Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 30 Total: 48
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Comunicación Audiovisual e Publicidade
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Estudo das relacións entre a sociedade da información e as culturas contemporáneas.
Análise da preservación, diferenza, influencia e contacto entre culturas por medio da xeración, almacenamento e procesamento da información.
Análise das Técnicas de Información e Comunicación, con especial atención á produción audiovisual.
CONTIDOS TEÓRICOS
1ª parte.
TEMA 1. O concepto de sociedade da información
1.1 Sociedade da información
1.2 Sociedade rede
1.3 Sociedade postindustrial
1.4 Cultura, medio e entorno técnico
TEMA 2. A identidade cultural no proceso de globalización
2.1 Cultura e estrutura social
2.2 Cultura, comunidade e sociedade
2.3 Culturas territoriais e non territoriais
2.4 Cultura nacional e cosmopolitismo
2. 5 Os conceptos de cultura de masas e industria cultural
2. 6 Cultura de masas, consumo, compulsión e habitus
2.7 Cultura, estrutura e superestrutura
2.8 Cultura promocional
2.9 Clase, hexemonía e cultura transnacional
2ª parte.
TEMA 3. Identidade cultural e fluxos informativos
3.1 As nocións de centro e periferia
3.2 Crítica da nocións de centro e periferia na sociedade da información
3.3 As ideas de fluxo e policentrismo
3.4 Os espazos de fluxo e os espazos de lugares
3.5 A análise cultural segundo o modelo de fluxos
3.6 Homoxeneidade e heteroxeneidade cultural
3.7 Crítica dos modelos de fluxos na análise cultural
TEMA 4. Industria cultural e dominio político
4.1 Cultura, poder e emprazamento
4.2 Connectividade e actualidade
4.3 Memoria, acción e identidade
4.4 Temporalidade, reflexividade e identidade
4.5 Estrutura, comunidade e identidade.
TEMA 5. Información, actualidade e memoria
5.1 As economías de signos e espazos
5.2 Emprazamento e cultura promocional
5.3 Campo social, dominación e violencia simbólica
5.4 Postmodernidade e tecnocultura
5.5 A noción de “artefactualidade” segundo Jacques Derrida
5.6 A tiranía do momento e os tempos sociais
TEMA 6 A sociedade da información e os contactos culturais
6.1 Sincretismo cultural, hibridación e creoulización
6.2 Fomulariedade, serialidade e dominación compulsiva.
6.3 Fluxos de comunicación unidireccionais e bidireccionais
CONTIDOS PRÁCTICOS
É requisito escribir dous comentarios de libros e tamén dous comentarios de textos da bibliografía básica. Cómpre participar nos coloquios sobre os textos da materia que se han desenvolver nas aulas prácticas
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Tema 1.
Albrow, M.; Eade, J., Dürrschmidt, J. i Washbourne, N. (1997), “The impact of globalization on sociological concepts: community, culture and milieu” en Eade, J. (ed.) Living the Global City. Globalization as a local process. Londres, Routledge, pp. 20-36.
Marcuse, P. (2003) “Despolitiza-la globalización: do neo-marxismo á sociedade rede de Manuel Castells”, A trabe de ouro, n. 56, pp. 33-57.
Poster, M. (1997) “O concepto de sociedade postindustrial: Daniel Bell e o problema de retórica”, A trabe de ouro, n. 31 pp. 33-54.
Tema 2.
Adorno, T. W. (1998) “Resumo sobre a industria cultural”, A trabe de ouro, nº 34, pp. 63-68.
Held, D. (2005) “National Culture, the Globalization of Communications, and the Bounded Political Community” a S. E. Bronner (ed.) Planetary Politics. Human Righs, Terror and Global Society, Oxford: Rowman and Littlefield.
Kroeber, A. L. e Parsons, T.
(1958) “The Concepts of Culture and Social System”, Sociological Review, n. 23, 1958, pp. 582-3.
Schiller, H. I. (1991), “Not Yet the Post-Imperialist Era”, Critical Studies in Mass Communication, n. 8 (1), pp. 13-28.
Tema 3
Appadurai, A. (1990)“Disjuncture and difference in the global cultural economy”, Public Culture, 2 (2), pp. 1-24.
Beynon, J. (2002) “Homoxeneidade e heteroxeneidade cultural. Notas sobre a antropoloxía da cultura contemporánea”, A trabe de ouro, t. iii, a. xiii, nº 51, pp. 13-34.
Hannerz, U. (1989) “Notes on the Global Ecumene”, Public Culture 1 (2), pp. 66-75.
Outeiriño, M. (2002) “Medios de masas e homoxeneidade cultural”, A trabe de ouro, nº 51, pp. 35-67.
Tema 4
Ó Caollaí, M., “Dominación cultural en Europa: o caso de Irlanda”, A trabe de ouro, n. 71.
Galimberti, U. (2006) “Cultura de masas e sentimento oceánico”, A trabe de ouro, nº 66, pp. 25-54.
Giddens, A. (1991) Modernity and Self-Identity, Cambridge, Polity, pp. 1-9.
(1994) “Living in a Post-Traditional Society” a Beck, U., Giddens, A. i Lash, S. Reflexive Modernization, Cambridge: Polity Press, pp. 56-109.
Tema 5
Beynon, J. (1999) “Globalización e postmodernismo”, A trabe de ouro, t. IV, a. X, nº 40, pp. 95-107.
Jameson, F. (1984) “Postmodernism or the cultural logic of late capitalism”, New Left Review, n. 146, pp. 53-92.
Huyssen, A. “Present Pasts: Media, Politics,Amnesia”, Public Culture vol. 12, n. 1, (2000), pp. 21-38.
Williams, R. “Publicidade: o sistema máxico”, A trabe de ouro, n. 71.
Tema 6
Friedman, J. (1995) “Global System, Globalization and the Parameters of Modernity” a Featherstone, M., Lash, S. i Robertson, R. (eds.) Global Modernities, Londres: Sage, pp. 69-90.
(1999) “The Hybridization of Roots and the Abhorrencce of the Bush” a Featherstone, M. i Lash, S., Spaces of Culture. City-Nation-World. Londres, Sage, 1999.
Pieterse, J. Nederveen (1995) “Globalization as Hybridization” a Featherstone, M.; Lash, S. i Robertson, R. (eds.) Global Modernities, Londres: Sage.
McBride, S. (1980) Un solo mundo, voces múltiples. Comunicación e información en nuestro tiempo, México: F.C. E./Paris, UNESCO.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Bauman, Z. (2011) Culture in a Liquid, Modern World. Polity.
Deery, J. e Press, A. (eds.) (2017) Media and Class. Routledge.
Giddens, A. e Sutton, Ph. W. (2013) Sociology. Polity Press.
Han, Byung-Chul (2022) Infocracia. A dixitalización e a crise da democracia. Catro ventos.
Hockney, D. e Gayford, M. (2020) Una historia de las imágenes. Siruela.
Outeiriño, M. (ed.) (2011) Globalización e imperialismo cultural. Galaxia.
CON. 1- Analizar a imbricación da comunicación audiovisual no contexto das industrias culturais.
CON. 2.-Coñecer o marco político, normativo e económico no que se desenvolve a industria audiovisual.
CON. 3- Colecer a trasnformación e evolución histórica das linguaxes e medios audiovisuais.
CON. 7- Coñecer as distintas metodoloxías de análise de calquera produto radiofónico, cinematográfico, televisivo ou multimedia.
HAB. 5- Amalizar, por medio de diversas metodoloxías, caluera produto radiofónico, cinematográfico, televisivo ou multimedia.
COM. 3- Recoñecer, exercitar e contextualizar as rutinas da produción, realización, dirección edición e postproducción audiovisuais.
COM. 4 -Aplicar diversas metodoloxías á análise, á crítica e á historiografía de calquera obra audiovisual e multimedia.
COM. 7 -Aplicar os coñecementos e as habilidades adquiridas de xeito profesional e ético no ámbito de Comunicación, tendo de referentes os principios e valores democráticos e os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible.
Lección maxistral e seminarios.
Probas de coñecemento: 50%
Exercicios prácticos: 50%
O sistema de avaliación contempla que é imprescindible ter aprobada a parte teórica e a parte práctica para superar a materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificiacións.
De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2) a simple asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, en consecuencia, a nota final dos estudantes que as cumprimenten en ningún caso será de "Non presentado".
En caso de dispensa da asistencia a clase, ha establecerse un plan de traballo personalizado que ha consistir na escritura de dous comentarios de libros e outros dous comentarios de artigos da bibliografía básica. Os comentarios han presentarse antes da data de exame e achegarán o cincuenta por cento da puntuación. Sexa como for, o cincuenta por cento da avaliación ha facerse por medio de exame.
Docencia teórica: 24 hs.
Docencia interactiva en seminarios: 24 hs.
Titorización en grupo reducido: 3hs.
Probas de avaliación: 3 hs.
Traballo persoal do alumnado: 96 hs.
É importante consultar todo tipo de dúbidas segundo se vaian expondo os conceptos e textos no traballo de aula. Convén moito participar nos coloquios e debates dos seminarios e advertir tanto as interpretacións atinadas coma as erróneas que se xeren nos comentarios e discusións dos textos fundamentais.
Para a escritura dos comentarios de artigos e libros, convén examinar previamente tódolos textos que se propoñan por mor de optar conscientemente á hora de traballar sobre o tema e autores que se escollan. O alumnado poderá propor comentarios de textos académicos que non aparezan no programa, sempre que acheguen información sobre o programa da materia.
O contraste de interpretacións teóricas sobre as funcións dos medios de comunicación nas sociedades contemporáneas é un dos obxectivos principais da materia.
Xose Manuel Outeiriño Gallego
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Teléfono
- 881816565
- Correo electrónico
- xosemanuel.outeirino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
23.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 5 |
23.01.2025 10:00-14:00 | Expositivo 1 | Aula 6 |
20.06.2025 16:00-20:00 | Expositivo 1 | Aula 1 |