Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Como obxectivos xerais, propoñemos que os alumnos ao final de curso poidan:
- Comprender as posibilidades de integración das TIC na escola, como produto dunha análise das súas funcións actuais, da organización que impera, do seu deseño curricular e das condicións culturais, sociais e económicas que impoñen estas tecnoloxías, así como tamén as necesidades de transformación na propia institución que esta integración suporía.
- Construír un marco teórico para comprender a toma de decisións sobre as TIC nos procesos de ensino e aprendizaxe.
- Desenvolver unha actitude crítica fronte ao uso e á práctica cotiá das tecnoloxías da información e a comunicación, así como fronte ao efecto formativo que producen sobre todo os medios de comunicación social, comprendendo a necesidade dunha alfabetización ampliada a diversas formas discursivas (icónica, audiovisual, informática).
- Desenvolver habilidades para a análise da propia práctica (como alumnos/as e como profesores/as en prácticas), co recoñecemento do valor da teoría como elemento iluminador desta e coa incorporación na análise das propias crenzas, actitudes e prexuízos en relación coas TIC e as súas posibilidades de integración na escola.
- Desenvolver habilidades para o traballo grupal, a través da confrontación de marcos de referencia, nun traballo de cooperación que integre as achegas dos compañeiros nas estruturas conceptuais propias.
TEMA 1.- AS TIC NA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E DO COÑECEMENTO
TEMA 2.- AS TIC NA ESCOLA PRIMARIA. O PLAN TIC DE CENTRO. A ORGANIZACIÓN ESCOLAR E O ROL DO PROFESORADO ANTE A SOCIEDADE DO COÑECEMENTO
TEMA 3.- ALFABETIZACIÓNS MÚLTIPLES E COMPETENCIA DIXITAL. DESEÑO DE PROPOSTAS PARA O SEU DESENVOLVEMENTO.
TEMA 4.- O SOFTWARE LIBRE: IMPACTO SOCIAL E POTENCIALIDADES EDUCATIVAS.
TEMA 5.- MODALIDADES DE ENSINANZA E APRENDIZAXE COAS TIC.
TEMA 6.- ENTORNOS VIRTUAIS DE ENSINANZA/APRENDIZAXE (EVEA). CRITERIOS DE SELECCIÓN.
TEMA 7.- DESEÑO DE MATERIAIS E PROPOSTAS DE ENSINO CON SOFTWARE EDUCATIVO.
TEMA 8.- MEDIOS DE COMUNIACIÓN DE MASAS, WEB SOCIAL/WEB 2.0 E EDUCACIÓN PRIMARIA: APLICACIÓNS E FERRAMENTAS EN LIÑA PARA O PROFESORADO.
TEMA 9.- NOVAS TENDENCIAS EDUCATIVAS CON TIC.
TEMA 10.-O USO DAS TIC NO EIDO FAMILIAR E COMUNITARIO: A INFLUENCIA DAS PANTALLAS.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
***Incluiranse materiais de diversos formatos (presentacións, vídeos, PDF...) a través do campus virtual para a súa consulta.
Aguaded, I. e Cabero, J. (2013). Tecnologías y medios para la educación en la e-sociedad. Sevilla: Alianza Editorial.
Area Moreira, M., Gros Salvat, B., & Marzal García-Quismondo, M. A. (2010). Alfabetizaciones y tecnologías de la información y la comunicación (1ª ed.). Madrid: Síntesis.
Barroso Osuna, J. (2013). Nuevos escenarios digitales (1 ed. edición.). ES: Ediciones Pirámide.
Boneu, J. M. (2007). Plataformas abiertas de e-learning para el soporte de contenidos educativos abiertos. En: «Contenidos educativos en abierto» [monográfico en línea]. Revista de Universidad y Sociedad del Conocimiento (RUSC). Vol. 4, n.o 1. UOC. http://www.uoc.edu/rusc/4/1/dt/
Cabero-Almenara, J. (2020). Tecnología y enseñanza: retos y nuevas tecnologías y metodologías. CITAS, 6(1). https://doi.org/10.15332/24224529.6356
Cabero, J. (2006). Bases pedagógicas del e-learning. Revista de Universidad y Sociedad del Conocimiento (RUSC), 3 (1), 1-10. Recuperado el 12 de septiembre de 2007, de http://www.uoc.edu/rusc/3/1/dt/esp/cabero.pdf
Cabero, J. (coord.) (2007). Nuevas tecnologías aplicadas a la educación. Madrid: McGraw Hill.
Equipo CENATIC (2008). Guía básica del software de fuentes abiertas. Madrid: Centro Nacional de Referencia de Aplicación de las TIC basadas en fuentes abiertas.
García Fernández, M.D. y Marín, V. (2003). La familia e internet, ¿un juego a tres bandas?. Revista científica iberoamericana de comunicación y educación, 21, pp. 123-126. Recuperado el 6 de septiembre de 2010 de http://dialnet.unirioja.es/servlet/fichero_articulo?codigo=755229&orden…
Marín Marín, J.A. y Pino Juste, M. (Coords.) (2022). Innovación educativa para una educación transformadora. Dykinson.
Montero, E. (2010) (Coord.). Aprendiendo con videojuegos. Jugar es pensar dos veces. Madrid: Narcea.
Sacristán, A., & Cassany, D. (2013). Sociedad del conocimiento, tecnología y educación. Madrid: Ediciones Morata, S.L.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Adell, J. (2007). Software libre en educación infantil y primaria. En González Arrabal, E. y Adell, J. (coords.) Introducción temprana a las TIC. Estrategias para educar en un uso responsable en educación infantil y primaria, pp 75-96. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia. Secretaría General Técnica.
Barberà, E., Mauri, T. y Onrubia, J. (cords.) (2008). Cómo valorar la calidad de la enseñanza basada en las TIC. Pautas e instrumentos de análisis. Barcelona: Graó.
Cabero, J. De la Horra, I. Sánchez, J. (Coords.) (2018). La realidad aumentada como herramienta educativa. Madrid: Paraninfo.
Cabero, J. y Gisbert, M. (dirs.) (2002). Materiales formativos multimedia en la red. Guía práctica para su diseño. Sevilla: SAV (Secretariado de Recursos Audiovisuales y Nuevas Tecnologías). Universidad de Sevilla.
Castaño, C., Maíz, I., Palacio, G. y Domingo, J. (2008). Prácticas Educativas en Entornos Web 2.0. Madrid: Editorial Síntesis.
Castellanos, J., Martín, E., Pérez, D.R. Santacruz, L.P. y Serrano, L.M. (2011). Las TIC en la educación. Madrid: Anaya Multimedia.
Goig, R. M. (2013). Las webquest en la práctica docente. En R.M. Goig (Dir.), Formación del profesorado en la sociedad digital: investigación e innovación y recursos didácticos (pp. 91-120). Madrid: UNED.
Ortega, J.M. y Ortiz, A. M. (Coords.) (2018). Tecnología en entornos educativos. Madrid: Paraninfo.
Romero, R., Román, P. y Llorente, M.C. (2010). Tecnologías en los entornos de infantil y primaria. Madrid: Editorial Síntesis.
Xerais
G2: Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro
G.8: Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G.10: Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo entre os estudantes.
G11: Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
G.12: Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
Específicas
E.20: Mostrar habilidades sociais para entender ás familias y facerse entender por elas.
E22: Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade.
E.23: Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible.
Básicas
B1: Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nun área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e sólese atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2: Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación de unha forma profesional e posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5: Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Transversais
T3: Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4: Competencia informacional
A materia ten un carácter teórico-práctico que debe capacitar ao alumno para comprender, de forma crítica, o impacto que as TIC teñen na sociedade actual e as consecuencias para a educación e o traballo docente nas escolas de primaria.
Para o desenvolvemento das competencias que o estudante debe adquirir, proponse:
- A combinación de experiencias individuais e grupais, tanto na aula con todo o grupo clase, coma en grupos máis reducidos na aula de informática, mediante a realización de actividades de uso, deseño e análise de recursos informáticos para educación primaria.
- A combinación de ensino presencial e en liña (utilizando o Campus Virtual da USC e, no seu caso, outros posibles entornos virtuais de ensino e aprendizaxe). Algunhas prácticas que precisen o emprego de diversos mecanismos telemáticos poderán ser impartidas nunha modalidade virtual (ata un 25% das horas prácticas da materia), mentres que a docencia presencial expositiva poderase combinar coa docencia virtual ata un máximo do 10% das horas totais da materia.
O proceso de avaliación na asignatura “Escola, comunidade e TIC”, amósase a continuación, estructurado en catro elementos avaliativos, no que se SEGUE UN PROCESO DE AVALIACIÓN CONTINUA:
ELEMENTOS DA AVALIACIÓN:
______________________________________________________________________
A. PARTICIPACIÓN NA AULA:
- Peso na cualificación: 5% (0,5 puntos)
- Instrumentos de avaliación: Rexistro de asistencia e observación do profesor.
- Indicadores/orientacións para a avaliación: Contolarase a asistencia nas sesións interactivas e esporádicamente nas titorías. Eventualmente tamén nas expositivas.
O alumnado que teña máis dun 20% de faltas de asistencia non xustificadas de forma axeitada, non será calificado no apartado A (participacion na aula), por tanto obterá 0 puntos.
Para recibir calificación neste apartado, ademáis de asistir a un mínimo do 80% das horas, o estudante debe implicarse nas tarefas presenciais. Por cada falta de asistencia non xustificada axeitadamente restarase 0,1 puntos.
B. PROBAS ESPECÍFICAS:
- Peso na cualificación: 50% (5 puntos), distribuidos da seguinte forma: Proba obxectiva de contidos (30%; 3 puntos) e Proxecto TIC (20%; 2 puntos).
- Instrumentos de avaliación: Examen, e-portfolio do alumnado.
- Indicadores/orientacións para a avaliación:
A proba obxectiva/proba de contidos consistirá nun test para valorar os coñecementos conceptuais da materia.Valorarase sobre 3 puntos, dos cais é preciso obter como mínimo 1,5 puntos para superalo.
En caso de que o alumno/a non supere esta proba obxectiva que forma parte da avaliación continua, deberá acudir a un examen (nas convocatorias oficiais) e que se estructura en dúas partes: proba tipo test e proba escrita con preguntas a desenvolver. No exame valorado sobre 3 puntos, o alumno/a debe obter como mínimo unha puntuación de 1,5 puntos para superalo. A data de realización deste exame será á publicada oficialmente e pode consultarse na web da USC.
Elaboración dun proxecto TIC en grupo:
- Neste proxecto o profesor non só terá en conta o produto obtido senón o proceso na súa realización.
- O docente facilitará os materiais e as pautas necesarias para desenvolver de xeito adecuado o proxecto TIC.
- O proxecto TIC traballarase ao longo de todo o curso e en pequeno grupo. É responsabilidade do alumno desenvolver este proxecto de forma autónoma e colaborativa, apoiado nas instruccións e materiais que o docente facilitará.
- Para superar o proxecto TIC o alumnado debe obter como mínimo 1 punto sobre 2.
C. INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCCIÓNS:
- Peso na cualificación: 40% (4 puntos).
- Instrumentos de avaliación: Listas de cotexo, observación e análise das produccións do alumnado, rúbricas e plantillas avaliativas.
- Indicadores/orientacións para a avaliación: O apartado C "Informes escritos e outras produccións" correspóndese con todas aquelas tarefas e prácticas que o alumnado debe desenvolver nas sesións interactivas.
Os grupos constituidos para a elaboración das prácticas grupais deberán ser os mesmos ao longo de todo o semestre. Estes grupos tamén serán os mesmos para a realización do proxecto TIC.
- Será obrigatoria á elaboración de todas as prácticas presentadas, a menos que o docente ao longo do curso indique o carácter voluntario dalgunha delas.
- Por norma xeral, as prácticas deberán ser entregadas a través da plataforma do campus virtual da USC. A data de entrega de cada práctica indicarase no momento de presentar cada unha das prácticas.
- Aqueles alumnos/as que realicen a entrega das prácticas fora do prazo indicado polo docente, somentes poderán alcanzar como máximo unha calificación de aprobado (5). As entregas fora de prazo non poderán superar os 5 días naturais dende a data de finalización establecida para cada práctica.
- Os requisitos de avaliación para cada práctica serán presentados no enunciado da mesma e utilizaránse como base para calificar as citadas prácticas.
- Para superar este apartado C será necesario acadar unha puntuación mímima de 2 puntos sobre 4.
D. PRESENTACIÓNS ORAIS:
- Peso na cualificación: 5% (0,5 puntos, dos cales hai que obter un mínimo de 0,25 puntos).
- Instrumentos de avaliación: Observación e análise por parte do profesor.
- Indicadores/orientacións para a avaliación: Poderán realizar as presentacións orais aqueles alumnos/as que asistan con regularidade ás sesións presenciais e que estén a seguir a avaliación continua. As presentacións orais realizaranse en grupo.
O docente aportará instruccións sobre as datas de presentación, criterios de avaliación, tempo de exposición, etc.
______________________________________________________________________
Con carácter xeral, para a superación da asignatura será necesario cumprir os seguintes requisitos:
1. CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA: Para aprobar a asignatura, un alumno/a deberá alcanzar unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10, debendo obter a calificación mínima esixida nos apartados B (Probas específicas), C (Informes escritos e outras produccións) e D (Presentacións orais)
- No caso do apartado apartado B (probas específicas) será necesario obter como mínimo unha puntuación de 1,5 puntos no exame e de 1 punto no proxecto TIC.
- No caso do apartado C (probas escritas e outras produccións), o alumno/a terá que obter como mínimo 2 puntos sobre 4.
- No caso do apartado D (presentacións orais), o alumnado terá que obter como mínimo 0,25 puntos sobre 0,5.
2. ASISTENCIA: Controlarase a asistencia nas sesión interactivas. Eventualmente poderase controlar tamén nas expositivas e nas titorías. Para recibir cualificación neste apartado, ademáis de asistir un mínimo do 80% das horas, o estudante debe implicarse nas tarefas presenciais.
- ALUMNADO QUE ASISTE ENTRE O 50% E 80% DAS SESIÓNS PRESENCIAIS:
Este alumnado poderá presentar traballos e exposicións, pero non será calificado no apartado A (participación na aula), por tanto, obterá 0 puntos.
- ALUMNADO NON ASISTENTE OU QUE ASISTE A MENOS DO 50% DAS SESIÓNS PRESENCIAIS:
O alumnado que, polas razóns que sexa, non acuda a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar prácticas, traballos nin participar nas presentacións orais. Os alumnos e alumnas que se atopen nesta situación deberán acudir ao exame final da materia.
3. RECUPERACIÓN DA MATERIA (2ª OPORTUNIDADE): O alumnado que non supere a materia a través do proceso de avaliación continua, pode encontrarse nunha das seguintes circunstancias:
A. Alumnado que asitiu ao número mínimo requerido de sesións presenciais, que non aprobou o exame/proba obxectiva do apartado "B . Probas Específicas", pero que superou/alcanzou a puntuación mínima esixida nas prácticas ("apartado C. Informes escritos e outras produccións") e no proxecto TIC ("apartado B . Probas Específicas), e nas exposicións ("apartado C. Presentacións Orais").
O alumnado que se atope nesta circunstancia presentarase únicamente a un exame en primeira ou segunda oportunidade, manténdose as cualificacións do período ordinario e a súa proporcionalidade (incluindo non só as das prácticas e a do proxecto TIC, senón tamén manténdose as cualificacións que puidera ter nos apartados "A. Participación na aula" e "D. Presentacións orais").
B. Alumnado que asitiu ao número mínimo requerido de sesións presenciais, que superou o exame/proba obxectiva de avaliación continua pero que non superou algún dos seguintes apartados/elementos da avaliación: Proxecto TIC, Prácticas, exposicións orais (apartados/elementos da avaliación "C. Informes escritos e outras produccións", "B. Probas Específicas", "D. Presentacións orais", respectivamente); terá que recuperar as partes suspensas, para o cal en fu nción do número e tipoloxía dos apartados suspensos, o docente establecerá o procedemento requerido en función das casuísticas de cada estudante (por exemplo: volver a repetir e mellorar algún dos elementos e probas da avaliación suspensas, elaboración dalgunha/s prácticas compensatorias, repetición de exposicións orais, ou outros mecanismos de avaliación de 2ª oportunidade que a xuizo do docente permitan constatar que os estudantes acadaron as competencias requeridas).
C. Alumnado non asistente ou que asistiu a menos do 50% das sesións presenciais ou que non está a seguir a avaliación continua. Deberá realizar un exame final nas convocatorias oficiais, pero a súa cualificación será, como máximo, de 7 puntos e deberá obter un mínimo de 5 puntos para aprobar a materia. Neste caso, non se terán en conta as cualificacións de traballos que o alumno/a puidera realizar durante o curso, nin se admitirán outro tipo de traballos.
D. Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores (REPETIDORES). O estudante deberá porse en contacto a través de correo electrónico (pablocesar.munoz [at] usc.es (pablocesar[dot]munoz[at]usc[dot]es)), a fin de concretar o plan de traballo para superar a materia.
4. ALUMNADO CON DISPENSA/EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O alumnado que teña dispensa/exención de docencia ou pretenda solicitala, deberá informar da súa situación ao docente, xa sexa presencialmente ou a través de correo electrónico, non máis tarde dos 15 primeiros días de clase, achegando a resolución de concesión de dispensa.
Este alumnado con dispensa/exención de docencia concedida oficialmente, poderá superar a asignatura do seguinte xeito:
4.1 Realización dun examen (con unha puntuación máxima de 10 puntos), onde son obxecto de estudio todos os contidos teórico-prácticos da asignatura. Dito examen se estructura nunha primeira parte tipo test e nunha segunda parte con preguntas de desenvolvemento. Para superar o exame e, por conseguinte a asignatura, é preciso obter 5 puntos sobre 10.
As datas deste exame correspóndense coas dúas convocatorias oficiais (pódense consultar a través da web oficial da USC). Polo tanto, se o alumno suspende en primeira convocatoria, todavía ten a opción de superar a materia en segunda convocatoria.
*** Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ACTIVIDADES EN GRAN GRUPO
Actividades presenciais:
- Presentación da materia
- Exposicións temáticas
- Discusión / foros gran grupo
Total: 15 h.
Actividades de traballo autónomo:
- Lectura e análise documentos
- Estudo
- Prácticas individuais
- Elaboración conclusións clases presenciais
Total: 35 h.
ACTIVIDADES EN GRUPO MEDIANO
Actividades presenciais:
- Prácticas uso medios AV, informáticos e virtuais
- Exposición traballos alumnos
- Elaboración informes e comentarios
- Participación foros virtuais
- Avaliación recursos TIC
- Deseño recursos TIC para educación primaria
- Proxectos e prácticas
Total: 30 h.
Actividades de traballo autónomo:
- Lectura e análise documentos
- Preparación e ensaio exposición traballo
- Realización exercicios prácticos manexo TIC
- Elaboración informes
- Participación on-line
- Revisión recursos TIC existentes
- Deseño recursos TIC
- Procuras bibliográficas
Total: 45 h.
ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS
Actividades presenciais:
- Comentario documentos
- Formulación de dúbidas
- Revisión de tarefas
Total: 5 h.
Actividades de traballo autónomo:
- Lectura e análise documentos
- Revisión de tarefas,
- Reelaboración actividades tras feedback
- Desenvolvemento do proxecto
Total: 20 h.
Total horas presenciais: 50
Total horas de traballo autónomo: 100
- Ter acreditado o dominio de competencias transversais en TIC recoñecidas na USC e que poden acreditarse como créditos de libre elección.
- Dispor de ordenador persoal con conexión a internet para poder desenvolver con maior flexibilidade as actividades e tarefas solicitadas na materia.
- Manexo do ordenador a nivel usuario.
- Manter ao día os traballos que se solicitan.
- Acceder con regularidade ao campus virtual.
- Autodisciplina e constancia no estudo.
Recoméndase asistir con regularidade ás sesións de clase para dispoñer dunha guía e orientacións necesarias para abordar os bloques de contido. A aula tamén constitúe un espazo importante para comezar a perfilar as actividades prácticas e para a negociación e acordos de funcionamento grupal. A constancia no proceso de estudo será vital para poder superar a asignatura.
Os traballos individuais ou en grupo dos estudantes deben ser orixinais. A entrega de documentos onde existan claros indicios de plaxio supondrá un suspenso na asignatura. Asemade, os traballos nos que se manexe información doutros autores, deberá estar debidamente referenciado con citas bibliográficas directas ou indirectas, preferentemente utilizando estilo APA.
Todo aquel alumnado que precise dalgún tipo de adaptación por características NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo), deberá solicitalo e finalmente tan só serán considerados aqueles casos que foran valorados polo SEPIU da Universidade de Santiago de Compostela.
Responsabilidade medioambiental:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se puideran realizar en formato non dixital para a materia, teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Mª Carmen Caldeiro Pedreira
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821061
- Correo electrónico
- mcarmen.caldeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Pablo Cesar Muñoz Carril
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821018
- Correo electrónico
- pablocesar.munoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 24 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
23.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 24 |
23.05.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |
07.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 24 |
07.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 24 |