Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Proporcionar aos alumnos os rudimentos da Macroeconomía e a Facenda Pública, de xeito que poidan acadar unha visión de conxunto do papel económico do Estado.
- Conceptos básicos. Nocións previas de Macroeconomía e Sector Público. Operacións financeiras e demais formas de actuación do Sector Público. O presuposto público: estrutura, magnitudes fundamentais e técnicas presupostarias. Fallos do mercado e fallos colectivos.
I. FUNDAMENTOS DA ECONOMÍA PÚBLICA E A ACTIVIDADE FINANCIEIRA
Fundamentación da Actividade Pública. Erros de mercado
. As funcións da facenda pública
. Eficiencia económica e mercados competitivos
. Tipos de intervención: instrumentos
Sector Público e orzamento
· O Orzamento do Sector Público
. concepto e ciclo orzamentario
. contido orzamentario: clasificación e fórmulas orzamentarias
. o orzamento en España
Elección Colectiva e Comportamento do Sector Público
II. O GASTO PÚBLICO
Gasto Público. Eficiencia e Equidade
Análise económica do gasto público
Saldos orzamentarios
III. INGRESO PÚBLICO
Estructura Tributaria
Principios de Imposición
Análise económico da imposición
O sistema impositivo. Análise dos distintos impostos
Outros ingresos públicos
- ALBI, E. Et al. (2017): Economía Pública I y II, Ed. Ariel, Barcelona. (dispoñibles en versión eBook)
- Bustos, A. (2010): Lecciones de Hacienda Pública, Colex. (dispoñible en versión eBook)
- Caamaño, J. (2007): El control del gasto bajo un prisma de Gestión Pública: análisis teórico y aplicaciones a la IGAE, Instituto de Estudios Fiscales (IEF).
- Cadaval, M. (2011): El gasto público. Unidad didáctica 2. USC.
- Corona, J. F. e Díaz, A.(2005): Introducción a la Hacienda Pública, Ariel.
- Costa, M.; Durán, J. M.; Espasa, M.; Esteller, A. e Mora, A. (2005): Teoría Básica de los impuestos: un enfoque económico, Thomson, Civitas.
- Escuela de Hacienda Pública (1995): Manual de Hacienda Pública, IEF.
- García Villarejo, A. e Salinas Sánchez, J. (1996): Manual de Hacienda Pública, Tecnos.
- Paniagua Soto, F.J., Navarro Pascual, R. (2011): Hacienda Pública, I,II, Pearson.
- Rosen, H. S.(2008): Hacienda Pública, McGraw-Hill.
- Stiglitz, J. (2000): La economía del sector público, A. Bosch.
- Comprender o complexo papel das institucións públicas nas economías mixtas, así como asimilar e aplicar a problemas concretos os conceptos básicos e principais achegas da Facenda Pública (e, por extensión, da Economía Pública e a Política Económica).
- Coñecer os mecanismos financeiros fundamentais do Sector Público en termos presupostarios, e comprender a estrutura económica das rendas, así como o funcionamento baixo a perspectiva económica dos impostos máis significativos.
- Entender a importancia económica da regulación pública e introducirse na aplicación da análise económica ao Dereito.
- Calcular diversas macromagnitudes mediante a aplicación das identidades da contabilidade nacional, deflactar as cifras económicas, e determinar os diversos saldos da balanza de pagamentos internacionais dun país.
- Manexar con soltura os presupostos do Estado, Comunidades Autónomas e Corporacións Locais, e adquirir unha cultura mínima sobre o Déficit Público, Estabilidade presupostaria, efectos sobre os cambios do IPC, tipos de xuro, valor do euro, paridades adquisitivas, etc.
- Aplicar á regulación pública e en xeral ao sistema xurídico as ferramentas da análise económica.
- Comprender a problemática económica das principais áreas de provisión de bens e servizos públicos, e dos principais programas de transferencias públicas aos axentes privados.
- Manexar os elementos de cuantificación máis relevante e comúns a todos os sistemas tributarios nos impostos sobre a renda persoal, Sociedades e Impostos sobre vendas, así como aplicar tarifas impositivas alternativas, agrupacións de rendas, actualización de rendas, tipos de mínimos exentos, etc.
- Identificar as accións de política económica susceptibles de conter a inflación / xerar emprego / estimular o crecemento económico..., e os seus posibles efectos adversos sobre os demais obxectivos macroeconómicos.
- Manexar Internet para obter datos económicos e fiscais de Eurostat, OCDE, FMI, BCE, BE, INE, etc.
Metodoloxía da ensinanza
DOCENCIA PRESENCIAL.
O traballo nas aulas parte da explicación de cada tema do programa por parte do profesorado. Irá precedida dunha presentación-esquema do mesmo e dos obxectivos a conseguir. O alumnado poderá dispoñer previamente dun esquema detallado dos contidos de cada tema. Plantéxanse, en calquer caso, como clases participativas, adicando as clases interactivas a análise e debate dos resultados das actividades propostas para cada tema que o alumnado debe ter realizado previa e persoalmente.O tipo de actividade proposta variará en función dos contidos de cada tema: preguntas de avaliación da aprendizaxe de contidos, casos prácticos construidos a partires de exemplos reais, comentarios críticos de textos, análise de datos, etc....As titorías serán prioritariamente presenciais (persoais e de aula). Toda a información da asignatura, incluida a guía docente da materia, estará a disposición do alumnado na aula virtual da material.
Sistema de avaliación
Nesta materia con avaliación continua valorarase o esforzo continuado do alumnado ao longo do curso, basicamente, e a título indicativo:
- A participación na aula: preguntas, respostas ás preguntas do profesorado, etc.
- Grado de cumplimento e calidade das actividades realizadas das propostas en cada tema
- Se procederá, se fora necesario en función dos pobres resultados das actividades anteriores, a utilizar como elemento de valoración algunha proba, de curta duración, sobre un ou varios temas do programa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos de aplicación do previsto no artigo 5.2 da normativa da USC sobre permanencia nas titulacións de grao e máster, entenderase que o estudante non realizou ningunha actividade académica avaliable cando non se presente ao exame final da materia, constando nese caso como "non presentado".
Avaliación contínua e avaliación final: aplicarase ao alumnado que asista regularmente a clase, seguindo o establecido ao respecto na memoria da titulación. Pasarase de forma discontínua control de asistencia ás clases.
Neste caso téñense en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do curso (valorando aspectos tales como o cumprimento das actividades que se propoñan, a claridade e capacidade expositiva, o dominio de conceptos propios da materia, a participación activa e colaborativa e, no seu caso, probas de curta duración), e tamén a avaliación final:
- avaliación continua: 30%
- avaliación final: 70% (examen final presencial).
Para a segunda oportunidade, para cada opción de avaliación manterase o mesmo sistema de avaliación.
Aqueles alumnos que teñan "exención de docencia" serán avaliados 100% pola súa nota de exame.
Horas de clases presenciais: 60
Estudo personalizado: 90
O alumno, dende o primeiro día de clase, debe intentar introducirse e comprender a terminoloxía económica, inda que isto supoña un esforzo adicional nas primeiras semanas de clase. Asemade, recoméndaselle ordenar, repasar os apuntamentos tomados na clase e preguntar en clases e titorías as cuestións que non entenda.
Xoaquin Maria Fernandez Leiceaga
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811574
- Correo electrónico
- xoaquin.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Victor Hugo Martinez Ballesteros
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- victorhugo.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 1 |
15:00-16:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Galego | Aula 1 |
17:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Galego | Salón de Actos |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 1 |
15:00-16:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Galego | Aula 1 |
16:30-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Galego | Salón de Actos |
Venres | |||
10:30-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Galego | Aula 1 |
15:00-16:30 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Galego | Aula 1 |
16:30-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Galego | Salón de Actos |
22.05.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
22.05.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
22.05.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |
09.07.2025 10:00-12:00 | Grupo A - horario de mañá (A-F) | Salón de Actos |
09.07.2025 13:00-15:00 | Grupo B - horario de tarde (G-O) | Salón de Actos |
09.07.2025 16:00-18:00 | Grupo C - horario de tarde (P-Z) | Salón de Actos |