Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Ser capaz de analizar a relación entre políticas institucionais, as esixencias legais e os límites profesionais no desenvolvemento do traballo social.
-Adquirir os conceptos morais de dereitos, responsabilidade, liberdade, autoridade e poder na práctica do traballo social.
-Ser capaz de aplicar a base dos valores, as normas éticas e os códigos deontolóxicos da práctica do traballo social, e de seguilos.
-Saber analizar criticamente os casos nos que xorden dilemas éticos
Tema 1: Introdución á ética: orixe e conceptualización.
Tema 2: A ética na Grecia Clásica: influencias filosóficas e aplicabilidade en Traballo Social.
Tema 3: Teorías éticas: reflexións para a intervención social.
Tema 4: A ética na postmodernidade: Onde nos movemos?
Tema 5: Traballo social, dereitos humanos e deontoloxía profesional: implicacións na intervención social.
Tema 6: Ética aplicada en traballo social.
Tema 7: Procedementos de toma de decisións éticas aplicadas ao traballo social (modelos de deliberación).
Tema 8: A ética nos e nas profesionais do traballo social, nas entidades e na investigación.
BÁSICA:
- Ballestero, A. (2006). Dilemas éticos en Trabajo Social. Eunate.
- Banks, S. (1995). Ética y valores en Trabajo Social. Paidós.
- Bermejo, F.J. (1996). Ética y Trabajo Social. UPCO.
- Bermejo, F.J. (2002). Ética de las Profesiones. Desclée De Brouwer.
- Camps, V. (2013). Breve Historia de la Ética. RBA Libros.
- Canimas, J. (2006). La ética aplicada a la intervención social. Revista de Servicios Sociales y Política Social, 73, 135-144.
- Cortina, A. (2013). ¿Para qué sirve realmente ...?: La Ética. Paidós.
- Consejo General del Trabajo Social. (2018). Código Deontológico del Trabajo Social. Autor.
- Guisán, E. (1990). Razón y pasión en ética: los dilemas de la ética contemporánea (1ª ed.). Anthropos.
- Healy, K. (2001). Trabajo social: perspectivas contemporáneas. Morata y Fundación; Paideia.
- Macintyre, A. (2006). Historia de la ética (3ª ed.). Paidós.
- Román, B. (2016). Ética de los servicios sociales. Herder.
- Salcedo, D. (1998). Autonomía y bienestar: La ética del Trabajo Social. Comares.
- Salcedo, D. (Comp.). (1999). Los valores en la Práctica del Trabajo Social. Narcea.
- Verde-Diego, C. (2018). La ética como núcleo del trabajo social en la actualidad. Servicios sociales y política social, (117), 11-27.
- Zamanillo, T. (Dir.). (2011). Ética, teoría y técnica: La responsabilidad política del Trabajo Social. Talasa.
COMPLEMENTARIA:
- Ballestero, A. (2009). Dilemas éticos en trabajo social: el modelo de la ley social. Portularia, 2, 123-131.
- Camps, V. (Ed.). (2008). Historia de la ética 1: De los Griegos al Renacimiento. Crítica.
- Cortina, A. (1994). La ética de la sociedad civil. Anaya.
- Cortina, A. (2004). Ética mínima (9ª ed.). Tecnos.
- Cortina, A. (2008). Ética aplicada y democracia radical. Tecnos.
- Cortina, A. e Martínez, E. (1998). Ética. Akal.
- Chambon, A.S., Irving, A. e Epstein, L. (Eds.). (2001). Foucault y el trabajo social. Maristán.
- Fernández, T. (Coord.). (2010). Fundamentos del Trabajo social (1ª ed.). Alianza.
- Fernández, T. e Ponce, L. (2012). Trabajo Social Individualizado: Metodología de Intervención. Ediciones Académicas.
- Ferrater, J. (2000). Diccionario de filosofía (Vol. I-IV). Alianza.
- Gracia, D. (2008a). Fundamentos de bioética. Triacastela.
- Gracia, D. (2008b). Procedimientos de decisión en ética clínica. Triacastela.
- Guthrie, W. (1988). Historia de la filosofía griega: Siglo V. Ilustración (Vol. III). Gredos.
- Hortal, A. (2002). Ética general de las profesiones. Desclée de Brouwer.
- Idareta-Goldaracena, F. (2014). Propuesta para la Medición de la Violencia al Usuario en el Trabajo Social Desde Las Perspectivas de E. Lévinas y J. Derriba. Revista de Trabajo Social Portularia, 1(XIV), 15-26.
- International Federation of Social Worker. (2012). National Codes of Ethics. http://ifsw.org/resources/publications/national-codes-of-ethics/
- Lima, A.I. e Maya, A. (Coords.). (2018). Protección de datos en los servicios sociales: Guía para profesionales. Consejo General del Trabajo Social.
- Marina, J.A. (1995). Ética para náufragos (2ª ed.). Anagrama.
- Nogués, L., e Cabrera, P. (Dirs.). (2017). Ética y Trabajo Social [Monográfico]. Cuadernos de Trabajo Social, 30 (1).
- Morin, E. (2004). El Método. Cátedra
XENÉRICAS:
- Posuír e comprender os coñecementos que definen o Traballo Social como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, métodos e ámbitos de aplicación, a un nivel que se apoia nas publicacións máis avanzadas e inclúe algúns dos aspectos máis relevantes que están na vangarda do coñecemento neste campo.
- Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnósticos sociais, no ámbito da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
- Ter desenvolvido as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar a súa formación e aprendizaxe no ámbito do Traballo Social cun alto grao de autonomía.
ESPECÍFICAS:
- Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión.
- Establecer relacións profesionais co obxecto de identificar a forma máis axeitada de intervención.
- Ter capacidade para integrar os principios e normas do Código Deontolóxico do Traballo Social e demostrar competencia profesional no exercicio do Traballo Social mesmo.
- Xestionar conflitos, dilemas e problemas éticos complexos identificando os mesmos, deseñando estratexias de superación e reflexionando sobre os seus resultados.
TRANSVERSAIS:
- Capacidade de análise e síntese.
- Capacidade de comunicación oral e escrita.
- Capacidade de toma de decisións.
- Capacidade de razoamento crítico.
- Capacidade de compromiso ético.
- Capacidade de aprendizaxe autónomo.
- Capacidade de motivación pola calidade.
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido e o traballo persoal. Preténdese que o alumnado, individual e/ou en equipo, desenvolva actividades de participación activa: traballo con textos e/ou datos, estudo de casos, aplicación de teorías, técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, análise de vídeos, entre outras.
A finalidade das clases expositivas é a explicación dos aspectos básicos de cada tema establecidos no programa, proporcionando a información necesaria que permita ao alumnado a aprendizaxe autónoma e colectiva.
A docencia interactiva pretende que o alumnado, individual e/ou de forma grupal, desenvolva actividades de participación activa, como as sinaladas no primeiro parágrafo deste apartado.
Nas titorías presenciais en grupo reducido, dinamízase, orienta e supervísase o traballo autónomo do alumnado, á vez que permite facer un seguimento e orientación de tarefas e actividades de desenvolvemento individual e/ou colectivo da docencia expositiva e interactiva.
A avaliación da materia realízase mediante avaliación continua (parte práctica) e a superación de exames (parte teórica).
A avaliación mediante exames ten un peso do 60% sobre a cualificación global, polo que o peso da avaliación continua é do 40%.
É necesario alcanzar unha puntuación igual ou superior a 2,0 sobre 4,0 puntos, na avaliación continua, para poder sumarlle a puntuación do exame ou exames.
É necesario acadar a puntuación mínima de apto no exame (3 sobre unha nota máxima de 6 puntos) para poder sumarlle a puntuación pola avaliación continua. Tamén será necesario ter superadas a avaliación continúa da materia (2 sobre unha nota máxima de 4 puntos) para sumarlle a puntuación do exame.
Dita avaliación continua realizarase a través da participación e a realización de traballos individuais e grupais que consistirán na resolución de casos prácticos, tamén se realizarán lecturas e análise de textos, análise de material audiovisual e/ou traballos sobre casos a través de outros medios, etc. Na Guía da Materia que se entrega ao comezo das clases, especifícase o contido e a puntuación correspondente a cada tarefa da avaliación continua.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas coa elaboración de traballos e exercicios que lle sexan encomendados pola profesora. Unha vez se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto coa profesora para o encargo da tarefa compensatoria no caso de que proceda a realización dunha actividade puntuable. Ao efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 5 días hábiles, para solicitar á profesora a tarefa para compensar a puntuación correspondente.
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
A puntuación obtida nas actividades de avaliación continua, sempre que supere os 2 ptos, poderá conservarse para cursos posteriores. Polo tanto, o/a alumno/a que non supere a materia, e desexe conservar a puntuación obtida no curso anterior debe solicitalo á profesora da materia a través dun correo electrónico.
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida dispensa de asistencia, poderá acollerse a esta modalidade. O alumnado que teña concedida dispensa de asistencia, ten que poñerse en contacto coa profesora, preferentemente por correo electrónico, nun prazo non superior a 5 días hábiles desde a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión. As actividades de dispensa de asistencia, o sistema de avaliación e pautas de entrega estarán dispoñibles na páxina web da materia de Traballo Social e Inclusión Social (www.euts.es)
SISTEMA DE RECUPERACIÓN
- A recuperación do exame realizarase nas datas oficialmente establecidas.
- As persoas que suspendan a parte práctica da materia (avaliación continua) poderán recuperala nas datas oficialmente establecidas mediante unha proba que avaliará os contidos traballados nesta parte da materia.
- Os traballos realizados nas clases só se poderán recuperar cando se teña unha resolución favorable da falta xustificada, é decir, mediante acta na que conste resolución favorable. O alumnado ten un prazo de 5 días hábiles para porse en comunicación coa docente a través de correo electrónico (emurcia [at] euts.es (emurcia[at]euts[dot]es)) e 5 días hábiles para a súa realización despois da comunicación da docente.
- As persoas que non entreguen as actividades programadas nos prazos estipulados, salvo causas debidamente xustificadas e acreditadas, só poderán recuperalas na segunda convocatoria mediante unha proba que avaliará os contidos traballados nesta parte da materia.
- As notas das partes aprobadas na 1º convocatoria gardanse para a 2ª.
- Poderase solicitar que se garden as notas alcanzadas durante 1 curso académico. Para iso, o alumnado debe solicitalo por escrito, mediante correo electrónico á docente (emurcia [at] euts.es (emurcia[at]euts[dot]es)). O prazo máximo estipulado para esta solicitude é o último día de setembro do curso académico seguinte.
Estudo autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 10 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 20 horas
Preparación de exposicións: 4 horas
TOTAL: 99 horas
A participación nas clases é fundamental para a integración dos coñecementos teóricos e prácticos, e para que o alumnado senta a maior vinculación cos contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto periódico coa profesora encargada para a clarificación e a orientación bibliográfica precisa para poder afondar nos aspectos de maior interese.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do alumnado e de revisión de cualificacións.
Recoméndase ler a guía da materia que se facilita ao alumnado o primeiro día de clase, nela amplíanse os contidos do programa, en canto a planificación, datas importantes, actividades, puntuacións de estas, pautas de entrega de traballos, bibliografía, entre outros aspectos.
Evelia Murcia Álvarez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- evelia.murcia [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
18.12.2024 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
20.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
27.06.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |