Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia de Política de persoal na empresa internacionalizada persegue aportar ao alumnado a visión estratéxica e internacional da xestión dos recursos humanos, prestando especial atención a xestión da expatriación de persoal da empresa internacionalizada.
Tema 1. Estratexias de crecemento empresarial: Internacionalización
Tema 2. O proceso de internacionalización
Tema 3. A internacionalización na Dirección e Xestión de Recursos Humanos
Tema 4. A dotación de persoal na empresa internacionalizada
Tema 5. Xestión da carreira internacional, da expatriación e da repatriación
BIBLIOGRAFÍA XERAL:
DOWLING, P.J. y WELCH, D.E. (2004). “International Human Resource Management: Managing people in a multinational context”. Thomson, 4th edition. ISBN: 1-84480-013-X
DOLAN, S; SCHULER, R.S y VALLE, R. (1999). “La gestión de los Recursos Humanos”. McGraw- Hill.
HARRIS, H., BREWSTER, C. & SPARROW, P. (2003). “International Human Resource Management”.
COMPLEMENTARIA:
BREWSTER, C., MAYRHOFER, W., & MORLEY, M. (2004). “Human Resource Management in Europe: Evidence of Convergence”. Elsevier, Oxford.
BREWSTER, C. & HARRIS, H. (1999). “International HRM: Contemporary issues in Europe”. Routledge, London and New York.
DOWLING, P.; WELCH, D.E. Y SCHULER, R.S (1998). “International Human Resource Management: Managing People in a Multinational Context”. South-Western Pub.
EVANS, P.; PUCIK, V. & BARSOUX, J.L (2002) “The Global Challenge: International Human Resource Management”. McGraw Hill Text.
MENDENHALL, M.E., ODDOU, G.R., & STAHL, G.K. (2007). “Readings and Cases in International Human Resource Management”. Routledge; 4th edition. New York, NY: 10016.
STAHL, G.K., & BJÖRKMAN, I. (2006). “Handbook of Research in International Human Resource Management”. Edward Elgar Publishing, Inc. USA
Competencias básicas e xerais:
CG2 - Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
CG5 - Expoñer e defender adecuadamente, de xeito oral e/ou por escrito, asuntos ou temas de carácter xeral ou relacionados coa súa especialidade.
CG6 - Traballar individualmente e en equipo.
CG7 - Traballar e relacionarse cos demais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
Competencias específicas:
CE5 - Diferenciar, describir e aplicar técnicas, así como tomar decisións no ámbito organizativo e da xestión dos recursos humanos.
As sesións expositivas utilizaranse para introducir contidos básicos dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. Para iso, utilizarase a aula invertida e/ou a clase maxistral como principais estratexias didácticas en función das necesidades que se orixinen durante o desenvolvemento das sesións expositivas da materia, da diversidade do alumnado, das características propias do alumnado... etc. Na estratexia de ensinanza-aprendizaxe orientada a aula invertida, o alumnado disporá do material necesario uns días antes do inicio de cada bloque temático. O profesorado, pola súa parte, propoñerá diferentes actividades (casos, debates, resolución de exercicios...) destinadas a complementar, apoiar e axudar na formación e comprensión dos conceptos fundamentais nas sesións expositivas presenciais. A estratexia baseada na clase maxistral, o profesorado desenvolverá o temario da materia, explicando os temas e incluíndo actividades complementarias. En ambas estratexias supervisarase o proceso de ensinanza-aprendizaxe mediante actividades de seguimento como parte do proceso de avaliación.
As sesións interactivas basearanse na aplicación dos conceptos teóricos expostos nas sesións expositivas. Estas sesións están encamiñadas a realizar, desenvolver e presentar un traballo colaborativo baseado na xestión internacional dos recursos humanos.
A participación nas sesións expositivas e interactivas complementarase co traballo persoal do alumnado, que inclúe, entre outras, actividades de procura de información e material bibliográfico, lectura de dito material e/ou a preparación e defenda de traballos individuais ou colaborativos.
A comunicación co alumnado, a subida da documentación, o requirimento de tarefas, a entrega de tarefas/informes/traballos, o seguimento dos aprendizaxes efectuarase a través do campus virtual.
El profesorado supervisará a asistencia e a participación do alumnado.
Tanto o traballo autónomo como o da aula será guiado polo profesorado nas clases e/ou nas horas asignadas ás titorías, o que servirá para resolver dúbidas e os problemas que afronta o alumnado no proceso de ensinanza-aprendizaxe. As titorías tamén servirán como canal de retroalimentación sobre o grado de asimilación dos contidos por parte do alumnado.
As titorías realizarse preferentemente de modo presencial. Se é necesario, tamén poden realizarse de xeito virtual.
A avaliación da materia realizarase a través de procedementos baseados na avaliación continua formativa (100% da calificación final). Deste xeito, valorarase a participación no conxunto de actividades desenvolvidas ao longo do cuadrimestre, sen unha proba final. Para superar a materia existen dúas oportunidades. O alumnado que non aprobe a materia na primeira convocatoria terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a calificación obtida fose superior. O sistema de avaliación para as dúas oportunidades recollese a continuación:
Primeira oportunidade ordinaria:
Avaliación continua: 100% calificación final.
A distribución do peso da avaliación continua será como segue:
- Realización de actividades individuais: 40%
- Realización de un traballo colaborativo: 40%
- Defensa e exposición do traballo colaborativo: 20%
A avaliación continua considerará tanto a participación do alumnado como o desenvolvemento das actividades vinculadas ás clases expositivas e/ou interactivas propostas ao longo do cuadrimestre de xeito individual ou colaborativo (resolución e participación no análise de casos, debate de lecturas, realización e presentación de traballos e outras actividades, así como a actitude e comportamento nas clases).
Para superar a materia, a nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. O alumnado que non obteña ningunha puntuación vinculada ás actividades realizadas nas sesións terá que superar un exame de contidos que suporá o 100% da calificación.
Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación:
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade. O profesorado proporá novas actividades (como poden ser casos, lecturas ou traballos) e a resolver polo alumnado de xeito individual.
De acordo coa Normativa de Permanencia Vixente na USC para os estudos de Grao e Mestrado (art. 5.2.) a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividade suxeitas a avaliación suporá que a nota final do/a estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
O alumnado o que se lle concedeu a dispensa de asistencia seguindo a instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado cun exame final específico que suporá o 100% da nota.
A materia é de 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas. As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo: Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, tutorías e avaliación): 45. Traballo persoal do alumno: 67,5.
Para maximizar o aprendizaxe é recomendable que o alumnado asista regularmente as sesións expositivas e interactivas, participe activamente en tódalas actividades propostas polo profesorado e consulte a bibliografía básica e outro material recomendado. As titorías son un recurso útil que o alumnado debería utilizar as veces que sexan necesarias. O acceso ao campus virtual para informarse de diferentes cuestións que se orixinen ao longo do curso e revisar antes das sesións o material complementario facilita a participación do alumnado e a súa capacidade de adquisición de coñecementos.
Analia Lopez Carballeira
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- analia.lopez.carballeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-14:00 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- mañá | Castelán | Aula 6 |
22.05.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- mañá | Aula 3 |
22.05.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- mañá | Aula 5 |
22.05.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- mañá | Aula 6 |
26.06.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- mañá | Aula 3 |
26.06.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- mañá | Aula 5 |
26.06.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- mañá | Aula 6 |