Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito Financeiro e Tributario
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Interpretación e aplicación das normas xurídicas tributarias e financeiras
-Análise e resolución de supostos de feito reais
-Redacción de documentos xurídicos
-Utilización de novas tecnoloxías no campo xurídico-tributario
-Traballo colaborativo.
-Profundización no sistema conceptual propio do Dereito Tributario.
-Coñecemento das fontes para:
o Argumentar loxicamente.
o Profundizar no coñecemento.
o Actualizar e auto-xestionar o propio coñecemento.
Interrelación do Dereito Tributario co resto do ordenamento, especialmente co Dereito Público.
Plasmación práctica das soluciones aos problemas (escritos, formularios, etc.)
O tributo: concepto e clases. Impostos, taxas e contribucións especiais. Figuras afines.
Dereito tributario constitucional:
o Principios constitucionais tributarios
o Distribución de competencias tributarias: financiamento autonómica e local. O Dereito Financeiro e a Unión Europea.
As fontes do Dereito Tributario: cuestións específicas:
o Problemas específicos das fontes en materia tributaria
o A aplicación espacial e temporal das normas tributarias:
Retroactividade da normativa tributaria.
Internacionalización e Sistema Tributario. Introdución á fiscalidade internacional.
A relación xurídico-tributaria. Concepto. Obriga tributaria principal e obrigas accesorias.
Obrigas tributarias entre particulares.
A obriga tributaria:
o Nacemento da obriga tributaria: feito impoñible. Exencións.
o Suxeitos da obriga tributaria: contribuíntes, substitutos, responsables. Outros obrigados
tributarios.
o Cuantificación da obriga tributaria: base impoñible, base liquidable, tipo de gravame, cota e débeda.
o Extinción da obriga tributaria: pago, prescrición, compensación. Outros modos de extinción.
o Garantías da obriga tributaria.
A potestade sancionadora en materia tributaria
Outros ingresos públicos: ingresos non tributarios.
O gasto público: o orzamento
MANUAIS
ALONSO GONZÁLEZ/ CASANELLAS/ TOVILLAS: Lecciones de Derecho financiero y tributario ;. Ed. Atelier. ultima edición.
CASADO OLLERO, LOZANO SERRANO, MARTÍN QUERALT y TEJERIZO LÓPEZ, Curso de Derecho Financiero y Tributario, Tecnos, Madrid, última edición.
MARTÍNEZ LAGO, M.A., GARCÍA DE LA MORA, L. y ALMUDÍ CID, J.M. Lecciones de Derecho Financiero y Tributario, IUSTEL, última edición.
MENÉNDEZ MORENO, A., Derecho Financiero y Tributario, Parte general, Lecciones de Cátedra, Lex Nova, última edición.
MERINO JARA; LUCAS DURAN: Derecho financiero y tributario Parte General: lecciones adaptadas al EEES. Editorial Tecnos, ultima edición.
MERINO JARA, I (Director): Procedimientos tributarios: aspectos prácticos. Bosch fiscalidad.
NAVARRO FAURE, A.: MARTIN LOPEZ; MARTINEZ GINER: Manual de Derecho Financiero y Tributario Parte General:. Tirant lo blanch, ultima edición.
PÉREZ ROYO, F., Derecho Financiero y Tributario. Parte General, Civitas, Madrid, última edición
COLECCIÓNS LEXISLATIVAS: Versións actualizadas:
- Código Tributario, Aranzadi, Pamplona
- Derecho Financiero y Tributario. Normas básicas, Lex Nova, Valladolid
- Derecho Financiero y Tributario, Ariel, Madrid.
- Códigos BOE.
Direccións de interese:
http://www.agenciatributaria.es/ Agencia Estatal de Administración Tributaria.
http://www.boe.es/ Boletín Oficial del Estado.
http://www.tribunalconstitucional.es/. Tribunal Constitucional.
http://www.aedaf.es/ Asociación Española de Asesores Fiscales.
http://www.europa.eu.int/ Información sobre la Unión Europea
http://www.europa.eu.int/eur-lex/es/index.html Repertorio de Derecho de la Unión Europea
Ao longo do seu proceso formativo o alumno deberá:
-Chegar ao coñecemento teórico dos conceptos básicos dos tributos.
-Proceder á resolución de supostos prácticos, tanto de maneira individual como en grupo.
-Procura de materiais: lexislación, consultas, xurisprudencia, etc.
-Aplicación das normas a casos concretos.
-Elaborar traballos en grupo sobre contidos da materia.
-Preparar e tomar parte en debates organizados na clase.
-Realizar probas periódicas de autoevaluación.
-Participar periodicamente nos programas de tutorías.
Horas de teoría e de práctica (seminario). Nas horas teóricas abordaranse os problemas esenciais das diversas cuestións básicas da disciplina e nas horas prácticas afondarase nos seus aspectos concretos a través da análise de resolucións de casos prácticos, comentarios de textos ou calquera outro aspecto que permita achegarse á realidade da actividade financeira nestes aspectos iniciais.
Procurarase desenvolver un programa de titorías personalizado en grupos reducidos.
A actividade presencial poderá complementarse con soporte virtual a través da plataforma USC VIRTUAL a través da que:
-Ofreceranse materiais referidos aos contidos e a supostos prácticos.
-Ofreceranse ligazóns ás fontes básicas de coñecemento.
-Realizaranse probas de autoavaliación
-Habilitaranse métodos de contacto para titorías virtuais.
-Aplicación de novas tecnoloxías específicas da materia.
A avaliación realizarase combinando os seguintes criterios:
-Asistencia participativa
-Participación en debates ou resolución de cuestións expostas polo profesor
-Desenvolvemento e presentación de traballos
-Proba de contidos teóricos
En canto a valoración de cada unha das actividades realizadas polo estudante, para outorgar a cualificación final, fixase o seguinte baremo:
1. Exame final: 7 puntos
2. Actividades das clases interactivas: 3 puntos. Nelas valorarase:
• Participación activa, de xeito oral, nas aulas interactivas, e exercicios de autoavaliación.
• Valoración dos traballos entregados ao profesor e elaborados para a resolución dos casos propostos nas aulas interactivas.
• Realización de test ou actividades no campus virtual
A asistencia ás interactivas é obrigatoria, agás nos casos de exención de docencia.
En todo caso, para aprobar será requisito superar tanto o exame como a avaliación das restantes actividades, así como asistir, cando menos, ao 80 % das clases, salvo casos de exención de docencia aprobados pola Xunta de Facultade.
Cando por coincidencia de datas de exames ou por outras causas algún alumno teña dificultades para a realización do exame final nas datas estipuladas polo Centro, poderá optar por realizar un exame oral, que se desenvolverá consonte á normativa xeral de avaliación do rendemento académico, e que necesariamente terá lugar nunha data anterior á fixada para o exame final.
Contémplase tamén a posibilidade de que se o profesor así o propón, e de xeito voluntario, se poda seguir un sistema de avaliación continuada.
Réxime de avaliación para os alumnos con exención de docencia
Aqueles alumnos que obteñan o recoñecemento oficial da exención de docencia conforme aos procedementos normativamente previstos, realizarán o mesmo exame e co mesmo valor que os restantes alumnos (7 puntos). Polo que fai á avaliación das actividades desenvolvidas nas clases interactivas presenciais e á valoración global da actividade do alumno (3 puntos), realizarase a través da resolución dun o varios supostos prácticos que se incluirán como parte do exame (outorgando, de ser o caso, tempo suplementario para a súa resolución). Debe terse en conta que esta norma só se aplica a quen obteña o recoñecemento da exención de docencia e non se configura como un sistema alternativo para que, sen tal recoñecemento, non asista e realice as actividades da docencia interactiva presencial.
Aos efectos da Normativa de Permanencia da USC, son actividades académicas avaliables o exame final, a participación activa nas clases interactivas e, no seu caso, a presentación de traballos.
De cara á segunda oportunidade, os alumnos que sen ter exención de docencia non teñan superado a cualificación mínima requirida na parte interactiva poderán recuperar esa parte a través da realización no exame da segunda oportunidade dun ou varios supostos prácticos (outorgando, de ser o caso, tempo suplementario para a súa resolución)
Ademais do traballo na aula, calcúlase que o alumno deberá investir
- 60 horas en actividades de estudo persoal ou en grupo.
-15 horas na resolución de casos practicos ou outros traballos.
-5 horas en realizar as lecturas recomendadas.
-5 horas en preparar debates, intervencións orais, seminarios ou similares.
-5 horas para realizar outras actividades propostas polo profesor.
Resulta recomendable coñecer os conceptos xurídicos básicos, especialmente os do campo do Dereito Público (Dereito Administrativo, Dereito Constitucional) e os fundamentos económicos da Facenda Pública.
É aconsellable o traballo diario do alumno para o seguimento adecuado das actividades presenciais.
Juan Jose Nieto Montero
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Teléfono
- 881814674
- Correo electrónico
- j.nieto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Begoña Villaverde Gómez
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Teléfono
- 881814679
- Correo electrónico
- mariabegona.villaverde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luz Maria Ruibal Pereira
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Teléfono
- 881814768
- Correo electrónico
- luzmaria.ruibal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Jose Manuel Iglesias Casais
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito Financeiro e Tributario
- Correo electrónico
- josemanuel.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-19:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 3 |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego, Castelán | Aula 5 |
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
16:30-18:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 3 |
Xoves | |||
12:00-13:30 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego, Castelán | Aula 5 |
18:00-19:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
Venres | |||
12:00-13:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Castelán, Galego | Aula 5 |
15:00-16:30 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Castelán | Aula 5 |
18:00-19:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Castelán | Aula 3 |
17.12.2024 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
17.12.2024 13:00-15:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
17.12.2024 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |
09.06.2025 10:00-12:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Aula 1 |
09.06.2025 13:00-15:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Aula 1 |
09.06.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Aula 1 |