Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Estudar Antropoloxía da Educación implica hoxe mergullarse nun dominio do saber humano e social que responde ás notas de pluralidade e diversidade. Xa non hai exclusividade teórica na educación, e tampouco no saber antropolóxico. Así pois, do que se trata aquí é de ir tomando conciencia dos supostos antropolóxicos que acompañan o noso traballo como pedagogos e educadores sociais, tendo en conta que na educación cómpre pensar nos contextos histórico e cultural que a inflúen. Todo coñecemento, en definitiva, ten que considerarse en relación cun contexto. Vivimos tempos, ademais, nos que é obrigado examinar os novos interrogantes educativos derivados dunha antropoloxía que xa non conta cun sistema seguro de referencias (atrás teñen quedado as antropoloxías normativas). Xa que logo, algunhas metas e obxectivos desta materia teñen que ver coas posibilidades e límites da educación e da formación, sobre todo en tempos de incertidume, e co descubrimento de novas dimensións diante de vellos problemas, que deberían levarnos a marcar puntos críticos para o pensamento educativo e a acción pedagóxica.
En sintonía coas competencias, co temario que se propón e co plan de traballo, formúlanse de maneira xeral e específica os seguintes obxectivos.
O obxectivo xeral que se persigue con esta disciplina é dar ao alumnado nocións fundamentais sobre a Antropoloxía en xeral, e a Antropoloxía cultural e educativa en particular.
Cun nivel maior de concreción podemos sinalar os seguintes obxectivos específicos:
- Adquirir e dominar de forma básica elementos terminolóxicos e conceptuais da antropoloxía cultural e educativa en relación co entendemento e interpretación dos problemas do campo disciplinar.
- Analizar de forma teórica-comprensiva os modelos antropolóxicos educativos coa finalidade de entender e comprender as metodoloxías e técnicas de traballo en investigación ata a actualidade.
- Potenciar o desenvolvemento das capacidades de reflexión e síntese, a nivel individual e colectivo, ante os modelos antropolóxicos na educación.
Tema 1. Antropoloxía da educación: da orixe e do desenvolvemento
Tema 2. A educabilidade do ser humano. Proceso educativo e antropoxénese.
Tema 3. O saber antropolóxico-cultural na educación social (¿para qué a etnografía na intervención socioeducativa?)
Tema 4. Os procesos culturais e as dinámicas educativas (enculturación e aculturación)
Tema 5. A Antropoloxía da Educación en perspectiva multicultural e intercultural (identidades e globalización)
Tema 6. O enfoque sistémico na adquisición e desenvolvemento cultural
Tema 7. Antropoloxía, ecoloxía e desenvolvemento educativo do medio rural e urbano
Bibliografía Básica:
Amilburu, Mª, Bernal, A. e Gonzalez-Martín, M.R. (2018). Antropología de la Educación. La especie educable. Sintesis
Pérez, P. M. (2007). El brillante aprendiz. Antropología de la educación. Ariel.
Wulf, C. (2004). Antropología de la educación. Idea Books.
Bibliografía Complementaria:
Barley, N. (2005). El antropólogo inocente. Anagrama
Barrio, J. M. (1998). Elementos de antropología pedagógica. Rialp.
Bouché, H., García Amilburu, M., Quintana, J. M., y Ruiz Corbella, M. (2002). Antropología de la educación. Síntesis.
Carrithers, M. (1995). ¿Por qué los humanos tenemos culturas?. Alianza Editorial.
Dienelt, K. (1980). Antropología pedagógica. Aguilar.
Harris, M. (1987). El materialismo cultural. Alianza Editorial.
Harris, M. (1998b). Antropología cultural. Alianza Editorial.
Levi – Strauss, C. (1968). Antropología estructural. Eudeba.
Lisón, C. (Ed.). (2005). Antropología. Horizontes educativos. Universidad de Granada
Mead, M. (1972). Educación y cultura. Paidós.
Santos Rego, M. A. (Dir.). (2012). Inmigración y administración local. La gestión socioeducativa. Netbiblo.
Santos Rego, M. A. (Ed.). (2006). Estudios sobre flujos migratorios en perspectiva educativa y cultural. Grupo Editorial Universitario.
Santos Rego, M. A., y Lorenzo Moledo. M. (2012). Estudios de Pedagogía Intercultural.: Octaedro.
Santos Rego, M.A. (Ed.). (2013). Cosmopolitismo y Educación. Aprender y trabajar en un mundo sin fronteras. Brief.
Santos Rego, M.A; Lorenzo, M. e Miguez, G. (2022). Fondos de conocimiento familiar e intervención educativa. Comprender las circunstancias sociohistóricas de los estudiantes. Narcea
Tonucci, F. (2014). A cidade dos nenos : un xeito novo de pensar a cidade. Kalandraka
Velasco, H. M., García Castaño, F. J., y Díaz de Rada, A. (1993). Lecturas de antropología para educadores. Trotta.
BÁSICAS E XERAIS:
CB1 - Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG1 - Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Educación Social.
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional das educadoras e dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
TRANSVERSAIS:
CT3 - Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan.
ESPECÍFICAS:
CE1.1 - Comprender os referentes teórico-conceptuais, históricos, comparados, metodolóxicos e pedagóxicos da Educación Social e das prácticas que nela se promoven.
CE1.2 - Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores sociais desenvolven o seu labor profesional.
O desenvolvemento desta materia basearase nunha metodoloxía activa e participativa que favoreza a adquisición dos coñecementos teóricos que teñen que ver coa Antropoloxía da Educación, e tamén as habilidades e destrezas necesarias para poñer en práctica en contextos diversos os coñecementos adquiridos. Apostamos por unha aprendizaxe reflexiva, non mecánica, na que o alumnado vaia adquirindo responsabilidades ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe, ao tempo que desenvolve as capacidades e habilidades precisas para facer fronte aos diversos contextos de intervención dun/unha educador/a.
Falamos, polo tanto, dunha aprendizaxe centrada no propio alumnado, de forma que se favoreza a súa participación activa, adquirindo responsabilidades no seu propio proceso de aprendizaxe, desenvolvendo capacidades e competencias de razoamento. A conxunción destes factores posibilitarán que o alumnado adquira uns coñecementos e razoamentos estruturados que, con posterioridade, poderá aplicar nos distintos contextos de intervención educativa.
É por isto que unha das nosas prioridades será implicar activamente ao/á estudante en procesos de busca, experimentación, reflexión, e aplicación dos coñecementos, a través do estudo de situacións reais e problemas relevantes nunha sociedade como a nosa, cambiante e diversa. Teñamos presente que o valor educativo dos contidos se pon de manifesto cando os coñecementos xorden como resposta a preguntas verdadeiras, a problemas sentidos.
A cooperación entre iguais será unha estratexia didáctica de vital importancia ao longo do cuadrimestre, por ser un marco especialmente axeitado para o diálogo, o debate, a discrepancia e, por suposto, o respecto ás diferenzas.
É importante salientar a posibilidade da realización de saídas de campo e visitas a lugares de interese dentro e fora de Santiago de Compostela, sempre que complementen os contidos desenvoltos nas sesións de aula. As citadas saídas serán organizadas sempre que exista orzamento dispoñible para as mesmas. Asemade, tamén existirá a posibilidade de que algún grupo de alumnado poda desenvolver un proxecto de aprendizaxe-servizo onde se vinculen as aprendizaxes da materia con algún servizo a comunidade.
Así as cousas, a nosa función como docentes pode concibirse como a titorización da aprendizaxe dos estudantes, o que implica deseñar, planificar, estimular, acompañar, e reconducir os seus procesos de aprendizaxe.
A materia contará cunha aula virtual que será imprescindible para o seu seguimento. Neste espazo non só se presentaran os materiais de traballo necesarios para as sesións, senón que tamén se utilizará para facer as entregas dos documentos grupais e individuais e para a comunicación asíncrona, cando faga falta. En consecuencia, o uso regular da aula Virtual será fundamental ao longo da materia.
Tamén se plantexarán saídas de campo ou visitas a centros de especial interese en relación ao contido da materia, tales como Concellos, Centros de ensino, Asociacións, Centros Cívicos, Museos, Institución ... Ditas saídas computaran no marco das sesións interactivas da materia, e serán organizadas en función da desenvolvemento do cuadrimestre.
É claro que o proceso de avaliación debe ser continuo. Debe abranguer tamén tódalas dimensións que se implican nun proceso de aprendizaxe dirixido ao fornecemento de actitudes positivas e un razoable dominio da materia, sempre tendo en conta os resortes metodolóxicos xa expostos.
A tales efectos, cómpre expresar con claridade unha serie de criterios. Concretamente, teranse en conta os seguintes aspectos:
1. Traballo grupal temático de investigación etnográfica (30%)
2. Entrega dun Portafolio, onde se deben incluir as prácticas de aula, xunto cunha reflexión sobre a actividade desenvolvida e unha certa crítica persoal ao abeiro dos temas tratados (20%).
3. Realización dunha Proba Final (50%) consistente na resposta a preguntas breves, a modo de “proba obxectiva”, que poderá ser complementada con análises temáticas.
4. IMPORTANTE: Para poder superar a materia é imprescindible entregar todas as tarefas sinaladas (traballo grupal + portafolio + proba final) en tempo e forma.
5. A participación activa e o traballo en equipo serán considerados a efectos avaliativos. Nembargantes, para superar a asignatura será imprescindible ter acadada unha valoración de “suficiente” na proba final.
6. O presente programa será válido, a todos os efectos, para o alumnado coa materia pendente.
7. Considerando a Instrución 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, o alumnado que teña concedida exención ou dispensa de docencia, será avaliado nas mesmas condicións que o alumnado asistente, agás no que atinxe á realización do portafolios, que será sustituído por un traballo individual de tipo monográfico vinculado aos contidos na materia. O cal deberá ser negociado co profesorado no primeiro mes do cuadrimestre.
8. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas Presenciais:
Teóricas: 25
Prácticas: 25
Horas Non Presenciais: 8
Traballo en Equipo: 12
Busca e análise de información: 12
Estudar para exame final: 35
Horas de avaliación: 1.5
Total volume de traballo: 118.5 horas
Porcentaxes:
-Proba final: 50%
-Traballo grupal: 30%
-Portafolio: 20%
*Non se computará o traballo grupal nin o portafolio se non se supera a proba final de avaliación.
*Non se poderá ter a materia superada sen ter entregado todas as actividades requeridas no programa.
A primeira atinxe á recomendable asistencia ás clases, a fin de garantir a mellor xestión posible da aprendizaxe e da implicación nas tarefas presentes neste programa, e mesmo as que se acorden en función de necesidades e preferencias. A segunda ten que ver coa lectura dalgún libro clásico no ámbito da antropoloxía cultural. E a terceira non pode esquecer a importancia de cumprir os prazos que se establezan nas actividades individuais e grupais.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da USC, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
1. Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
2. Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
3. Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
4. Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
5. Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/mor…"
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Miguel Angel Santos Rego
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813755
- Correo electrónico
- miguelangel.santos [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alejandro Sotelino Losada
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813780
- Correo electrónico
- alexandre.sotelino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Igor Mella Núñez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813756
- Correo electrónico
- igor.mella [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
David Alvarez Caneda
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813890
- Correo electrónico
- david.alvarez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
21.05.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
02.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |