Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
En relación coas competencias indicadas na Memoria do Grao en Pedagoxía para esta materia, os obxectivos a acadar son os seguintes:
1. Facilitar a comprensión do concepto de diagnóstico pedagóxico.
2. Situar o diagnóstico pedagóxico no marco da investigación avaliativa en educación.
3. Analizar o diagnóstico pedagóxico como proceso.
4. Estudar distintos modelos de diagnóstico.
5. Familiarizar ao/á estudante coas principais técnicas e instrumentos de exploración diagnóstica.
6. Valorar o diagnóstico pedagóxico como un factor de calidade educativa.
7. Desenvolver no alumnado unha actitude de responsabilidade e profesionalidade ante a emisión de xuízos valorativos sobre os suxeitos diagnosticandos.
INTRODUCIÓN: Presentación da guía didáctica da materia
BLOQUE 1. CONCEPTO DE DIAGNÓSTICO PEDAGÓXICO
1.1. Diagnóstico pedagóxico e calidade educativa
1.2. Concepto de diagnóstico pedagóxico
BLOQUE 2. MODELOS E PROCESOS DE DIAGNÓSTICO
2.1. Principais modelos de diagnóstico pedagóxico
2.2. Proceso de diagnóstico en contextos educativos
BLOQUE 3. MÉTODOS, TÉCNICAS E INSTRUMENTOS DE DIAGNÓSTICO PEDAGÓXICO
BLOQUE 4. DIAGNÓSTICO E FORMACIÓN
4.1. Exploración de necesidades formativas (análise de variables personais, contextuais e interactivas)
4.2. Diagnóstico para a toma de decisións
BLOQUE 5. OS INFORMES DIAGNÓSTICOS
5.1. Elaboración e análise de informes diagnósticos
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Calvo, C. (2007). Técnicas e instrumentos de diagnóstico en educación. Aljibe.
Dueñas, Mª L. (2011). Diagnóstico Pedagógico. UNED.
Jiménez, A. (2003). Diagnóstico en educación. Modelo, técnicas e instrumentos. Amarú.
Suárez, A. (2011). Diagnóstico Pedagógico. Diagnóstico de las competencias en lenguaje verbal escrito y matemáticas en educación primaria. La Muralla.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Casado, A. (Dir.) (2010). Casos prácticos de diagnóstico pedagógico. Servicio de Publicaciones de la Universidad de Castilla –La Mancha. Colección Humanidades. Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha.
Chimpén-López, C. A., Pérez-Jiménez, J. & Polo-Del-Río, M. I. (2022). La práctica narrativa en la evaluación psicopedagógica. REOP - Revista Española de Orientación y Psicopedagogía, 33(2), 45–62. https://doi.org/10.5944/reop.vol.33.num.2.2022.34359
Coronado, A. (2020). El diagnóstico en Educación. En D. Cobos, E. López, A. Molina, A. Jaén, A.H. Martín (Eds.), Claves para la innovación pedagógica ante los nuevos retos: respuestas en la vanguardia de la práctica educativa (pp. 370-379). Octaedro.
Gil, J. A. (2016). Técnicas e instrumentos para la recogida de información. UNED.
González-Gándara, D. (2021). Actividades de evaluación auténtica para una evaluación psicopedagógica inclusiva. EDUCA International Journal 2 (1), 46-62. file:///E:/Planificaci%C3%B3n%2022-23/Programas/Actividades%20evaluaci%C3%B3n%20para%20EP%20inclusiva.pdf
Marí, R., Climent, C. I. & Cervera, Mª A. (2009). Guía de buenas prácticas para el diagnóstico pedagógico. Tirant lo Blanch.
Martínez, M. de J. (2010). Práctica educativa con un alumno con diagnóstico de TDAH en la etapa de Educación Infantil. Innovación Educativa, 20, 261-272.
Outón, P. & Suárez, A. (2013). Detección de las dificultades de expresión escrita en escolares de segundo de Primaria. En M.C. Cardona, E. Chiner e A. Giner (Coords.) Investigación e Innovación Educativa al Servicio de Instituciones y Comunidades Globales, Plurales y Diversas: Actas del XVI Congreso Nacional / II Internacional Modelos de Investigación Educativa de la Asociación Interuniversitaria de Investigación Pedagógica (AIDIPE) (pp. 536-543). Universidad de Alicante.
Untoiglich, G. (2016). En la infancia los diagnósticos se escriben con lápiz. La patologización de las diferencias en la clínica y la educación. Noveduc-Graó.
Vázquez, E. & López, E. (2017). El diagnóstico en la diversidad desde la perspectiva de la orientación en secundaria. Revista de Estudios e Investigación en Psicología y Educación, Extraord.(11) DOI: https://doi.org/10.17979/reipe.2017.0.11.2444
Revistas de interese
Revista de Educación: www.mecd.gob.es/revista-de-educacion
Revista de Investigación Educativa: revistas.um.es/rie
Revista Española de Orientación y Psicopedagogía: http://www.uned.es/reop
Revista Galega de Educación: http://www.nova-escola-galega.org/WebDefault.aspx?MenuInd=1&MenuId=134&…
Revista Galega do Ensino: http://www.edu.xunta.es/eduga/
Tendencias Pedagógicas: http://www.tendenciaspedagogicas.com/ Nº 12. Dedicado a Diagnóstico pedagógico e orientación educativa
Portais web
Servizo de Recursos Psicopedagóxicos da Facultade. http://srpusc.blogspot.com
Portal de Convivencia do Ministerio de Educación y Formación Profesional https://www.educacionyfp.gob.es/mc/sgctie/convivencia-escolar/objetivos…
Portal de Diversidade e Orientación da Xunta de Galicia http://www.edu.xunta.es/portal/div
Competencias Básicas:
CB1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e normalmente seencontra a un nivel que, ben que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
Competencias Xerais:
CX2. Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña a labor profesional dos/as pedagogos/as, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CX3. Coñecer, comprender e analizar de modo integral situacións educativas en diferentes contextos, sendo capaces de adaptar e aplicar os fundamentos académicos e científicos da Pedagoxía ás mesmas.
CX4. Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en contornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipas educativas.
Competencias Transversais:
CT4. Involucrarse na resolución de problemas.
CT5. Implicarse activamente na toma de decisións.
Competencias Específicas:
CE1.3. Diagnosticar as necesidades educativas de desenvolvemento educativo das persoas e das organizacións.
A metodoloxía combinará:
1.- Exposicións realizadas polas profesoras dos contidos fundamentais de cada bloque temático, lecturas, análises documentais e debates dirixidos a unha meirande clarificación e axuste terminolóxico e relacional.
2.- Actividades prácticas orientadas ao estudo de casos, á análise de técnicas e instrumentos de recollida de información, e/ou á análise e elaboración de informes de diagnóstico pedagóxico.
3.- Realización de traballos sobre aspectos concretos da disciplina de carácter teórico-práctico (individuais e/ou grupais).
4.- Visita ao Servizo de Recursos Psicopedagóxicos da Facultade e análise de probas diagnósticas.
5.- Mesa redonda con profesionais que exerzan funcións de diagnóstico en diferentes contextos, no caso de ser posible a súa planificación.
A proposta de actividades na materia terá en conta as necesidades e o ritmo de desenvolvemento na propia materia e a coordinación coas materias do semestre.
No desenvolvemento da materia empregarase o Campus Virtual da USC como contorna de apoio síncrono e/ou asíncrono ao proceso de ensino-aprendizaxe, cumprindo a aula virtual as seguintes funcións:
- Repositorio de materiais de consulta e de estudo: documentos bibliográficos de apoio, esquemas dos temas expostos nas clases expositivas, indicacións e materiais de apoio para a elaboración de actividades prácticas e aqueloutros recursos necesarios para o seguimento da materia por parte de todo o alumnado (en réxime ordinario o con exención de docencia concedida).
- Ferramentas de comunicación co alumnado, tanto individual como grupal: mensaxería e foros, principalmente.
- Espazo de entrega/realización de tarefas programadas para a realización grupal e/ou individual: a entrega/realización de actividades prácticas programadas e aqueloutras que se poidan establecer (exercicios prácticos, actividades de avaliación, etc.) a través da activación de tarefas da aula virtual. Excepcionalmente, podería utilizarse o correo electrónico institucional para a entrega de traballos prácticos.
A avaliación das aprendizaxes terá fundamentalmente un propósito formativo, baseándose na observación, revisión e corrección das actividades individuais e/ou grupais realizadas, así como na participación nas clases e titorías.
Na avaliación final teranse en conta as seguintes tarefas coas súas correspondentes porcentaxes:
1.- Desempeño obtido na realización dun exame para todo o alumnado. Consistirá nunha proba escrita sobre a materia impartida con preguntas de contido teórico e práctico (porcentaxe máxima na avaliación da materia: 50% da cualificación final). Será requisito necesario acadar, como mínimo, a metade da puntuación máxima no exame para superar a materia.
2.- Desenvolvemento dun caso práctico sobre o proceso de diagnóstico que será supervisado no seu proceso de realización. O traballo elaborarase en pequeno grupo (máximo 3 estudantes). A súa data de entrega marcarase para inicios do mes de decembro, sendo imprescindible entregalo no prazo fixado (porcentaxe máxima na avaliación da materia: 30% da cualificación final).
3.- Participación nas clases e actividades prácticas das sesións expositivas e/ou interactivas (porcentaxe máxima na avaliación da materia: 20% da cualificación final). Para ser avaliadas cada estudante debe ter feitas e entregadas, como mínimo, o 80%, o que implica a asistencia a clase durante a súa realización. De non ser así, non terá superada esta tarefa. Non se avaliarán actividades se non se asiste ás clases correspondentes para o seu desenvolvemento, a excepción das clases expositivas para alumnado con exención de docencia concedida.
No caso de non superar as diferentes tarefas de avaliación, na nota final poñerase a correspondente á proba final escrita.
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as tarefas de avaliación especificadas, así como superar cada unha delas.
Nesta materia no se concederá a dispensa de asistencia a clase.
Se unha alumna ou un alumno ten concedida a exención oficial de docencia ás clases expositivas da materia a avaliación do terceiro aspecto complementarase cunha tarefa individual de análise documental sobre un apartado do programa que se valorará en conxunto coas actividades de clase realizadas. A porcentaxe máxima deste apartado na nota final da materia será o 20%, tendo que realizar as outras dúas tarefas coas condicións que se contemplan neste programa. Unha vez concedida a exención oficial de docencia para as sesións expositivas, terá que concertar unha titoría coas docentes para planificar o desenvolvemento da materia e un plan de titorías de seguimento.
Todas as alumnas e alumnos matriculadas/os nesta materia avaliaranse segundo os criterios e tarefas indicados neste programa. As cualificacións obtidas nas diferentes dimensións que constitúen a avaliación no presente curso académico, non se manterán en cursos posteriores.
Os traballos individuais e grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente edición da convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
TEMPO DE SESIÓNS DE CLASE
Presenciais: 46 horas
TRABALLO PERSOAL: 100 horas
AVALIACIÓN: 4 horas
Tempo total do traballo do/a alumno/a: 46+100+4=150 horas
A asistencia ás clases e a constancia no desenvolvemento do programa son fundamentais para o bo aproveitamento da materia.
O alumnado repetidor ou non presentado avaliarase seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
COMUNICACIÓN COAS DOCENTES
Elena Fernández Rey (coordinadora):
Despacho nº 69; 2º andar (módulo A)
Tfno.: 881813696
e-mail: elena.fernandez.rey [at] usc.es (elena[dot]fernandez[dot]rey[at]usc[dot]es)
Rebeca García Murias:
Despacho nº 71; 2º andar (módulo A)
Tfno.: 881813819
e-mail: rebeca.garcia.murias [at] usc.es (rebeca[dot]garcia[dot]murias[at]usc[dot]es)
Para contacto coas profesoras por correo electrónico será imprescindible utilizar o enderezo electrónico de dominio rai.usc
Horario de titorías: exposto no despacho, na aula virtual e na páxina web da Facultade.
Datas de exames:
1ª oportunidade: 20/01/2025 12:00-15:00 horas Aula 15 (módulo A)
2ª oportunidade: 26/06/2025 15:00-18:00 horas Aula 17 (módulo A)
Será obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola Universidade.
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
O proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é privado, entendendo como tal un proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia.
No apartado terceiro de dita Normativa especifícanse as causas xustificadas das faltas de asistencia.
PROTECCIÓN DE DATOS
Será obrigatorio cumprir coa normativa vixente na USC para a protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos)
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia se terán en conta as seguintes indicacións:
- Evitar as tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregaranse grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas tratados no traballo.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recomendase facer uso da linguaxe non sexista tanto na docencia como nos traballos académicos encomendados (memorias, proxectos...) Pode obterse información ao respecto no enlace: https://assets.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (R.R. do 15 de xuño de 2011).
Elena Fernandez Rey
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813696
- Correo electrónico
- elena.fernandez.rey [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rebeca Garcia Murias
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_01 (A - D) | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_02 (E - Mo) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_03 (Mu - Z) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
20.01.2025 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
26.06.2025 15:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |