Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Saber identificar, previr e intervir en problemáticas vinculadas coa linguaxe oral e escrita no ámbito da educación primaria.
- Comprender e deseñar estratexias e programas que promovan o desenvolvemento da linguaxe oral e escrita e minimicen a aparición de dificultades.
- Reflexionar, criticamente, sobre os efectos das intervencións educativas na linguaxe.
- Identificar e comprender as repercusións emocionais e condutuais das dificultades da linguaxe.
- Xestionar a información e xerar novos coñecementos relacionados coas dificultades da linguaxe en situacións escolares e familiares.
BLOQUE I. DIFICULTADES NA LINGUAXE
1.1. Delimitación conceptual de dificultades na linguaxe. Causas das dificultades na linguaxe. Principais dificultades na linguaxe. Relación entre linguaxe oral e linguaxe escrita. O papel do contexto na prevención das dificultades na linguaxe.
BLOQUE II. REPERCUSIÓNS EMOCIONAIS E CONDUTUAIS DAS DIFICULTADES DA LINGUAXE: PAUTAS DE INTERVENCIÓN
2.1. Influencia das dificultades da linguaxe no campo emocional e condutual: identificación, pautas de actuación e estratexias de intervención no ámbito educativo.
BLOQUE III. AVALIACIÓN E INTERVENCIÓN EDUCATIVA NA LINGUAXE ORAL
3.1. Delimitación conceptual de dificultades na linguaxe oral. Causas das dificultades na linguaxe oral. Diferentes clasificacións propostas para as dificultades na linguaxe oral.
3.2. As dificultades da fala: concepto, principais dificultades, identificación, pautas de actuación e estratexias de intervención no ámbito educativo.
3.3. As dificultades da linguaxe: concepto, principais dificultades, identificación, diagnóstico diferencial e programas de intervención no ámbito educativo.
3.4. Os trastornos da comunicación: concepto, principais dificultades, identificación, pautas de actuación e estratexias de intervención no ámbito educativo
BLOQUE IV. AVALIACIÓN E INTERVENCIÓN EDUCATIVA NA LINGUAXE ESCRITA
4.1. Delimitación conceptual de dificultades na linguaxe escrita. Causas das dificultades na linguaxe escrita. Dificultades nos procesos psicolóxicos de acceso ao léxico (procesamento perceptivo, procesamento léxico, procesamento sintáctico e procesamento semántico), nos procesos cognitivos (atención, percepción e memoria) e metacognitivos.
4.2. As dificultades na lectura: concepto, principais dificultades, identificación, pautas de actuación e estratexias de intervención no ámbito educativo.
4.3. As dificultades na escritura: concepto, principais dificultades, identificación, pautas de actuación e estratexias de intervención no ámbito educativo.
4.4. Dislexia, Disortografía e Disgrafía: identificación, pautas de actuación e estratexias de intervención no ámbito educativo.
BÁSICA
• Acosta, V.M. e Moreno, A.M. (2007). Guía de actuaciones educativas en el ámbito de la comunicación y el lenguaje. Gobierno de Canarias.
• Asociación Americana de Psiquiatría. (APA) (2014). Manual diagnóstico y estadístico de los trastornos mentales (DSM-5), 5ª Ed. Editorial Médica Panamericana.
• Gallego Ortega, J. L. (Dir.) (2006). Enciclopedia temática de logopedia. (vol. 1/vol. 2). Aljibe
COMPLEMENTARIA
• AAVV (2019). Protocolo para la intervención psicoeducativa de la dislexia y/o otras dificultades específicas del aprendizaje. Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Recuperado de https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/30105
• Arriaza, J. C. (2018). Cuentos y actividades para estimular el Lenguaje Oral. Aljibe.
• Berko Gleason, J. (2010). El desarrollo del lenguaje. Una revisión y una vista preliminar. En J. Berko Gleason e N. Bernstein Ratner, Desarrollo del Lenguaje. Pearson.
• DECRETO 229/2011, de 7 de diciembre, por el que se regula la atención a la diversidad del alumnado de los centros docentes de la Comunidad Autónoma de Galicia en los que se imparten las enseñanzas establecidas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación. Diario Oficial de Galicia, 242, de 21 de diciembre de 2011, pp.37487-37515. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2011/20111221/AnuncioC3F1-151211-9…
• Dolz, J., Gagnon, R., Mosquera, S. e Sánchez, V. (2013). Producción escrita y dificultades de aprendizaje. Grao.
• Fiuza Asorey Mª. J. e Fernández Fernández, Mª.P. (2013). Dificultades de aprendizaje y trastornos del desarrollo. Pirámide.
• Gràcia, M. (Coord.). (2015). Valoración de la enseñanza de la lengua oral. Escala EVALOE. GRAÓ.
• Laffon, B. e Pásaro, E. (2012). Bases congénitas de las alteraciones del lenguaje. Bubok Publisher.
• López-Rubio Martínez, S., Fernández-Parra, A., Mendoza Lara, E. e Ramos Mezcua, C. (2010). Lenguaje y conducta: determinantes del fracaso académico y social. Una revisión de la literatura. Revista de Logopedia, Foniatría y Audiología. Elsevier, 30 (3), 144-150. http://www.elsevier.es/es-revista-revista-logopedia-foniatria-audiologi…
• Marín Suelves, D. e Fajardo Bravo, I. (2018). (Coord.). Intervención psicoeducativa en alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo. Tirant Humanidades.
• Moreno-Flagge N. (2013). Trastornos del lenguaje. Diagnóstico y tratamiento. Rev Neurol, 57 (Supl 1). S85-S94. https://pavlov.psyciencia.com/2013/11/Trastornos-del-lenguaje-diagnosti…
• ORDEN de 8 de septiembre de 2021 por la que se desarrolla el Decreto 229/2011, de 7 de diciembre, por el que se regula la atención a la diversidad del alumnado de los centros docentes de la Comunidad Autónoma de Galicia en los que se imparten las enseñanzas establecidas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación. Diario Oficial de Galicia, 206, de 26 de octubre de 2021, pp.52272-52379. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211026/AnuncioG0598-211021-…
• Organización Mundial de la Salud (OMS) (2019). CIE 11 Clasificación Internacional de Enfermedades. Recuperado el 14 de noviembre 2019, de https://icd.who.int/es/docs/Guia%20de%20Referencia%20(version%2014%20no…
Competencias xerais
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
Competencias básicas
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias transversais
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4. Competencia informacional.
Competencias específicas
E4. Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento.
E6. Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe.
E48. Coñecer o proceso de aprendizaxe da linguaxe escrita e o seu ensino.
E50. Coñecer as dificultades para a aprendizaxe das linguas oficiais de estudantes doutras linguas.
A metodoloxía docente encóntrase en estreita relación cos procesos de ensino/aprendizaxe e, polo tanto, planifícase de forma que conduza á consecución das competencias formuladas para a materia. Para iso, propoñemos unha metodoloxía activa e participativa que combine actividades individuais e grupais. De acordo ás directrices xerais para o ensino previstas para as titulacións dentro do EEES, as distintas actividades formativas repartiranse entre un horario presencial obrigatorio e un horario non presencial ou de traballo autónomo por parte dos alumnos/as.
En canto ás actividades de carácter presencial, estas distribuiranse en tres módulos. Sesións expositivas que teñen por obxectivo presentar os conceptos e/ou procedementos máis relevantes e que se consideran fundamentais para entender e dominar a materia. Buscarase, en todo momento, conectar a nova información cos coñecementos previos xa adquiridos polo estudante. Nas actividades de traballo en grupos de seminario (documentos, videos, casos, informes, instrumentos de avaliación, programas de intervención, etc.) ademais de afondar en contidos específicos, preténdese propiciar a transferencia da teoría á práctica e dotar ao alumno/a das ferramentas necesarias para a realización dun traballo autónomo (búsqueda e manexo da información, comparacións a nivel teórico-explicativo, relacións conceptuais, elaboración e presentación de informes, preparación de materiais, etc). Nas tarefas grupais promoverase a participación do estudante a través da aprendizaxe colaborativa, o pensamento crítico e a toma de decisións, buscando un enriquecemento e mellora da aprendizaxe.
Nas sesións de titorías atenderase ás necesidades específicas de cada estudante, clarexando dúbidas ou dando as orientacións pertinentes, co fin de guiar o seu proceso de ensino-aprendizaxe.
Empregarase a aula virtual como ferramenta de apoio ao desenvolvemento da docencia ao longo de todo o semestre, fundamentalmente, para a comunicación cos estudantes e como repositorio de material (guía de cada tema, materiais de lectura...).
Respecto dos materiais non haberá un dossier único da materia. Para cada tema concretarase o material necesario para a súa aprendizaxe, que poderán ser artigos, capítulos específicos de manuais, esquemas, etc.
En canto á avaliación das aprendizaxes esta será continua e formativa ao longo do semestre, é dicir, valorarase o rendemento e as aprendizaxes adquiridas a través das diferentes tarefas desenvoltas. Deste xeito, proponse valorar tanto os resultados da aprendizaxe como o esforzo e o progreso durante o desenvolvemento das actividades, incentivando a reflexión crítica e unha dedicación constante á materia ao longo do semestre. Esta avaliación ten como base a participación nas clases, as actividades individuais e grupais realizadas polo alumnado, así como a proba individual escrita (exame).
En termos xerais, a cualificación ou avaliación procederá dos seguintes aspectos:
A) Participación nas distintas actividades de clase (10%).
B) Realización e presentación dos traballos solicitados pola profesora (40%). Os prazos de entrega dos traballos serán fixados previamente e inamovibles. Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
C) Proba individual escrita (exame), na data establecida na convocatoria oficial, na que se valorarán os contidos tratados na materia (50%).
Para obter unha valoración positiva da materia será preciso ter realizadas, en prazo, todas as actividades de avaliación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que recolle a Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Seguirase o mesmo sistema de avaliación para as distintas oportunidades contempladas no calendario académico.
Os/as estudantes repetidores ou non presentados avaliaranse segundo os criterios establecidos en cada curso académico.
O alumnado que teña concedida exención de docencia oficial ou dispensa de asistencia deberá poñerse en contacto coa profesora da materia para ter unha titoría presencial coa mesma nos quince días seguintes da concesión da exención/dispensa para presentar a documentación pertinente e acordar o plan de traballo a desenvolver ao longo do semestre. O sistema de avaliación da aprendizaxe para o devandito alumnado será o mesmo que para o resto do alumnado matriculado na materia.
Actividades presenciais:
Gran grupo: 18 horas. Clases expositivas:
• Lectura de documentos
• Presentación de material de apoio audiovisual
• Instrucións para a realización de traballos e prácticas
• Presentación de traballos
• Debates guiados
• Avaliación escrita
Grupo reducido (seminario): 18 horas
• Traballo con textos complementarios, análises, discusións, estudo de casos e realización de prácticas de seminario.
• Discusión de conclusións
• Guía e orientación de traballos
Pequeno grupo ou individual: 2,5 horas
• Atención de necesidades específicas
• Titorización individual do proceso de ensino-aprendizaxe
• Orientación de traballos e estudo
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 38,5
Actividades non presenciais: traballo autónomo do estudante.
• Estudo, lectura e elaboración de traballos
• Busca de información
• Preparación de materiais previos
• Análise de documentos
• Resolución de casos e prácticas
• Preparación de presentacións orais, debates, etc.
TOTAL HORAS NON PRESENCIAIS: 74
Recoméndase que o estudante teña cursado as materias obrigatorias vinculadas: Dificultades de aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento; Deseño, desenvolvemento e innovación curricular; así como, a materia Psicoloxía do desenvolvemento e algunhas das materias relacionadas co ensino e a aprendizaxe de competencias comunicativas.
É importante, ademais, que o alumno/a se implique e asista de forma regular tanto ás clases expositivas como interactivas, que consulte e estude os materiais recomendados pola profesora, que realice as actividades propostas, que participe de forma activa nas actividades prácticas e traballe dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
ASISTENCIA A CLASE:
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
Cabe lembrar que a USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia ou dispensa.
O alumnado con exención oficial de docencia ou con dispensa de asistencia a clase ante determinadas circunstancias (instrución num. 1/2017 da Secretaría Xeral da USC) terá que comunicalo en tempo e forma ao profesorado. O sistema de avaliación da aprendizaxe para o devandito alumnado será o mesmo que para o resto do alumnado matriculado na materia.
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2020-, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernnación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PROTECCIÓN DE DATOS: Aplicarase a normativa vixente na USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DO CORREO INSTITUCIONAL: O alumnado empregará o correo oficial da USC (@ rai.usc.es) na súa comunicación coa profesora.
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA: Queda restrinxido o uso do móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTEAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade (Lifesize, etc.)
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
A entrega das tarefas, segundo as súas características, será a través da aula virtual ou en formato papel. Para cada unha das tarefas solicitadas indicarase a forma de entrega.
CONTACTO:
Profesora: Elisa Teresa Zamora Rodríguez
Despacho: Nº 68 (Módulo A) 2º andar - Facultade de CC. da Educación- Campus Vida
Despacho: Nº 401 Facultade de CC. da Educación- Campus Norte
Correo electrónico: elisateresa.zamora [at] usc.es (elisateresa[dot]zamora[at]usc[dot]es)
Tfnos: 881813946 (Campus Vida) / 881812006 (Campus Norte)
Elisa Teresa Zamora Rodriguez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813946
- Correo electrónico
- elisateresa.zamora [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLIS_03 (Pi - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
10:00-11:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Fa) + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 4º | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_02 (Fe - Pe) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
23.01.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
18.06.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao 4º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |