Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Despois do estudo desta materia o alumno debería ser capaz de:
• Coñecer os principais conceptos, metodoloxías e ferramentas para a análise estratéxica
• Comprender os aspectos máis relevantes vinculados ao deseño e implementación de estratexias
• Coñecer os factores impulsores da estratexia de innovación e o seu impacto na competitividade organizativa
1. Dirección estratéxica
2. Análise da contorna
3. Análise do sector
4. Análise da empresa
5. Vantaxe competitiva e estratexia de negocio
6. A relevancia da innovación na empresa
7. A dimensión estratéxica da innovación
8. Formulación de estratexias de innovación
9. Modelos de negocio innovadores
BÁSICA:
JOHNSON, Gerry; SCHOLES, Kevan y WHITTINGTON, Richard (2010): Fundamentos de estrategia. Madrid: Pearson Educación.
GRANT,Robert M. (2006): Dirección Estratégica. Conceptos, Técnicas y Aplicaciones. Editorial Civitas.
GUERRAS MARTÍN, Luís A. y NAVAS LÓPEZ, José E. (2023): Fundamentos de dirección estratégica de la empresa. (3ª edición). Editorial Civitas.
SCHILLING, M.A. (2019): Strategic management of technological innovation. (6th edition) Ed. McGraw Hill.
SCHILLING, M.A. (2008): Dirección estratégica de la innovación tecnológica. (2ª edición) Ed. McGraw Hill.
TIDD, J.; BESSANT, J.R. (2014): Strategic innovation management. Ed. Wiley.
COMPLEMENTARIA:
GRANT, R.M. (2014): Dirección Estratégica. Conceptos, técnicas y aplicaciones. (8ª edición) Ed. Civitas.
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. (2005): Estrategia de innovación. Ed. Thomson.
GUERRAS, L.A.; NAVAS, J.E. (2016): La dirección estratégica de la empresa. Teoría y aplicaciones. (5ª edición revisada) Ed. Civitas.
HIDALGO, A.; LEÓN, G.; PAVÓN, J. (2013): La gestión de la innovación y la tecnología en las organizaciones. Ed. Pirámide.
HILL, C.W.L.; JONES, G.R.; SCHILLING, M.A. (2015): Administración estratégica: teoría y casos. Un enfoque integral. (11ª edición) Ed. Cengage Learning.
JOHNSON, G.; WHITTINGTON, R.; SCHOLES, K.; ANGWIN, D.; REGNER, P. (2017): Exploring strategy. Text and cases. (11th edition) Ed. Pearson.
TIDD, J.; BESSANT, J.R. (2018): Managing innovation: integrating technological, market and organizational change. (6th ed.) Ed. Wiley.
BÁSICAS E XENERALES
CB1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1. Adquirir un conxunto de coñecementos teóricos e prácticos en relación co proceso de creación e administración de empresas na era dixital
CG2. Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e tecnolóxico
CG3. Aprender a planificar e implantar as novas tecnoloxías para contribuír á mellora da competitividade das empresas
ESPECÍFICAS
CE1. Entender os aspectos fundamentais da contorna social e económica a nivel macro e micro, e en particular o comportamento do consumidor, no marco global da nova economía e a sociedade da información
CE2. Coñecer e comprender os elementos básicos da dirección de empresas e das súas principais áreas funcionais baixo o marco da ética e a responsabilidade social
CE3. Analizar, diagnosticar e tomar decisións nas distintas áreas funcionais da xestión de empresas seleccionando e aplicando as ferramentas tecnolóxicas máis apropiadas
CE4. Identificar, deseñar, desenvolver, planificar, xestionar e avaliar proxectos de creación ou transformación de produtos, servizos, procesos ou empresas, potenciando a innovación e o emprendemento
CE5. Comprender o rol integrador da tecnoloxía e coñecer os principais produtos tecnolóxicos e tendencias da tecnoloxía asociados aos diversos ámbitos da xestión empresarial
CE6. Desenvolver a análise estratéxica da empresa e a súa contorna para tomar decisións estratéxicas e tácticas nas distintas áreas funcionais e ser capaz de formular unha estratexia tecnolóxica que de soporte a un negocio
TRANSVERSAIS
CT1. Pensar de forma integrada e crítica e abordar os problemas desde diferentes perspectivas
CT2. Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes
CT5. Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica
A docencia impartirase de forma semipresencial utilizando como apoio as plataformas corporativas da USC: Moodle (Campus Virtual) e MS Teams. O estudo e aprendizaxe desta materia apoiarase nas seguintes actividades:
(a) Estudo autónomo por parte do alumnado dos materiais didácticos correspondentes a cada unidade temática, que o profesorado porá a disposición dos estudantes no Campus Virtual.
(b) Realización por parte do alumnado de actividades prácticas preferentemente de carácter individual. Neste sentido, proporanse varios casos prácticos a desenvolver ao longo da materia e que deberán ser entregados nas datas correspondentes de acordo co cronograma establecido. A información e entrega destas actividades articularase a través do Campus Virtual.
(c) Participación activa dos estudantes en actividades colaborativas (por exemplo, foros de debate). Eses foros de debate permitirán aos estudantes manifestar os seus puntos de vista e opinións, buscando a interacción e o debate compartido.
(d) Sesións presenciais: Estas sesións, que se desenvolverán de acordo cos horarios establecidos pola Facultade, impartiranse na aula correspondente e serán retransmitidas de forma síncrona en streaming. En consecuencia, o alumnado poderá asistir a elas ben de forma física ou ben conectándose a través de MS Teams. Nestas sesións levará a cabo unha revisión breve dos contidos xerais de cada unidade temática e desenvolveranse outras actividades complementarias ás realizadas de forma individual polos alumnos e orientadas a fomentar a participación e posta en común de todo o grupo.
O traballo autónomo do alumnado será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías. Estas titorías desenvolveranse preferentemente a través da plataforma MS Teams.
A avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (realización e participación na análise de casos, debate e comentario de lecturas artigos ou noticias de prensa, visualización e comentario de vídeos, realización e exposición de traballos, realización de cuestionarios sobre contidos teóricos ou prácticos, etc.).
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación conseguida fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades recóllese a continuación.
Primeira oportunidade ordinaria:
A) Avaliación continua (50%): Participación activa en clase e no Aula Virtual, resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, realización e presentación de traballos en grupo e outras actividades.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CB1, CB2, CB3, CB4, CG3, CT1, CT2, CT5.
B) Exame final de contidos (50%):
A avaliación dos coñecementos teóricos realizarase mediante exame parcial e/ou final.
A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CB5, CG1, CT5, CT2.
A proba final terá carácter presencial.
Para aprobar o curso, o/a alumno/a debe obter unha nota superior ou igual a cinco (sobre dez) no exame e unha calificación superior ou igual a cinco (sobre dez) na avaliación continua. En caso de non superar algún ou ambos de estos mínimos, a nota final só terá en conta a maior calificación de ambas.
Segunda oportunidade:
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade, é dicir, realizarase un novo exame final de contidos, coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua.
De acordo co “Regulamento para o desenvolvemento da docencia semipresencial na Facultade de Administración e Dirección de Empresas” aprobado pola Xunta de Facultade de Administración e Dirección de Empresas o 13/09/2021, será obrigatoria a asistencia polo menos ao 75% das sesións presenciais. No caso de que o/a alumno/a non cumpra este mínimo establecido perderá o dereito á avaliación continua, que lle será cualificada cun cero con independencia da nota alcanzada. O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia a través da Instrución no 1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado cun exame final específico que suporá o 100 % da nota final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito no Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
A materia é de 4,5 créditos. As 112,5 horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
a) Sesións presenciais para presentación de contidos básicos, actividades prácticas, etc: 9 horas
b) Titorías en grupos reducidos (asistencia física ou por MS Teams): 4 horas
c) Exame presencial: 3 horas
d) Traballo autónomo do alumno: 96,5 horas.
Para maximiza-la aprendizaxe é recomendable que o alumnado antes de cada sesión presencial, revise os materiais didácticos do tema correspondente dacordo co cronograma da materia.
Por outra banda, é importante que participe activamente en todas as actividades propostas polo profesorado e consulte a bibliografía e outro material recomendado.
As titorías son un recurso útil que o alumnado debería utilizar as veces que fose necesario. O acceso frecuente ao campus virtual e ao correo institucional para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso.
Alejo Becerra Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824460
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Xoves | |||
---|---|---|---|
19:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario 1 |
13.01.2025 19:00-22:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |
09.06.2025 19:00-22:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 1 |