Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 30 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer e manexar as técnicas estatísticas necesarias para a análise descritiva de datos económicos e empresariais, así como a metodoloxía das principais estatísticas das que se dispón.
-Coñecer e comprender os conceptos e métodos propios da probabilidade e a inferencia estatística, así como a súa aplicación á análise dos fenómenos económicos e empresariais.
-Realizar análises estatísticas básicas utilizando ferramentas informáticas.
-Seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas máis adecuadas á análise de cada fenómeno, así como interpretar os resultados obtidos.
Tema 1.- INTRODUCIÓN.
1.1.- A Ciencia Estatística, definición e contido.
1.2.- Conceptos básicos de Estatística: Poboación, Subpoboación, Mostra, Variables, Atributos e Escalas.
Tema 2.- ANÁLISE DE DATOS UNIVARIANTES.
2.1 - Distribucións de frecuencias.
2.2.- Representacións gráficas.
2.3.- Medidas: Resumo numérico de datos cuantitativos univariantes.
TEMA 3.- ANÁLISE DE DATOS BIVARIANTES.
3.1.- Distribucións bidimensionais. Tabulación e representacións gráficas.
3.2.- Distribucións marxinais e condicionadas.
3.3.- Medidas: Resumo numérico de datos cuantitativos bivariantes.
3.3.- Dependencia e independencia estatística. Covarianza.
TEMA 4.- PROBABILIDADE E MODELOS PROBABILÍSTICOS.
4.1.- Experimentos aleatorios, espazo mostral e sucesos.
4.2.- Propiedades da probabilidade. Probabilidade condicionada.
4.3.- Variables aleatorias e as súas características.
4.4.- Modelos de probabilidade discretos: Ensaios de Bernouilli e distribucións relacionadas.
4.5.- Modelos de probabilidade continuos: Distribución uniforme e distribución normal.
4.6.- Introdución á distribución normal bivariante.
TEMA 5.- INTRODUCIÓN Á INFERENCIA ESTATÍSTICA.
5.1.- Poboación e mostra. Mostraxe aleatoria simple.
5.2.- Estimación puntual de parámetros: proporción e media.
5.3.- Intervalo de confianza para a proporción e para a media.
BÁSICA:
Esteban García, J. y otros (2005): Estadística descriptiva y nociones de probabilidad. Thomson, Madrid.
Martín Pliego, F.J. (2004): Introducción a la Estadística Económica y Empresarial: Teoría y práctica. Thomson Paraninfo S. A., Madrid.
Martín Pliego, F.J., Ruiz-Maya Pérez, L. (2005): Fundamentos de Probabilidad. Thomson, Madrid.
Peña, D., Romo, J. (1997): Introducción a la Estadística para las Ciencias Sociales. Mcgraw Hill/Interamericana de España, S.A.U.
Ruiz Muñoz, D. (2004): Manual de Estadística editado por eumed.net.
ISBN: 84-688-6153-7
https://www.eumed.net/cursecon/libreria/drm/drm-estad.pdf
Tomeo, V.; Uña, Isaías (2009) Estadística descriptiva. Garceta, Madrid
COMPLEMENTARIA:
Anderson, D. R.; Sweeney, D.J., Williams, T.A. (2001): Estadística para Administración y Economía. Vol.I. Thomson ed.
Berenson, M.L., Levine, D.M. (1996): Estadística Básica en Administración. Conceptos y Aplicaciones. Pearson Educación / Prentice Hall.
Casas Sánchez, J.M. (1996): Inferencia Estadística para Economía y Administración de Empresas. Centro de Estudios Ramón Areces.
Durá Peiró, J.M., López Cuñat, J.M. (1989): Fundamentos de Estadística. Estadística descriptiva y Modelos Probabilísticos para la Inferencia. Ariel.
Freund, J.E., Miller, I., Miller, M. (2000): Estadística matemática con aplicaciones. Pearson Educación / Prentice Hall.
García Barbancho, A. (1992): Estadística Teórica Básica. Probabilidad y modelos probabilísticos. Ariel.
Kazmier, L.J. (2006): Estadística aplicada a administración y economía. McGraw Hil.
Levin, R.I., Rubin, D.S. (1996): Estadística para administradores. Pearson Educación / Prentice Hall.
Newbold, P. (1998): Estadística para los negocios y la economía. Prentice Hall.
Newbold, P. ; Carlson, W.L.; Thorne, B. (2007): Estadística para administración y economía. Prentice Hall.
Novales Cinca, A. (1998): Estadística y Econometría. McGraw Hill.
Ruiz-Maya, L., F.J. Martín Pliego. (1999): Fundamentos de Inferencia Estadística. Ed. AC. (2ª ed. 2000; 3ª ed.2005).
Sarabia Alegria, J.M. (2000): Curso práctico de estadística. Civitas.
Spiegel, M.R.; Schiller, J. ; Alu Srinivasan, R. (2010): Probabilidad y Estadística. McGraw Hill.
Triola, M.F. (2004): Estadística. Pearson Educación.
Webster A.L. (1996): Estadística aplicada a la empresa y a la economía. Irwin.
LIBROS DE EXERCICIOS
Baró Llinás, J. (1987): Cálculo de probabilidades. Parramón.
Baró Llinás, J. (1989): Inferencia estadística. Parramón.
Fernández- Abascal, H., M. Guijarro, J.L. Rojo e J.A. Sanz. (1995): Ejercicios de Cálculo de Probabilidades. Ariel.
Martín Pliego, F.J., Montero Lorenzo, J.M. e Ruiz-Maya L. (1998): Problemas de probabilidad. AC.
Martín Pliego, F.J., Montero Lorenzo, J.M. e Ruiz-Maya L. (2000): Problemas de inferencia estadística. AC.
BÁSICAS E XERAIS
CG2 - Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e tecnolóxico
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT5 - Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica
CT9 - Capacidade para a aprendizaxe autónoma e autoavaliación
ESPECÍFICAS
CE13 - Identificar fontes de información fiable, elaborar e interpretar dita información utilizando as técnicas de análises e as ferramentas matemáticas, estatísticas e tecnolóxicas apropiadas para dar apoio á toma de decisións
As sesións expositivas teñen como obxecto a explicación dos aspectos esenciais de cada un dos temas incluídos no programa, proporcionándolle ao alumnado, a información adicional necesaria que lle permita un adecuado desenvolvemento do proceso de aprendizaxe autónoma.
As sesións interactivas (en seminario ou en aula de informática) estarán orientadas facilitar a compresión e aprendizaxe dos contidos da materia e fomentar a participación do alumnado mediante a resolución de problemas, relacionados cos ámbito da economía en xeral e da empresa en particular.
O alumnado terá a súa disposición recursos didácticos complementarios ás clases na aula virtual da materia no Campus Virtual da USC.
O sistema de avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado: participación activa na clase, realización e presentación de traballos, informes de prácticas, tests, realización do exame de contidos, etc.
A avaliación da materia, tanto na primeira como segunda oportunidade, será da seguinte forma:
• 60% da cualificación final obterase mediante un exame final de avaliación dos coñecementos adquiridos.
• 40% restante obterase en base ao traballo realizado ao longo do cuadrimestre: participación en clase, resultados das distintas probas, traballos realizados...
Na guía docente da materia, a disposición do alumnado na Aula Virtual da materia, recolleranse con máis detalle as actividades que serán tidas en conta na avaliación así como a puntuación de cada unha delas.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase concedida (instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral) pode obter o 100% da nota no exame oficial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da USC.
ACTIVIDADE FORMATIVA HORAS PRESENCIALIDADE
• Docencia (expositiva e interactiva) 48
• Titorías en grupos reducidos 3
• Exame e revisión 3
• Traballo autónomo en grupo ou individual (estudo teórico, resolución de exercicios, prácticas, preparación exames,...) 96
A linguaxe matemática é necesaria para o desenvolvemento da materia xa que esta lingua é na que se expresa a Estatística. Neste sentido o alumnado debe facer o esforzo por empregar esta linguaxe durante todo o curso.
Sendo un dos obxectivos da materia a interpretación dos resultados estatísticos obtidos ou daqueles outros recolleitos noutras fontes, a participación e discusión na aula é unha ferramenta moi útil para a comprensión da materia.
Observaciones
Juan Carlos Estevez Nuñez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Correo electrónico
- ecadrian.estevez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Bruno Blanco Varela
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Correo electrónico
- b.blanco.varela [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
18:15-19:35 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 6 |
21.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
19.06.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |