Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Norte
Áreas: Escola Universitaria de Traballo Social
Centro Escola Universitaria de Traballo Social
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Dacordo co exposto na memoria do Grao en Traballo Social da EUTS os obxetivos básicos da asignatura son os seguintes:
- Coñecer os conceptos básicos da Economía.
- Coñecer os conceptos fundamentais e adquirir as destrezas básicas de xestión económica (orzamentos, contabilidade, etc.), así como da creación de organizacións e formas de autoemprego.
- Coñecer os conceptos básicos de Responsabilidade Social nas Empresas e a súa xestión.
- Ser capaz de aplicar mecanismos de xestión económica de recursos e servizos.
Para acadar os obxetivos plantexados para a asignatura os contidos xerais da materia son os seguintes:
- Conceptos básicos de Economía.
- Ferramentas básicas de xestión económica: Técnicas orzamentarias e réxime contable.
- Creación de entidades económicas e a súa vinculación ca xeración de emprego e formas de autoemprego.
A continuación expóñense os descriptores básicos do contido de cada un dos temas que integran o programa de docencia expositiva e interactiva:
Tema 1
Técnicas e instrumentos de análise en Economía
Descrición das diferentes técnicas e instrumentos que se empreñan no análise económico teórico e aplicado. Especial incidencia no concepto de relación funcional e no análise de representacións gráficas teóricas e de datos estatísticos.
Tema 2
Axentes económicos e sistemas económicos
Estudo sistemático dos diferentes axentes que interveñen na actividade económica, con especial incidencia nas organizacións empresariais e no análise das súas actividades e estados contables. Explicación do esquema do fluxo circular da renda. Estudo teórico e aplicado das diferentes formas de organización da actividade económica dun país e da súa vinculación cas principais doctrinas económicas.
Tema 3
O funcionamento do mercado
Análise dos fundamentos básicos da lei da oferta e da demanda e dos elementos determinantes do comportamento dos mercados. Análise matemático e gráfico dos procesos de determinación de prezos de mercado. Estudo dos fallos do mercado e das súas posibles solucións.
Tema 4
O papel económico do Estado
Estudo das xustificacións existentes para a intervención pública na economía e das funcións económicas do Estado nunha economía moderna. Análise de procesos orzamentarios públicos e das diferentes medidas de política económica.
Tema 5
Indicadores económicos e sociais
Análise dos principais indicadores da situación económica e social dun país. Especial atención ó PIB como indicador económico básico e ó IDH como principal indicador da situación socioeconómica (benestar social) dun país. Introdución ós indicadores de desenvolvemento sustentable.
Tema 6
O diñeiro e o finanzamento da economía
Estudo do concepto, as funcións e o proceso de creación de diñeiro nunha economía moderna. Análise dos tipos de xuro e do funcionamento das institucións e os mercados financeiros no proceso de finanzamento da actividade económica. Estudo do Banco Central e da inflación.
Tema 7
Estudo de concepto e as funcións da Responsabilidade Social Corporativa (RSC ). Indicadores da RSC . O crecemento económico sustentable e a RSC.
Tema 8
A distribución da renda e as políticas sociais
Estudo teórico e aplicado sobre os determinantes e a medición da distribución da renda e da riqueza nun país. Análise da xustiza distributiva como obxetivo de política socioeconómica. Estudo das políticas económicas e sociais de carácter redistributivo.
Programa de traballo exclusivo para grupos interactivos:
Está previsto que cada grupo interactivo dispoña dun total de seis sesións ó longo do curso. A programación inicial consiste en desenvolver en clase unha selección das seguintes actividades, dun elevado grao de flexibilidade, dado que ese desenvolvemento depende de numerosos factores que haberá que avaliar durante o transcurso do cuadrimestre:
1. Lectura inicial sobre a materia e preguntas de comprensión de conceptos.
2. Exercicio/práctica sobre análisis contable de estados financeiros.
3. Exercicio/práctica sobre funcionamiento do mercado e determinación de prezos.
4. Exercicio/práctica sobre orzamentos públicos.
5. Exercicio/práctica sobre indicadores económicos.
6. Exercicio/práctica sobre indicadores de benestar social.
7. Exercicio/práctica sobre indicadores do mercado de traballo.
8. Exercicio/práctica sobre distribución da renda e discusión de políticas redistributivas.
9. Outros exercicios/prácticas, lecturas ou actividades diversas.
Alesina, A. e Giavazzi, F. (2009). El futuro de Europa. Reforma o Declive . Antoni Bosch.
Amat, O. (2008). Análisis Económico-Financiero (20ª ed.). Gestión 2000.
Brealey, R., Myers, S. e Allen, F. (2010). Principios de Finanzas Corporativas (9ª ed.). McGraw-Hill.
Cuadrado, J. R. (2010). Política Económica. Elaboración, objetivos e instrumentos (4ª ed.). McGraw-Hill.
Dasgupta, P. (2009). Economía: Una breve introducción. Alianza Editorial Economía.
Esping-Andersen, G. (2000). Fundamentos sociales de las economías postindustriales. Ariel.
Esping-Andersen, G. e Palier, B. (2010). Los tres grandes retos del Estado del Bienestar. Ariel.
Fernández Díaz, A., Parejo Gámir, J. A. e Rodríguez Sáiz, L. (2006). Política Económica (4ª ed.). McGraw-Hill.
Global Reporting Initiative (2011). Guía para la elaboración de memoria de Sostenibilidad. https://www.globalreporting.org/resourcelibrary/Spanish-G3.1-Complete.p…
González, J. J. e Requena, M. (Eds.). (2008). Tres décadas de cambio social en España. Alianza Editorial.
Graue, A. (2009). Fundamentos de Economía. Pearson.
Lipsey, R. G. (1989). Introducción a la Economía Positiva. Vicens Vives.
McConnell, C. R., Brue, S.L. e Macpherson, D. A. (2007). Economía Laboral (7ª ed.). McGraw-Hill.
Mankiw, N. G. (2004). Principios de Economía (3ª ed). McGraw-Hill.
Mochón, F. (2009). Economía, Teoría y Política (6ª ed.). McGraw-Hill.
Mochón, F. (2010). Principios de Economía (5ª ed.). McGraw-Hill.
Montagut, T. (2008). Política social. Una introducción. Ariel.
Rodríguez Cabrero, G. (2004). El Estado del Bienestar en España: debates, desarrollo e retos. Fundamentos.
Samuelson, P. A. e Nordhaus, W. D. (2006). Economía (18ª ed.). McGraw-Hill.
Ademáis das referenzas bibliográficas sinaladas, poderán utilizarse en clase artigos técnicos ou periodísticos, información estatística e lecturas que podan aparecer con posterioridade á elaboración deste programa ou que teñan unha utilización que poda ser aconsellable en función do traballo que se esté a realizar en clase, respostando así á idea de flexibilidade da docencia en grupos interactivos.
Dacordo co exposto na memoria do Grao en Traballo Social da EUTS as competencias da asignatura son as seguintes:
Competencias xenéricas:
-Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes, facer valoracións e diagnóses sociais, no eido da intervención social, que inclúan unha reflexión sobre temas actuais de índole social, científica ou ética.
Competencias específicas:
-Coñecer a realidade social, as teorías sociais así como teorías sobre a cultura e a diversidade cultura. Esta competencia específica forma parte da competencia específica: Ter a capacidade para traballar e valorar de maneira conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades e circunstancias, promovendo o cambio, a resolución de problemas nas relacións humanas e o fortalecemento e a liberdade da sociedade para incrementar o benestar e a cohesión.
Competencias transversais:
-Capacidade de análise e síntese.
-Capacidade de comunicación oral e escrita.
-Capacidade de razoamento crítico.
-Capacidade de aprendizaxe autónomo.
-Capacidade de motivación pola calidade.
O traballo presencial na aula consta de docencia expositiva, docencia interactiva, titoría personalizada en grupos reducidos e avaliación. O traballo persoal do alumno/a baséase no estudo autónomo individual ou en grupo, na realización de exercicios ou prácticas, na lectura e comprensión de textos especializados, a elaboración de traballos, a visualización de material sobre a asignatura e sondaxe bibliográfica. Todo elo cas cargas horarias que se sinalan na memoria do Grao en Traballo Social da EUTS para a asignatura Fundamentos de Economía.
Como ferramentas fundamentais para a docencia ao longo do curso, empregarase a aula virtual da EUTS xunto coas ferramentas institucionais da USC como Microsoft Forms and Teams.
A docencia expositiva e interactiva é presencial. A titoría de grupos reducidos faise de forma tamén presencial.
O seguimento realízase mediante a programación das entregas, a resolución de actividades segundo a programación definida e as listas de participación.
A avaliación da asignatura realízase mediante:
a) Unha Proba final: Un exame cuxo peso na valoración total será do 75% que tradúcese nun valor de 7,5 puntos, e se celebrará na data oficial determinada polo centro
b) Avaliación continua: Os traballos, exercicios e comentarios realizados en clase, cuxo peso na valoración total será do 25% que tradúcese nun valor de 2,5 puntos (prevése inicialmente que o alumnado realice 6 traballos nas horas de docencia con grupos interactivos, cinco deles cun valor de 0,5 puntos cada un e unha sexta que englobará as cinco xa realizadas). O sexto traballo pretende servir de recuperación dalgún dos cinco realizados, no caso de suspenso. Tamén serve para incrementar a nota dos traballos xa aprobados.
A nota final será o promedio da calificación obtida na proba final e avaliación continua.
No caso de non asistir a clases nas que se realizan tarefas puntuables, e se teñan xustificadas as faltas de asistencia, poden compensarse estas tarefas na sexta proba. Ao efecto, unha vez publicada a acta na que conste a xustificación da/s falta/s de asistencia, o alumnado ten un prazo de 5 días hábiles, para comunicarllo ao profesor.
O prazo e os motivos polos que se poden xustificar as faltas de asistencia son os establecidos na Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Acordo do Consello de Goberno da USC do 25 de marzo de 2010).
DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás clases e teña concedida dispensa de asistencia, ten que poñerse en contacto co profesor, preferentemente por correo electrónico, nun prazo no superior a 5 días hábiles dende a data de publicación da acta nla que se recoñece dita concesión.
PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O reparto de cargas horarias é o seguinte, dacordo ca memoria do Grao en Traballo Social da EUTS:
Traballo persoal do alumno/a:
Estudio autónomo individual ou en grupo: 50 horas
Exercicios: 15 horas
Lectura de textos: 15 horas
Elaboración de traballos, visualización de material: 15 horas
Outras tarefas propostas: 4 horas de sondaxe bibliográfica
Total: 99 horas
A participación en clases é esencial para a integración de coñecementos teóricos e prácticos para así situar o alumnado en contextos profesionais.
Recoméndase, durante o desenvolvemento temporal da materia, manter un contacto regular co profesor encargado aclaración dos contidos necesarios e orientación bibliográfica precisa.
Artur Tamazian Shamagian
Coordinador/a- Departamento
- Campus Norte
- Área
- Escola Universitaria de Traballo Social
- Correo electrónico
- artur.tamazian [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Xoves | |||
---|---|---|---|
11:00-12:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 1 |
21.01.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
22.05.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |
01.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 1 |