Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Xerais
Educación e Linguas en Galicia, materia optativa do grao en Mestre/a de E. Infantil, pretende formar o seu alumnado nos factores sociolingüísticos, psicopedagóxicos e lexislativos que condicionan a práctica educativa nun contexto con dúas linguas oficiais.
En concreto:
1. Valorar a diversidade lingüística como patrimonio colectivo da humanidade e os esforzos individuais e institucionais para conservala.
2. Tomar conciencia dos factores sociolingüísticos e psicopedagóxicos que se deben ter en conta nun sistema escolar con varias linguas e coñecer os principais modelos de ensino bilingüe ou plurilingüe.
3. Coñecer os principais indicadores da situación sociolingüística de Galicia e o seu reflexo no ámbito escolar.
4. Coñecer e valorar o modelo lingüístico escolar de Galicia e os aspectos fundamentais da lexislación que o regula.
5. Comprender a transcendencia da planificación lingüística no sistema educativo galego e ser quen de participar con criterio na elaboración do Proxecto Lingüístico de Centro.
2. Coñecementos (saber)
a. O papel da comunicación, da interculturalidade e da diversidade lingüísticas na aprendizaxe das linguas.
b. A natureza das situacións multilingües e a súa relación co ensino e aprendizaxe das linguas.
c. Os determinantes da situación sociolingüística galega, especialmente no ensino.
d. As bases da planificación lingüística escolar galega e o modelo vixente.
e. Contidos básicos sobre o ensino das linguas desde a perspectiva plurilingüe.
3. Procedementos (saber facer)
a. Aplicar coñecementos sobre as linguas, as súas funcións e as situacións multilingües ao ensino e aprendizaxe das mesmas.
b. Analizar casos e modelos educativos multilingües e saber aplicalos a situacións concretas.
c. Resolver problemas relacionados co ensino e aprendizaxe das linguas.
d. Analizar exemplos relacionados coa situación sociolingüística galega, especialmente na idade infantil.
e. Operar con criterios e instrumentos propios da planificación lingüística escolar.
f. Aplicar principios do ensino das linguas desde a perspectiva plurilingüe a partir do MECR.
g. Potenciar as capacidades comunicativas do alumnado.
4. Actitudes (saber ser)
a. Amosar actitudes positivas e respectuosas cara á diversidade lingüística como unha riqueza expresiva e cultural.
b. Valorar a importancia destas actitudes para o ensino e aprendizaxe das linguas.
Tema 1. Comunicación, interculturalidade e diversidade lingüística. As situacións multilingües e o seu valor social e educativo.
1.a. Unidade e variedade lingüística no mundo actual: comunicación, cultura e diversidade. As linguas na UE. Directrices europeas para a organización educativa do multilingüismo.
1.b. Dimensión social, cognitiva e educativa do plurilingüismo.
1.c. O desenvolvemento da conciencia metalingüística cara á variación lingüística na etapa infantil.
Tema 2. A planificación lingüística escolar en contextos multilingües.
2.a. A política e a planificación lingüística. Presentación de conceptos básicos. Reflexión teórica a partir da observación de distintas realidades multilingües.
2.b. Fases e actividades da planificación lingüística. Planificación formal da lingua fronte a planificación funcional. Normativización fronte a normalización. O papel da escola nas distintas fases e actividades.
2.c. Factores influintes na planificación lingüística. Condicións de éxito das intervencións planificadoras. Alcances e límites do sistema educativo como instrumento para o fomento do multilingüismo.
Tema 3. Aplicacións ao caso galego. A situación sociolingüística de Galicia e a súa relación co sistema educativo. As linguas no sistema educativo galego.
3.a. A lingua vehicular na primeira escolarización: evolución das disposicións legais a partir das decisións de inicio tomadas na LNL’83 (lingua materna e non segregación). A situación legal actual.
3.b. A lingua vehicular no ensino primario e secundario: da non fixación cualitativa nin cuantitativa ao establecemento de directrices de ambos os tipos. As seccións bilingües: orixe e marco legal actual.
3.c. Outros usos lingüísticos escolares: administración, sinaléctica, normalización/dinamización.
3.d. O Proxecto Lingüístico de Centro no Decreto para o plurilingüismo (2010): funcionalidade e posibilidades. Análise de proxectos reais.
Bibliografía básica
ANDRADE, A. I. e MARTINS, F. (Coord)(2007). Abordar as línguas, integrar a diversidade nos primeiros anos de escolaridade, Aveiro, Universidade de Aveiro.
FERNÁNDEZ PAZ, A., LORENZO SUÁREZ, A. e RAMALLO, F. (2007). Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
ZAS VARELA, L.; MAS ÁLVAREZ, I. e OLIVEIRA, L. (2016). Activités d´Éveil aux langues dans la formation des enseignants en Galice (Espagne). Comment integrer la diversité linguistique a l´école maternelle?"En Langues minoritaires locales et éducation à la diversité. Des dispositifs didactiques à l’épreuve (pp. 31-47). L’Harmattan.
Bibliografía complementaria
AMENGUAL, M., JUAN, M. e SALAZAR, J. (eds). (2006). Adquisición y aprendizaje de lenguas en contextos plurilingües, ensayos y propuestas aplicadas. Universitat de les Illes Baleares (Actas AESLA). http://books.google.es/booksid=PN0UZBjwLokC&printsec=frontcover&hl=es#v=
onepage&q&f=false
BAKER, C. (1997). Fundamentos de Educación Bilingüe y Bilingüismo. Madrid: Cátedra.
BAKER, C. e PRYS JONES, S. (eds.) (1998). Encyclopedia of bilingualism and bilingual education. Clevedon: Multilingual Matters.
CANDELIER, M. (cood.) (2012). CARAP. Cadre de Référence pour les Approches Plurielles des Langues et des Cultures, Conseil de l'Europe/Centre Européen pour les Langues Vivants.
COUNCIL OF EUROPE (2000). European Language Portfolio (PEL): Principles and Guidelines. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV/EDU/LANG (2000) 33) http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Guidelines_EN.pdf
COUNCIL OF EUROPE (1992). European Charter for Regional or Minority Languages. Strasbourg. ETS nº 148. Tradución: Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias. Consello de Europa: Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. http:// www.galego.org/lexislacion/europea/carta.html
COUNCIL OF EUROPE (2001). Common European Framework for Languages: Learning, Teaching, Assessment / Un cadre européen commun de référence pour les langues: apprendre, enseigner, évaluer. Tradución: Xunta de Galicia (2005). Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación. <https://corpus.cirp.gal/publicacions/pub-0191.html>
COUNCIL OF EUROPE (2020). Common European Framework of Reference for languages: learning, teaching, assesment. Companion Volume. Dispoñible en línea: https://rm.coe.int/common-european-framework-of-reference-for-languages…
DÍAZ GARCÍA, M. T., MAS ÁLVAREZ, I. e ZAS VARELA, L. (2009). Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas. A Coruña: TresCtres.
PALACIOS MARTÍNEZ, I. (dir.) (2019). Diccionario electrónico de enseñanza y aprendizaje de lenguas. https://www.dicenlen.eu/es.
UNESCO (1996). Declaración Universal de los Derechos Lingüísticos. <https://culturalrights.net/descargas/drets_culturals388.pdf>
WARDHAUGH, R. (1992). Introducción á sociolingüística. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
WURM, S. A. (ed.) (2001). Atlas de las lenguas del mundo en peligro de desaparición. París: Unesco.
XUNTA DE GALICIA (2004). Plan xeral de normalización da lingua galega. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Competencias xerais
G.6. Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
Competencias específicas
E.13. Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan a educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible.
E.48. Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
Competencias básicas
B.1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da Educación Secundaria xeral e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoie en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reuniren e interpretaren datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
B.5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias transversais
T.2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4. Competencia informacional.
Esta asignatura adopta un enfoque de aprendizaxe reflexivo, que esixe do alumnado unha participación activa en todas as actividades do programa do curso e unha continua relación entre os contidos que se tratan nas sesións e os coñecementos previos do estudante e as súas experiencias de ensino ou aprendizaxe de linguas.
1. SESIÓNS EXPOSITIVAS
Nas clases expositivas de gran grupo trataranse os contidos que supoñan una maior dificultade de comprensión. Partirase dos conceptos máis básicos e universais, fundamento do contido da asignatura. Atenderanse, ademais, as dificultades iniciais de aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición da profesora e será implementada polas correspondentes actividades prácticas relacionadas cos contidos desa exposición de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.
2. SESIÓNS INTERACTIVAS
As clases interactivas de grupo reducido consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como o debate, o estudo de casos, etcétera, de modo que supoñan unha considerable participación activa do alumnado e do grupo. Nestas sesións o alumnado deberá deseñar actividades de conciencia metalingüística propias desta etapa educativa cunha finalidade aplicada.
Así, búscase favorecer o desenvolvemento de competencias do tipo análise / síntese, pensamento crítico, comunicativas, etcétera, ademais das propias do módulo e da asignatura.
3. TITORÍAS DOCENTES PROGRAMADAS
O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido co obxecto de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal complementario para o desenvolvemento das competencias atribuídas á asignatura.
4. ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
No traballo persoal do alumnado prestarase especial atención á lectura, ao comentario, ao debate, etcétera de documentos e á exposición dos seus traballos, para potenciar as súas capacidades comunicativas (especialmente falar en público), a aprendizaxe autónoma, o traballo cooperativo, etcétera.
Utilizarase a plataforma do Campus Virtual da USC como ferramenta para a interacción entre o profesorado e o alumnado da materia.
5. ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.
A avaliación das aprendizaxes estará guiada polos obxectivos e polas competencias recollidas neste programa e deberá permitir medir o seu grao de consecución. O alumnado pode seguir a avaliación continua na primeira oportunidade e de non ser así, poderá realizar unha única proba de exame na segunda oportunidade.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
O alumnado debe ter en conta que a asistencia ás clases expositivas e aos seminarios interactivos é obrigatoria. No caso de que as ausencias inxustificadas estean próximas ao 20% o profesorado responsable poderá indicar a obriga de realizar algún traballo complementario para poder superar a materia na primeira oportunidade.
A avaliación será continua. Este sistema de avaliación terá en conta a participación, o traballo individual, as actividades grupais e actividades avaliables segundo a seguinte ponderación:
a) Actividades avaliables: 75%.
b) Tarefa final (portafolio): 25%.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
A avaliación consistirá nunha tarefa/exame final. Esta tarefa final suporá o 100% da nota e incluirá cuestións teóricas e prácticas sobre os contidos do programa.
ALUMNADO CON EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA E DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
A avaliación consistirá nunha tarefa final. Esta tarefa final suporá o 100% da nota e incluirá cuestións teóricas e prácticas sobre os contidos do programa. Este sistema de avaliación será aplicado tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Como consta na Memoria da titulación, nesta asignatura está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Sobre o traballo do alumnado, á parte das orientacións que a profesora vaia dando a coñecer, véxase o apartado deste programa sobre recomendacións.
Resulta imprescindible o estudo continuado da materia a medida que esta se desenvolve, de maneira que é conveniente e de obrigrado cumprimento para optar a avaliación continua a asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, así como a preparación dos contidos das mesmas.
SOLICITUDE PROXECTO DE APRENDIZAXE E SERVIZO
Nesta materia a profesora solicitará un Proxecto de innovación en Aprendizaxe-Servizo (ApS) (https://www.usc.es/gl/servizos/ceta/innovacion/aps/index.html). De ser concedido o antedito proxecto, o estudantado realizará as actividades previstas na elaboración do proxecto nas sesións interactivas da materia e no horario previsto para ditas sesións.
RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA
Recoméndase ao alumnado unha atención constante ás canles de comunicación virtual habilitadas (Campus virtual, MsTeams…) para un axeitado seguimento dos contidos da materia, para conseguir unha autoaprendizaxe guiada e orientada pola profesora e para establecer un proceso continuado de estudo.
OUTRAS OBRIGAS
Responsabilidade medioambiental: Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación. Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvoltos
Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Outros aspectos: Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai. Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc). Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia. Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: (https://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/index.html)
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por caracteristicas de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html.
Maria Luz Zas Varela
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811767
- Correo electrónico
- luz.zas [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |