empírico. Pasa a estar entón en mans do estudante, o aceptar ou criticar devandito concepto.
Clases expositivas: Nelas explicaranse os contidos teóricos esenciais da materia, presentando e resolvendo os problemas que presentan devanditos contidos.
Seminarios interactivos. Leranse e comentarán textos da bibliografía
Se realizará unha avaliación continua dos estudantes –ponderará o 20% da nota
Dita avaliación continua se complementará cunha exame final por escrito dos contidos teóricos do curso, que ponderará o 80% restante.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Clases expositivas: 25 horas (estudo individual do alumno: 45 horas)
Seminarios interactivos: 10 horas (estudo individual do alumno: 20 horas)
Titorías: 7’5 horas
Total: 42’5 horas (traballo persoal do alumno: 65 horas)
Os textos e materiais de apoio son necesarios para o seguimento do curso, e se colgaran na aula virtual, pero é nas clases teóricas e nos seminarios interactivos onde se traballa o seu verdadeiro sentido, alcance e intención.
Carlos Antonio J Allones Perez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 881815189
- Correo electrónico
- carlosantonioj.allones [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | 1.3 |
17:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1.3 |
18:30-19:30 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | 1.3 |
22.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |
19.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | 0.1 |