Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O programa desta materia organízase coa intención de que os alumnos dispoñan duns coñecementos que lles permitan comprender os aspectos fundamentais do comportamento económico do Terceiro Sector no que ten de diferenciado respecto doutras fórmulas máis usuais. Tamén se intenta que avancen na comprensión das condicións de desenvolvemento das potencialidades destas fórmulas cara a promoción do desenvolvemento económico e social.
A materia Economía do Terceiro Sector, divídese nos seguintes temas.
Tema 1. Introdución á Economía do Terceiro Sector
1. Estado, mercado e Terceiro Sector
2. Definicións e estrutura do Terceiro Sector. A Economía Social
Tema 2. A Economía do Terceiro Sector no ámbito global
1. Organizacións comunitarias, ONG e organizacións sen ánimo de lucro
2. Modelos de Estado de Benestar e funcións do Terceiro Sector
Tema 3. Economía Social e Terceiro Sector na Unión Europea, en España e en Galicia
1. O marco europeo para a Economía Social
2. O marco estatal para a Economía Social
3. O marco autonómico para a Economía Social
Tema 4. A Economía Social en Galicia
1. A economía social en Galicia: marco xurídico
2. As sociedades cooperativas galegas
3. As sociedades laborais
4. Empresas de inserción
5. Os centros especiais de emprego
6. As confrarías de pescadores
7. As sociedades agrarias de transformación
8. As comunidades e mancomunidades de montes veciñais en man común
Tema 5. Economía do desenvolvemento
1. Definicións e situación actual: a economía dos países menos desenvolvidos
2. Breve historia das teorías do desenvolvemento económico
3. Límites do desenvolvemento económico
Para cada tema os alumnos dispoñerán, como lectura básica, dun ou dous textos breves seleccionados polo docente. Como complemento, poderán consultar algunha obra de referencia. Entre outras:
- Elster, J., e Moene, k.o. (eds.) Alternativas al Capitalismo. Ministerio de Trabajo y Seguridad Social, Madrid, 1993.
- Cancelo, M., eBotana, M. (coord.): Libro blanco da Economía Social en Galicia (varios anos). Centro de Estudios Cooperativos. Santiago de Compostela.
- Alberich, T. (2018): Tercer sector: la participación de las organizaciones no lucrativas. Dykinson. Madrid.
- Morales, A., Monzón , J.L., e Chaves, R (eds). Análisis económico de la empresa autogestionada. Ciriec, 2003.
- Rafael Chaves, José Luis Monzón, Yohanan Stryjan, Roger Spear e Simeon Karafolas (eds), El futuro de las cooperativas en una Europa en crecimiento, ACI, 2004.
- Babio Arcay, M.R., e Jordán Rodríguez, M.
- Cooperativas de Galicia: Informe de Síntese-2007, Santiago de Compostela 2010.
- Jordán Rodríguez, M. La Naturaleza de la empresa y los procesos de innovación: Hipótesis sobre las organizaciones democráticas, ACI, 2004
- Jordán Rodríguez, M. (coord.) e outros, Libro Blanco do Cooperativismo Galego, Xunta de Galicia, Santiago, 2004
- Lexislación de economía social actualizada.
1. Entender que é o terceiro sector e coñecer as súas orixes e desenvolvemento.
2. Coñecer os distintos enfoques sobre a inserción no contexto do mercado das actividades do terceiro sector e os problemas e desafíos que expón esa inserción.
3. Coñecer a realidade da economía social en Galicia, aprendendo a discernir as súas fortalezas e debilidades, ameazas e oportunidades.
4. Coñecer os diferentes instrumentos públicos (fiscalidade, axudas públicas, etc.) para o fomento e desenvolvemento da economía social.
A materia consta de 4,5 créditos, distribuídos entre as titorías e 39 horas de clases presenciais, das que aproximadamente a metade se empregarán para a exposición dos contidos teóricos da materia e as horas restantes serán empregadas para a resolución de actividades na aula e a realización de exposicións a partir de traballos que serán encargados previamente polo docente.
O traballo nas aulas parte da explicación de cada tema do programa por parte do profesor. Irá precedida dunha presentación/esquema do mesmo e dos obxectivos a conseguir. Os alumnos poderán dispoñer previamente dun esquema detallado dos contidos de cada tema. As clases serán participativas, procurando a análise e o debate dos contidos das sesións expositivas e dos resultados das actividades interactivas.
Con independencia da lectura dos textos básicos subministrados, o tipo de actividade proposta variará en función dos contidos de cada tema: preguntas de avaliación da aprendizaxe de contidos, casos prácticos construídos a partires de exemplos reais, comentarios críticos de textos, análise de datos, etc. Ademais, os alumnos deberán realizar un traballo de síntese, relacionado cos contidos tratados, consistentes na busca e organización de datos referentes a diversos aspectos da realidade económica, análise, comentario e elaboración e defensa de conclusións. Os resultados destes traballos serán debatidos en sesións colectivas.
A asistencia a clase é fundamental en tanto que a avaliación realizarase en base á participación nas aulas e a avaliación continua da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Existe unha única modalidade de avaliación na que computan:
- Traballo final: 40%
- Traballo en sesións expositivas e interactivas: 60%
Na avaliación correspondente ao traballo final, valorarase nun 50% a entrega escrita e nun 50% a exposición do traballo. Terase en conta a orixinalidade, a estrutura, a información proporcionada, a calidade da redacción, a claridade expositiva, etc. Na exposición do traballo todos os alumnos evaluarán os seus compañeiros e compañeiras utilizando unha rubrica proporcionada polo docente. A rubrica funcionará como guía de avaliación e como guía dos puntos que debe conter a presentación.
Na avaliación correspondente ao traballo das sesións expositivas e interactivas, valorarase o esforzo continuado do alumno ao longo do curso. Entre outros aspectos, valoraranse os seguintes puntos:
- Asistencia a clase.
- Realización de actividades propostas na aula.
- A participación na aula: participación en dinámicas, debates, preguntas, respostas ás preguntas do profesor, etc.
- Grao de cumprimento e calidade das actividades realizadas propostas en cada tema.
Se procedera, e se fora necesario en función dos resultados das actividades anteriores, pode utilizarse como elemento de valoración algunha proba tipo test.
A asistencia a clase é fundamental para superar a materia, en tanto que o 100% da valoración depende da avaliación continua. A falta reiterada a clase implicará non superar a materia. En tal caso, valorarase un método de avaliación mediante unha proba final en segunda oportunidade da convocatoria da avaliación en base aos contidos da materia
Para o caso do alumnado con dispensa de asistencia recoñecida, realizarase unha proba final no horario establecido no calendario oficial de exames a partir dos contidos da materia.
Para a realización destas actividades estímase que o alumno debe dedicar en torno a 3,5 horas á semana de traballo persoal autónomo. A estimación deste tempo medio de traballo autónomo é indicativa e virá modificada fundamentalmente pola atención e participación nas actividades da aula e as complementarias, a base de coñecementos e a actitude e aptitude de cada un.
Ademais da asistencia á clase e utilización do material, lecturas e recomendacións que se fagan ao longo do curso, cada alumno deberá dedicar o que resulte necesario segundo a súa capacidade e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos demandados.
Victor Hugo Martinez Ballesteros
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- victorhugo.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Galego | Aula 6 |
27.05.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Aula 3 |
27.05.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Aula 5 |
27.05.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Aula 6 |
04.07.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Aula 3 |
04.07.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Aula 5 |
04.07.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Aula 6 |