Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Adquirir a terminoloxía básica propia das distintas modalidades de investigación social e educativa.
- Diferenciar os criterios de uso e elección dos distintos métodos de investigación utilizados na investigación socioeducativa.
- Ser capaz de planificar investigacións socioeducativas nos seus elementos básicos.
- Coñecer a codificación e análise de datos por medios informáticos.
- Saber analizar datos, cualitativos e cuantitativos, e interpretar adecudamente os resultados.
Os contidos da materia estrutúranse nos seguintes bloques temáticos:
1.Perspectiva xeral da metodoloxía de investigación socioeducativa
2. Principais métodos de investigación socioeducativa
• Métodos de investigación cuantitativa
• Métodos de investigación cualitativa
3. Análise de datos en investigación socioeducativa
• Análise de datos cuantitativos
• Análise de datos cualitativos
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bisquerra, R. (2019). Metodología de la investigación educativa (6ª ed.). La Muralla.
Etxeberria, J. e Tejedor, F.J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. La Muralla.
Porto Castro, A. M. e Mosteiro García M. J. (2016). Análisis descriptivo de datos con IBM SPSS Statistics. Andavira.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Ballesteros, B. (Coord.) (2019). Investigación social desde la práctica educativa. UNED.
Callejo Gallego, J. (Coord.) (2009). Introducción a las técnicas de investigación social. Centro de Estudios Ramón Areces.
Corbeta, P. (2003). Metodología y técnicas de investigación social. McGraw Hill.
Cubo Delgado, S.; Martín Marín, B. e Ramos Sánchez, J.L. (Coords.) (2011). Métodos de investigación y análisis de datos en ciencias sociales y de la salud. Pirámide.
Del Rincón, D., Arnal, J., Latorre, A. e Sans, A. (1995). Técnicas de investigación en Ciencias Sociales. Dykinson.
Elliot, J. (2000). La investigación-acción en educación. Morata.
García Ferrando, M., Ibañez, J. e Alvira, F. (2007). El análisis de la realidad social. Alianza.
Gibbs, G. (2012). El análisis de datos cualitativos en investigación cualitativa. Morata.
Lara Guijarro, E. e Ballesteros Velázquez, B. (2009). Métodos de investigación en educación social (2ª ed.). UNED.
López-Roldán, P. e Fachelli, S. (2015). Metodología de la Investigación Social Cuantitativa. Universitat Autònoma de Barcelona. Dipòsit Digital de Documents. https://ddd.uab.cat/record/129382
Molina Azorín, J.F., Fàbregues Feijóo, S. e Escalante Barrios, E.L. (2024). Métodos mixtos de investigación: integrando métodos cuantitativos y cualitativos. Ediciones Pirámide.
Murillo Torrecilla, F. J. e Martínez-Garrido, C. (2012). Análisis de datos cuantitativos con SPSS en investigación socioeducativa. Universidad Autónoma Ediciones.
Páramo Morales, D., Campo Sierra, S. e Maestre Matos, L. (Comp.) (2020). Métodos de investigación cualitativa: fundamentos y aplicaciones. Editorial Unimagdalena.
Rodriguez Gómez, G., Gil Flores, J. e García Jiménez, E. (1999). Metodología de la investigación cualitativa. Aljibe.
Rubio, M.J. e Varas, J. (1997). El análisis de la realidad en la intervención social. Métodos y técnicas de investigación. Síntesis.
Tójar Hurtado, J.C. (2006). Investigación cualitativa: comprender y actuar. La Muralla.
Tourón, J. (Ed.) (2023). Análisis de datos y medida en educación. UNIR editorial.
WEBS DE INTERESE
Revista de Investigación Educativa (RIE): http://revistas.um.es/rie
Revista Electrónica de Investigación y Evaluación Educativa (RELIEVE): https://revistaseug.ugr.es/index.php/RELIEVE/index
Asociación Interuniversitaria de Investigación Pedagógica (AIDIPE): https://aidipe.org/index.php
European Educational Research Association (EERA): http://www.eera-ecer.de/
Instituto Galego de Estatística (IGE): https://www.ige.gal
Instituto Nacional de Estadística (INE): http://www.ine.es
Básicas e xerais:
CB1 - Que os e as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG6 - Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica profesional, con pleno respecto aos principios deontolóxicos aos que se remite a Educación Social, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.
Transversais:
CT4 - Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
Específicas:
CE2.5 - Realizar e facer uso de informes técnicos, de investigación e avaliación sobre accións, procesos e resultados socioeducativos.
CE2.6 - Valorar e axustar a súa práctica profesional ás esixencias e compromisos deontolóxicos da Educación Social.
A metodoloxía empregada oriéntase a favorecer a adquisición das competencias indicadas, propiciando tamén que o alumnado se implique activamente no desenvolvemento dunha boa comprensión crítica dos contidos programados e na realización das tarefas de reflexión e aplicación práctica correspondentes.
Nas clases expositivas presentaranse os contidos fundamentais con apoio de materiais seleccionados que faciliten a súa adecuada comprensión. Así mesmo propiciarase a participación do alumnado mediante a resolución de cuestións puntuais e actividades curtas.
Nas clases interactivas desenvolveranse, maioritariamente, actividades obrigatorias en pequeno grupo (2/3 persoas) de carácter aplicado dirixidas a poñer en práctica os contidos abordados nas sesións expositivas. Estas actividades poderán ser diversas: análise de informes e artigos de investigación, resolución de casos prácticos, utilización do programa IBM SPSS Statistic na análise de datos socioeducativos, ...
Para o desenvolvemento da materia farase uso da aula virtual da USC como ferramenta de apoio ao desenvolvemento da docencia. Empregarase fundamentalmente nas sesións interactivas da materia e tamén para a comunicación co alumnado, como repositorio de material, etc.
Respecto dos materiais indicar que ao iniciar cada tema concretarase a documentación necesaria para a súa abordaxe.
A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua e final e constará dos seguintes elementos coa súa ponderación na cualificación final:
A) Realización e presentación das actividades solicitadas pola profesora que se desenvolverán, total ou parcialmente, na aula (50% da cualificación final).
Nas sesións de clase estableceranse as datas límite para a realización e entrega das actividades.
Non se recollerán actividades de alumnado que non asistira á sesión na que se presentou a actividade. Só naqueles casos en que a ausencia sexa debida a algunha das razóns contempladas na normativa (que o/a estudante deberá xustificar documentalmente), se lle permitirá realizar a actividade con posterioridade e entregala cumprindo os prazos que se lle indiquen.
Na realización das actividades seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed.
B) Proba individual escrita final de carácter presencial, na data e hora establecida na convocatoria oficial, na que se valorarán os contidos tratados na materia (50% da cualificación final). Non se cambiará a data de exame a ningún estudante salvo nos casos contemplados na Normativa sobre avaliación do rendemento académico da USC.
A asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é un requisito imprescindible para poder aprobar a materia (e non puntúa). Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia, aténdose ás condicións aprobadas a tal efecto.
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas. No caso de non superar as diferentes actividades de avaliación, na nota final figurará a correspondente á proba individual escrita final.
O alumnado que teña concedida EXENCIÓN DE DOCENCIA segundo o recollido na Instrución nº1/2017, deberá ter unha titoría presencial coa profesora da materia nos 15 días posteriores á comunicación de dita concesión. Nesta titoría presentarase a documentación pertinente e acordarase o plan de traballo a desenvolver ao longo do cuadrimestre. O alumno/a deberá entregar as actividades propostas pola profesora nas datas que se lle indiquen en dita titoría e realizar a proba individual escrita final, na data e hora establecida na convocatoria oficial.
O sistema e criterios de avaliación expostos son idénticos en calquera das convocatorias ordinaria ou de recuperación da materia.
O alumnado repetidor ou non presentado avaliarase segundo os criterios establecidos en cada curso académico.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria.
A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
A modo de referencia aproximada:
- Horas presenciais: 48
- Horas non presenciais: 96
- Horas de exame: 3
- Horas de titoría: 3
Tempo estimado total: 150
Os contidos desta materia estrutúranse de tal forma que é preciso un traballo diario e constante para que o alumno/a vaia acadando progresivamente o seu dominio.
Tanto para lograr un óptimo dominio da materia, en liña co que se pide, como para aprobala, resulta didacticamente necesario asistir de forma regular ás sesións expositivas e interactivas e, sobre todo, participar activamente nelas.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional
- Responsabilidade medioambiental. Nas actividades entregadas en papel débese ter en conta:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Felicidad Barreiro Fernandez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813827
- Correo electrónico
- felicidad.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor