Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tal como se define na ficha da memoria do Título, esta materia ten unha dobre finalidade:
a) Reflexionar sobre o proceso de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües na perspectiva dun plurilingüismo integrador e baseado no principio de diversidade.
b) Contribuír ao desenvolvemento da competencia do alumnado en lingua estranxeira, especialmente nas actividades comunicativas máis relacionadas coa Educación Infantil.
OBXECTIVOS:
1. Sensibilizar o alumnado sobre os factores psicolóxicos e sociais que inflúen na aprendizaxe de linguas en contextos multilingües e sobre o papel da escola nunha educación respectuosa coa diversidade lingüística.
2. Analizar os factores que inflúen na construción da competencia plurilingüe desde a Educación Infantil e como xestionar a interacción entre as distintas linguas no proceso de aprendizaxe.
3. Coñecer diferentes modelos de ensino bilingüe ou plurilingüe e coñecer e valorar a evolución do modelo galego en función das características sociolingüísticas de Galicia.
4. Facilitar recursos para o ensino-aprendizaxe de linguas na Educación Infantil.
5. Potenciar as destrezas comunicativas en linguas estranxeiras no alumnado.
1. Educar na diversidade lingüística desde a Educación Infantil. A Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. O MECRL e o Portfolio Europeo das linguas. Os modelos educativos de 2+2 (dúas linguas ambientais e dúas linguas estranxeiras).
2.A interacción entre as linguas no proceso de construción da competencia plurilingüe. O tratamento integrado das linguas.
3.A planificación lingüística escolar. Modelos de educación bilingüe / plurilingüe.
4. A situación social das linguas en Galicia. O modelo lingüístico escolar de Galicia.
5. Desenvolvemento das destrezas de comunicación oral e escrita en lingua estranxeira.
6. Recursos para a aprendizaxe da lingua estranxeira na Educación Infantil.
BÁSICA:
Dolz, J. e I. Idiazabal (coord) (2013). Enseñar (lenguas) en contextos multilingües. Universidad del País Vasco.
Gallego, I. (2023). "Reflexiones sobre la ecolingüística y su aplicación didáctica", en Pinilla, R. e I. Cruz (2023). Estudios de innovación docente como punto de encuentro de ciencias humanísticas y sociales. Dykinson, 41-55.
González, M., C. Guillén e J. M. Vez (2010). Didáctica de las lenguas modernas: competencia plurilingüe e intercultural. Síntesis.
Lorenzo, F., F. Trujillo e J. M. Vez (2011): Educación bilingüe: integración de contenidos y segundas lenguas. Síntesis.
COMPLEMENTARIA:
Baker, C. (1997). Fundamentos de Educación Bilingüe y Bilingüismo. Cátedra.
Burillo, J. (2006). Las lenguas extranjeras en el aula: reflexiones y propuestas. Graó.
Cassany, D. (2006). El Portfolio Europeo de las Lenguas y sus aplicaciones en el aula. MEC.
Council of Europe (1992). European Charter for Regional or Minority Languages. Strasbourg. ETS nº 148. Tradución: Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias. Consello de Europa: Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias.
Council of Europe (2000). European Language Portfolio (PEL): Principles and Guidelines. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV/EDU/LANG (2000)
Council of Europe (2001). Common European Framework for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Tradución: Xunta de Galicia (2005). Marco común europeo de referencia para as linguas.
Díaz Corralejo, J. (2002). “El marco común europeo de referencia: una herramienta transversal, multicultural y modular para un cambio de paradigma”, en Salaberri, S. (coord.) La lengua, vehículo cultural multidisciplinar. MECD-ISFP, pp. 49-60.
Escamilla González, A (2009). Las competencias en la programación de aula. Infantil y primaria (3-12 años). Graó.
Martínez Mendoza, F (2004). Primera infancia: bilingüismo y educación infantil. Laguna de Duero.
Monteagudo, H. (coord.) (2010). Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Consello da Cultura Galega.
Monteagudo, H., Loredo, X., Vázquez, M. (2016). Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013. Real Academia Galega.
Murado Bouso, J. L. (2010). Didáctica de inglés en educación infantil. IdeasPropias.
Perera, J. (ed.) (2003). Plurilingüisme i educació: els reptes del segle XXI. ICE UB.
Ruiz Bikandi, U. (2012). "El plurilingüismo visto desde los documentos europeos. Una mirada crítica". En Textos de didáctica de la lengua y la literatura nº 60, pp. 65-76.
Ruiz Bikandi, U. (2000). Didáctica de la segunda lengua en educación infantil y primaria. Síntesis.
Siguán, M. (2004). Bilingüismo y lenguas en contacto. Alianza Editorial.
Silva, B., Rodríguez, X. e Vaquero, I. (coords.) (2010). Educación e linguas en Galicia. Univ. Santiago Compostela. http://dspace.usc.es/handle/10347/2247
Silva, B., Rodríguez, X. e Vaquero, I. (coords.) (2011). A planificación para a normalización lingüística nos centros de ensino non universitarios. Univ. Santiago de Compostela. http://hdl.handle.net/10347/3598
Vez Jeremías, J. M. (2009). “Multilingual Education in Europe: Policy Developments”. Porta Linguarum, 12, pp. 7-24.
Xunta de Galicia (2010). Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
Competencias xerais
G6- Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia. Saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
G11-Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
Competencias específicas
E44-Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
E48-Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
E52-Ser capaz de fomentar unha primeira aproximación a unha lingua estranxeira.
Competencia básicas
CB2-Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4-Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
B5-Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias transversais
T1-Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T4-Competencia informacional.
A metodoloxía didáctica utilizará de maneira complementaria a exposición, a interacción e a orientación titorial.
As sesións expositivas apoiaranse fundamentalmente na figura do docente e servirán para presentar os contidos básicos do programa, para orientar o traballo das sesións interactivas e para aclarar dúbidas.
Nas sesións interactivas terá un protagonismo central o alumnado, a través de actividades individuais, de pequeno grupo e de gran grupo. Estarán orientadas a afondar nos tópicos ou aspectos nucleares do programa e a desenvolver as capacidades comunicativas de exposición e argumentación, a aprendizaxe autónoma, o traballo cooperativo e a actitude crítica. Os materiais de apoio facilitaranse a través da aula virtual.
O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido co obxecto de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal complementario para o desenvolvemento das competencias atribuídas á materia.
A cualificación global da materia será a media das cualificacións obtidas na parte de didáctica e na de lingua estranxeira. Será requisito para facer media obter, como mínimo, un 4 sobre 10 en cada unha das partes.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
a) Participación na aula:
Ponderación: 10%
Instrumentos: control de asistencia e observación da actitude e participación do alumnado na aula.
O alumnado que non asista ao 80% das clases, sen causa xustificada, non será cualificado neste apartado.
b) Traballos e presentacións orais ou probas orais específicas:
Ponderación: 40%
Instrumentos: traballos individuais e/ou grupais.
O profesorado dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos, así como sobre os requisitos para participar nos mesmos.
c) Proba final:
Ponderación: 50%
Instrumento: proba individual na data fixada pola Facultade.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Na segunda oportunidade o alumnado poderase presentar á parte ou partes que non superase na primeira. Conservarase a cualificación correspondente a “Participación na aula” e poderanse recuperar os outros dous compoñentes da avaliación (“Traballos” e “Proba final”) cos mesmos requisitos e ponderación previstos para a primeira en cada escenario.
ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA / DISPENSA DE ASISTENCIA:
De haber algún alumno/a que, por aplicación de normativa superior, tivese concedida a exención de docencia ou dispensa de asistencia a clase, avaliarase da seguinte maneira, tanto na primeira como na segunda oportunidade:
- Traballos individuais que se encarguen: 30%
- Proba final: 70%
ALUMNADO REPETIDOR:
Será avaliado como o de nova matrícula, aplicándoselle, en consecuencia, os criterios xerais que se indicaron con anterioridade.
ADVERTENCIA:
Ningunha das probas ou exercicios realizados poderá conter plaxios, independentemente da extensión que estes acaden. A infracción deste mandato sancionarase co previsto na Resolución da USC do 15 de xuño de 2011 sobre Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións:
"Artigo 16: A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes".
Como consta na Memoria da titulación, nesta materia está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, repartidas entre as que se corresponden coas clases expositivas e interactivas, e as dedicadas a traballo autónomo.
- Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías.
- Atender as orientacións específicas do profesorado da materia.
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. Non deixar a preparación da materia para o final de curso.
- Completar o traballo de aula coas lecturas complementarias que vaian suxerindo os docentes.
- Esforzarse por mellorar a competencia lingüística oral e escrita. Prestar atención ao discurso e expresarse con propiedade e de forma clara.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da
aula virtual.
Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel,
debe cumprir os seguintes requisitos:
Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula
como nos traballos académicos encomendados.
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus
Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas
como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de
traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado
das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado
do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado,
enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o
estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos
https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Lopez Sandez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- maria.sandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Paula Rodriguez Abruñeiras
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- ext.12077
- Correo electrónico
- paula.rodriguez.abruneiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Inglés, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego, Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
Venres | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
03.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
03.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |