Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Introdución teórico-práctica á publicidade.
2. Introdución teórico-práctica ás relacións públicas no ámbito da comunicación.
3. Introdución teórico-práctica ás estruturas organizativas relacionadas coa publicidade e relacións públicas no ámbito da comunicación audiovisual.
4. Aplicación e manexo de técnicas publicitarias e de relacións públicas no ámbito da comunicación audiovisual.
CONTIDOS TEÓRICOS
TEMA 1. Aspectos básicos da comunicación
1.1 Fundamentos epistemolóxicos: conceptos básicos de emisor, canle e receptor do proceso.
1.2 Achegamento aos modelos clásicos e comprensión destes.
1.3 Estruturas básicas de todos os participantes no proceso de comunicación. publicitaria, organizacións, medios de comunicación e outras canles, e o receptor.
TEMA 2. A especificidade da comunicación publicitaria
2.1 A especificidade da comunicación na publicidade e nas relacións públicas.
2.2 Os obxectivos, a súa fixación e a tutela do seu cumprimento.
2.3 A publicidade no contexto do márketing empresarial e institucional.
TEMA 3. A estratexia na comunicación publicitaria
3.1 A formulación estratéxica en publicidade: estratexia publicitaria (posicionamento, eixos de comunicación e valores de comunicación).
3.2 Narrativas e marcos comunicativos, o ecosistema da marca, estratexia creativa e planificación de medios.
3.3 Análise e elaboración da mensaxe publicitaria en función dos diversos medios e soportes.
3. 4 A investigación na publicidade e nas relacións públicas: conceptos básicos e técnicas específicas.
TEMA 4. Canles de comunicación
4.1 A necesidade de comunicar e as ferramentas idóneas para cada conxuntura: os seus códigos, repertorio formal e procesos de produción.
4.2 As canles da comunicación publicitaria: medios e soportes convencionais (prensa, radio, televisión, publicidade exterior...), non convencionais (below, web e interactivos) e novas morfoloxías publicitarias acomodadas aos novos escenarios de emisión e recepción.
TEMA 5. Creación da mensaxe audiovisual en publicidade
5.1 A imaxe na mensaxe publicitaria, estilos e tendencias. O relato visual. Imaxe en movemento: edición e postprodución.
5.2 Produción sonora: edición e postprodución. Produción multimedia: recursos, linguaxe, experiencia de usuario.
5.3 A construción da mensaxe: procesos e metodoloxía. Formatos de presentación de ideas.
CONTIDOS PRÁCTICOS
1.- O emisor: aplicación de modelos prácticos no mundo da empresa e das organizacións.
2.- As canles. Determinación, selección e planificación dos mesmos.
3.- Os contidos: Estratexía e Creatividade, desenvolvemento de eixo aos distintos medios e canles.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Cuesta Cambra, U. (editor, 2012): "Planificación estratégica y creatividad". ESIC Editorial. Madrid, España.
Guilera, Llorenç (2011) " Anatomia de la Creatividad". FUNDIT - Escola Superior de Disseny ESDi
Gurrea, A. (1999): Los anuncios por dentro, Bilbao, SPIC Universidad del País Vasco.
Hernández Martinez, C. (2004). Manual de creatividad publicitaria. Madrid. Síntesis.
Lindstrom, M. (2010). Buyology. Barcelona. Gestión 2000
Lobo, M.A.(1994): Curso de publicidad, Madrid, Eresma & Celeste.
Moliné, M. (1988): La comunicación activa, Bilbao, Deusto.
Sanagustin, E. (2013). Marketing de contenidos. Madrid. Anaya
Solana, D. (2012). Postpublicidad. Barcelona. Editorial Postpublicidad.
VARIOS AUTORES (2011). " El negocio publicitario en el contexto digital". Departament de Ciències de la Comunicació, Universitat Jaume I.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Costa, J. (1995): Comunicación Corporativa, Ediciones Ciencias Sociales, Madrid.
González Martín, J.A. (1996): Teoría general de la publicidad, Madrid, FCE.
Moliné, M. (2000): La fuerza de la publicidad. Saber hacer buena publicidad, saber administrar su fuerza, Madrid.
Perez Latre, F.J.(2011). La publicidad y los medios.. Ediciones Universidad de Navarra. Navarra
Ricarte, J. M.(1998): Creatividad y comunicación persuasiva, Servei de Publicacións Universitat Autónoma de Barcelona, Barcelona.
Salmon, C. (2008) Storytelling. Barcelona. Ediciones Península.
Solana, D. (2015). Desorden. Editorial Almuzara.
Surmanek, J. (1982): Planificación de medios, Editorial Eresma, Madrid.
Jenkins, H., Ford, S., & Green, J. (2015). Cultura transmedia: la creación de contenido y valor en una cultura en red (Vol. 60). Editorial Gedisa
URLS
http://www.kantarmedia.es
http://www.adforum.es
http://www.portalcomunicacion.com/index.asp?lng=esp
http://adsoftheworld.com/
http://www.neuronilla.com/desarrolla-tu-creatividad/tecnicas-de-creativ…
http://www.canneslions.com/
http://www.postpublicidad.es
CON.3 - Coñecer a transformación e evolución histórica das linguaxes e medios audiovisuais.
CON.6 - Coñecer as competencias profesionais de produción, distribución e exhibición das obras audiovisuais.
HAB.1 - Transmitir de maneira idónea contidos audiovisuais destinados a públicos especializados e non especializados.
HAB.3 - Dominar o instrumental, as técnicas e rutinas profesionais da cadea de creación e produción audiovisuais.
HAB.4 - Manexar os fundamentos xurídicos, económicos, políticos e as técnicas e rutinas audiovisuais aplicadas a obras de ficción e non ficción.
COM.1 - Deseñar e implementar estratexias de comunicación audiovisual efectiva en distintos medios, soportes e contextos.
COM.3 - Recoñecer, exercitar e contextualizar as rutinas da produción, realización, dirección, edición e postproducción audiovisuais.
COM.5 - Seleccionar e utilizar as técnicas e tecnoloxías máis creativas, innovadoras e adecuadas a cada reto comunicativo.
COM.7 - Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas dunha forma profesional e ética no ámbito da Comunicación, tendo como referente os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Clase maxistral
Estudos de casos
Resolución de exercizos e problemas
Aprendizaxe baseado en proxectos
Probas de coñecementos: 50%
Prácticas experimentais: 50%
A avaliación do alumnado determinarase por medio dunha proba escrita ao final do curso, ademais da avaliación das actividades correspondentes ás prácticas grupais. En calquera caso, para aprobar a materia o alumno deberá obrigatoriamente aprobar tanto a proba como as prácticas grupais. A nota de prácticas terá validez unicamente en primeira e en segunda oportunidade do curso. Estas prácticas estarían integradas por: tres traballos en grupo que corresponden ás tres áreas centrais da materia: o márketing e a marca como elemento estratéxico da comunicación, a análise dun caso, e, finalmente, o desenvolvemento dunha campaña integral que responda a un briefing técnico.
• O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
• Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación de rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
• De acordo con a normativa de permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do estudante que os cumprimente en ningún caso será de "Non Presentado".
• Réxime para o alumnado con exención de docencia:
A parte expositiva da materia será avaliada mediante o exame final (50% da cualificación). - A parte práctica avaliarase mediante a entrega dun traballo (50% da cualificación final)
• Docencia teórica: 24 horas
• Docencia interactiva: 24 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 96 horas
Lectura e visionado de todos aqueles textos impresos, sonoros, audiovisuais e multimedia con finalidade persuasiva analizados ou recomendados durante o desenvolvemento da materia. Interese pola actualidade publicitaria en todos os medios e soportes. Interese pola actualidade informativa e artística en todos os ámbitos: cinema, literatura, televisión, arte...
Enrique Castello Mayo
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816529
- Correo electrónico
- enrique.castello [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Gaspar Broullon Pastoriza
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- gaspar.broullon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Isaac Maroto Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- isaac.maroto.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 7 |
28.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
28.05.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
23.06.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |