Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer os mecanismos de creación do Dereito e desenvolver a capacidade de interpretar correctamente as normas emanadas das diversas fontes xurídicas.
- Coñecer e ser capaz de integrar no traballo social as esixencias que impoñen os marcos legais e as normas de prestación de servizos, incluíndo a natureza da autoridade, a aplicación práctica da lei, a responsabilidade legal, e as tensións entre normas xurídicas, políticas e prácticas.
- Coñecer e comprender o marco xurídico para as relacións persoais e familiares, especialmente entre os cónxuxes (matrimonio, separación e divorcio, parellas de feito) e en relación aos menores (obrigas de e para cos nenos, a adopción e o acollemento, e a protección de menores).
INTRODUCIÓN AO DEREITO
1. O Dereito como ordenación da vida social.
a) Concepto de Dereito.
b) Caracteres do Dereito.
c) Clases do Dereito: Dereito obxectivo e subxectivo. Dereito natural, Dereito histórico
e) Dereito positivo. Dereito público e Dereito privado.
2. As fontes do ordenamento xurídico.
a) Concepto de fontes: Enumeración e xerarquía.
b) A Lei: Concepto. Caracteres. Clases e a súa xerarquía.
c) O Costume: Concepto. Requisitos. Tipos.
d) Principios xerais do Dereito. A equidade.
3. As normas xurídicas.
a) Aplicación e interpretación das normas xurídicas.
b) Eficacia das normas: Eficacia obrigatoria. Eficacia sancionadora. Eficacia das
normas no tempo. Eficacia das normas no espazo.
DEREITO CIVIL APLICADO AO TRABALLO SOCIAL
4. O Dereito civil.
a) Concepto e contido.
b) A formación histórica do Dereito civil. A codificación.
c) O Dereito foral.
5. A persoa, suxeito do dereito.
a) Dereito da persoa e dereitos da personalidade.
b) A persoa física. O seu comezo e extinción. A proba do nacemento e da morte.
c) A capacidade da persoa. Capacidade xurídica e capacidade de obrar. Capacidade
limitada, lexitimación e prohibicións.
d) As persoas xurídicas. Concepto, clases e réxime xurídico.
6. O estado civil e a idade das persoas.
a) O estado civil das persoas. Concepto e caracteres. Os diferentes estados civís. Títulos
e accións do estado civil.
b) A idade da persoa. A menor idade. A maioría de idade. A emancipación. A vellez.
7. O apoio das persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica.
a) A incapacidade natural.
b) A extinta incapacitación xudicial. Concepto, finalidade e natureza. Causas. Efectos sobre a
capacidade de obrar. A incapacitación de menores. O internamento. A declaración de
prodigalidade.
c) As institucións de garda. A tutela, a curatela, o defensor xudicial e a garda de feito.
8. O domicilio, a veciñanza civil e a nacionalidade.
a) O domicilio e a ausencia.
b) A nacionalidade.
c) A veciñanza civil.
9. O Rexistro civil.
a) Concepto, antecedentes e organización.
b) Proba dos feitos inscritos e rectificación do contido do Rexistro.
10. A familia e o parentesco.
a) O Dereito de familia. Concepto, caracteres e contido.
b) O parentesco. Concepto, clases e cómputo.
c) A obriga de alimentos. Concepto. Clases e caracteres. Suxeitos obrigados ó pago de
alimentos. Nacemento, forma de cumprimento e extinción da obriga de alimentos.
11.O matrimonio.
a) Concepto e caracteres.
b) Requisitos previos, simultáneos e posteriores.
c) Efectos no ámbito persoal e patrimonial. Os réximes económicos regulados no
Código civil.
d) As parellas de feito.
e) A separación. Concepto, clases e efectos específicos da sentencia de separación.
f) O divorcio. Concepto, causas e efectos específicos da sentencia de divorcio.
g) A nulidade. Concepto, causas, validación do matrimonio nulo e efectos específicos
da declaración de nulidade.
h) Efectos comúns á nulidade, separación e divorcio.
i) O convenio regulador.
j) A nulidade canónica e os seus efectos civís.
12.Proteción de menores.
a) A filiación. Concepto, clases, determinación, proba e efectos.
b) A filiac ión matrimonial. Concepto, presunción de paternidade e determinación legal.
c) A filiación non matrimonial. Concepto e determinación.
d) As accións de filiación.
e) A filiación na lei de técnicas de reprodución asistida.
f) A patria potestade. Concepto. Titularidade e Exercicio. Contido. Suspensión,
privación e extinción. Patria potestade prorrogada e rehabilitada.
g) A adopción.
h) A garda e acollementos de menores. Normativa estatal e autonómica. Datos estatísticos. Acollemento familiar e residencial.
13.O Dereito de sucesións.
a) A sucesión mortis-causa.
b) Clases de sucesión. Sucesión testada, lexítima ou forzosa e intestada.
c) A sucesión no dereito foral galego: as lexítimas, o pacto de mellora e o reparto da herdanza.
Bibliografía básica
- Moreno, B, Bustos, I. e Trujillo, M. (2006). Derecho civil de la persona y de la familia. Comares.
Bibliografía complementaria
- Ales, J., Navarro, R. e Toscano, F. (2007). Derecho y Trabajo Social. Aconcagua.
- Valpuesta, E. (2001). Derecho para universitarios. Eunate.
Competencia Xeral:
Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para facer valoracións e diagnósticos sociais no campo da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
Competencia específica:
Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultural
Competencias transversais:
Capacidade de análise e síntese
Capacidadr de comunicación oral e escrita
Capacidade de razoamento crítico
Capacidade de aprendizaxe autónomo
Capacidade de motivación pola calidade
A metodoloxía utilizada combina a docencia de clases expositivas, interactivas, titoría en grupo reducido e o traballo persoal. Preténdese que o alumnado, individual ou grupalmente, desenvolva actividades de participación activa: discusión de casos; traballo con textos ou datos; aplicación de técnicas, destrezas e habilidades a supostos prácticos, etc.
Como aula virtual, para o desenvolvemento da docencia emprégase a web propia do centro, na que cada materia ten o seu espazo propio, ao que o alumnado accede con chave.
A metodoloxía empregada na aula será dobre:
• As clases expositivas consistirán en explicacións maxistrais con utilización de exemplos relacionados co traballo social, preferentemente relativos ao contexto sociocultural actual. Ocasionalmente solicitarase ao alumnado a súa colaboración mais aló da aula para que investiguen sobre aspectos propostos en ditas clases e que precisan dun aporte de tempo persoal do que non se conta no horario lectivo.
• As clases interactivas consistirán na realización de casos prácticos relacionados coa tutela xurídica dos colectivos. A aprendizaxe mediante a resolución de casos complementarase con comentarios de noticias de prensa referidas a aplicación da norma xurídica na realidade social e visionado de fragmentos de películas ou documentais que recolla ditas problemáticas.
• De xeito complementario a ambos modelos de clases o profesor realizará unha proposta de estudio sobre temas legais para que o alumnado poida preparar o seu posterior debate na aula.
A avaliación do alumnado levarase a cabo a través dos seguintes instrumentos:
• Realización de exame final escrito, que terá un valor dun 80% sobre a cualificación global. Esta proba será complementaria á avaliación continua
• Asistencia ás clases interactivas e participación en debates, realización e presentación de traballos escritos, cun valor equivalente a un 20% sobre a cualificación global. (Avaliación continua formativa)
A proba de exame será de carácter teórico práctico. Existirá un primeiro exame a modo de parcial liberatorio que versará sobre a temática dos 9 primeiros temas. Un segundo exame terá natureza dobre: para o alumnado que teña superado o parcial liberatorio esta proba actuará como segundo parcial referido á temática dos 4 temas restantes, mentres que para quen non tiveran aprobado o referido parcial este segundo exame actuara como exame final dos 13 temas do temario.
O modelo de exame proposto terá tres apartados diferenciados.
1ª parte. Consiste en vinte preguntas test con catro opcións de resposta sendo unha delas a correcta. Os acertos sumarán un punto ao cómputo global mentres que os erros restarán medio punto a dito cómputo. As cuestións que non teñan resposta non
computarán (sobre 20 puntos)
2ª parte. Un tema a elixir entre dous propostos (sobre 10 puntos)
3ª parte. Un caso práctico que versará sobre a tutela xurídica dos colectivos e a regulación dos dereitos e deberes inherentes ás relacións familiares. Enunciaranse 5 cuestión relativas ao caso proposto (sobre 10 puntos)
Na segunda e posteriores convocatorias dada a dificultade do alumnado para compatibilizar os horarios dos diversos cursos estará exento da avaliación da asistencia ás clases interactivas (así como a participación en debates e realización e presentación de traballos escritos). De resultarlle posible ao alumno/a compatibilizar tales horarios poderá, se así o decide, optar pola avaliación da interactividade.
A avaliación continua formativa puntuará da seguinte maneira: actividade das clases interactivas 3 puntos, grupo reducido 0,5 puntos, traballo de investigación/documentación 6,5 puntos.
SISTEMA DE CONTROL DE ASISTENCIA
O sistema de control de asistencia é o establecido polo centro. O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de Asistencia a Clases nos Ensinos Adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases, e teña concedida dispensa de asistencia, poderá compensar as faltas de asistencia coa realización e defensa dun traballo. A temática e a metodoloxía que hai que seguir, para esta compensación, será acordado entre o profesor e o alumnado. O alumnado que ten concedida a dispensa de asistencia, ten que poñerse en contacto coa profesora, preferentemente por correo electrónico, nun prazo non superior á 10 días desde a data de publicación da acta na que se recoñece dita concesión.
No caso de non asistir ás clases nas que se realizan tarefas que puntúen, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, estas tarefas poden compensarse coa elaboración de traballos e exercicios que sexan encomendados polo profesor. Unha vez que se teña confirmación da xustificación das faltas de asistencia, o/a alumno/a ten que poñerse en contacto co profesor para o encargo da tarefa compensatoria, nun prazo máximo de 5 días hábiles.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estudio autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 15 horas
Elaboración de traballos: 15 horas
Visionado e comentario de películas ou documentais: 4 horas
TOTAL: 99 horas
Recomendacións para o estudo da materia
A asistencia ás clases expositivas é clave para que o alumno poida ir construíndo o corpo teórico da materia necesario para orientar a aprendizaxe práctica.
A participación nas clases interactivas é fundamental para a integración do coñecemento teórico e práctico, e para situar ao alumno en contextos profesionais.
Recoméndase ao alumnado que no desenvolvemento temporal da materia manteña un contacto periódico co profesor para aclarar e orientar sobre a bibliografía necesaria para afondar en aspectos de maior interese.
Manexo dun dicionario de terminoloxía xurídica, polo específico da mesma.
Luis Barreiro Carballal
- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- manuelluis.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Inés González González
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- inesgonzalez.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
Xoves | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
Venres | |||
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
22.01.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
19.06.2025 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |