Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Analizar e comprender criticamente a xénese e evolución das ideas pedagóxicas e das correntes educativas, encadrándoas axeitadamente no marco socio-político e cultural onde ambas as dúas emerxen e se desenvolven.
2. Familiarizarse coa consulta dos acervos bibliográfico-documentais máis relevantes da materia e aprender a utilizalos de maneira adecuada para o estudo temático e a realización de traballos concretos.
3. Coñecer as grandes coordenadas da educación social nas súas diferentes manifestacións e no seu devir temporal.
4. Adquirir as destrezas técnicas, instrumentais e intelectuais necesarias para poder analizar, comprender, interpretar e explicar os procesos educativos do pasado na súa vertente social, en orde a recrear intelectualmente a xenealoxía dos problemas, os discursos e as dinámicas educativas actuais e suxerir pautas de intervención con visión de actualidade e prospectiva, vinculadas ás que hoxe se formulan.
5. Estudar as propostas teórico-normativas que no campo pedagóxico-social inspiran a práctica educativa e vehiculan a súa concreción institucional, desde a primeira modernidade até os tempos actuais, ofrecendo unha imaxe contextualizada das mesmas e salientando as eivas e carencias ás que tratan de responder.
6.Fomentar nos estudantes e futuros educadores e educadoras sociais actitudes positivas cara á disciplina, axudándolles a percibir a dimensión xenealóxica dos procesos educativos do presente e a utilidade da Historia da Educación nos currículos pedagóxicos.
7. Examinar e valorar as propostas de carácter educativo que desde as iniciativas pública e privada se formulan e fan operativas perante os problemas e as necesidades sociais que en cada etapa van agromando.
8. Descubrir a importancia e o significado do coñecemento histórico da educación como condición inexorable para entender e afrontar con solvencia e criterio a realidade educativa actual.
O desenvolvemento teórico-conceptual, científico e disciplinar da materia concreta os seus contidos nos seguintes bloques temáticos:
1. Introdución á Historia da Educación Social.
2. Antecedentes históricos da educación social na primeira modernidade.
3. As descubertas da infancia e a mocidade como categorías histórico-pedagóxicas e as súas implicacións socioeducativas.
4. A educación das mulleres: xénero, marxinación social e formación. Dos tempos modernos á contemporaneidade.
5. Educación popular, dinamización sociocultural e realidades sociais (ss. XIX-XX). O caso español como referente.
6. Problemáticas estruturais e emerxentes da educación social
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
CEESG (2018). Historia da Educación Social en Galicia. Galeduso, 12. https://ceesg.org/files/documentos/docs/galeduso-01-10-2018-galeduso12…
Ruiz Berrio, J. (coord.) (1999). Historia de la Educación Social. Historia de la Educación, 18. http://sedhe.es/wp-content/uploads/4-Historia-de-la-educaci%C3%B3n-soci…
Tiana, A., Somoza, M., e Banadelli, A.M. (eds.) (2014). Historia de la Educación Social. UNED. [Recurso electrónico. Biblioteca USC]
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Ariès, Ph. (1987). El niño y la vida familiar en el Antiguo Régimen. Taurus.
Ballarín, P. (2001). La educación de las mujeres en la España contemporánea (siglos XIX-XX). Síntesis.
Costa Rico, A. e Rodríguez, M. (2022). Mulleres imprescindibles. Educadoras na vangarda do século XX. Kalandraka.
Dávila, P. e Naya, L.M. (coords.) (2005). La infancia en la historia: espacios y representaciones. Erein.
Delgado B. (1998). Historia de la infancia. Ariel.
Demause, Ll. (comp.) (1994). Historia de la infancia. Alianza Editorial.
Flecha, J.R., López Palma, F. e Saco, R. (1988). Dos siglos de educación de adultos. El Roure.
Gabriel, N. de (2019). Elisa e Marcela: amigas e amantes. Edicións Xerais de Galicia.
Gutiérrez A. e Pernil, P. (2004). Historia de la infancia. UNED.
Hernández J.M. (1997). Antecedentes y desarrollo histórico de la animación sociocultural en España. En J.Trilla (coord.), Animación sociocultural: teorías, programas y ámbitos (pp. 61-80). Ariel.
Luis, F. de (1994). Cincuenta años de cultura obrera en España, 1890-1940. P. Iglesias.
Moreno, P.L. e Viñao, A. (1997). La educación de adultos en España (siglos XIX-XX). En J. García Carrasco (coord.), Educación de adultos (pp. 24-47). Ariel.
Otero, E. (2007). Las Misiones Pedagógicas (1931-1936). SECC-Residencia de Estudiantes.
Palacio, I. e Ruiz, C. (1996). Asistencia social y educación. U. de Valencia.
Quintana, J.M. (1997). Antecedentes históricos de la educación social. En A.Petrus (coord.), Pedagogía Social (pp. 67-91). Ariel.
Ruiz Rodrigo, C. (coord.) (2003). Educación Social. Viejos usos y nuevos retos. U. de Valencia.
Ruiz Rodrigo, C. (2004). Protección a la infancia en España. U. de Valencia.
Ruiz, C. e Palacio, I. (1995). Pauperismo y educación.U. de Valencia.
Ruiz Berrio, J. (ed.) (1994). Educación y marginación social. C. de Madrid-Dir. Gral. de la Mujer.
Ruiz Berrio, J. (coord.) (1999). Historia de la Educación Social. Historia de la Educación, 18.
Santolaria F. (1998). Historia y Educación Social. Cuestiones y perspectivas historiográficas. Revista Española de Pedagogía, 210, 217-244.
Santolaria, F. (1997). Marginación y educación. Ariel.
Sánchez Valverde, C. (coord.). Rescatando la historia y las historias de la Educación Social. Revista de Educación Social, 17. http://www.eduso.net/res/archivo.php?m=c&b=21
Tiana, A. e Sanz, F. (2003). Génesis y situación de la educación social en Europa. UNED.
Tiana, A., Somoza, M., e Banadelli, A.M. (eds.) (2014). Historia de la Educación Social. UNED.
Uribe, J. (2020). La prisión de los conceptos: escoria, exclusión social, interacción y agencia. Zertbitzuan. Revista de servicios sociales, 71, 5-17.
VV. AA. (2008). Historia de la Educación Social y su enseñanza. Cuadernos de Historia de la Educación, 4. SEDHE.
PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS:
Hª de la Educación, Hª y Memoria de la Educación, Sarmiento, Revista Galega da Educación, Educació i Història.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1- Demostrar posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG1- Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Educación Social.
CG2- Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como retrospectivos e prospectivos.
CG3- Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das súas intervencións educativas, atendendo ás circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se insire, en relación aos suxeitos cos que traballa e ás dinámicas sociais das que participan.
CG5- Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT3- Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1.1- Comprender os referentes teórico-conceptuais, históricos, comparados, metodolóxicos e pedagóxicos da Educación Social e das prácticas que nela se promoven.
CE1.2- Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa onde os educadores sociais desenvolven o seu labor profesional.
Desde esta materia aspírase a proporcionarlle ao alumnado os elementos esenciais que lle permitan reconstruír a xénese e evolución histórica da educación social na súa dimensión teórica e empírica, así como establecer as coordenadas nas que se desenvolven as diferentes variantes e manifestacións que no decurso dos tempos adopta, posibilitándolle ao estudantado, asemade, entender de maneira máis óptima a problemática educativa actual e capacitándoo para idear propostas de intervención orientadas cara á súa mellora, cunha inequívoca orientación de futuro. Este complexo cadro competencial debe traducirse a efectos prácticos na consecución dunha conciencia histórica acerca dos procesos educativos, como necesidade irrenunciable para a súa adecuada comprensión e explicación.
A operativización destas estratexias competenciais irase facendo efectiva ao longo do cuadrimestre, coincidindo co tratamento dos diferentes núcleos temáticos e coa realización das actividades programadas.
A metodoloxía de traballo nesta materia comprenderá os seguintes elementos:
Sesións de clase:
Expositivas. As sesións expositivas incidirán na presentación e explicación dos contidos temáticos do programa. A análise, o desenvolvemento e a presentación na aula dos contidos que conforman o temario desta materia serán unha tarefa compartida pola profesora e o alumnado, coas variacións particulares que requira cada un dos bloques de contido. A docente centrará a súa exposición nos aspectos nucleares de cada bloque temático, recorrendo ao apoio de medios e materiais audiovisuais que se poñerán á disposición do alumnado para facilitar a comprensión dos mesmos.
Interactivas. As sesións interactivas permitirán abordar en maior profundidade algún aspecto destacado dos núcleos temáticos mediante propostas de traballo que fomenten a implicación activa, a participación e o diálogo do estudantado (comentario de textos históricos, debate sobre filmes, análise de artigos de prensa...). Nestas sesións desenvolveranse as actividades prácticas da materia en equipos de traballo estables.
Sesións de titoría:
Titorías. A profesora ofrecerá nas sesións de titoría pautas específicas ao alumnado, ben individualmente ou ben en pequenos grupos, para unha satisfactoria execución dos traballos do curso e un maior aproveitamento das sesión teórico-prácticas programadas.
Actividades:
Práctica de campo. Na materia prevese tamén o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo (visita-estudo, encontros con profesionais, etc.). Esta práctica poderá ser compartida con outras do curso na perspectiva dun traballo interdisciplinar, sendo neste caso abordada e valorada desde cada unha das materias implicadas.
Librofórum. Contémplase a realización dun libroforum baixo a denominación de “Historias da Educación Social”. Partindo do narrativo como fonte de aprendizaxe e da lectura compartida e dialogada en pequenos grupos en torno a un conxunto de obras seleccionadas, o alumnado realizará un traballo grupal centrado na análise dos seguintes aspectos: visión da educación social subxacente na obra, funcións dos educadores/as, aportes e limitacións das propostas, e vinculación da experiencia estudada coas realidades educativas actuais.
Estratexias de traballo e recursos:
Equipos de traballo. Constituiranse en cada CLIS equipos estables de traballo que realizarán conxuntamente todas as actividades grupais obrigatorias da materia.
Dossier documental. O alumnado terá a súa disposición documentos de referencia de cada tema, como eixo fundamental da actividade formativa desta materia, e deberá dedicar especial atención á súa lectura, análise e discusión.
Aula virtual. Constitúe un espazo de traballo para a difusión de materiais, información relativa ao desenvolvemento do temario, realización de prácticas de aula, envío de avisos, etc. É indispensable a entrada semanal á mesma para un correcto seguimento do curso.
A avaliación fundaméntase nos principios de participación, responsabilidade persoal e aprendizaxe. Nesta liña, a tarefa avaliadora será integral, continua e formativa, a súa aplicación será de carácter individual e tamén en equipo, en función das diversas actividades de ensinanza e aprendizaxe propostas durante o desenvolvemento da materia. Nesta perspectiva prevese:
a. Elaboración e entrega de traballos escritos (prácticas de aula) que terán unha formulación diversificada, segundo a dinámica de clase que os propicie ou a temática que aborden. Neles poderán incluírse preguntas de resposta breve e/ou tipo ensaio, comentario de textos históricos, etc. Realizaranse en pequenos grupos nas sesións interactivas (35% da cualificación final).
b. Realización dun traballo en equipo (cinco/seis integrantes) centrado na análise dunha obra de Educación Social en clave histórica e no desenvolvemento en aula dun librofórum (25% da cualificación final).
C. Realización dun exercicio escrito final, con varias preguntas de desenvolvemento vinculadas a diferentes bloques temáticos, coincidindo coas datas que se establezan no calendario oficial de exames da Facultade (40% da cualificación final).
REQUIRIMENTOS PARA A AVALIACIÓN FORMATIVA:
Para proceder á avaliación sumativa da materia é preciso ter realizadas e entregadas en prazo (único para todo o alumnado) todas as actividades obrigatorias e obter no exame unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10.
O sistema e criterios de avaliación expostos son idénticos en calquera das oportunidades previstas para a superación da materia.
Os traballos individuais ou en grupo do alumnado deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Ao alumnado repetidor conservaráselle as cualificacións das actividades de avaliación que teña aprobado durante os dous cursos académicos posteriores á primeira matrícula, non estando exento de realizar as novas actividades que puideran incorporarse.
ALUMNADO EXCEPCIONALMENTE DISPENSADO DE ASISTENCIA
Exención parcial
O alumnado con exención parcial de docencia (clases expositivas) seguirá o proceso de avaliación xeral debendo incorporar a maiores unha síntese escrita dos documentos obrigatorios para o estudo de cada tema (dossier). A realización desta actividade será requisito indispensable para ser avaliado. A profesora indicarán en titoría as características específicas e prazos para a elaboración de dita síntese.
Dispensa de asistencia
O alumnado excepcionalmente dispensado de asistencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/secxeral/In…), ou con exención total de docencia (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/cc_educacio…) seguirá o seguinte proceso e criterios de avaliación:
a) Realización individual das actividades de aula indicadas pola profesora (20% da cualificación)
b) Síntese escrita dos documentos obrigatorios por tema (dossier) (15% da cualificación)
c) Realización dun traballo monográfico (15% da cualificación)
d) Exame oficial da materia (50% da cualificación)
- Actividades presenciais. Clases expositivas, presentación e explicación de temas na aula: 20 horas.
- Traballo persoal do alumnado. Estudo: 45 horas.
- Actividades presenciais. Prácticas de Seminario-Laboratorio. Comentarios de textos: 8 horas.
- Traballo persoal do alumnado. Estudo e elaboración de informes: 45 horas.
- Actividades presenciais. Prácticas de Seminario-Laboratorio. Comentarios de materiais audiovisuais: 5 horas.
- Traballo persoal do alumnado. Visualización de material e elaboración de informes: 10 horas.
- Actividades presenciais. Titorías de traballo de curso: 15 horas
- Actividades presencias. Avaliación na aula: 2 horas.
TOTAL DE HORAS PRESENCIAIS: 50
TOTAL DE HORAS DE TRABALLO PERSOAL: 100
Tendo en conta a metodoloxía de ensinanza antes exposta, para un adecuado seguimento, comprensión e dominio da materia e para a consecución dos obxectivos e as competencias establecidas, estímase de suma importancia a concorrencia regular e a participación individual e grupal nas sesións de clases expositivas, interactivas, teóricas e prácticas que se programen, debendo executar o estudantado as tarefas encomendadas en cada caso. Isto, obviamente, implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias e recapitulatorias sobre as cales se alicerzará a dinámica de traballo na aula. Sendo así, a participación require o estudo, que como tarefa persoal ha de preceder e suceder ao traballo na clase, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario, por medio dos cales se poderán atinxir os obxectivos formulados e adquirir as competencias previstas, o que se fará patente a través dos correspondentes exercicios de avaliación.
Será indispensable manter comunicacións periódicas e regulares coa docente nos horarios de titorías estipulados, para recibir as orientacións oportunas e formularlle por parte dos estudantes as dúbidas e suxestións derivadas do estudo e a execución dos distintos labores no marco da materia. Durante o decurso do cuadrimestre e xa sexa no ámbito das sesións de clase ou nas horas de titorías, facilitaranse outras orientacións puntuais que complementen ou maticen as que aquí figuran enunciadas dun xeito xenérico, como lle acae a toda declaración programática.
ASISTENCIA A CLASES
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
CORREOS ELECTRÓNICOS
En todo o proceso de comunicación mediante correo electrónico profesora-alumnado empregarase exclusivamente o enderezo da USC (@rai.usc.es). O alumnado debe establecer as medidas que lle permitan ter un seguimento actualizado deste medio de comunicación.
USO DO MÓBIL
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
PROTECCIÓN DE DATOS
Débese ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia. Lémbrase a obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
NORMATIVA APA
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed.
ENTREGA DE TRABALLOS E RESPONSABILIDADE AMBIENTAL
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual. No caso de que se solicite entrega en papel, deberase atender as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
OUTRAS OBSERVACIÓNS
Todas as alumnas e os alumnos matriculadas/os nesta materia, ou pendentes de formalizar administrativamente esta condición, avaliaranse segundo os criterios e actividades sinaladas.
As persoas afectadas por algunha situación especial que dificulte o normal seguimento da materia, deberán acreditalo diante da profesora ata o 25 de setembro de 2024 e, de ser o caso, solicitar o apoio correspondente no Servizo de Participación e Integración Universitaria.
Maria Julia Diz Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813745
- Correo electrónico
- mariajulia.diz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_02 (Fernández Q - P) | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 (Q - Z) | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Fernández P) | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
19.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |