Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Conceptualizar o conflito e distinguir os elementos presentes no conflito.
- Descubrir e analizar os sentimentos que afectan aos corpos en conflito.
- Recoñecer os diferentes métodos de resolución de conflitos.
- Delimitar o concepto de mediación, as súas funcións e o proceso a seguir.
- Comprender o papel que desempeña a mediación nos procesos de inclusión social.
- Descubrir as diferentes áreas de aplicación da mediación.
- Entender os principios básicos da mediación social e saber cales son as técnicas e instrumentos máis utilizados en mediación.
- Coñecer programas, proxectos, experiencias e recursos socioeducativos para a mediación social.
Os contidos da materia estrutúranse nos seguintes temas:
BLOQUE I. A MEDIACIÓN
Tema 1. O conflito: conceptualización, clasificación, elementos e estilos de afrontamento
Tema 2. Os métodos de resolución de conflitos. Conceptualización da mediación
Tema 3. A persoa mediadora: habilidades e competencias. A ética do/a mediador/a
Tema 4. A intervención mediadora. O proceso de mediación: Estrutura e fases
Tema 5. Técnicas utilizadas en mediación
Tema 6. Planificación en mediación. Elaboración de proxectos
BLOQUE II. ÁMBITOS DE APLICACIÓN DA MEDIACIÓN
Tema 7. Mediación familiar
Tema 8. Mediación intercultural
Tema 9. Mediación escolar
Tema 10. Outros ámbitos
BÁSICA
De Diego, R. e Guillén, C. (2012). Mediación: proceso, tácticas y técnicas (3ª ed.). Pirámide.
Rozenblum de Horowitz, S. (2007). Mediación. Convivencia y resolución de conflictos en la comunidad. Graó.
Soleto Muñoz, H. (Dir.) (2011). Mediación y resolución de conflictos: técnicas y ámbitos. Tecnos.
COMPLEMENTARIA
Aguirre, A. et al. (2009). La mediación escolar: una estrategia para abordar el conflicto. Graó.
Cabrera Mercado, R. (Dir.) (2017). La mediación como método para la resolución de conflictos. Dykinson.
Castillejo Manzanares, R. (2020). Manual de mediación en asuntos civiles y mercantiles. Tirant lo Blanch.
Comisión Europea (2010). Educación y formación para la inclusión social: buenas prácticas en Europa. Oficina de Publicaciones de la Unión Europea.
Conejero Paz, E. e Ortega Giménez, A. (2010). Inmigración, integración, mediación intercultural y participación ciudadana. Club Universitario.
Escarbajal Frutos, A. (2010). Interculturalidad, mediación y trabajo colaborativo. Narcea.
Farré, S. (2004). Gestión de conflictos: taller de mediación. Un enfoque socioafectivo. Ariel.
Gil-Madrona, P. e Abellán, J. (Coord.) (2016). Mediación educativa : juegos, ocio y recreación. Pirámide.
Malik Liévano, B. e Herraz Ramos, M. (Coord.) (2005). Mediación intercultural en contextos socio-educativos. Aljibe.
Munduate, L. e Medina, F.J. (Coord.) (2006). Gestión del conflicto, negociación y mediación. Pirámide.
Ordóñez Olmedo, E. (2019). La mediación como estrategia de resolución de conflictos en ámbitos sociales y educativos. Dykinson.
Orozco Pardo, G. e Monereo Pérez, J.L. (Dir.) (2015). Tratado de mediación en la resolución de conflictos. Tecnos.
Palandri, E. e Luchino, G. (2023). Mediación familiar. Alveroni Ediciones.
Sarasola Sánchez–Serrano, J. L., González González, J. M. e Barrera Algarín, E. (Coord.). (2023). Mediación: propuestas innovadoras para la resolución extrajudicial de conflictos. Dykinson.
Sarasola Sánchez-Serrano, J.L.; Malagón Bernal, J.L. e Barrera Algarín, E. (coords.) (2010). Mediación: elaboración de proyectos: casos prácticos. Tecnos.
Soleto Muñoz, H. e Otero Parga, M. (Coord.) (2007). Mediación y solución de conflictos: habilidades para una necesidad emergente. Tecnos.
Sorribas Pareja, M. (2014). Mediación comunitaria, CFGS Integración social : servicios socioculturales y a la comunidad. Altamar.
Torrego, J.C. (Coord.) (2013). Mediación de conflictos en instituciones educativas (7ª ed.). Narcea.
WEBS DE INTERESE
Revista de Mediación: http://revistademediacion.com
Revista Mediato (Universidad Pablo de Olavide): https://www.upo.es/mediacion/mediatio
ASEMED Asociación Española de Mediación: http://www.asemed.org
Asociación Galega de Mediación Escolar e Familiar: https://asgamed.org
Cimega:círculo de Mediación de Galicia: https://cimega.gal
Básicas e xerais:
CB1 - Que os e as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CG4 - Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
Específicas:
CE1.1 - Comprender os referentes teórico-conceptuais, históricos, comparados, metodolóxicos e pedagóxicos da Educación Social e das prácticas que nela se promoven.
CE2.1 - Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
CE2.2 - Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e á sostenibilidade.
CE2.3 - Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc. que posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
Transversais:
CT2 - Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
CT4 - Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
A metodoloxía empregada oriéntase a favorecer a adquisición das competencias indicadas, propiciando tamén que o alumnado se implique activamente no desenvolvemento dunha boa comprensión crítica dos contidos programados e na realización das tarefas de reflexión e aplicación práctica correspondentes.
Nas clases expositivas presentaranse os contidos fundamentais con apoio de materiais seleccionados que faciliten a súa adecuada comprensión. Nalgunhas destas sesións, poderase incluír actividades que impliquen unha reflexión sobre o contido teórico que se está traballando. Estas clases desenvolven os aspectos fundamentais da materia e o seu obxectivo é servir de base para a organización do coñecemento do alumnado e fundamentar o traballo práctico que se levará a cabo na materia.
As sesións interactivas permitirán afondar nalgúns aspectos destacados dos núcleos temáticos, a través de documentación escrita e/ou a través de material audiovisual. No seu transcurso desenvolveranse diversas actividades prácticas obrigatorias conducentes ao afianzamento dos coñecementos da materia. O traballo terá como soporte, maioritariamente, a actividade en pequeno grupo.
Para o desenvolvemento da materia farase uso da aula virtual da USC como ferramenta de apoio ao desenvolvemento da docencia.
Respecto dos materiais indicar que cada tema terá asociada unha documentación específica que será indicada durante o proceso de ensino-aprendizaxe.
Na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións …) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua e final e constará dos seguintes elementos coa súa ponderación na cualificación final:
A) Realización e presentación das actividades solicitadas polas profesoras que se desenvolverán, total ou parcialmente, na aula (50% da cualificación final).
Nas sesións de clase estableceranse as datas límite para a realización e entrega das actividades.
Non se recollerán actividades de alumnado que non asistira á sesión na que se presentou a actividade. Só naqueles casos en que a ausencia sexa debida a algunha das razóns contempladas na normativa (que o/a estudante deberá xustificar documentalmente), se lle permitirá realizar a actividade con posterioridade e entregala cumprindo os prazos que se lle indiquen.
Na realización das actividades seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed.
B) Proba individual escrita final de carácter presencial, na data e hora establecida na convocatoria oficial, na que se valorarán os contidos tratados na materia (50% da cualificación final). Non se cambiará a data de exame a ningún estudante salvo nos casos contemplados na Normativa sobre avaliación do rendemento académico da USC.
A asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é un requisito imprescindible para poder aprobar a materia (e non puntúa). Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia aténdose ás condicións aprobadas a tal efecto.
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas. No caso de non superar as diferentes actividades de avaliación, na nota final figurará a correspondente á proba individual escrita final.
O alumnado que teña concedida EXENCIÓN DE DOCENCIA segundo o recollido na Instrución nº1/2017, deberá ter unha titoría presencial coa profesora coordinadora da materia nos 15 días posteriores á comunicación de dita concesión. Nesta titoría presentarase a documentación pertinente e acordarase o plan de traballo a desenvolver ao longo do cuadrimestre. O alumno/a deberá entregar as actividades propostas pola profesora nas datas que se lle indiquen en dita titoría e realizar a proba individual escrita final, na data e hora establecida na convocatoria oficial.
O sistema e criterios de avaliación expostos son idénticos en calquera das convocatorias ordinaria ou de recuperación da materia.
O alumnado repetidor ou non presentado avaliarase segundo os criterios establecidos en cada curso académico.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria.
A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
Total horas presenciais (clases expositivas, clases interactivas de laboratorio, seminario, titorias, avaliación): 50 horas.
Total horas traballo persoal (lecturas, elaboración e análise de informes, estudo): 100 horas.
Os contidos desta materia están estruturados de tal forma que é preciso, dende a primeira clase, un traballo diario e constante para que o alumno/a vaia acadando progresivamente o seu dominio, isto permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo acadar os obxectivos e as competencias da materia.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Responsabilidade medioambiental. Se se entregan actividades en papel débese ter en conta:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Felicidad Barreiro Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813827
- Correo electrónico
- felicidad.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Aixa Permuy Martinez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Correo electrónico
- aixa.permuy.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 (A - Fra) | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_03 (Mo - Re) | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_02 (Fre - Mi) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_04 (Ri - Z) | Galego | AULA 14 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
21.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
26.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |