Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Situar aos estudantes nos fundamentos teórico-prácticos do proceder metodolóxico en Educación Social, aproveitando as súas potencialidades para a súa participación activa en procesos de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, en distintos contextos e campos temáticos.
- Coñecer e estar en condicións de facer uso dos fundamentos nos que se sustentan as Estratexias Internacionais, Nacionais e Autonómicas da Ciencia e a Tecnoloxía, así como dos recursos e procesos que unhas e outras habilitan para a promoción de iniciativas e programas de investigación en Educación Social, sexa no plano individual ou colectivo, a través do Doutoramento, Grupos e Redes de Investigación, etc.
- Ter capacidade para usar fontes documentais, recursos metodolóxicos, que posibiliten analizar, interpretar e avaliar informes de investigación, así como estimular a creación, difusión e aplicabilidade do coñecemento na Investigación en Educación Social, en converxencia cos aportes realizados por outros ámbitos das Ciencias da Educación e das Ciencias Sociais.
- Incrementar a identificación das competencias socio-profesionais dos graduados en Educación Social co dominio dos fundamentos científicos da súa práctica, posibilitando que a través dos procesos de I+D+i poidan dar unha resposta máis cualificada ás necesidades e demandas sociais emerxentes.
1. Aproximación conceptual á innovación, tipos, modelos e axentes dinamizadores.
2. As políticas de investigación, desenvolvemento e innovación en Galicia, España e Europa.
3. Os proxectos de investigación en Educación Social.
4. Avance do coñecemento en Educación Social: realidades e perspectivas de futuro. Os profesionais da Educación Social como axentes de cambio e innovación na sociedade global-local.
BÁSICA
• Cajide Val, J. (Coord.) (2011). Innovación y transferencia: reflexiones desde la universidad y la empresa. Instituto de Ciencias de la Educación de la Universidad de Santiago de Compostela.
• Caride, J. A. (2005). Las fronteras de la Pedagogía Social: perspectivas científica e histórica. Gedisa.
• Facal, T. (2015). Guía para elaborar un proyecto de investigación social. Paraninfo.
• Lara, E. e Ballesteros, B. (2009). Métodos de investigación en educación social. UNED.
COMPLEMENTARIA
• Caride, J.C. (2017). Cruzando límites: sobre los desafíos de la educación social en tiempos de incertidumbre. RES, Revista de Educación Social, (25), 8-29. http://www.eduso.net/res/winarcdoc.php?id=1047
• CEESG (Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia) (2018). Historia da Educación Social en Galicia. GALEDUSO. Revista do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (12), 1-117. http://www.ceesg.gal/actualidade/galeduso-01-10-2018-galeduso12.pdf
• Fernández Prados, J.S. e Lozano Díaz, A. (2017). Propuestas de innovación socioeducativa para una ciudadanía del siglo XXI, RES, (24), 1179-1187. http://www.eduso.net/res/24/articulo/propuestas-de-innovacion-socioeduc…
• Fundación CTIC Sociedad de la Información (Ed.) (2012). Innoexplora. Innovando con las personas. Informe Innoexplora. Documento de conclusiones y análisis de buenas prácticas de la innovación social. https://es.slideshare.net/andreavitali/inno-explora-innovando-con-la-pe…
• Galiana, P. (2018). Open innovation: descubre el modelo de innovación abierta de cuádruple hélice. https://www.iebschool.com/blog/cuadruple-helice-open-innovacion/
• García Ferrando, M., Ibáñez, J. e Alvira, F. (2007). El análisis de la realidad social. Alianza.
• García, D. (2019). El modelo de innovación de la quintuple hélice: un enfoque de utilidad desde el punto de vista de la sociedad y su entorno. AECA: Revista de la Asociación Española de Contabilidad y Administración de Empresas, (127), 34-36. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=7111039
• Jaraíz Arroyo, G. (2015) El Tercer Sector como sociedad civil. Dialógicas y recursividades en un contexto de cambios sociales. Revista Española del Tercer Sector (30), 99-126. https://rio.upo.es/xmlui/handle/10433/2559
• Larrea Jiménez de Vicuña, J. L. (2010). Teoría (imperfecta) de la innovación: Toda apariencia de perfección es sospechosa. Pirámide.
• Moral Mora, A. M. (2014). La Investigación en Educación Social. Una propuesta orientada a la formación de estudiantes universitarios. Edetania. Estudios Y Propuestas Socioeducativas, (45), 189-200. https://revistas.ucv.es/index.php/Edetania/article/view/181
• Morales Gutiérrez, A.C. (2011) Tercer sector e innovación: experiencias, desafíos y oportunidades. Revista Internacional de Organización (RIO), (5), 165-183. https://doi.org/10.17345/rio5.165-183
• Morón-Marchena, J.A. e Torres-Barzabal, L. (Coords.) (2021). Investigación e innovación en Educación Social. Estudios e investigaciones en tiempos de COVID-19. Octaedro
• OECD & Eurostat (2006) (terceira edición) Manual de Oslo (capítulo 3). http://ctie.economia.cl/wp-content/uploads/2017/07/Manual_de_Oslo-05.pdf
• Pérez Juste, R., García Llamas, J.L., Gil Pascual, J.A. e Galán González, A. (2009). Estadística aplicada a la educación. Pearson Educación.
• Vilar Martín, J. (2018). Elementos de reflexión para el futuro próximo de la educación social. Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa, (70), 17-38. http://redined.mecd.gob.es/xmlui/handle/11162/179263
Competencias Básicas e Xerais
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e soe atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña a labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG5 - Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
CG6 - Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica profesional, con pleno respecto aos principios deontolóxicos aos que se remite a Educación Social, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.
Competencias Transversais
CT3 - Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
Competencias Específicas
CE1.4 - Seleccionar e facer uso de métodos e medios orientados ao coñecemento das realidades educativas e sociais, emitindo xuízos razoados sobre as informacións obtidas e a súa utilidade para o desenvolvemento da súa práctica profesional.
CE1.5 - Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas educativas que dean resposta a necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, por si mesmo e/ou en colaboración con outros axentes da sociedade.
CE2.5 - Realizar e facer uso de informes técnicos, de investigación e avaliación sobre accións, procesos e resultados socioeducativos.
A metodoloxía empregada diríxese ao favorecemento da adquisición das competencias indicadas, propiciando que o alumnado poida implicarse activamente na comprensión crítica dos contidos programados.
Nas clases expositivas presentaranse os contidos fundamentais de cada tema, con apoio de materiais seleccionados que faciliten a súa comprensión. Nas sesións interactivas, o alumnado implicarase na resolución de diferentes actividades e supostos prácticos coa supervisión e apoio da profesora. Estas actividades permitirán que o alumnado poña en práctica os contidos traballados dende as clases expositivas.
Nas sesións de titorías atenderase ás necesidades específicas de cada estudante, clarexando dúbidas ou dando as orientacións pertinentes, co fin de guiar o seu proceso de ensino-aprendizaxe.
No desenvolvemento da materia utilizarase a plataforma virtual da USC como ferramenta de apoio á docencia, fundamentalmente como repositorio de materiais de consulta e de estudo e como medio de comunicación co alumnado, tanto de modo individual como grupal.
Respecto dos materiais non haberá un dossier único da materia. Para cada tema concretarase o material necesario para a súa aprendizaxe, que poderán ser artigos, capítulos específicos de manuais, esquemas, etc.
Sempre que sexa posible realizarase unha saída/ práctica de campo.
En canto á avaliación das aprendizaxes esta será continua e formativa ao longo do semestre, é dicir, valorarase o rendemento e as aprendizaxes adquiridas a través das diferentes tarefas desenvoltas. Deste xeito, proponse valorar tanto os resultados da aprendizaxe como o esforzo e o progreso durante o desenvolvemento das actividades, incentivando a reflexión crítica e unha dedicación constante á materia ao longo do semestre. Esta avaliación ten como base a participación nas clases, as actividades individuais e grupais realizadas polo alumnado, así como a proba individual escrita (exame).
En termos xerais, a cualificación ou avaliación procederá dos seguintes aspectos:
A) Participación nas distintas actividades de clase (10%).
B) Realización e presentación dos traballos solicitados pola profesora (40%). Os prazos de entrega dos traballos serán fixados previamente e inamovibles. Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
C) Proba individual escrita (exame), na data establecida na convocatoria oficial, na que se valorarán os contidos tratados na materia (50%).
Para obter unha valoración positiva da materia será preciso ter realizadas, en prazo, todas as actividades de avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que recolle a Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Seguirase o mesmo sistema de avaliación para as distintas oportunidades contempladas no calendario académico.
Os/as estudantes repetidores ou non presentados avaliaranse segundo os criterios establecidos en cada curso académico.
O alumnado que teña concedida exención de docencia oficial deberá poñerse en contacto coa profesora da materia para ter unha titoría presencial coa mesma nos quince días seguintes da concesión da exención para presentar a documentación pertinente e acordar o plan de traballo a desenvolver ao longo do semestre. O sistema de avaliación da aprendizaxe para o devandito alumnado será o mesmo que para o resto do alumnado matriculado na materia.
Esta materia ten grupos interactivos de laboratorio (CLIL), polo tanto, nela non se contempla a dispensa de asistencia do alumnado.
Horas presenciais: 48 (15 de teoría, 18 de prácticas e 15 de titoría).
Horas non presenciais: 100.
Horas de avaliación: 2 (exame).
Total volume de traballo: 150.
Coñecementos básicos sobre os fundamentos científicos das Ciencias Sociais e da Educación, así como das interaccións que se establecen entre o coñecemento, a investigación e a innovación en distintos contextos (locais, autonómicos, nacionais, internacionais, etc.). Tamén recoméndase o dominio (a nivel de usuario) de coñecementos de informática, fundamentalmente orientados ao procesamento de textos, navegación por Internet, elaboración de presentacións, etc.
ASISTENCIA A CLASE:
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
Cabe lembrar que a USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
O alumnado con exención oficial de docencia terá que comunicalo en tempo e forma ao profesorado. O sistema de avaliación da aprendizaxe para o devandito alumnado será o mesmo que para o resto do alumnado matriculado na materia.
Esta materia ten grupos interactivos de laboratorio (CLIL), polo tanto, nela non se contempla a dispensa de asistencia do alumnado.
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2020-, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PROTECCIÓN DE DATOS: Aplicarase a normativa vixente na USC:https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
OBLIGATORIEDADE DE EMPREGO DO CORREO INSTITUCIONAL: O alumnado empregará o correo oficial da USC (@ rai.usc.es) na súa comunicación coa profesora.
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA: Queda restrinxido o uso do móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTEAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade (Lifesize, etc.)
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
A entrega das tarefas, segundo a súas características, será a través da aula virtual ou en formato papel. Para cada unha das tarefas solicitadas indicarase a forma de entrega.
CONTACTO:
Profesora: Elisa Teresa Zamora Rodríguez
Despacho: Nº 68 (Módulo A)- 2º andar - Facultade de CC. da Educación- Campus Vida
Correo electrónico: elisateresa.zamora [at] usc.es (elisateresa[dot]zamora[at]usc[dot]es)
Tfno: 881813946
Elisa Teresa Zamora Rodriguez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813946
- Correo electrónico
- elisateresa.zamora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | AULA 4-5 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
13:00-15:00 | Grupo /CLIL_04 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
09:00-11:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
11:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
13:00-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
02.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |