Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Matemática
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Adquirir unha formación matemática básica que capacite aos estudantes para levar a cabo o seu labor docente, con énfase nos contidos que atinxen á Xeometría.
- Coñecer, saber utilizar e valorar os materiais, recursos e medios por medio dos que se favoreza unha ensinanza/aprendizaxe significativa das matemáticas.
- Potenciar a lectura e o traballo documental.
- Desenvolver a capacidade para inducir, conxecturar e deducir en actividades de resolución de problemas.
- Interrelacionar as nocións matemáticas con situacións reais, tentando fomentar no futuro docente de Primaria unha idea positiva sobre a ensinanza da matemática e a matemática en xeral.
- Coñecer elementos necesarios para intervir no proceso de ensinanza/aprendizaxe da xeometría: dificultades e erros, estratexias, recursos e métodos didácticos.
- Espertar o interese polo desenvolvemento histórico da Matemática, en particular da xeometría.
- Descubrir no contorno as matemáticas e o uso que de elas facemos.
- Coñecer o tratamento curricular da matemática na Educación Primaria e as implicacións cara á súa ensinanza e aprendizaxe.
Temas a desenvolver:
1. Elementos para unha análise didáctica da Xeometría.
- Conceptos xeométricos básicos.
- A representación do espazo.
- Teorías sobre a adquisición e o desenvolvemento do pensamento espacial.
- Dificultades, erros e obstáculos na ensinanza/aprendizaxe da Xeometría.
2. Figuras planas. Clasificación
3. Área e perímetro de figuras planas. Relacións numéricas.
4. Introdución ás transformacións xeométricas.
5. O proceso de construción e clasificación de poliedros. Corpos de revolución.
6. Superficie e volume de corpos do espazo.
Contidos recorrentes:
- Medida
- Materiais didácticos
- Historia da xeometría
- Estimación
- Resolución de problemas
Bibliografía básica:
Carrillo, J. (Coord.). (2016). Didáctica de las matemáticas para maestros de primaria. Editorial Paraninfo.
Dickson, L., Brown, M., & Gibson, O. (1991). El aprendizaje de las matemáticas. Labor e MEC.
Flores, P., & Rico, L. (Coords.). (2015). Enseñanza y aprendizaje de las matemáticas en Educación Primaria. Editorial Pirámide.
Bibliografía complementaria:
Alsina, C., Burgués, C., & Fortuny, J. M.ª. (1988). Materiales para construir la geometría. Síntesis.
Alsina, C., Burgués, C., & Fortuny, J. M.ª. (1987). Invitación a la didáctica de la geometría. Síntesis.
Alsina, C., Pérez, C., & Ruiz, C. (1989). Simetría dinámica. Síntesis.
Fielker, D. (1987). Rompiendo las cadenas de Euclides (R. Pons & J. Giménez, Trads. y comentarios). MEC.
García, J., & Bertrán, C. (1987). Geometría y experiencias. Alhambra.
Godino, J. D., & Ruiz, F. (2003). Geometría y su didáctica para maestros. Departamento de Didáctica de las Matemáticas, Universidad de Granada. http://www.ugr.es/local/jgodino/
Artigos:
Aguayo, A. (1996). Polígonos regulares estrellados. Epsilon, 35, 203–214.
Battista, M. T., & Clements, D. H. (1996). Students’ understanding of three-dimensional rectangular arrays of cubes. Journal for Research in Mathematics Education, 27(3), 258–292.
Fernández, T. (2003). Geometría para futuros profesores de Primaria: Experiencias con el tangram chino. SUMA, 42.
Guillén, G. (2000). Sobre el aprendizaje de conceptos geométricos relativos a los sólidos: Ideas erróneas. Enseñanza de las Ciencias.
Jaime, A., & Gutiérrez, A. (1985). Semejanzas del plano. Epsilon, (4), 67–74.
Competencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:
Competencias xerais (X):
X1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
X2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
X4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
X8. Manter unha relación crítica e autónoma respecto dos saberes, os valores e as institucións sociais públicas e privadas.
X11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Competencias específicas (E) da materia:
E38. Adquirir competencias matemáticas (numéricas, cálculo, xeométricas, representacións
espaciais, estimación e medida, organización e interpretación da información, etc.).
E39. Coñecer o currículo escolar de matemáticas.
E40. Analizar, razoar e comunicar propostas matemáticas.
E41. Expor e resolver problemas vinculados coa vida cotiá.
E42. Valorar a relación entre matemáticas e ciencias como un dos alicerces do pensamento científico.
E43. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
Competencias transversais (T):
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A distribución semanal das clases constará dunha sesión de 1,5 horas en grupo expositivo e unha de 1,5 horas en grupo interactivo. Cada estudante contará así mesmo con 3 horas de titorías programadas, distribuídas ao longo do transcurso da materia en dúas sesións de 1,5 horas debidamente fixadas no horario.
As actividades formativas en grupo expositivo están concebidas para desenvolver, aclarar e comentar os contidos que ofrecen maior dificultade de comprensión, incidindo nos aspectos básicos e máis relevantes, ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poida presentar o alumnado. O profesorado utilizará a exposición, e o alumnado resolverá determinados supostos de acordo cos contidos abordados. Permiten desenvolver fundamentalmente as seguintes competencias: X1, X8, X11; E38, E39, E40, E41, E43; B1, B4; T3. Tamén servirán para que os/as estudantes presenten traballos oralmente ante os seus compañeiros, e para o debate en grupo clase.
As actividades en grupo interactivo desenvolveranse no marco de métodos de resolución de problemas matemáticos e didácticos, preferentemente, implicando tamén un importante traballo autónomo individual e en grupo. Isto propiciará o desenvolvemento das competencias máis ligadas ao pensamento crítico, ao uso das tecnoloxías da información e a comunicación e en xeral a boa parte das competencias citadas (X1, X2, X11; E38, E39, E40, E42; B2; T3). O debate, a lectura e comentario de documentos e a exposición de traballos, requirirá unha porcentaxe elevada de horas de traballo persoal do alumnado, co fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado.
Nas sesións de titorías programadas o alumnado será atendido en grupos moi reducidos, tratarase de orientar o seu traballo e de dirixir a súa aprendizaxe, co fin de desenvolver as competencias citadas.
Así mesmo, o alumnado disporá da aula virtual para o seguimento da materia. Ademais, a través de dito espazo serán entregados os traballos, presentacións en formato dixital e actividades requiridos para a superación da materia.
Se a situación o permite, realizaranse saídas didácticas o experiencias prácticas de ApS con centros e institucións que mantengan vinculación coa Universidade de Santiago de Compostela.
A avaliación levarase a cabo en función do seguinte esquema:
Parte I:
A) PARTICIPACIÓN NA AULA (X8, X11, E38, E39, E40, E41, E42, E43, B1, B2, B3, T3). 10%
B) INFORMES ESCRITOS E OUTRAS PRODUCIÓNS (X1, X8, E38, E39, E40, E41, E43, B1, B2, B3, T3). 30%
C) PRESENTACIÓNS ORAIS dos informes e produccións do apartado B (X1, X8, X11, E38, E39, E40, E41, E43, B1, B2, B3, B4, T3): 10%
Parte II:
PROBAS ESPECÍFICAS (X1, X8, E38, E39, E40, E41, B1, B2, B3). Consistirá nun exame o exámenes escritos con distintas cuestións sobre os contidos da materia, que inclúen tamén recursos e materiais didácticos. 50%
Para superar a materia será necesario superar a parte I e a parte II. As producións entregadas deberán ser orixinais; a entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia.
A asistencia a clase non terá ningunha valoración. O programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
O alumnado con exención de docencia e dispensa de asistencia deberá respectar os prazos de entrega de traballos e demais requisitos establecidos, e será recomendable e necesario que manteña contacto co profesorado da materia a través das titorías e a plataforma virtual, para garantir o óptimo desenvolvemento da materia e a superación da mesma. En todo caso, dentro dos 15 días seguientes á concesión da exención ou dispensa, deberá falar co/coa docente da materia para concretar no seu caso como realizar os traballos e actividades propostos dentro dos apartados B y C e, se fose necesario, a vía de evaluación alternativa ao apartado A.
Convocatoria de xullo:
Ao estarmos a falar dunha avaliación continua, o alumnado que precisase acudir á convocatoria de xullo só terá dereito a realizar a proba final (Parte II), e manteránselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados.
Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores:
O alumnado terá que presentarse ao profesor/a da materia que lle corresponda durante as dúas primeiras semanas de semestre, quedando constancia por escrito da súa asistencia, para concretar os requisitos para superar a materia. O Alumnado poderá manter a cualificación da parte I, sempre que estea superada. En caso de que non o faga seguirá o sistema de avaliación ordinario.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
HORAS PRESENCIAIS: 51 horas en función de
- ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (24 horas)
Actividade expositiva
Práctica en grupo clase
Presentación dun plan de traballo
Realización de proba escrita
- ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (24 horas)
Resolución de problemas
Estudo de casos
Debates
Proxectos e traballos
- ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (3 horas)
Reflexión traballo grupo
Discusión de proxectos
HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 99 horas en función de
- ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (35 horas)
Lectura de documentos
Estudo
Preparación de proba escrita
- ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (45 horas)
Lectura de documentos
Preparación de presentacións
Búsqueda de información complementaria
Reflexión en pequenos grupos
- ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (19 horas)
Resolución de dúbidas
Discusión de proxectos e traballo en pequeno grupo
Actividades de autoavaliación
HORAS TOTAIS: 150
Recoméndase a inmersión nos contidos da aula virtual e na bibliografía recomendada, co obxectivo de poder suscitar dúbidas e preguntas nas sesións presenciais. O carácter activo da metodoloxía require o protagonismo do alumnado na súa propia aprendizaxe, tanto na aula física coma na aula virtual a través dos foros, autoevaluacións e entrega dos traballos propostos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendimento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
Responsabilidade ambiental: Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios, Sempre que sexa posible, utilizar grampas en lugar de encadernación. Non Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. Non utilizar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo diario de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
A conta de correo institucional é a conta de correo rai e as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade ( Lifesize, etc).
Non se poderá utilizar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo segundo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non adecuado do mesmo.
Ter en conta que a ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, entendéndose privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Teresa Fernandez Blanco
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 881812012
- Correo electrónico
- teref.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Albella Martinez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Antía Fernández López
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Correo electrónico
- antiafernandez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_05 + Dobre Grao 3º | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_06 | Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_04 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 21 |
20.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
20.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
20.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
20.05.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
01.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
01.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 3º | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |