Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Coñecer e comprender os fundamentos dos dereitos sociais e os elementos básicos do sistema da Seguridade Social, a súa estrutura e a súa acción protectora.
-Coñecer e comprender as bases do funcionamento das administracións públicas, en especial na súa relación de servizo cos cidadáns.
-Coñecer o marco legal e os procedementos do exercicio dos dereitos e o cumprimento das obrigas dos cidadáns/ás en relación coa administración pública.
-Ser capaz de integrar no Traballo Social as esixencias que impoñen os marcos legais e as normas de prestación de servizos (incluída a natureza da autoridade, a aplicación práctica da lei, a responsabilidade legal e as tensións entre normas legais, políticas e prácticas).
-Ser capaz de aplicar a normativa da protección de datos de carácter persoal na intervención no Traballo Social.
1ª PARTE. FONTES DO DEREITO PÚBLICO.
1. A Constitución.
a) O concepto de Constitución.
b) Principios fundamentais: A Soberanía Nacional. A división de poderes. A representación política. A participación política.
c) Organización institucional e territorial. A Coroa. As Cortes Xerais. O goberno e a administración. O Poder Xudicial. As Comunidades Autónomas.
d) Dereitos e liberdades: O Tribunal Constitucional. O Defensor do Pobo. A dignidade da persoa. Dereitos e liberdades recoñecidos na Constitución.
2. O Dereito comunitario.
a) As Comunidades Europeas. Órganos políticos e administrativos.
b) Fontes do Dereito Comunitario.
3. O sistema universal de protección dos dereitos humanos.
a) A Organización de Nacións Unidas.
b) Documentos internacionais ratificados polo estado español
2ª PARTE. Dereito administrativo.
4. As bases do Dereito Administrativo.
a) Delimitación conceptual e configuración constitucional.
b) O Ordenamento administrativo: as fontes do Dereito Administrativo.
c) Os suxeitos do Dereito Administrativo: a Administración Pública. Administración do Estado, Comunidades Autónomas, Administración Local e Administración Institucional. Organización Administrativa.
5. O procedemento Administrativo. A Lei 39/2015: A administración electrónica.
6. As prestacións non contributivas
a) Renda de inclusión social de Galicia
b) Axudas de inclusión social (AIS)
c) Pensións non contributivas de invalidez e xubilación
d) O Ingreso Mínimo Vital
3ª PARTE. A Seguridade Social
7. Normas relativas á acción protectora da Seguridade Social.
a) Antecedentes e Modelo Actual do Sistema Español de Seguridade Social
b) Os grandes principios que sustentan e orientan a evolución do sistema de Seguridade Social.
c) Acción protectora e réxime xurídico das prestacións
d) Rexímenes
8. Prestacións máis relevantes
a) Desemprego
b) Xubilación
c) Viuvedade, orfandade.
d) Nacemento e coidado do menor (antes maternidade e paternidade)
e) Incapacidade temporal
f) Incapacidade permanente
4ª Parte. A Protección de Datos de Carácter Persoal.
9. Disposicións Xerais. Datos especialmente protexidos.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Balaguer, F. (2016). Introducción al Derecho constitucional. Tecnos.
Fernández Ramos, S. e Gamero, E. (2010). Manual básico de Derecho Administrativo. Tecnos.
Gorelli, J., Rodríguez Ramos, M. J. e Vílchez, M. (2003). Sistema de Seguridad Social. Tecnos.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Fernández Rodríguez, T. e García de Enterría, E. (2011). Curso de Derecho Administrativo. Civitas.
López, L. F. (2017). Protección de datos personales: adaptaciones necesarias al nuevo Reglamento europeo. Francis Lefebvre.
Parada, R. ( 2010). Derecho Administrativo. Marcial Pons.
Sánchez Morón, M. (2011). Derecho Administrativo. Tecnos.
Santamaría, J. A. (2009). Principios de derecho administrativo. Iustel.
Velasco, M.T. e Miranda, J.M. (2017). Curso elemental de Derecho del Trabajo y la Seguridad Social. Tecnos.
TEXTOS XURÍDICOS DE CONSULTA BÁSICA
Constitución Española. (1978). BOE, 311, do 29 de decembro. https://www.boe.es/eli/es/c/1978/12/27/(1)
Estatuto de autonomía de Galicia. (1981). BOE, 101, do 28 de abril. https://www.boe.es/eli/es/lo/1981/04/06/1
Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. (2015). BOE, 236, do 2 de outubro. https://www.boe.es/eli/es/l/2015/10/01/39
Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. (2015). BOE, 285, do 27 de novembro. https://www.boe.es/eli/es/l/1992/11/26/30
Real Decreto Lexislativo 8/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social. (2015). BOE, 261, do 31 de outubro. https://www.boe.es/eli/es/rdlg/2015/10/30/8
Competencia Xenérica:
-Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
Competencias específicas:
- Ter a capacidade para traballar e valorar de xeito conxunto con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión.
-Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural.
Competencias transversais:
- Capacidade de análise e síntese
- Capacidade de comunicación oral e escrita
- Capacidade de razoamento crítico
- Capacidade de aprendizaxe autónoma
- Capacidade de motivación pola calidade
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido e o traballo persoal. Preténdese que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos; traballo con textos ou datos; aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espazo propio, ao que o alumnado accede con chave.
A metodoloxía empregada na aula será dobre:
• As clases expositivas consistirán en explicacións maxistrais con utilización de exemplos relacionados co traballo social, preferentemente relativos ao contexto sociocultural actual. Ocasionalmente solicitarase ao alumnado a súa colaboración mais aló da aula para que investiguen sobre aspectos propostos en ditas clases e que precisan dun aporte de tempo persoal do que non se conta no horario lectivo.
• As clases interactivas consistirán na realización de casos prácticos relacionados coa tutela xurídica dos colectivos. A aprendizaxe mediante a resolución de casos complementarase con comentarios de noticias de prensa referidas a aplicación da norma xurídica na realidade social e visionado de fragmentos de películas ou documentais que recolla ditas problemáticas.
• De xeito complementario a ambos modelos de clases o profesor realizará unha proposta de estudio sobre temas legais para que o alumnado poida preparar o seu posterior debate na aula.
A avaliación realizarase sobre 50 puntos. Con carácter xeral o alumnado elixirá se realiza os traballos de xeito individual ou grupal. A avaliación do alumnado levarase a cabo a través dos seguintes instrumentos:
• Realización de exame final escrito, que terá un valor dun 80% sobre a cualificación global. Esta proba será complementaria á avaliación continua
• Asistencia ás clases interactivas e participación en debates, realización e presentación de traballos escritos, cun valor equivalente a un 20% sobre a cualificación global. (Avaliación continua formativa)
A proba de exame será de carácter teórico práctico. Existirá un primeiro exame a modo de parcial liberatorio que versará sobre a temática dos 9 primeiros temas. Un segundo exame terá natureza dobre: para o alumnado que teña superado o parcial liberatorio esta proba actuará como segundo parcial referido á temática dos 4 temas restantes, mentres que para quen non tiveran aprobado o referido parcial este segundo exame actuara como exame final dos 13 temas do temario.
O modelo de exame proposto terá tres apartados diferenciados.
1ª parte. Consiste en vinte cinco preguntas test con catro opcións de resposta sendo unha delas a correcta. Os acertos sumarán un punto ao cómputo global mentres que os erros restarán medio punto a dito cómputo. As cuestións que non teñan resposta non
computarán (sobre 20 puntos)
2ª parte. Un tema a elixir entre dous propostos (sobre 10 puntos)
3ª parte. Un caso práctico que versará sobre os dereitos da cidadanía e o seu defensa, especialmente mediante a prestacións sociais correspondentes. Enunciaranse 5 cuestión relativas ao caso proposto (sobre 10 puntos)
Na segunda e posteriores convocatorias dada a dificultade do alumnado para compatibilizar os horarios dos diversos cursos estará exento da avaliación da asistencia ás clases interactivas (así como a participación en debates e realización e presentación de traballos escritos). De resultarlle posible ao alumno/a compatibilizar tales horarios poderá, se así o decide, optar pola avaliación da interactividade.
A avaliación continua formativa puntuará da seguinte maneira: actividade das clases interactivas 3 puntos, grupo reducido 0,5 puntos, traballo de investigación/documentación 6,5 puntos.
SISTEMA DE CONTROL DE ASISTENCIA
O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro. O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de Asistencia a Clases nos Ensinos Adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases, e teña concedida dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas de asistencia coa realización e defensa dun traballo. A temática e a metodoloxía que hai que seguir, para esta compensación, será acordado entre o profesor e o alumnado.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas que puntúen, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, estas tarefas poden compensarse coa elaboración de traballos e exercicios que sexan encomendados polo profesor. Unha vez que se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto co profesor para o encargo da tarefa compensatoria, nun prazo máximo de 5 días hábiles.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O tempo de estudo e traballo persoal estimado que debe dedicar un estudante para a superación da asignatura é dun total de 99 horas distribuídas do seguinte modo:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas.
Exercicios: 15 horas.
Lectura de textos: 15 horas.
Elaboración de traballos, visualización de material: 15 horas.
Preparación de exposicións: 4 horas.
TOTAL: 99 horas
A asistencia ás clases expositivas é clave para que o alumno poida ir construíndo o corpo teórico da asignatura necesario para orientar a aprendizaxe práctica.
A participación nas clases interactivas é fundamental para a integración do coñecemento teórico e práctico, e para situar ao alumno en contextos profesionais.
Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da asignatura manteña un contacto periódico co profesor para aclarar e orientar sobre a bibliografía necesaria para afondar en aspectos de maior interese.
Recomendación previa: ter cursada a asignatura de Fundamentos de Dereito.
Luis Barreiro Carballal
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- manuelluis.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Venres | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 2 |
17.12.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Sala Estudio |
21.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |
07.07.2025 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2 |