Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Analizar conceptualmente as relacións terminolóxicas existentes entre Educación de Adultos (EA), Educación das Persoas Maiores (EPM) e Educación Permanente (EP).
2. Desenvolver históricamente que se entende por Educación de Adultos (EA) e Educación das Persoas Maiores (EPM).
3. Coñecer o desenvolvemento psicopedagóxico das Persoas Adultas e Maiores.
4. Saber as demandas e necesidades do colectivo de personas adultas e maiores
5. Identificar os rasgos da atención socioeducativa así como programas, proxectos e recursos para persoas adultas e maiores
6. Identificar os programas, proxectos e recursos sociolaborais para persoas adultas
7. Coñecer como sorden as transicións e itinerarios de (re)inserción sociolaboral de persoas adultas e maiores.
Os temas a desenvolver ao longo do cuadrimestre serán os seguintes:
0. Introdución: O sentido da materia no Plan de Estudos.
1. Historia, concepto e obxectivos da educación de persoas adultas e maiores
2. Optimización do desenvolvemento psicopedagóxico en adultos e maiores
3. Demandas e necesidades do colectivo de persoas adultas e maiores.
4. Programas, proxectos e recursos socioeducativos para persoas adultas e maiores.
5. Programas, proxectos e recursos sociolaborais para persoas adultas.
6. Transicións e itinerarios de (re)inserción sociolaboral de persoas adultas e maiores.
Bibliografía básica
BALLESTEROS JIMÉNEZ, S. (Coord.) (2004). Gerontología. Un saber multidisciplinar. Universitas y Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED).
BALLESTEROS JIMÉNEZ, S. (Dir.) (2007). Envejecimiento saludable: aspectos biológicos, psicológicos y sociales. Universitas y Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED).
LÓPEZ-BARAJAS ZAYAS, E. (Coord.) (2006). Estrategias de formación en el siglo XXI. Ariel.
REQUEJO OSORIO, A. (2003). Educación de adultos y educación permanente. Ariel.
Bibliografía complementaria
AMORÓS MARTÍ, P. (2006). Construyendo futuro: las personas mayores una fuerza emergente. Alianza
BEDMAR MORENO, M.; FRESNEDA LÓPEZ, Mª D. y MUÑOZ LÓPEZ, J. (2004). Gerontagogía: Educación en personas mayores. Universidad de Granada.
BELL, V. y TROXEL, D. (Comp.) (2008). Los mejores amigos en el cuidado de Alzheimer. Herder.
BERGER, J. E. THOMPSON, R. A. (2000). Psicología del desarrollo humano: adultez y vejez. Editorial Médica Panamericana
BERMEJO, L. (2004): Gerontología educativa: cómo diseñar proyectos educativos con personas mayores. Panamericana.
BISQUERRA, R. (2000): Educación emocional y bienestar. Praxis.
CABALLO, M. B.; CANDIA, F. X.; CARIDE, J. A. y MEIRA, P. A. (1997): 131 Conceptos Clave de Educación Social: Léxico Básico Castelán-Galego. Servicio de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela.
CARIDE GÓMEZ. J. A. y TRILLO ALONSO, F. (Dirs.) (2010). Dicionario galego de Pedagoxía. Guías A-Z. Xunta de Galicia e Editorial Galaxia.
GUTIÉRREZ MOAR, Mª C. (2021). (Re)configuración de la persona desde la Pedagogía Gerontológica y los Programas Universitarios de Mayores (PUM). EL Aprendizaje Emocional en el IV CICLO de la USC. En J. M. Touriñán López, y M.ª E. Olveira Olveira (Coords.) Pedagogía mesoaxiológica y construcción de ámbitos de educación. La función de educar. (Ripeme-2021) (pp. 355-368). Editorial REDIPE, Red Iberoamericana de Pedagogía.
NOTA: Cada tema do programa ten a súa bibliografía específica que estará dispoñible na e-aula da materia.
Básicas, xerais, transversais e específicas do Grao en Educación Social ás que contribue a materia
1B Que os e as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
4G Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como o asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
1.1E Comprender os referentes teórico-conceptuais, históricos, comparados, metodolóxicos e pedagóxicos da Educación Social e das prácticas que en ela se promovan.
1.3E Avaliar as circunstancias personais, institucionais e sociais que constitúen ao ser humano como protagonista da educación e das súas prácticas profesionais, desde a infancia ata a vellez.
2.1E Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
2.2E Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, os valores da cultura de paz e a sostenibilidade.
2.3E Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc. que posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
2T Relacionarse con outras personas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
4T Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
Específicas
1. Coñecer os referentes teórico-conceptuais da educación de persoas adultas e maiores.
2. Analizar as demandas e necesidades socioeducativas e laborais.
3. Deseñar e aplicar programas, proxectos e recursos socioeducativos e laborais para persoas adultas e maiores.
4. Avaliar, deseñar e implementar itinerarios de (re)inserción sociolaboral de persoas adultas e maiores.
5. Coñecer políticas, proxectos e experiencias, europeas, estatais eautonómicas, con persoas adultas e maiores.
O proceso de ensinanza tendrá un carácter continuo, formativo, activo e participativo, para favorecer unha aprendizaxe integral. Levarase a cabo tendo en conta os diversos obxetcivos marcados para o conxunto dos créditos ECTS (European Credit Transfer and Accumulation System o Sistema Europeo de Transferencia e Acumulación de Créditos). Durante o tempo lectivo proporanse unha serie de actividades integradas nos distintos tipos de sesións:
a) Presentación da materia e explicación do programa
b) Asistencia e participación na aula
c) Clases expositivas: presentación, explicación de temas
d) Clases interactivas: Actividades prácticas -individuais e grupais- dentro e fóra da aula
e) Titorías de traballo de curso
f) Realización dunha proba se a calidade dos traballos presentados non é suficiente para a realización da avaliación do proceso de ensinanza-aprendizaxe
Abrirase unha e-aula no Campus Virtual de la USC onde se colgarán materiais de traballo e, ademais haberá dun dossier de documentación adaptado aos contidos obxecto de estudo.
En correspondencia coas actividades programadas e co plan de traballo proposto, e en harmonía cos obxectivos, os contidos, a metodoloxía e os recursos dispoñibles, a avaliación dos estudantes estará basada nas cualificacións que obteñán nas contribucións escritas que realicen, participación e calidade das aportacións nas sesións de clase teóricas e prácticas que se programen e nos traballos que se presenten.
Coa implantación do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) existe unha Normativa sobre a Asistencia a clase na USC establécese por Acordo do Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010:
• Para ser alumnado de avaliación continua deberá acreditar a asistencia de, polo menos, o 80% das actividades presenciais programadas.
• O coñecemento dos motivos da non asistencia é importante e sempre que se poda xustificarase.
O desglose do proceso avaliador no que se inclúa o exame é do seguinte modo: A asistencia e participación activa nas clases suporá ata un 5%, como máximo, da nota final da materia [100% da asistencia = 5% e ata o 80%, que é o mínimo, aplicamos unha simple regra de tres]. O incumprimento do 80% das actividades presenciais programadas obriga ao estudante á realización do exame da materia
As Prácticas de Aula (Seminario) e o Traballo de Grupo terán un valor máximo do 40% na cualificación final, sempre que se teña unha puntuación superior de 5 puntos dun máximo de 10. A nota das prácticas será a media das puntuacións das prácticas entregadas que serán individuais e/ou grupais, Realización doutras actividades formativas (Prácticas-saídas de campo, visitas, accións formativas deseñadas conxuntamente con outras materias da titulación, recensións, etc.) terán un valor máximo do 10% na cualificación final.
Titorías de Traballo de Curso suporá ata un 5%, como máximo, da nota final da materia.
Haberá unha proba-exame que deberá facilitar a identificación do nivel de logro dos obxectivos relacionados coa parte teórica do programa. Esta proba terá un valor máximo do 40% na nota final pero é necesario superala (acadar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10) para aprobar a materia, pero superar esta proba non implica aprobar a materia.
O modelo de exame será o seguinte: Consta de 25 preguntas, vinte serán tipo test de resposta múltiple y cinco serán de resposta corta. Todas as preguntas valen un punto e as negativas NON descontan.
Se a calidade dos traballos presentados é suficiente para a realización da avaliación do proceso de ensinanza-aprendizaxe non se realizará a proba. Ante esta situación existirá unha REMODELACIÓN DAS PORCENTAXES.
REMODELACIÓN DO PROCESO AVALIADOR DA APRENDIZAXE DISCENTE en caso de NON ser necesario o exame
Asistencia e participación activa nas clases suporá un valor máximo do 10% (1 PUNTO)
Traballo grupal suporá un valor máximo do 50% (5 PUNTOS) Titorías do Trabajo grupal Dentro de la planilla del trabajo ( Seguimento) ----
Prácticas de Aula (Seminario) de carácter grupal ou individual suporá un valor máximo do 30% (3 PUNTOS)
Outras actividades formativas (PRÁCTICAS DE CAMPO: VISITAS-SAIDAS, CONFERENCIAS, RESEÑA NOVELAS 10% (1 PUNTO)
Exención de Docencia (ED) ou Dispensa realizarán as mesmas tarefas que os seus compañeiros/as. Poderá traballar individualmente ou nos grupos de aula se os seus compañeiros os aceptan
Asistencia e participación activa en nas clases EXENT@ das sesións expositivas, Traballo individual suporá un valor máximo do 50% (5 PUNTOS), Titorías do Traballo individual 10% (1 PUNTO), Prácticas de Aula (Seminario) de carácter individual ou grupal suporá un valor máximo do 30% (3 PUNTOS), Outras actividades formativas (PRÁCTICAS DE CAMPO: VISITAS-SAÍDAS, CONFERENCIAS RESEÑA NOVELA 10% (1 PUNTO)
Nota: O alumnado con Exención de Docencia (ED) lo Dispensa poderá traballar individualmente ou podería incorporarse aos grupos de traballo de Avaliación Continua (AC) sempre en relación coa CLIS que teña asignadas e se os compañeiros os aceptan.
Cando a materia sexa compartida para SUPERALA É NECESARIO TER APROBADO a parte TEÓRICA (SESIÓNS EXPOSITIVAS) como a parte práctica SESIÓNS INTERACTIVAS)
Abrirase unha e-aula no Campus Virtual da USC na plataforma Moodle e un equipo de Microsoft Teams.
Os materiais da materia (teóricos e prácticos) estarán na aula virtual ao dispor do alumnado.
Tod@s @s alumn@s están obrigados a seguir as pautas que se dean nas distintas actividades formativas recollidas neste programa.
Tod@s @s alumn@s teñen dereito a revisar o seu exame e traballos cos profesores da materia.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
Na realización do traballo académico da materia (Prácticas, traballos individuais e/ou grupais, recensións, informes,…) seguiranse as Normas da American Psychological Association (APA). 7ª Ed.
Horas de formación presencial na aula (expositivas e interactivas): 48 h.
Horas de Titorías 3.00 h
Total de horas presenciales: 51
Trabajo persoal do estudante dedicado á elaboración de tarefas: 48 hs.
• Asistencia e participación en clase
• Realización dun traballo constante a o longo ol cuadrimestre-semestre para acometer, segundo as normas da acción formativa, entregar toda a actividade discente nos prazos que se fixen.
• Solventar as dúbidas na aula ou nas titorías.
• Coñecer e diferenciar os distintos tipos de avaliación que existen na materia para facilitar a toma de decisión. A decisión implica a elección dunha delas sendo responsables cas esxencias e consecuencias que se derivan do seu cumprimiento ou incumprimiento.
Tod@s @s alumn@s deben ter en conta o contido da Guía Práctica do Estudantado da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/vrestudantes/descarga…
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
LINGUAXE INCLUSIVA
Uso da Guía para o emprego dunha linguaxe inclusiva da USC (2018). https://xornalistas.gal/web/uploads/novas_adxuntos/adxunto/fa5/5c013549…
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA: "Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo".
OUTRAS RECOMENDACIONES
- A necesidade de que o alumnado empregue necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.é) na súa comunicación co profesorado.
- O alumnado poderá solicitar cambio de grupo nas asignaturas nas que exista máis dunha sesión de clases interactivas. A información sobre as Xestión do cambio de grupo atópase na Páxina Web da Facultade de Ciencias da Educación no seguinte enlace ? http://www.usc.é/gl/centros/cc_educacion/grupo.html
- Respecto de a normativa de protección de datos. De acceso no seguinte enlace ? https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Obrigatoriedade de empregar as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras facilitadas pola facultade e autorizadas como institucionais pola universidade ( Lifesize, etc).
- Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases e titorías) é un proceso privado, enténdese por privado un proceso de comunicación e intercambio entre ou/a docente e ou estudantado matriculado na materia.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
María Del Carmen Gutierrez Moar
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813887
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
11:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 (Marj - Z) | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Mari) | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13.12.2024 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
23.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |