Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos que se pretende que o alumnado alcance con esta materia fan fincapé na adquisición de coñecementos básicos sobre a disciplina, tanto a nivel descriptivo, explicativo e de comprensión dos diferentes ámbitos do desenvolvemento, como de práctica de destrezas relacionadas e adquisición de certas disposicións valorativas. É prioritario que os alumnos/as cheguen a:
• Coñecer os cambios normativos que se producen no desenvolvemento bio-físico e psicomotor, cognitivo, lingüístico e socio-emocional dende os 3 aos 6 anos, así como as relacións que establecen cos cambios que se produciron no período precedente (de 0 a 3 anos).
• Apreciar a diversidade e as diferencias individuais no desenvolvemento normativo dos nenos e nenas e recoñecer os factores que as determinan.
• Recoñecer os fitos do desenvolvemento neste período como obxectivos educativos da etapa escolar.
• Coñecer o impacto das características do contorno no desenvolvemento psicolóxico e rendemento escolar.
• Favorecer o desenvolvemento de habilidades para a planificación e execución de actividades que impulsen o desenvolvemento e a aprendizaxe ao longo da nenez temperá.
• Estimular a análise crítica do coñecemento.
• Adquirir habilidades de traballo grupal e en equipo.
• Adquirir destrezas para a exposición oral e pública de información.
• Fomentar o manexo das TICs.
• Adquirir valores de respecto á diversidade no desenvolvemento.
• Tomar conciencia da trascendencia que ten a acción docente sobre o desenvolvemento humano.
Tema 1. O desenvolvemento físico e psicomotor: evolución de habilidades motoras e coordinacións perceptivomotoras, e implicacións nas primeiras aprendizaxes escolares.
Tema 2. O desenvolvemento cognitivo: período preoperacional, procesamiento de información e capacidades de memoria.
Tema 3. O desenvolvemento da linguaxe: a expansión da linguaxe oral, e a primeira aproximación ao código escrito.
Tema 4. O desenvolvemento afectivo, socio-emocional e da personalidade: regulación emocional, desenvolvemento dos atributos psicosociais e de personalidade, e aprendizaxe de regras sociais.
Bibliografía básica:
- Mariscal, S. e Giménez-Dasí, M. (2017). Desarrollo temprano: Cognición, afectos y relaciones sociales (0-6). Paraninfo.
- Martín, C. e Navarro, J.I. (2009). Psicología del desarrollo para docentes. Pirámide.
- Muñoz, A. (Coord.)(2010). Psicología del desarrollo en la etapa de educación infantil. Pirámide.
- Muñoz, V., López, I., Jiménez, I. Ríos, M. e Morgado, B. (2014). Manual de psicología del desarrollo aplicado a la educación. Pirámide.
Bibliografía complementaria:
- Bausela Herreras, E. (2017). Psicología del desarrollo: cuaderno de prácticas para futuros maestros. Club Universitario.
- Berger, K. S. (2016). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. Editorial Médica Panamericana.
- Bermejo, V. (1994). Desarrollo cognitivo. Síntesis.
- Burgos , A., Fernández, M., Alba, G. e Justicia-Arráez, A. (2017). Optimización del desarrollo y prevención de riesgos en el aula de Educación Infantil. Pirámide.
- Conde, J. L. e Viciana, V. (1997). Fundamentos para el desarrollo de la motricidad en edades tempranas. Aljibe.
- Craig, G. J. (2000). Desarrollo psicológico (7ª ed.). Prentice Hall.
- Delval, J. (2004). El desarrollo humano. Siglo XXI.
- Feldman, R. S. (2008). Desarrollo en la infancia. Prentice-Hall.
- Fernández, J. (1988). Nuevas perspectivas en el desarrollo del sexo y el género. Pirámide.
- Karmiloff, K. e Karmiloff-Smith, A. (2005). Hacia el lenguaje: Del feto al adolescente. Morata.
- López, F., Etxebarria, I., Fuentes, M. J. e Ortiz, M. J. (Coords.) (2014). Desarrollo afectivo y social. Pirámide.
- Ortega, Mª J. (1992). La Escuela Infantil (3-6 años). Editorial Escuela Española.
- Owens, R.E. (2003). Desarrollo del lenguaje. Pearson-Prentice-Hall.
- Palacios, J., Marchesi, A. e Coll, C. (Comps.) (2014). Desarrollo psicológico y educación. Vol. 1 Psicología evolutiva. Alianza.
- Papalia, D.E., Feldman, R.D. e Martorell, G. (2012). Desarrollo humano. McGraw Hill.
- Rodrigo, M.J. e Palacios, J. (1998). Familia y desarrollo humano. Alianza.
- Serra, M., Serrat, E., Solé, R., Bel, A. e Aparici, M. (2000). La adquisición del lenguaje. Editorial Ariel.
- Shaffer, D. R. e Kipp, K. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. Thomson.
- Vasta, R., Haith, M. M. e Miller, S. A. (2001). Psicología infantil. Ariel.
- Veracoechea, G. (2018). La evaluación del desarrollo del niño preescolar. Guía práctica para los docentes. Servieditoriales.
- Vila, I. (1998). Familia, escuela y comunidad. Horsori.
- Woolfolk, A. (1999). Psicología educativa. Prentice Hall.
Competencias xerais (específicas da titulación)
G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.4.- Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflictos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G.8.- Coñecer fundamentos da atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construcción da personalidade na primeira infancia.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa, e promovelo nos estudantes.
Competencias específicas da materia
E.2. Coñecer os cambios psicolóxicos na infancia no período 3-6.
E.3. Coñecer os fundamentos da atención temperá.
E.4. Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais e afectivas.
E.5. Saber promover a adquisición de hábitos en torno á autonomía, a liberdade, a curiosidade, a observación, a experimentación, a imitación, a aceptación de normas e límites, o xogo simbólico e heurístico.
E.21. Saber traballar en equipo con outros profesionais do dentro e fora do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espacio de xogo, identificando as peculiaridades do período 3-6.
Competencias básicas (Marco Español de Calificacións para a Educación Superior, MECES)
B.2. Que os estudantes saiban aplicar coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias transversais
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional.
A proposta metodolóxica a empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo e aprendizaxes autónomas. As actividades presenciais co grupo de clase completo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes temas e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade das aprendizaxes, polo que a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas, etc. O apoio de material visual e recursos en rede empregaranse para clarexar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal.
Co traballo en seminarios preténdese afondar en aspectos concretos das clases teóricas. As actividades a realizar incluirán a lectura e comentario de documentos, respostas a preguntas, análise de situacións prácticas, visionado de vídeos, estudo de casos, debates e realización de traballos. Con eles, preténdese que o alumnado aprenda a manexar diferentes fontes de información, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construír significados compartidos axudado da labor mediadora do docente. A concreción das tarefas requiridas e os materiais necesarios serán presentados ó alumnado nas correspondentes sesións de clase.
Nas sesións interactivas realizaranse diferentes actividades de carácter práctico que se especificarán na Guía docente e no Plan de Traballo de cada tema. Os resultados do traballo, habitualmente realizado en grupo, deberán ser defendidos oralmente ante os compañeiros e posteriormente debatidos.
Para cada un dos temas proporcionaranse as diapositivas empregadas nas exposicións, ao que se lle poderá engadir materiais de estudio especificamente para cada tema tratado (lecturas obrigatorias...). A totalidade do material das clases expositivas e interactivas será obxecto de estudio básico para o exame da materia e estará a vosa disposición no campus virtual da USC. O Campus Virtual servirá de soporte para compartir este material, así como para entregar traballos e intercambiar comentarios e avisos sobre a materia e as súas sesións.
As titorías individuais e / ou de grupo, a demanda do alumnado, servirán para aclarar ou comentar aspectos do traballo realizado nas clases expositivas e interactivas. Faranse nos horarios sinalados e no despacho do profesorado.
A calificación global do estudiante na asignatura procederá:
-Un 50% da cualificación dos resultados dunha proba sobre os contidos tratados na materia. É preceptivo ter aprobado este exame para sumar o resto de cualificacións que contribúen á nota final da asignatura.
-O outro 50% da cualificación do traballo realizado nas sesións interactivas (Seminarios). É preceptivo ter aprobados tódolos traballos realizados nas sesións interactivas para sumar a cualificación obtida na proba (exame).
Os criterios de avaliación destas actividades de seminario poderan variar para cada unha delas. Entre os aspectos xerais que se considerarán están, ademais da propia calidade dos contidos, o grao de axuste ás directrices dadas, a competencia expositiva, a participación, a orixinalidade e as aportacións críticas.
Para poder ser avaliado na asignatura, o estudante deberá ter participado, realizado e presentado, alo menos, un 80% das actividades requeridas nas sesións interactivas. A non realización do exame ou das actividades propostas nas sesións interactivas conlevará unha cualificación de NON PRESENTADO (Atención! “corre convocatoria”). Cando non se supere, xa sexa o exame xa sexan as actividades propostas nas sesións interactivas, a cualificación que figurará en actas será a de SUSPENSO.
Os estudantes que non asistan ás sesións interactivas por riba dun 80% NON poderán aprobar a asignatura na convocatoria de Xuño. En sucesivas convocatorias poderán facelo realizando, ademáis dunha proba teórico-conceptual, outra de corte práctico-aplicado que avaliará as competencias procedimentais. A proba teórico-conceptual terá un peso do 50% e a proba práctico-aplicada do 50%.
Os estudantes que non superen a proba (exame), pero teñan aprobadas as actividades realizadas na sesións interactivas poderán presentarse ao exame oficial de Xullo sen necesidade de facer traballos ou probas adicionais. Os estudiantes que non teñan superada algunha das actividades realizadas nas sesións interactivas pero sí o exame, en Xullo poderán avaliarse únicamente daquelas actividades non superadas a través dunha proba práctica.
Os estudantes que teñan solicitada e concedida a exención de docencia ou a dispensa de asistencia deberán presentar ao profesor a devandita certificación ao principio de curso e realizarán esta proba práctico-aplicada en tódalas convocatorias ás que concorran.
A proba teórico-conceptual terá un peso do 50% e a proba práctico-aplicada do 50%.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno/a ata a seguinte convocatoria na que se deberá avaliar de novo da actividade. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
A materia ten arredor dun total de 50 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas en gran grupo, actividades en grupo mediano en seminarios, estudos de casos, resolución de supostos, planificación e posta en práctica de intervencións educativas, así como a realización dunha proba-exame.
Estímase que o alumnado deberá adicar en torno a 90 horas o seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 40 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, búsqueda de información e análise de documentos; en torno a 60 dedicaraas a outras actividades de estudo, análise de materiais, preparación de presentacións orais, e resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos.
É importante que o alumnado se implique activamente dende o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito. Recoméndase unha abordaxe comprensiva e significativa dos contidos teóricos e prácticos da asignatura.
* NORMATIVA DE AVALIACION: Dado que a avaliación da materia require de realización de exame, compre sinalar que para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
* RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
* PERSPECTIVA DE XÉNERO
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
* Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
* Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
* Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
* Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
* ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Cando as condicións e requisitos da materia, a valoración e coordinación co alumnado ou os orzamentos do centro o permitan, poderanse desenvolver saídas didácticas, experiencias de Aprendizaxe-Servizo (ApS) ou mesmo desenvolver sesións fóra das instalacións da facultade, podendo empregar espazos naturais ou mesmo instalacións deportivas municipais.
* ASISTENCIA A CLASE: O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES:
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia ou dispensa de asistencia. Nestes casos, o alumnado debe poñerse en contacto co profesorado para, de ser necesario, indicar as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e superación da materia.
* PROTECCIÓN DE DATOS: Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
María Adelina Guisande Couñago
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813919
- Correo electrónico
- mariaadelina.guisande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
05.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
05.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
09.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |