Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Conceptuais (saber):
- Comprender o desenvolvemento psicolóxico, os seus procesos, dimensións e fases.
- Analizar e comprender as principais teorías e modelos explicativos do desenvolvemento nas idades de 6 a 12 anos, acadando unha comprensión funcional das mesmas que permitan adecuar a práctica docente ao nivel de maduración do alumnado e ás súas características.
- Coñecer as implicacións educativas que se derivan dos procesos de cambio evolutivo do alumnado e reflexionar sobre as súas aplicacións para optimizar o desenvolvemento.
- Coñecer a metodoloxía de investigación en psicoloxía do desenvolvemento e a súa aplicación ao ámbito escolar
Procedimentais (saber facer):
- Manexar diferentes fontes de información relacionadas coa psicoloxía do desenvolvemento.
- Observar, analizar e interpretar condutas representativas das principais dimensións do desenvolvemento do escolar.
- Adquirir habilidades para a prevención e resolución pacífica de conflitos e saber convivir coas diferenzas entre culturas e persoas.
- Familiarizarse cos procedementos estimuladores da actividade didáctica, coas técnicas de motivación e coas estratexias para aprender a pensar e a estudar.
Actitudinais (saber ser):
- Desenvolver unha actitude crítica, reflexiva e creativa fronte aos problemas psicoeducativos.
- Cultivar hábitos de traballo favorecedores da participación e da observación que inciten a manter unha actitude de permanente actualización na profesión.
- Adoptar unha disposición favorábel cara ao traballo en equipo, á colaboración cos compañeiros e compañeiras e promover valores de respecto, tolerancia, compromiso ético e apertura, tanto no período de formación como na conduta profesional posterior.
Bloque 1: Introdución á Psicoloxía do Desenvolvemento
Tema 1. Aproximación conceptual. Principais teorías descritivo-explicativas do desenvolvemento.
Tema 2. Introdución aos métodos de investigación en Psicoloxía do desenvolvemento.
Bloque 2: O desenvolvemento de 6 a 12 anos.
Tema 3. O desenvolvemento físico e perceptivo-motor.
Tema 4. O desenvolvemento cognitivo.
Tema 5. O desenvolvemento da linguaxe.
Tema 6. O desenvolvemento socioafectivo, persoal e moral.
BIBLIOGRAFIA BÁSICA
- Berger, K.S. (2016). Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Médica Panamericana.
- Feldman, R.S. (2008). Desarrollo en la infancia. Prentice Hall.
- Papalia, D.E., Feldman, R.D. & Martorell, G. (2012). Desarrollo humano. McGraw-Hill.
- Bermudez, M.P. & Bermudez, A.M. (Coords.). (2004). Manual de psicología infantil. Aspectos evolutivos e intervención psicopedagógica. Biblioteca Nueva.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA
- Barajas, C., Morena, De la, M.L., Fuentes, M.J., & González, A.M. (2007). Perspectivas sobre el desarrollo psicológico: teoría y prácticas. Pirámide.
- Berk, L.E. (2004). Desarrollo del niño y del adolescente. Prentice-Hall.
- Córdoba, A.I., Descals, A. & Gil, M.D. (2007). Psicología del desarrollo en la edad escolar. Psicología Pirámide.
- Craig, G.J. & Baucum, D. (2009). Desarrollo psicológico. Prentice-Hall.
- Hoffman, L., Paris, S. & Hull, E. (1995). Psicología del desarrollo hoy. McGraw Hill.
- Palacios, J., Marchesi, A., & Carretero, M. (2004). Psicología evolutiva (vol. I, II). Alianza.
- Papalia, D.E., Olds, S.W., & Feldman, R.D. (2009). Psicología del desarrollo: de la infancia a la adolescencia. Bogotá: McGraw-Hill.
- Santrock, J.W. (2007). Psicología del desarrollo en la infancia. McGraw Hill.
- Shaffer, D.R. (2007). Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Internacional Thomson.
Soporte dixital:
- Brioso, A. (2005). Psicología del desarrollo y de la educación. Vol. I. Psicología del desarrollo. UNED.
- García, J.A. (2019). Psicología del desarrollo I. UNED.
- Gutiérrez, F. & Vila, J.O. (2015). Psicología del desarrollo II. UNED.
- Muñoz, V. (2014). Manual de psicología del desarrollo aplicada a la educación. Pirámide.
- Palacios, J., Marchesi, A., & Carretero, M. (2004). Desarrollo psicológico y educación. Vol. I. Psicología evolutiva. Alianza.
WEBGRAFIA
- http://www.ite.educacion.es/
- http://www.profes.net/
- https://educared.fundaciontelefonica.com.pe/
Xerais:
G5- Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G8- Manter una relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
G10- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
G11- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa as aprendizaxes, a formación cívica e a riqueza cultural.
Básicas:
CB2- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse coa elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica e ética.
CB4- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Específicas:
E2- Coñecer as características destes estudantes así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais.
E3- Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade dos estudantes e identificar disfuncións.
Transversais:
T1- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3- Coñecemento instrumental de tecnoloxías da información e da comunicación.
A proposta metodolóxica que se vai empregar pretende conxugar o formato de clase expositiva coas metodoloxías activas e participativas, así como o traballo autónomo e a autoaprendizaxe.
As actividades presenciais co grupo de clase expositivo terán como obxectivo introducir e explicar o sentido dos temas, clarificar os conceptos importantes, orientar e guiar a realización de traballos, dar unha visión global dos contidos dos diferentes bloques e relacionar coñecementos para facilitar a significatividade das aprendizaxes, polo que a exposición se acompañará, cando sexa pertinente, de organizadores previos, definicións, cadros sinópticos, esquemas … O apoio de material visual e recursos en rede empregarase para clarexar os contidos tratados e servir de referencia e punto de partida para os traballos e actividades de carácter grupal.
Co traballo en seminarios (clases interactivas) preténdese profundar en aspectos concretos das clases teóricas; as actividades que se realicen incluirán a lectura e comentario de documentos, respostas a preguntas, análise de situacións prácticas, visualización de vídeos, estudo de casos, debates e realización de traballos. Con eles, preténdese que o alumnado aprenda a manexar diferentes fontes de información, propicie a transferencia da teoría á práctica, aprenda a elaborar e presentar informes, confronte diferentes puntos de vista e sexa capaz de construír significados compartidos axudado da labor mediadora da docente.
A concreción das tarefas requiridas e os materiais necesarios presentaránselle o alumnado nas correspondentes sesións de clase e nas guías de cada tema utilizando o Campus Virtual e os recursos que este ofrece.
Na atención titorial, atenderanse as necesidades específicas de cada alumno/a e realizaranse as orientacións pertinentes para guiar o seu proceso de ensinanza-aprendizaxe.
A avaliación da materia realizarase tendo en conta o nivel de logro ponderado:
-50% da cualificación procederá dos resultados dunha proba (exame) sobre os contidos tratados nas clases expositivas e interactivas; é necesario superar esta proba (obter 3 puntos sobre 5 puntos) para aprobar a materia e para que se consideren as puntuacións obtidas na interactividade, nas exposicións e na asistencia e participación na dinámica da aula. No caso de non presentarse a esta proba a cualificación será de “suspenso” na materia.
-35% da cualificación procederá da entrega de informes escritos e outras producións (individuais e grupais) demandadas o alumnado. Valorarase a precisión conceptual, o axuste as directrices dadas, a orixinalidade e a reflexión crítica.
- 5% da cualificación procederá de presentacións orais. Valorarase a precisión conceptual e a competencia expositiva.
-10% da cualificación corresponderá a participación activa na dinámica da aula.
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter superado o exame, ter asistido a lo menos o 80% das sesións interactivas e ter entregadas nos prazos acordados todas as actividades (individuais e grupais) solicitadas.
Os traballos individuais ou de grupo que realicen os estudantes deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta (plaxio e uso de tecnoloxías) de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade (e na Instrución núm. 1/2017, do 27 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia á clase) os alumnos poderán solicitar exención de docencia. Esta situación debe ser notificada á profesora ó inicio do cuadrimestre e presentar, no momento no que se obteña, a certificación que así o acredite. Todo isto será necesario para establecer as directrices apropiadas para o cumprimento do programa e a superación da materia. A avaliación da materia realizarase tendo en conta o nivel de logro ponderado:
-50% da cualificación procederá dos resultados dunha proba (exame) sobre os contidos tratados; é necesario superar esta proba (obter 3 puntos sobre 5 puntos) para aprobar a materia e para que se consideren as puntuacións obtidas nos informes e outras producións demandadas.
-50% da cualificación procederá da entrega de informes escritos e outras producións demandadas o alumnado. Valorarase a precisión conceptual, o axuste as directrices dadas, a orixinalidade e a reflexión crítica.
A materia ten un total de 51 horas de clases presenciais, distribuídas en clases expositivas co grupo de clase completo, actividades de grupo en seminarios, estudo de casos, guías e orientación de traballos e titorías.
Estímase que o alumnado deberá dedicar unhas 99 horas ao traballo autónomo para poder superar a materia. Destas, aproximadamente 35 horas estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, busca de información e análise de documentos; en torno a 45 horas dedicaraas ás lecturas e elaboración de traballos, esquemas, mapas conceptuais, busca de información complementaria ou preparación de presentación orais e unhas 19 horas para o traballo en lecturas recomendadas, á aprendizaxe autónoma, á resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos. O tempo dedicado ao exame será sobre dúas horas.
Dado o carácter básico da materia e a súa ubicación no plano de estudos non se indican requisitos previos; será recomendábel que o alumno/a estableza relacións cos contidos propios das materias de Psicoloxía da Educación e de Dificultades de Aprendizaxe e Trastornos do Desenvolvemento.
É importante que o alumado se implique activamente desde o inicio na dinámica e funcionamento da materia para lograr superala con éxito; recoméndase tamén unha abordaxe comprensiva e significativa da mesma.
Recoméndase utilizar as titorías para aclarar as dúbidas que poidan xurdir no desenvolvemento da materia (o horario facilitarase o inicio das clases).
- ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/13189)
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha "mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
- RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Utilizar para a entrega de traballos, preferentemente, á aula virtual.
- PERSPECTIVA DE XÉNERO
Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/descar…
- OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI.
- OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc). Os traballos poderán solicitarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- NON SE PODERÁ EMPREGAR O DE TELÉFONO MÓVIL, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- TER EN CONTA QUE O ENSINO-APRENDIZAXE (CLASES / TITORÍAS) É UN PROCESO PRIVADO, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
- OBRIGATORIEDADE DO CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Eva María Taboada Ares
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813892
- Correo electrónico
- evamaria.taboada [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Patricia Maria Iglesias Souto
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813741
- Correo electrónico
- patriciamaria.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_03 + Dobre Grao 1º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_05 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 25 |
03.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
03.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
03.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
03.06.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
08.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
08.07.2025 09:30-11:30 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 1º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |