Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
XERAIS:
-Dominar a terminoloxía e conceptos fundamentais da materia.
-Reflexionar de xeito crítico sobre a realidade social e económica.
-Potenciar a busca, selección e síntese de información.
-Habituarse á resolución de problemas, cunha análise previa dos datos.
-Practicar a toma de decisións en relación cos problemas económicos da educación.
ESPECÍFICOS:
-Analizar e valorar os efectos da Economía na Educación e á inversa.
-Dominar as ferramentas fundamentais da Economía aplicándoas á Educación.
-Manexar as fontes estatísticas sobre gasto e financiamento da educación.
-Interpretar indicadores económicos representativos da realidade educativa.
-Comprender os criterios fundamentais de planificación económica da educación.
-Coñecer os instrumentos das Administracións públicas na asignación de recursos á educación.
-Identificar os principios de formulación e execución dos orzamentos públicos.
-Estudar os mecanismos polos cales o nivel educativo inflúe nas oportunidades de emprego.
-Debater a información nos medios de comunicación sobre esta materia.
-Familiarizarse coas estratexias de investigación máis usuais.
Conforme ós obxectivos sinalados, os principais contidos que configuran os bloques temáticos desta materia son os seguintes:
I. Análise e estudo do vocabulario económico e da economía da educación. O concepto de economía da educación. Clasificación da economía da educación. Contidos da economía da educación. Finalidades da educación e do desenvolvemento económico. Funcións da economía da educación. Historia da economía da educación en España. Metodoloxía heurística da Economía da Educación.
II. Planificación da educación: o enfoque clásico e o enfoque democrático. Concepto de planificación. Fases da planificación educativa. Modelos teóricos da planificación educativa.
III. Custo e financiación da educación. Concepto e tipos de custo. A financiación de carácter pública e privada. Fontes de financiación. A financiación sectorial da educación.
IV. Modelos de economía da educación. Modelo de crecemento e desenvolvemento. Modelo produtivista. Modelo de desenvolvemento humano.
V. Modos de financiación e gastos na ensinanza superior. A actividade financeira das universidades. Transformación de taxas académicas en prezos públicos. Outros ingresos das universidades.
VI. O plan estratéxico da USC. Como se elabora o plan estratéxico. Proceso de elaboración do plan estratéxico da USC.
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
Fermoso, P. (1997). Manual de Economía de la Educación. Narcea.
Moreno Becerra, J.L. (1998). Economía de la educación. Pirámide.
Oroval Esteve, E., e Oriol Escardíbul, J. (1998). Economía de la educación. Ediciones Encuentro.
San Segundo, Mª. J. (2001). Economía de la educación. Síntesis.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
Asociación de la economía de la educación. (2001). X Jornadas de la Asociación de la Economía de la Educación. Universidad de Murcia, Servicio publicaciones
Calero, J. (2003). La educación superior en España: financiación y acceso. Revista de Educación, (330), 205-216.
Carnoy, M. (2005). Economía de la educación. UOC.
Delors, J. (Dir)(1996). La educación encierra un tesoro. Santillana/UNESCO.
Estebaranz García, A. (Dir) (2001). Planificación y construcción del cambio en educación secundaria. Mergablum.
González González, M. J. e Pérez Zabaleta, A. (2004). Introducción a la economía. Pearson Educación.
Instituto nacional de empleo. (2000). Impacto de políticas activas de empleo en los universitario. Instituto Nacional de Empleo.
Johnes, G. (1995). Economía de la educación. Capital humano, rendimiento educativo y
Laville, J.L., Nyssens, M. e Sajardo Moreno, A. (2002). Economía social y servicios sociales. Los servicios sociales entre las asociaciones, el Estado y el mercado: los servicios de ayudas a las personas mayores. Narcea.
MEC (2003). La integración del Sistema Universitario Español en el Espacio Europeo de Enseñanza Superior. Documento marco del Ministerio de Educación Cultura y Deportes, de febrero.
Oroval Esteve, E. (Ed.) (1995). Planificación, evaluación y financiación de sistemas educativos. Civitas/AEDE.
Oroval Planas, E. e Torres Solé, T. (2003). Financiación de la formación: inicial, ocupacional y contínua. Revista de Educación, (330), 171-186.
Salas Velasco, M. (2008). Economía de la educación. Aspectos teóricos y actividades prácticas. Madrid, Pearson Educación.
Villarroya, A. (2003). La financiación pública de la enseñanza privada no universitaria en España. Revista de Educación, (330), 205-216.
WEBGRAFÍA
http://www.usc.es
https://www.educacionfpydeportes.gob.es/portada.html
http://www.xunta.es
http://www.eumed.net/cursecon/manual.htm
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades socio-políticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores/as sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CT3 - Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
CE2.2 - Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando as súas potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e á sostibilidade.
CE1.2 - Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores/as sociais desenvolven o seu labor profesional.
CE1.5 - Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas educativas que dean resposta a necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, por si mesmo e/ou en colaboración con outros axentes da sociedade.
CE2.4 - Elaborar, xestionar e/ou utilizar medios e recursos socio-educativos que posibiliten un adecuado desenvolvemento do seu labor profesional e das institucións ou entidades en que se leve a cabo.
Os contidos que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de maneira expositiva ao grupo de clase polas profesoras e o alumnado. As profesoras centrarán nas clases expositivas os aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de maneira condensada a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema. Delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e imbricándose cos demais do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estruturais que conforman o corpus cognitivo da materia.
O alumnado pola súa banda, coa oportuna orientación das profesoras nas clases interactivas, afondarán en cuestións concretas que non foran abordadas máis que dun xeito moi xenérico na clase expositiva e que sexan susceptibles de tratamento de estudo recorrendo aos soportes documentais e bibliográficos pertinentes.
Óptase por un proceso metodolóxico que teña en conta os principios de participación, actividade e aprendizaxe experiencial, primando o desenvolvemento da capacidade comprensiva e a adquisición de competencias.
OBRIGATORIAS
a) Asistencia regular e participación directa nas actividades teóricas e prácticas que se programen, executando as tarefas recomendadas en cada caso coa finalidade de alcanzar as competencias básicas
Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias sobre as que se sustentará a dinámica grupal nas sesións expositivas, interactivas e titoriais. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal a de preceder e suceder ó traballo na aula, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario da materia, por medio dos cales se poderán acadar os obxectivos formulados, o que se fará patente a través das oportunas probas de control. Ser alumno/a asistente implica ter o 80% das asistencias ao longo do cuadrimestre.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia.
b) Canda o estudio e a asistencia e participación nas actividades de aula, cada alumno/a individualmente e cada equipo de traballo terán que realizar de maneira obrigatoria e por escrito sínteses críticas dos documentos que se entreguen na aula e responder ás preguntas que se formulen, resaltando os aspectos máis importantes para lograr as competencias.
c) Lecturas obrigatorias
d) Monográficos
Elaboración de breves traballos monográficos acerca dalgún epígrafe do temario ou dalgún problema específico con el relacionado, que en calquera caso deberán comunicarllo ás profesoras. Estas poderán facilitar as orientacións bibliográficas oportunas e supervisarán a execución do traballo en cada unha das súas etapas. As monografías serán executadas en grupos reducidos. Tras a súa conclusión expoñeranse nas datas indicadas nas sesións de clase interactiva. Trala súa conclusión entregaranse na data sinalada no seu momento.
e) Notas
No caso de desenvolver actividades “en remoto”, o campus virtual será a ferramenta de seguimento.
O volume de información e tempo dedicado ás tarefas “en remoto” será proporcional á carga en créditos da materia. Así mesmo, os materiais empregados deben cumprir coas normativas relativas á propiedade intelectual e protección de datos.
A proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento dentro da materia e a coordinación coas materias do semestre.
Contémplase a posibilidade de realizar unha saída/práctica de campo, que pode ser en coordinación con outras materias, segundo os recursos dispoñibles e as entidades colaboradoras.
Concédeselle moita importancia na avaliación aos seguintes ítems:
-desenvolvemento de bos hábitos de traballo e estudo
-utilización correcta do vocabulario e linguaxe pedagóxicas
-participación activa nos debates de clase
-traballo feito a conciencia
-capacidade investigadora e creativa ao estudar os procesos educativos da escola e da sociedade
-reflexión sobre o seu estudo
-análise do seu papel como futuro pedagogo.
Todas estas consideracións primarán sobre outras na avaliación final.
En correspondencia coas actividades programadas e co plan de traballo proposto, e en harmonía coas competencias, os obxectivos, os contidos, e a metodoloxía consignados e cos recursos dispoñibles, a avaliación dos estudantes estará baseada nas cualificacións que obteñan nas contribucións escritas que realicen, na súa asistencia, participación e calidade das aportacións nas sesións de clases expositivas e interactivas que se programen.
Haberá unha proba que terá un valor máximo do 40% na nota final, pero superar esta proba non implica aprobar a materia.
As prácticas de aula terán un valor máximo do 10% na cualificación final. A nota das prácticas será a media das puntuacións das prácticas entregadas que serán individuais e en grupo. A participación activa nas prácticas será imprescindible para a súa avaliación positiva.
O traballo monográfico terá un valor máximo do 40% na cualificación final. Non se aceptarán traballos dos que a docente non teña constancia da súa elaboración e seguimento.
Realizarase unha lectura obrigatoria que suporá ata un 10% como máximo, da nota final da disciplina.
Os parámetros indicados anteriormente só se terán en conta cando a asistencia estea por encima do 80% das sesións (expositivas e interactivas).
a) Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas.
b) Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na correspondente convocatoria.
c) A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
d) A proba final.
e) Repetidores, exención e dispensa realizarán unha proba única co valor do 100% preparada a través das referencias documentais básicas que están ao seu dispor na aula virtual e recollidas no programa.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
-Actividades presenciais. Clases expositivas, presentación e explicación de temas na aula: 22 horas.
Traballo persoal do alumnado, estudo: 60 horas.
-Actividades presenciais. Prácticas de Seminario-Laboratorio, comentarios de textos:15 horas.
-Traballo persoal do alumnado. Estudo e elaboración de informes: 40 horas.
-Actividades presenciais. Prácticas de Seminario-Laboratorio: comentario de material audiovisual. Sen determinar.
- Traballo persoal do alumnado. Visualización e elaboración de informes. Sen determinar.
-Actividades presenciais. Titorías de traballo de curso: 11 horas.
- Avaliación na aula: 2 horas.
TOTAL DE HORAS PRESENCIAIS: 50.
TOTAL DE HORAS DE TRABALLO PERSOAL: 100
Para un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a concorrencia regular e a participación individual e grupal nas sesións de clase expositiva e interactiva que se programen, debendo executar os estudantes as tarefas encomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias e recapituladoras sobre as cales se sustentará a dinámica de traballo. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal ha de preceder e suceder ao labor na clase, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario, por medio dos cales se poderán atinxir os obxectivos formulados e adquirir as competencias previstas, o que se fará patente a través dos correspondentes exercicios e das oportunas probas de control.
Será indispensable manter comunicacións periódicas regulares co responsable docente da materia nos horarios de titorías estipulados, para recibir as orientacións oportunas e formularlle as dúbidas que se poidan suscitar no proceso de estudo e de iniciación ás tarefas investigadoras.
Recoméndase consultar a Guía Práctica do Estudantado, que conten referencias ás programacións, avaliacións, etc. accesibles na páxina
https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/moreinfo/2020-10/…
- A necesidade de que o alumnado empregue necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
- A necesidade de atender ás normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
Nas primeiras sesións de clase atendendo a calendarización de realización e entrega de traballos por semestre establecéranse as datas límite para a recollida de:
- traballos monográficos
- lecturas
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pódese consultar a Guía de Linguaxe non sexista da USC:https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/mor…
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
María Esther Olveira Olveira
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813763
- Correo electrónico
- Mariaesther.olveira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María González Blanco
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- maria.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia