Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Psicoloxía Social
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A Psicoloxía Social da Educación intenta desenvolver distintos coñecementos que, desde unha psicosocioloxía, explican e describen facetas do comportamento e das situacións onde este se manifesta.
Docencia, investigación e alcance profesional conforman este proxecto coas peculiaridades nas que normalmente discorre o traballo universitario:
– comprensión do alcance disciplinar da Psicosocioloxía no contexto da Educación;
– adquisición e dominio dos coñecementos teórico/metodolóxicos necesarios para aplicar a Psicosocioloxía aos eidos da educación;
– utilización e comprensión das bases metodolóxicas de tal xeito que posibiliten a súa aplicación ás realidades obxecto de estudo;
– análise das aplicacións cientificamente constatadas e contrastadas, adaptándoas ás propias da educación.
Con independencia do comentado anteriormente, a liña de pensamento que guía todo o planeamento disciplinar, discorre pola expectativa de que sexa coñecido o feito psicolóxico, o feito psicosocial e da Psicosocioloxía aplicada. Saber por que e como olla a realidade a Psicoloxía Social e os/as seus profesionais pasa por ser o principal cometido.
A estruturación temática desta materia, no que atinxe á Psicoloxía Social da Educación abarca os seguintes contidos:
CONTIDOS TEÓRICOS:
Conceptualización da materia:
–Ideas básicas sobre a análise do comportamento en situacións sociais.
Procesos psicosociais:
–Cognición social.
–Percepción de persoas e atribución causal.
–Actitudes: actitudes e relacións interpersoais; estereotipos, prexuízos e discriminación; valores.
-Normas sociais.
-Valores.
–influenza social.
CONTIDOS PRÁCTICOS (un total de 12):
– Ensaio (1): Correlación & Causalidade
– Interactiva 2: Percepción e atribución.
– Interactiva 3: Cognición social.
– Interactiva 4: Sentimentos
– Interactiva 5: Ego.
– Interactiva 6: Fracaso.
– Interactiva 7: Empatía & Compaixón.
– Interactiva 8: Aburrir.
– Interactiva 9: Campañas de cambio de atitude.
– Interactiva 10:Recategorización.
– Interactiva 11:Normas sociais.
- Interactiva 12:Valores.
LECTURAS OBRIGATORIAS E OBXECTO DE AVALIACIÓN
– Baron, R.A.& Byrne,D. (2005). Psicología social. Pearson-Prentice Hall. [Dispoñible en eBook]
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS E LECTURAS DE COMPLEMENTO
-Aronson,E. (1995). El animal social. Introducción a la psicología social. Alianza Universidad (N.º 299). Madrid.
-Blanco,A.,Horcajo,J. & Sánchez,F. (2017). Cognición social. PEARSON, S.A. Madrid.
-Blouet-Chapiro,Ch. & Ferry,G. (1991). El psicosociólogo en la clase. Ediciones Paidós. Barcelona.
-Cava,M.J. & Musitu,G. (2002). La convivencia en la escuela. Ediciones Paidós. Barcelona.
-Cohen,D. (1980). Los psicólogos hablan de psicología. Ediciones Cátedra.Madrid.
-Fernández,R.L. & Fraguela, G.J.A. (2007). La psicología preventiva en la intervención social. Editorial Síntesis.Madrid.
-Gómez,G.A. (2001). El arte de saber respetar. Ediciones Martínez Roca. Barcelona.
-Merayo,A.(1998). Curso práctico de técnicas de comunicación oral. Editorial Tecnos. Madrid.
-Rogers,C. (1982). Psicología social de la enseñanza. Visor Libros. Madrid.
-Torregrosa,R.J. & Eduardo Crespo,E. (1984). Estudios básicos de psicología social. Editorial Hora. Barcelona.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG3 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das súas intervencións educativas, atendendo ás circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se insire, en relación aos suxeitos cos que traballa e ás dinámicas sociais das que participan.
CG4 - Promover e desenvolver accións educativas e/o socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT2 - Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
CT3 - Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan.
CT4 - Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1.2 - Analizar críticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores sociais desenvolven o seu labor profesional.
En correspondencia cos obxectivos xerais e coas temáticas teórica e práctica, o proceso que haberá que desenvolver pasa pola discusión do programa e das iniciativas suxeridas para a súa aplicación; pola exposición das liñas de traballo que poden ser promovidas desde os contidos teóricos e as clases prácticas. Finalmente, a análise das experiencias aplicadas nos respectivos eidos de intervención.
Para o desenvolvemento de cada módulo –teórico, práctico e aplicado– entregaranse oportunamente os datos contextuais e materiais de traballo previamente especificados.
As actividades de aprendizaxe comprenden os seguintes procesos:
1. Lectura e análise das bases teóricas que delimitan o contido da materia.
2. Elaboración de informes sobre as distintas prácticas realizadas –que intentarán informar o alumnado da procedencia do coñecemento psicosocial e da tecnoloxía máis recorrida–. Os contidos e datas de entrega serán oportunamente especificados. Finalmente, contemplarase a realización dun traballo sobre contidos teóricos.
Os materiais adicionais para as clases expositivas e os que corresponden as tarefas a relaizar nas clases interactivas, estarán expostos na aula virtual coa suficiente antelación para cada unha das clases.
Os informes das clases interactivas serán entregados mediante correo electrónico ou en papel seguindo as normas medioambientais.
A participación nas lecturas e clases prácticas será seguida e titorizada polo profesor/a e conformará a cualificación final individual.
Como criterio obxectivo de avaliación, establécese a realización dun exercicio escrito sobre a temática explicada no desenvolvemento da materia e que terá como base as lecturas obrigatorias da mesma.
A cualificación final do alumno/a será ponderada da seguinte maneira:
• 60% del cómputo para o exame (complementaria á avaliación contínua).
• 40% del cómputo para os informes e asistencia ás prácticas.
No caso do alumnado con exención de docencia ou dispensa, segundo proceda, realizarase un exercicio escrito sobre a temática especificada no programa e un traballo monográfico sobre temas relacionados coa materia que será acordado e titorizado polo profesor/a da materia. Un 70% a proba escrita e un 30% a traballo monográfico.
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas cos criterios de avaliación e asistencia.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso na materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado por varias materias, agás nas actividades programadas de xeito coordinado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións,
O alumnado repetidor só terá que realizar a proba escrita (examen) nas datas acordadas pola Facultade.
A dispensa de docencia seguirá o curso do estipulado na Normativa.
HORAS PRESENCIAIS:
– Teóricas: As correspondentes á docencia expositiva e interactiva.
– Prácticas: As correspondentes á titorización presencial en grupos reducidos.
HORAS NON PRESENCIAIS:
Semanalmente: 1 hora de teoría.
Preparación do exame: 15 horas.
A USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
– Será de moita axuda resumir os distintos temas teóricos, subliñando os principais contidos referidos aos procesos organizativos.
– Intentar, sempre que sexa posible, exemplificar coas propias experiencias aqueles procesos psicolóxicos implicados nas sesións teóricas.
– Preparar as avaliacións tendo en conta os resumos dos principais contidos teórico-práctico.
– Os alumnos/as repetidores ou non presentados avaliaranse seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
ASISTENCIA A CLASE
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
RECOMENDACIÓNS MEDIOAMBIENTAIS
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
– Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
– Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
– Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
– Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
– Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
https://assets.usc.gal/sites/default/files/paragraphs/mor…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Agustin Godas Otero
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813805
- Correo electrónico
- agustin.godas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_03 (Pérez U - Z) | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 (García Q - Pérez T) | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 (A - García P) | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
14.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
20.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |